Comentarios de Legionario

Comentario Fecha Karma
Que manía que tendes de intentar poñerlle nombres aos nicks que postean aquí. Non me chamo Roi, nin son Roi, pero vos ao voso. Debedes estar moi interesados no que fai o Riveira que seguides todos os post. O que é non ter nada que facer meu deus. 28 Mar 2019, 08:23 10.91
Partido complicado para o Cacheiras que de deixar puntos en Recesende pode ver peligrar as súas opcións de manter a segunda plaza. O Recesende é un equipo diferente ao da primeira volta xa que se reforzou co fillo pródigo e eso fixo que o equipo dese un salto de calidade. Outro aliciente do partido é que é un derbi e as ganas que lle teñen en Recesende, xunto co campo de terra pode pasarlle factura ao Cacheiras que aínda por riba perde a Leandro. 27 Mar 2019, 22:42 436.88
Domingo na Fieiteira hai que ir a animar a estes rapaces que tanto están facendo por intentar levar o nome de Ribeira de novo a unha categoría superior. Non podedes afloxar agora que falta tan pouco e os aficionados debemos facer que a Fieiteira sexa unha caldeira. 27 Mar 2019, 22:36 25.05
Vamos nenos que de vós depende conseguir ese ansiado ascenso. Dúas semanas seguidas con derbi é moito para a cabeza pero vós tendes sangre fría e sodes quen de conseguir o triunfo. Se sodes serios coma nos últimos partidos tendes moitas posibilidades de gañarlle a este rival que está facendo moi boa temporada e prevese que vai ser un oso duro de roer. 27 Mar 2019, 22:33 10.91
Eu non son quen para desmentir nada pero vos mesmos vos retratades. Moi informados estades sobre a vida dos demáis para saber o que fai cada un. Moito tempo de lecer tedes ¿non?. 25 Mar 2019, 19:49 10.90
Pois a vosa envexa si que da para escribir un libro. Non votedes bilis pola boca que aínda vos vai dar un jamacuco. Que o Riveira vos gañase o outro día debeu escocervos de tal maneira que toda esa carraxe que lle tendes vos sae agora cando vos din catro verdades. O demáis é todo inventar. 25 Mar 2019, 19:29 10.90
Que exemplo ides dar vós si xa vos deixaron retratados o domingo na Fieiteira. Con so ver a alineación que puxo o voso adestrador e a cara dos rapaces , e as dos pais, que xogan habitualmente xa demostra a ilusión que lles fixo. Non podedes dar exemplo de nada cando o voso adestrador intentou facer cos cadetes do Riveira o mesmo que fixera o Boiro cando lle levou máis de medio equipo. Desta vez os xogadores non se deixaron engalanar polos cantos de serea xa que se deron conta que o Sálvora foi unha moda pasaxeira. Non valen as excusas de que se os pais, os avos ou os nenos foron presionados para quedar xa que a eles mesmos lles convenceu o obxetivo que se propuxeron de ascender a primeira. A única diferenza da chamada aos nenos foi que os únicos rapaces que se marcharon foron aqueles cos que ese mesmo adestrador non contaba e aos cales lles facía o mesmo, subindo infantiles, que lles fixo o seu adestrador este domingo. Pouco exemplo podedes dar cando tedes adestradores que agreden a adestradores rivais, cando tendes adestradores que ou ben non aparecen ao partido ou ben chegan cunha borracheira que non se teñen en pe, cando tedes adestradores que se teñen polo mellor adestrador da comarca e se adica a menospreciar aos demáis, etc... Esto é cíclico coma todo. Fai anos o Aguiño e o Oleiros eran os referentes da zona, logo formouse o Sálvora e fíxose dono do fútbol do Barbanza agora é o turno do Riveira que facendo as cousas ben leva 6 anos sendo un dos referentes e un dos que agora mesmo aposta pola base. Disfrutemos do momento e deixade disfrutar. 25 Mar 2019, 14:17 10.90
¡Ese Riveira a por todas!. Veña nenos que para vós este partido é moi importante xa que así dades un golpe na mesa. Deben tervos medo os do lado oscuro que fixeron xogar ao cadete de provincial o martes para poder baixar contra vós aos que teñen ficha B. Polo que me dixeron levan toda a semana orquestando e xustificando esa trampa e que en Riveira non os tilden de ruíns. Estes o único obxetivo que teñen durante a temporada é intentar fastidiar os obxetivos do clube da cidade que por moito que lles fastidie é o Riveira xa que Sálvora é unha isla. Despois sale na prensa o seu coordinador dicindo que ve factible unha Escola de fútbol a onde vamos en Riveira cunha escola de fútbol con este tipo de xente. Xente que formou parte do club fai moitos anos e outros non tanto e que lle teñen tanto noxo ao club que o único que queren é que lle vaian mal as cousas. Nós ao noso e a intentar gañarlles no campo que se xogades como sabedes sodes quen de quitarlles ese obxetivo. Outra cousa me pregunto eu ¿os rapaces que habitualmente xogan no Sálvora estarán dacordo coa maniobra?. Menos mal que na vila hai xente coherente e que sabe de que van estes personaxes. 23 Mar 2019, 08:13 10.90
