| O Zas un equipo asequible para o Corme que quere manter o segundo posto. O Cabana enfronta ao líder e pode deixar o segundo posto. |
05 Nov 2015, 17:26 |
598.43 |
2 |
0 |
+info
|
| Partido de rivalidade xeográfica. O adestrador do Ponte xa o fixera antes cos visitantes con moi bo resultado. O Cabana terceiro clasificado, con 16 puntos, empatado a puntos co Corme, segundo clasificado. Favorito o Ponteceso. |
05 Nov 2015, 17:25 |
598.43 |
2 |
0 |
+info
|
| O Porteño con dous puntos o pechacancelas da liga. O Baio cuarto clasificado, con bo fútbol e unha melloría importante verbo da última tempada. Favorable o equipo de adestra Xulio Vila. |
05 Nov 2015, 17:24 |
598.43 |
2 |
0 |
+info
|
| Non o terá doado o Monte Louro para seguir pelexando por estar nos postos de promoción de ascenso. O Fisterra á espera tamén de tropezos dos de arriba e poder estar nos tres primeiros postos. |
05 Nov 2015, 17:21 |
522.03 |
1 |
0 |
+info
|
| O Outes a polos tres puntos e seguir nos postos que dean acceso á promoción de ascenso. Aprétalle o Monte Louro co que están empatados a puntos. |
05 Nov 2015, 17:20 |
522.03 |
1 |
0 |
+info
|
| Partido de rivalidade municipal. Os dous equipos con traxectorias diferentes. O Xallas, líder indiscutible con 24 puntos, gañando todos os partidos xogados. O Castriz, penúltimo, 6 puntos, gañou un partido. O pronóstico favorable aos verdes. Sorte aos dous equipos! |
05 Nov 2015, 17:17 |
522.03 |
1 |
0 |
+info
|
| Os de Esteiro nun importante cambio xeracional que se traduce o non estar nos equipos de cabeza. O Corcubión é o pechacancelas. |
05 Nov 2015, 17:15 |
522.03 |
1 |
0 |
+info
|
| Partido de rivalidade municipal. Os de Esteiro novenos, con 15 puntos. O Volantes, penúltimos con 5 puntos. Favoritos os de Javier Lodeiro. |
05 Nov 2015, 17:01 |
522.03 |
1 |
0 |
+info
|
| O Buño viaxa co moral despois de gañar ao Sanlo. O Cee con moitos folgos tras derrotar a domicilio ao Carnota. Os de Cambeiro favoritos. |
05 Nov 2015, 16:58 |
522.03 |
1 |
0 |
+info
|
| O pechacancelas recibe a un Mazaricos que pasiño a pasiño fai o camiño. Os amarelos son quintos, a sete puntos do primeiro clasificado. O Cabana, con dous puntos. O pronóstico favorable aos visitantes. |
05 Nov 2015, 16:56 |
522.03 |
1 |
0 |
+info
|
| A saída a Ara Solis é sempre difícil. O Fisterra é un equipo capaz do mellor e do pior. Ao líder séguelle o Zas a un punto. O Sanlo a seis puntos, é o terceiro. Partido que semella cun pronóstico incerto a pesar de que os visitantes viaxan como líderes. |
05 Nov 2015, 16:54 |
522.03 |
1 |
0 |
+info
|
| Os dous equipos ao fío do descenso. Empatados a puntos. Será un partido interesante, con moita presión para os dous equipos por querer gañar a un rival directo. |
05 Nov 2015, 16:52 |
522.03 |
1 |
0 |
+info
|
| O Zas a polos tres puntos que lle dean pé ao troco da categoría que non logrou a tempada pasada. Por clasificación e cadro de xogadores é favorito o equipo que adestra o xalleiro, Víctor. |
05 Nov 2015, 16:50 |
522.03 |
1 |
0 |
+info
|
| O Sanlo a esquecer a derrota en Buño e na puxa por estar nos postos de cabeza. O Amexeinda con moitos folgos despois de gañar a un dos equipos favoritos da categoría, o Baíñas. Bo partido, sen dúbida, no campo das Pedreiras. |
05 Nov 2015, 16:48 |
522.03 |
1 |
0 |
+info
|
| Despois do traspés co Ameixenda, o Baiñás sairá a por todas para seguir nos primeiros postos. |
05 Nov 2015, 16:46 |
522.03 |
1 |
0 |
+info
|
| Partido de rivalidade xeográfica. O Castriz con 19 puntos, é quinto, empatado a puntos co Baíñas (4º) e San Lorenzo (3º). O Coris non pode despistarse, a tres puntos dos postos de descenso. En principio, o pronóstico favorable aos xalleiros. |
05 Nov 2015, 16:44 |
522.03 |
1 |
0 |
+info
|
| Devesa96, transmite a Tvg o partido o domingo, ás 12:15 horas? |
05 Nov 2015, 16:27 |
824.05 |
5 |
0 |
+info
|
| As diferenzas veranse cos resultados acadados. Sempre foi así. |
05 Nov 2015, 16:26 |
829.92 |
5 |
0 |
+info
|
| A verdade é que neste tipo de partidos calquera erro pode ser decisivo. Todo inflúe, o campo, os siareiros, o tempo, os nervios, etc. |
05 Nov 2015, 14:33 |
598.43 |
2 |
0 |
+info
|
| O partido que puiden ver ao Monta amosou unha boa imaxe. Non sean todos os partidos iguais. Tamén o rival conta. |
05 Nov 2015, 14:30 |
515.13 |
2 |
2 |
+info
|