Comentarios de Ourensano98

Comentario Fecha Karma
O Bande dubido moito que tire de canteira porque non ten basicamente, e bueno do pobo so esta Troitiña como representante asi que non sodes os mais indicados para falar 21 Ene 2017, 14:57 94.57
Tan so un defensa puro convocado, Tito Curras, tocara tirar de canteira ou de inventos 21 Ene 2017, 14:01 94.57
Eu creo que é unha tontería por en duda iso, tanto nos como o Bande por presuposto e plantel estamos obrigados a ascender, e que diga que non esta negando a realidade. Que ter o mellor plantel e o maior presuposto non che asegura nada esta claro, ao final a superioridade demostrase cada fin de semana no terreo de xogo, pero esta claro que axuda e moito. 19 Ene 2017, 14:09 94.57
Sinceramente tal e como estamos non nos vexo capacitados de loitar co Bande, xa non so porque o seu plantel é mais completo e esta mais compensado, senon polo simple feito de que é ten a base do Verin, con isto refirome que xa son un ano ou dous xogando a maioria xuntos e ao final iso notase. Nun partido de tu a tu esta claro que podemos competir con eles, pero en regularidade parecenme un equipo mais fiable e que sabe ao que xoga 19 Ene 2017, 01:44 93.34
Non é facerlle a alineación o adestrador, sin mais é recopilar o pouco que a día de hoxe temos dispoñible, porque esta xornada as cousas inda se pon peor, as baixas anteriores sumase a de Julio por sanción, Sergio que era o unico sancionado creo que non xoga por exames, asi que tocara tirar de xuvenis pra completar a defensa ou facer experimentos, porque a realidade é que para o domingo so estan dispoñibles ao 100% dous defensas puros 17 Ene 2017, 01:43 122.52
O dos goles a balón parado xa é un chiste de mal gusto, medio Allariz estaba libre de marca no 2-1, pero oes a seguir defendendo en zona que nos vai moi ben 15 Ene 2017, 20:44 385.77
Home Ocampo inda ten ficha connosco, polo que poder, pode xogar 😂😂. Supoño que o once sera: Samu, Otero, Curry, Julio, Sotelo; Aitor, Toni; Cristian, Duran, Unai; Hugo. No banco de suplentes Adri, Xaco, Soto e dous xuvenis 13 Ene 2017, 12:20 414.80
A man en Maside foi 100%, que mo dixo Omar. En Celanova ainda que asumisen riscos e inegabel que se a xogada esta en fora de xogo influe e moito no devenir do partido. Contra o Peroxa seria segunda amarela, porque primeiro ensinoulle o carton por protestar, Duran seguiu rosmando co linier e este volveu levantar a bandeira quedando nunha aamonestación verbal. E o de Taboadela a verdade e que a min dende arriba pareceume que a falta é fora ademais bastante clara, e todos tiñamos esa perspectiva, inda así creo que non foi unha xogada determinante no encontro 11 Ene 2017, 00:10 385.77
Vamos a enumerar as accions onde os arbitros nos axudaron que hoxe teño ganas de facer memoria e pouco que facer: Maside 0-6 UD Ourense. 0 0-1 ven precedido dunha man de Omar na recuperación Celanova 1-3 UD Ourense. Posible fora de xogo de Adrian na accion da expulsion a Sierra con 0-0 Velle 1-2 UD Ourense. Lin por este foro de que a falta do 0-1 non era, sinceramente non o recordo UD Ourense 1-0 Peroxa. Expulsion perdoada a Duran arredor do minuto 83 por protestas reiteradas ao linier, con 1-0 UD Ourense 2-0 Cortegada. Falta de amarela non pitada a Senen que supon por unha parte a expulsion xusta de Sotelo e creo que trabucada de Dinamita. Taboadela 1-3 UD Ourense. O penalty que da orixe ao 0-3 é fora da area 10 Ene 2017, 23:49 385.77
Pois esta moi claro o árbitro que axudou a U de O, ainda que vaia certo que houbo un penalty que dende a miña perspectiva non ofrece dubidas de Viti a Hugo na segunda metade, pero oes de eso non se fala nestos lares porque non convén e que nin se nos ocurra falar diso que xa estariamos chorando sempre. Do partido do Ribeiro sempre nos quedara a dubida se o 2-2 Aitor esta ben anulado, a diferencia da xogada de Hugo que me pilla ao lado, esta estaba no outro fondo, de todalas maneiras foi un partido xustamente perdido, non hai nada que obxectar 10 Ene 2017, 23:34 413.69
