Comentarios de JonDillinger

Comentario Fecha Karma
“Estanos costando arrancar.” O titular desde o inicio de liga. 12 Dic 2021, 20:35 553.75
Disfrutade da copa; e despóis a tomarnos a liga en serio se queremos salvar a categoría. Non sei se haberá equipo que cree tanto perigo, e sexa incapaz de materializar ningunha ocasión. Surrealista. Ánimo equipo. 12 Dic 2021, 18:09 55.80
Estamos a tempo de cambiar a dinámica, rival difícil; pero en 90 min todo é posible. Precisamos os puntos coma o aire que respiramos. 06 Dic 2021, 18:47 -13.52
E Fran si sabe en qué categoría está? Quen fixo a planificación? É nefasta! Únicamente conta con 13 tíos. Os xogadores están agotados físicamente porque non rota, e mentalmente a situación empeza a ser agónica. Se empezamos gañando, pechamos o equipo atrás e esperamos a que nos remonten. Se nos poñemos por detrás no marcador coma hoxe, somos incapaces de facer cambios no debuxo pra tratar de revertir a situación, de verdade no 87 sacas un central pra quedar cunha defensa de 4? Despois de ir 75 min por detrás e perdendo cun rival directo, estando cuartos pola cola? É un puto insulto! Espiñedo leva meses vendo a mesma película, e os finais aborrecen. Coido que pra mal del, a grada deixará de ser tan benévola. Que non teña os santos collóns de encararse co respetable como no último partido. 05 Dic 2021, 14:07 530.53
75 minutos por detrás do marcador, e o único cambio que fas na pizarra é no 87 sacando o terceiro central por Markitos; o resto home por home, previsible, infumable, insufrible… Media liga, nin 15 puntos. Esa é a realidade, o resto historias pra non durmir. 05 Dic 2021, 13:04 530.53
A borracheira da copa, déixanos a resaca na liga; golpe que nos devolve á realidade. 05 Dic 2021, 12:53 356.00
Ninguén mellor que a directiva sabe do estado das contas e das necesidades do clube. Sumado á carencia de luz que hoxe temos en Espiñedo, penso que os inclinará a tomar unha decisión. Son o primeiro ao que lle encantaría medirse a todo un primeira división no Carballiño, pero entenderei calquera decisión que tomen, hai que tomalo coma o que é, un premio ao traballo ben feito. Toca saborealo e disfrutalo como sexa. A primeira final témola mañá en Fragoselo, é onde temos que estar centrados agora. 04 Dic 2021, 20:53 79.77
Esquecinme de mencionar a Iago, tremendo partidazo! Non é fácil tendo en conta que apenas conta con minutos facer o que fixo hoxe. 01 Dic 2021, 23:45 56.57
Non me queda outra que quitarme o sombreiro unha vez máis ante os xogadores, todos e cada un deles! E neste caso tamén ante o corpo técnico, gústame decir as cousas claras e recoñecer tamén os méritos. Unha primeira parte brillante na que non titubeamos o máis mínimo, coas ideas claras e sin medo a ter a posesión de balón. Na segunda aguantamos ben o arreón do rival e tivemos varias ocasións pra aumentar a renta, ó final tivemos que baixar ao barro e pelear con todo, pero serviunos pra pasar a eliminatoria. Fran, que pasarás por aquí; máis minutos a Sylla e Joni, iso é entrega e corazón!!! Parabéns unha vez máis e a pensar en traer algo positivo de Coruxo. 01 Dic 2021, 22:37 56.57
A copa é unha utopía, outra experiencia a sumar pero nada máis lexos da realidade. Que a nivel económico sería unha gran axuda é evidente; pero o certo é que estamos quintos pola cola, deixando semana tras semana puntos con rivais que ocupan postos similares, e o domingo é un novo asalto na loita particular. 29 Nov 2021, 20:37 56.57
“A ver si animáis un poco.” Duro Fran Justo coa grada; capaz de estar pendiente do campo e o público, máis do segundo incluso. 28 Nov 2021, 16:57 -11.39
Empatou o Coruxo; solo nos sirve ganar pra meter distancia con eles e a Segoviana. 27 Nov 2021, 20:53 10.45
A mellor noticia é que se xogue en Espiñedo. Pero o que nos queda é especular ante a transparencia e atención que mostra o clube nas redes, síntoo pola miña parte, equivoqueime, non volverá a ocurrir. 25 Nov 2021, 10:17 79.74
Coincido en todo. 24 Nov 2021, 10:39 58.74
1-1 22 Nov 2021, 19:36 79.74
Eu concordo con Paco, vexo o mesmo guión tódalas semanas; por desgracia con final similar. O complexo de equipo pequeno e apoucado, que se ven atrás a contar os minutos pro final, perdendo tempo ata resultar insultantes, estanos costando unha chea de puntos irrecuperables. O único equipo que rematou pedindo a hora en Espiñedo foi o Compos. Fomos capaces de empatar na segunda parte e manter o nivel de presión e insistencia pra afogalos ata o último minuto. Ese sería o partido que collería eu como referencia. Pra que os xogadores crean e confíen en que poden, as ideas tenas que transmitir o banquillo, se ti das a idea de que queres xogar a non perder, é o que vas facer que reflexen no campo. Pra cambiar unha dinámica, o primeiro é crer e querer. 21 Nov 2021, 18:32 79.73
Bueno, pois isto é o que pasa unha vez máis por botar 75 minutos metidos na área perdendo tempo. Mala sorte outra vez, disque. 21 Nov 2021, 13:38 79.73
Se temos sorte, saberemos na víspera onde se vai xogar. 18 Nov 2021, 21:01 79.73
Non cabe duda que sería ideal encadenar un par de victorias seguidas pra recuperar confianza, pero o Llanera no seu campo non é rival fácil; Imos ter que roer pra traer os tres puntos. No tocante á copa do rei, hai un mutismo absoluto, coma con case todo este ano nas redes do clube. É ilusionante, e a nivel económico seguro que un impulso importante no caso hipotético e utópico de pasar de fase. O primeiro é sumar 3 en Asturias. Forza Arenteiro 18 Nov 2021, 12:23 79.73
Eu non lle debo nada a ninguén, non te equivoques. De chegar o caso que comentas; haberá quen teña que rendir contas cos xogadores e dar as explicacións pertinentes, tanto a eles coma ós socios, e non serei eu. De feito sempre sostiven que era partidario de emprender a aventura da 2REF se iso non comprometía a viabilidade do clube, hipotecarnos o resto da vida ou desaparecer, sería absurdo e imperdonable. 17 Nov 2021, 07:50 79.73