Comentarios de JonDillinger

Comentario Fecha Karma
1-2 Adri Castro e Markitos 15 Nov 2021, 07:55 159.36
Os últimos horarios de sábado ás 16 non son moi alentadores á hora de animar á xente a ir ao fútbol, algúns traballan. (Se por algo destacou Espiñedo sempre, foi polas entradas, incluso en preferente.) Polo dos pagos descoida, temos a UD Arenteiro na recámara pra darlle pra diante en canto se poña a cousa complicada. Os vermes e os oportunistas, tedes certa similitude, atráevos o cheiro a merda. Tampouco ti pintas nada aqui e temos que ler as túas memeces semana tras semana, eche unha cousa parecida. 15 Nov 2021, 06:13 79.73
Por partes. Portela é humano e comete erros; ata aqui razonable. O que non é permisible é que se encare coa grada perdendo 0-3 aos 30 min, sendo parte implicada en 2 dos 3 goles e fallando pases e despexes a tutiplén. Markitos e Arce, especialmente o primeiro; pisaron o ego do que fai as aliñacións tódalas semanas, demostrando en 45 min que merecen minutos e oportunidades. Dos 6 puntos “gañables” na casa, en dous partidos consecutivos sumamos a friolera de 0, fundíndonos na clasificación contra rivais cos que nos tocará pelexar a final de temporada por unha plaza de salvación. Levamos 11 xornadas e queda tempo, pero as oportunidades escapan. 13 Nov 2021, 18:24 725.37
Se en algo coincido é que ningún rival foi quen de poñernos contra as cordas e a falta de pegada estanos lastrando á hora de sacar puntos. Ocasións creamos, pero somos incapaces de materializalas. O sistema de xogo o ano pasado serviunos pra coronarnos campións e conquerir o ascenso con autoridade; iso é indudable. Pero que non temos outro recurso independentemente de como avance o partido, polo de pronto tamén é innegable. Son da opinión de que os cambios chegan tarde, non podes someter aos rivais a unha presión asfixiante os 95 min que dura o partido cos mesmos 11 que empezas; iso estase traducindo nun baixón de rendimento bestial e o retroceso do equipo cara a área propia, e polo tanto dando facilidades aos rivais. En ningún momento penso que se lle faltara ao respeto ao corpo técnico ou xogadores, son meras opinións de barra de bar, o traballo de todos é loable, e a entrega absoluta totalmente incuestionable. 08 Nov 2021, 21:11 79.73
1-0 Imos confiar. 08 Nov 2021, 10:25 79.73
Os xogadores necesitan minutos pra coller confianza e dinámica; facendo o primeiro cambio sempre despóis do minuto 70, é difícil que os xogadores de refresco teñan o mesmo ritmo que os habituais. 08 Nov 2021, 09:18 79.73
Deben estar aburridas as previas dos partidos de preferente pra vir tódalas semanas aquí 07 Nov 2021, 09:53 79.73
Outra vez que nos pasan a man pola cara, e partido que nos remontan na casa, alégrome de ver a Markitos outra vez sobre o verde. 06 Nov 2021, 18:24 79.70
Atrévome incluso a dar dous resultados Descanso 1-0, final 1-1. 31 Oct 2021, 10:53 10.41
Como apunte positivo, partidazo de Raúl Blanco; moi colaborativo en ataque e valente en tarefas defensivas, sen ningún medo á hora de ir á pelexa e non dar un balón por perdido. 31 Oct 2021, 10:50 10.41
Guion que se repite, que empeza a cansar. Na primeira parte sometemos totalmente ao equipo rival, marcamos un gol e somos capaces de irnos con ventaxa ao descanso. Na segunda cambiamos a mentalidade, xogadores cansados e facemos o primeiro cambio no 80 porque Joni non pode máis, e o segundo no 94 metendo a Vitra pra perder tempo. ¿¿¿Por qué carallo non xoga Markitos??? Unha vez máis empátannos o partido na única ocasión que teñen onde o balón vai entre os tres paus, un penalti clamoroso a favor que come o árbitro, e Sylla e Adri Castro que non marcan nin a portería vacía. E asi estamos, co conto de que sempre merecemos máis, pero regalando puntos e coqueteando cos postos da queima. Ímolos botar en falta máis adiante. 30 Oct 2021, 19:08 10.41
