Comentarios de Legionario

Comentario Fecha Karma
Xa empezan as burradas de novo. Cando quedou con 9 sería porque algo fixeron e non por demérito do árbitro. Polo que vin en acta hai un cartón vermello directo. Digo eu que por algo sería. 04 Nov 2018, 20:54 483.99
Fiel_ao_var aquí o único drogadicto eres ti. Deixa de manchar o nombre dos afecionados do Riveira e de dar vergoña en cada comentario que fas. É moi fácil esconderse detrás dun nick para insultar sen ton nin son pero dar a cara non.... A pena foi non poder asistir ao partido debido ao castigo que lle impoñen ao Riveira por sucesos que se dan en case todos os campos dende primeira ata rexional. Vergoña lle tiña que dar á Federación sancionar así aos clubes modestos. Contra os grandes teñen os collóns pegadiños ao cu. 04 Nov 2018, 19:37 10.90
O Riveira ten xogadores novos e con ganas de gañar. Está formado por rapaces novos que veñen de ascender ao equipo xuvenil do Riveira a liga galega. Eses rapaces toman cada partido como se fose o máis importante da temporada e esa fame vese reflexada no xogo. Un equipo que sabe xogar con balón e sen balón aínda que a eles lles guste ter o mesmo. Queda moita liga e moito peixe por vender. Nin o Riveira está ascendido nin o Sar está descendido. A liga é moi longa. 28 Oct 2018, 22:51 450.29
Tictak92 non sei que partido vistes. A primeira parte tanto o Riveira gozaron de ocasións claras para aumentar o marcador. Na segunda metade o Riveira saíu a por todas e froito deso conseguiu o 0-2. O partido veuse marcado pola expulsión de Treus que fixo que o Riveira se pechase atrás e o Sálvora fose a recurtar distancias. Non sei a que chamas ti cantada do porteiro do Sálvora xa que pouco puido facer no primeiro gol xa que é un auténtico golazo. O Sálvora buscou o empate ata o final pero o Riveira tamén gozou de ocasións ata o final. Partido disputado por ámbolos dous equipos que deron o máximo dentro do terreo de xogo. 28 Oct 2018, 22:42 10.90
O que é vergonzoso é que o árbitro lle virle o partido ao Riveira, non lle pitando un penalti claro na primeira metade e na segunda se invente un penalti dunha falta lateral fora da área. Esa mesma falta que él sinala penalti que deixa sorprendidos incluso aos xogadores do Montañeros que se dispoñían para colgar o balón á área. Unha falta, que de selo, sería a 1 metro da liña da área de penalti. 27 Oct 2018, 19:32 949.34