Comentarios de Ourensano98

Comentario Fecha Karma
Se nos deixaramos de preocupar do Bande e atenderamos o noso que xa nos chega ben. Poderanos gustar mais ou menos como xogan, poderanos gustar mais ou menos o seu adestrador, pero se estan ahi e por meritos propios e se nos estamos onde estamos e polo mesmo. Queda moita liga, pero a unica realidade e que mentras alguns van cara arriba como Bande e Atios, outros vamos en caida libre coma nos, e se hai moitas baixas e moitas sancions sera por algo, algo se tivo que facer mal, porque todas as lesions son musculares e iso non e coincidencia. O dito a liga non esta perdida nin moito menos, pero as sensacions e que de que non, e ollo que podemos quedar descolgados se non gañamos o sabado, e ogalla me equivoque pero ainda que me doia decilo o mais normal e que iso sucedq 05 Feb 2018, 20:04 89.29
Dous meses sen gañar fora e as sensacions cada vez son peores. Os Curras desesperados no banco sen solucions. A min que me expliquen porque hoxe nun campo onde o xogo aereo e tan importante mete a un Aitor con molestias e deixa a Julio no banco, ao pobre rapaz fixolle a cruz e non xoga titular nin ainda que este todo o equipo lesionado. Polo menos hoxe non se perdeu pero vaia os numeras fora da casa non son dun equipo de ascenso. Xa podemos rezar para que Luis e Duran non se lesionen, porque senon adeus ascenso 28 Ene 2018, 19:53 99.16
O alcalde de Bande e tamén o presidente do equipo de fútbol. Unha persoa que lle gusta o mundo do fútbol e decidiu apostar por dito deporte. Cadaquen ten a sua opinion, eu penso que hai cousas mais importantes nun Concello que un equipo de fútbol, pero vaia cada un é libre de pensar o que queira 22 Ene 2018, 23:06 256.44
E podese incluir no pack un ou dous puntos en Pontellas, porque nos ultimos vinte minutos aquela banda foi unha autopista pra os rivais. Esta claro que Oli non esta rendindo ao nivel esperado e negalo seria unha parvada. O peor de todo e que parecia a asentarse facendo bos partidos contra o Erizana e mesmo contra o Atios pero tivo que volver o Oli das pasadas xornadas 08 Ene 2018, 15:23 226.62
Debemos ir moi sobrados pra andar regalando puntos. O de Oli xa é de traca..... 07 Ene 2018, 18:42 200.65
A idea que tera sera adiantar definitivamente a German e pasar a xogar cun medio mais de corte defensivo 21 Dic 2017, 08:50 135.21
Por se alguen ainda ten algunha dubida o 2-1 e totalmente legal https://youtu.be/Y4xOzUsmFLI 19 Dic 2017, 17:39 135.07
Os resumo saira en tumejorgol pois entre hoxe e maña, ademais creo que hai imaxes do gol grabado por twitter tamen 18 Dic 2017, 20:19 134.95
O curioso e que salten as criticas no partido de onte porque aos datos me remito dos encontros contra os sete primeiros levamos un 14/18 que precisamente non son malos numeros. Realmente o problema deste equipo esta nos partidos contra equipos da zona media, media-baixa da taboa que onde se deixaron as maioria dos puntos, porque ti podes ir a Sanxenxo e perder, pero gañar 0-1 en Pontellas relativamente comodo sen sufrir demasiado e tirar o partido ti soiño. Con isto non quero dicir que seamos a ostia, todo o contrario, a defensa que temos para o que costa e unha comparsa, sae minimo a duas cagadas depor bulto por encontro, e claro logo parecenos raro que nos marquen en cada ocasion, pero e claro o dificil seria non enchufala. Tamen dis que o do que che sae un xogador do banco e che resolve o partido, pero vaia e que Hugo e titular e se foi suplente era porque saia de lesión 18 Dic 2017, 19:27 134.95
O de menos e que se vaia o Estradense, o problema e que tanto Sanxenxo como Bande podian recurtar diferenzas. Non olvidemos que o segundo tamen ascende, que ao final e o importante 19 Nov 2017, 21:14 134.21
