Comentarios de Futregal

Comentario Fecha Karma
Saída moi complicada para os de Carballo. O Choco vén de perder fronte ao Depor B. Os de Oreiro foron quen de empatar co lider despois de rematar un claro 1-3 no campo das Eirosas. Bo partido semella que será. O Bergan xa conta co dianteiro que buscaba nas últimas xornadas. Todo por decidir. A empresa para os vermellos non será doada. 16 Nov 2015, 18:55 622.28
Máxima rivalidade municipal. Partido interesante. Seguro moi boa entrada no campo da Porta Santa. Un derbi é un derbi. Encontro para non perderse. 16 Nov 2015, 18:52 598.88
Partidazo cinco estrelas da xornada na Ponte dos Brozos. Os locais con folgos despois do partido gañado en Viveiro. O factor campo, o novo adestrador (Donato) facían a saída un pouco complicada. Sacou adiante o partido e trouxo os tres puntos para Arteixo. O Castro é un equipo compacto, aguerrido, moi peléon. Todo pode pasar. 16 Nov 2015, 18:51 628.69
Partidazo cinco estrelas. O Arzúa o terceiro clasificado visita ao Berta, quinto clasificado. A diferenza é dun punto a prol dos visitantes. Os da terra do queixo está consolidádonse como un equipo sólido, compacto e serio. Os resultados o avalían. Pola contra o Berta é un equipo feito para acadar a categoría que perdeu a tempada pasada. Amais vén de perder na xornada anterior fronte ao Laracha. 16 Nov 2015, 18:48 654.81
Partido de máxima rivalidade xeográfica. Os xalleiros os pechacancelas da liga. O Dumbría fóra dos postos de perigo. Un partido moi interesante polo que hai en xogo entre os dous equipos. Os puntos son moi necesarios para ambas escadras. Espérase unha boa entrada no Conco. 16 Nov 2015, 18:45 598.88
Empate entre os dous dos equipos da parte baixa. O Cabana é o pechacancelas e sacou un punto positivo en Carnota que de ter gañado subiría na clasificación e fóra dos postos de perigo. 16 Nov 2015, 18:43 522.03
Os locais deron boa conta dun equipo da metade da táboa. 16 Nov 2015, 18:42 522.03
O Camariñas non está nos postos de perigos, se quería dicir no comentario de antes. Desculpas. 16 Nov 2015, 18:41 522.03
Non perdou o equipo que adestra o carnotán Cambeiro. O resultado non ten inequívocos. O Carnota en postos de perigo. O Cee cara a metade da táboa. 16 Nov 2015, 18:39 522.03
O Fisterra gañou puntuou con bo resultado en Esteiro. Os locais frearon a súa andaina de resultados positivos. 16 Nov 2015, 18:38 522.03
Os amarelos non foron quen de pasar do empate fronte ao Cerqueda. Perden unha boa oportunidade de subir na clasificación. 16 Nov 2015, 18:37 599.09
O líder marca moita distancia cos seguintes clasificados. O Corme, terceiro na liga, recibiu seis goles na casa. 16 Nov 2015, 18:05 522.03
Patetico e Teixeiro comentan un feito que por desgraza ocorre a miúdo nos campos de fútbol. Semella unha falta de respecto ao xogador, ao equipo e aos espectadores. O adestrador ten que ser máis consecuente cos seus feitos. As formas tamén contan. Non hai desculpas para iso. Os xogadores son persoas tamén. Adestran con ilusión e gañas de xogar os domingos. 16 Nov 2015, 11:31 522.03
De acordo con Teixeiro. O Sada é un equipo sempre sobranceiro da categoría. Moito mérito ten este Arzúa. A tempada pasada fixo un bo papel. Neste está consolodiando e mesmo nos postos altos. 16 Nov 2015, 11:27 548.15
A goleada da xornada. Moitos goles encaixou o Volantes. A diferenza é patente entre os dous equipos. 16 Nov 2015, 01:34 522.03
O Ribadeo foi sempre a remolque no partido. O Verín adiantouse en dúas ocasións. Os locais son o pechacancelas da liga (iso si, empatados a puntos co Bergantiños e Ribadumia). O Verín, marca a liña dos postos de descenso. 16 Nov 2015, 01:31 522.03
Reparto de puntos entre dous equipos da parte media alta da clasificación. 16 Nov 2015, 01:29 522.03
Reparto entre dous dos equipos fortes da liga. O Bouzas na segunda praza da clasificación, en postos de promoción de ascenso. O Boiro, quinto, fóra destas prazas. 16 Nov 2015, 01:28 522.03
O Cerceda non foi quen de aproveitar o empate do líder Barbadás en Bergantiños. O Silva en postos altos da clasificación. Un valioso triunfo dos visitantes. 16 Nov 2015, 01:27 522.03
O Bergan empatou un partido que no minuto 53 perdía por 1-3 contra o líder da clasificación que se beneficia da perda do Cerceda e do empate do Rápido de Bouzas para seguir no primeiro posto. 16 Nov 2015, 01:25 522.03