Moi bo partido o disputado hoxe en Cacheiras onde o resultado foi xusto tras o visto durante o encontro. Dous equipos ben traballados nos que un expoñía a súa veteranía con xogadores contrastados e outro expoñía a canteira e un grupo de chavales con fame e gañas de demostrar que saben ao que xogan. A acción máis polémica do partido púxoa o colexiado pitando un penalti ao Riveira cando se ve claramente que é plancha do dianteiro do Cacheiras. Polo demáis un bo partido do trío arbitral que ,salvo ese erro do penalti que deixamos á interpretación do colexiado, levou o partido da mellor maneira posible. A nota negativa púxoa unha parte da afición do Cacheiras chamando "fillos de pu.." aos xogadores do Riveira tras marcar o gol do empate. Non creo que ao Cacheiras o representen eses aficionados xa que os demáis estiveron exemplares. Unhas gradas cheas dando conta da importancia do partido. 10 Mar 2019, 22:33 499.74
Polo que se ve na federación saben da importancia do encontro. Eu non escoitei que o Riveira pedise delegado federativo pero se o mandan será para garantir o bo desenrolo do encontro. O partido prevese moi disputado pero o que se nota é que vai haber un bo ambiente no campo coas dúas aficcións animando aos seus respectivos equipos. 08 Mar 2019, 15:02 8.15
Anticrítico aquí nadie menospreciou ao Cacheiras salvo sentimentobarbanza que non quero crer que sexa un troll xa que nos dous partidos que comentou, agora debe ter tres publicacións, criticou ao rival e ninguneouno. Non sei que busca pero aquí cada un debe animar aos seus sen menospreciar a ninguén. O partido promete ser disputado e entre dous equipos que están aí por méritos propios. Eu desexo que gañe o Riveira aínda que sexa no último minuto. Os dous teñen posibilidades de subir e de seguro que o conseguen. ¡¡Arriba Riveira!! 05 Mar 2019, 23:31 78.23
Estes partidos hai que xogalos no campo e sobre todo respetando ao rival. Vai ser un partido moi disputado onde ámbolos dous equipos se xogan a tempada. Todo o que non sexa puntuar para o Riveira é malo. Cun empate ou cunha victoria pode por un colchón co rival de cara aos vindeiros partidos. Os dous equipos chegan moi ben a este partido e suponse que será un partido intenso. Non queda outra que ir ata alí e facer que o factor campo non lles axude moito. Os aficionados do Riveira temos que ir co equipo para animar e contrarestar os gritos de ánimo da afición local. Vamos a por todas Riveira confiamos en vos. 05 Mar 2019, 07:51 534.31
O partido da xornada en 2 rexional. O Valiño, un equipo vido a máis, e o Riveira que nos últimos partidos se deixou levar pola corrente. Un bo partido disputado por ambos equipos que foi gañado polo Riveira. Estes chavales non teñen nada que envexar aos homes curtidos en mil batallas. A grada de Valiño estaba a rebentar e iso é sinal de que o partido levantaba pasións incluso xogando a uns km o Boiro contra o Porriño. Que vaian tomando nota a xente de Riveira e se apunten a animar ao seu equipo nas gradas da Fieiteira. 09 Dic 2018, 22:51 10.90
Bo partido o de onte en Betanzos. Unha mágoa non poder ir pero as lesións non o permiten. Unha victoria que pode axudar a que os xogadores do Riveira collan folgos de cara ao encontro contra o Boiro e sobre todo a que os acompañe a sorte que lles faltou en partidos anteriores. Un derbi que se prevé intenso por ámbolos equipos e que de seguro desta vez non mo vou perder. 25 Nov 2018, 21:09 10.90
Bo partido o de hoxe en Carcacia. Un rival duro que sabe a que xoga. Ao final victoria merecida do Riveira que puido sentenciar o choque ata en catro ocasións. Unha xente moi agradable que non deixou de animar ao seu equipo e recoñeceu a victoria do Riveira. Así da gusto ir aos campos de fútbol. Chapeau!!! 25 Nov 2018, 21:04 10.90