Eu creo que na quiniela que dis faltache o Sanxenxo, para min na zona alta ao comezo de liga había dous vagóns por plantel: Porriño, Atios, Estradense, Sanxenxo, Bande e nos. Logo viña unha segunda unidade con Moaña, Valadares, O Grove e algun equipo mais que tiña capacidade de facelo ben e podia meterse na loita, sobre todo ao comezo, agora toca ver se son capaces fe aguantar o ritmo dos de arriba toda a liga ou vanse desinflando 15 Nov 2017, 19:56 134.21
Seguimos tirando puntos, as cousas estanse a por feas, como non melloren a rendemento do equipo fora da casa, a cousa esta moi complicada 29 Oct 2017, 20:51 133.06
Creo que si, non sei pero deixar marchar a un xogador como el, que tampouco vamos moi sobrados de suplentes, e polo de agora tivemos sorte que non se lesionou ninguen e non tiñemos sancionados, porque cando veñan as cousas complicadas a ver quen xoga 25 Oct 2017, 20:50 155.38
Por certo, que vos parece a baixa do equipo de Bruno. A verdade é que non estaba entrando na dinámica do equipo, pero sabendo do potencial que ten... 25 Oct 2017, 19:43 155.38
Mira que e complicado meter a gamba por noticia, pois faino posible 25 Oct 2017, 19:09 155.38
Parece ser que ao final xogase no campo natural 24 Oct 2017, 12:21 132.81
Oli regala unha falta tonta na lateral, gol en contra nunha das poucas accions de perigo, eu xa non sei se e que defendemos moi mal (o balon parado esta claro que si) ou temos mala sorte. Logo de cara a porta bastante negados, tivemos poucas e as que tivemos non entraron, tamen dicir que o 1-1 ven precidido dunha falta bastante clara de Joni, hoxe dicir que como non soe ser de costume o arbitro barreu mais pra fora que pra casa. En liñas xerais, puidemos gañar, pero tamen puidemos perder o empate a diferencia que o de Alertanavia non é malo, pero temos que empezar a sumar xa de tres fora da casa se queremos ascender 15 Oct 2017, 21:56 180.13
Proposta bastante pouco acertada de Curras na tarde hoxe, metendo a Josu e Oli practicamente como extremos desaproveitando a Alfredo, Fran que en vez de estar na sua posición natural tirados a banda andaban desconcertados polo medio, e ademais deixando a defensa bastante desprotexida con Codeso e Corzo. Ainda asi, sen facer case nada puxemonos 2-0 e se tivesemos un minimo mais de acerto o 4-0 non era a tolemia, pero chegou a empanada de sempre e pasouse ao 2-2 primeiro nun esbaron de Codeso e outro un erro defensivo. Na segunda parte a entrada de Jony e o baixon fisico do Marcon fixeron que ao final os tres puntos se quedasen na casa. O que esta que este equipo ainda lle queda moito, sobre todo no aspecto defensivo se quere ascender. Sigo pensando que faltou fichar un pivote defensivo top, porque non olvidemos que Luis que e o que esta ocupando esa posición era mediapunta, como consecuencia o equipo sen balon e sobre todo fora sufre moito 09 Oct 2017, 15:36 132.15
Eu penso como Vendenta, a realidade é a que é, e poucos equipos teñen o posibilidade de xogar ao toque coma nos, polo menos por nome de xogadores. Sair intentando xogar ao futbol e sobre todo no Couto sen ter a posibilidade de controlar o encontro a traves do esferico e casi como tirar o encontro porque ten as de perder, ainda que o futbol e impredecible e pode pasar de todo, o loxico e que nos xoguen replegados intentando sair a contra, eu e o que faria se fose adestrador do equipo rival. Ademais, eu o Porriño vin.por momentos intentar mover o balon, sobre todo despois do empate e ao comezo do encontro tamen, ademais seguramente notaron a baixa de Antunez que e o seu home creativo no medio 18 Sep 2017, 20:18 151.72
Moi boa primera metade do equipo que case se tira pola borda cunha segunda parte incluso peor ca primeira de Valladares onde o colexiado nos facilitou as cousas cunha expulsion inxusta que provocou outra mais no conxunto celeste, que os limitou na sua busqueda do empate, que senon ca empanada que tiña o.equipo a saber.... 10 Sep 2017, 20:39 150.80