Qué foi o que dixeron? 29 Oct 2021, 09:57 79.39
Coa baixa de Álex Fernández perdemos a referencia á hora de crear, fai un traballo encomiable tódolos partidos á hora de baixar a buscar balóns pra trenzar os ataques. Sumada á baixa de Cruz, Renan vai ter que asumir o protagonismo e a responsabilidade no medio do campo, a Cassio sígoo vendo moi baixo de forma. Non sei cal é o motivo de que Marquitos apenas esté participando, pero terminou a temporada pasada pletórico, sendo peza clave en partidos importantes, gustariame velo este ano con máis protagonismo. O Bergan ven nunha racha boa, e nós temos que tratar de volver sacar algo positivo. 1-2 25 Oct 2021, 10:22 10.41
Nin moito menos é a miña intención minusvalorar o equipo, todo o contrario. Pero si a maneira de afrontar parte dos partidos, non é lóxico coma onte mostrar unha superioridade aplastante 45 min e someter ao outro equipo; e acabar pedindo a hora e rezando dentro da área pequena toda a segunda parte porque non nos empataran. O arreón da segunda parte do Leganés foi máis demérito noso. Estarei equivocado, pero eu non metería o equipo dentro da área contra un equipo que podes tantear de ti a ti, e co marcador a favor. Canto máis arriba defendas, en menos risco pos a portería; as ocasións que nos crearon producíronse por ter todo o equipo metido en 25m, por limitado que sexa o rival, acabará creando perigo únicamente por proximidade. Non podemos pecar de cobardía e rezar co autobús metido na área medio partido, xogamos moitas papeletas pra que saia mal. 24 Oct 2021, 19:59 10.41
Tivérona faltando 2 minutos, que a sacamos na liña de gol, se entra; houbéranos quedado a mesma cara de parvos que co Langreo, Pontevedra… Non pode ser que na primeira parte teñamos o dominio total e absoluto, con posibilidade de ampliar a ventaxa, e á volta dos vestiarios non sexamos capaces máis ca de meternos na área e dar gorrazos salpicando o perigo. Actitude de equipo medroso e pequeneiro, as ordes que parten do banquiño teñen que transmitir confianza e seguridade. Meter o equipo na área pequena non infunde ningunha das dúas. A pensar xa no Bergan, outro rival cos mesmos obxetivos ca nós, onde é importante puntuar. 24 Oct 2021, 11:08 10.41
O positivo, tres puntos na casa que necesitabamos coma respirar. Pero sóbrannos as segundas partes; non podemos pasar 50 min metidos na área esperando o final. Na casa, gañando 1-0 hai que ser ambiciosos e polo menos dar a cara, non escondernos debaixo da portería. 23 Oct 2021, 19:03 10.41
Compre encadenar un par de victorias consecutivas pra gañar confianza. 2-0 18 Oct 2021, 06:36 10.41
Tineo1941 Desde a capital; cantidade de xente leva dous anos esperando o batacazo. Celebrarano máis que un ascenso propio. Desde a refundación, todo o que non sexa “fútbol popular” non sirve ou están enganados, un fútbol popular ao que caeron por obriga despóis dunha ruina total e absoluta, non por devoción como se empeñan en vender. Eu a tres anos vista non son capaz de acertar, non son pitoniso; pero sempre hai quen cre que pode facelo coa virtude da sabedoria absoluta. Incluso hoxe aproveitas pra vir tirar as cartas e adivinar o futuro, pronosticando o desastre, pero nós; os gurús, somos os que falamos mal e faltamos ao respeto. 17 Oct 2021, 14:53 480.14
Sen menosprezar a ninguén, prefiro ver o Arenteiro pelexando de ti a ti con Pontevedra ou Compostela que non co Arnoia ou co Ribadavia, simple cuestión de aspiración. No fútbol, coma na vida; tes a opción de acomodarte e vela pasar por diante, ou tratar de prosperar e progresar. Sempre cos pés na terra. Ollo que pra ser unha merda de liga con rivais que non coñece ninguén, menudo balbordo tiñades montado na Estrada o ano pasado queimando os últimos cartuchos pra tentar subir. Canto menos irónico. 14 Oct 2021, 12:32 79.39
0-2 11 Oct 2021, 09:34 10.41