Hoxe os críticos non falan. Será que viron o partido dos juveniles do Riveira e quedaron mudos. O resultado foi inxusto para o visto no campo. O Riveira ten que aproveitar as ocasións que generan. Tuveron o empate, cun home menos no campo, por varias veces e despois tras a lesión do capitán que foi levado en ambulancia, puideron empatar pero unha contra co equipo volcado arriba fixo que marcase o O Val e sentenciara o encontro. Bo partido o visto hoxe na Fieiteira e moito ánimo ao capitán. 17 Nov 2018, 19:49 992.23
Faroduna eu non sei que vos pasa co Riveira pero xa cheira a chamusco. En vez de apoiar ao equipo parece que o que queredes é facer máis dano. O que hai que facer é apoialos e non darlle máis paus. Estou seguro que os xogadores están contentos con Roi e van con él a morte. Parece mentira que a xente se dedique máis a criticar que a apoiar pero neste pueblo sempre foi así. Eso entre os aficcionados porque entre os xogadores levámonos ben entre nós. Non é normal que se lles inculque aos nenos uns odios aos clubes que non levan a ningún lado solo ás risas das directivas cando ven que salen nos derbis a se mataren. Se tanto sabes de fútbol colle un equipo e ponte a entrenar e despois ves se tes motivo para criticar. Roi que sepas que tes xente que tamén vos apoia e que vamos ao campo a animarvos. Ojalá salvedes a categoría que é moi bonito ter un equipo de Ribeira en liga gallega. Moita suerte. 17 Nov 2018, 11:01 10.90
Limitejalisia, por moito que borres o comentario o mal xa está feito. As capturas de pantalla están rulando por Ribeira como a droga da que ti falas e da que debes ter moita esperiencia. Ningunear a uns chavales que están defendendo un escudo, xa o fagan mellor ou peor, e de xente de mal corazón. E esto vai para todos, sei por boca de xente relacionada co Riveira que o clube está moi agradecido a estes rapaces por querer vir xogar con eles. Polo que me contaron chamaron a infinidade de chavales para vir xogar nunha liga galega pero entre uns( xogadores) e outros(clubes), a envidia é moi grande, fixeron todo o posible para que non se levase a cabo. Levo toda a vida no meu pueblo e se de algo me avergonzo é da merda da rivalidade que hai entre clubes. Entre todos os clubes deberían axudarse como se fixo cando o Aguiño tiña equipos en galega, pero a memoria é moi fráxil, agás o último ano dos cadetes. Para eles é moi fácil votarlle a culpa aos clubes por non deixarlle xogadores pero a realidade que non queren contar foi que ata 15 días antes de comezar a liga non sabían quen ía sustituir a Tono. Eu teño familia que está na directiva dese clube e é o que eles mesmos contaron. Agora outro tema, para o do primeiro comentario. Vergoña che debería dar a ti menospreciar a uns rapaces que xoguen peor ou mellor se esforzan cada sabado e durante toda a semana para ir entrenar. As cousas non son como empezan senon como acaban. Por certo en vez de leer comentarios adícate a ir polos campos de fútbol, como fago eu, a ver os partidos e despois sacas as conclusións polo que ti vexas. Chavales, eu sempre vos apoiarei tanto a vos como aos demáis xogadores que están nos outros equipos porque se queremos que o fútbol sexa un deporte rei é o que se debe facer. Sei que a maioría ledes os comentarios e que vos doe o que poñen pero non lles fagades caso. O principal dos deportes é divertirse practicándoos. 12 Nov 2018, 17:10 123.39
Criticocacheiras por desgracia ninguén puido ver o partido agás os aficcionados que se puxeron no monte para poder ver ao seu equipo e diso dou conta o periódico de hoxe. É de supor que cada equipo tivo as suas ocasións e que o Riveira matou o partido no segundo gol. Aquí hai un que di que tiveron 5 ou 6 ocasións para poñerse por diante pero a min tamén me contaron que o Riveira tivo varias na primeira metade e perdoou 4 mans a man na segunda antes de meter o terceiro. Como ti ben dis se os marcasen cambiaría o partido pero non os marcou. Foi unha mágoa non poder ver o partido e foi unha perda de ver dous equipos que van a estar arriba. Un con xogadores veteráns e outros con xogadores recén ascendidos da base. Por certo o teu comentario é constructivo , non como os de outros e iso é de agradecer. A ver se na volta podo ir ata Cacheiras e ver a estes dous equipos e de paso saudarche. 05 Nov 2018, 22:29 10.90
Fiel_ao_var xa sei que vos jodeu que o Riveira gañase ao Brión e que agora gañase ao Cacheiras pero é futbol. Os insultos aquí sobran pero cando queiras podes beber un pouco de lexía para lavar esa boca de merda que tes. Comecús. 05 Nov 2018, 12:33 43.10