E 10 poucos me pareceron despois de vivir aquela segunda metado, e home xa que estamos falando do partido do Francelos pois non viña mal comentar o dubidoso gol anulado a Aitor no minuto 70, pero esta claro que se perxudica a U de O esta ben feito e hai que aplaudirlles. A U de O é un equipo que dos 46 puntos que leva na liga, minimo 50 foron grazas o arbitro 10 Ene 2017, 00:51 413.69
Nos tamen esperamos sacar o partido adiante en Allariz sen necesidade de sufrir ata marcar no 97, contra 9 e fallando un penalty 09 Ene 2017, 13:53 440.11
Gran encontro dun Velle moi ben plantado ante un Ourense CF que non reservou a ninguén, a eliminatoria segue aberta para a volta no Monte da Aira 06 Ene 2017, 20:30 94.22
Bueno eu nunca fun moito de Sanginés, pero vaia debut co Arenteiro e deu os tres puntos co seu gol 04 Ene 2017, 21:10 94.22
Home tanto non sei, tamen recordar que Sangines marchou ao Arenteiro, son tres baixas na zona de ataque, algo terán que reforzarse se non queren descompensar o plantel, ou vaia e o que faría eu se estivese na sua situacion 04 Ene 2017, 18:53 94.22
E que tiveron dúas baixas, Calo marchouse ao Escairón e Ramilo tamén deixou o equipo. Ambos eran suplentes, non son baixas moi sensibles, ainda que seguro reforzaran o equipo en xaneiro 04 Ene 2017, 13:27 94.22
Mira que vos gusta discutir eh, en vez de disfrutar do encontro e falar de fútbol e todolos encontros o foro sempre é a mesma historia que somos uns prepotentes, que si compramos árbitros e agora chega que vivimos das subvencións. Eu so vou dar unha cantidade 10.000 euros de subvencións de 150.000 euros presuposto, se eso é vivir das subvencións....pois vaia. Cambiando de tema polo que vexo eiquí sodes moito de xeneralizar, a UD Ourense ten 1300 socios se un ou dos (seguro que hai máis) vai de superior non significa que todos sexamos así. Ao final personaxes hai en todolos lados non hai que olvidarse de iso, eu na maioría dos campos estiven con xente de fora e xamais tiven problemas con ninguén, incluido Arnoia, bueno minto en Ribadavia en Terceira Rexional máis que enfrontamento foi sacarme de quicio, xa que meu pai e máis eu non temos que aturar que unha persoa nos chame ladróns durante 90 minutos porque o árbitro cometa un erro que nos beneficie, pero vaia se fora ao reves xa seriamos nos o que non respetamos as aficións rivais, pero como son os outros temos que calar e baixar a cabeza para ser "humildes" e xente eso tampouco e así, ao final se hai problemas e por parte de dúas afeccións digo eu non, porque sempre que hai un roze ou algo os culpables de todo temos que ser nos 14 Dic 2016, 20:51 146.49
Unha mágoa que o partido se estropease no minuto 30, entrada de Senén que é falta, seguramente merecedora de tarxeta e vaia erro do capi do Cortegada ao empuxar o árbitro. Expulsión xusta, a do outro pois supoño que sería por protestar, excesiva ou non iso xa depende do que lle dixese. Polo demais o equipo segue sen mostrar todo o seu potencial é certo que viña dunha paliza física do xoves en Carballiño, polo que hoxe canto menos ten excusa 11 Dic 2016, 19:34 94.13
Home pois ourensanista deberías coñecer a Chimpín que para iso estivo no Ourense B o último ano e ata xogou titular a última xornada contra a SD Logroñés. E ógalla teñamolo nos o ano que ven no equipo, porque ese xogador se non tivese tantos problemas cas lesión estaría moito máis arriba e quen sabe se o noso CD Ourense non houbese desaparecido quizais estivese en 2B conosco 09 Dic 2016, 02:11 93.29
E o tema das entradas, esta claro que o Arenteiro pode cobrar o que queira, a resposta e sinxela se non che gusta non vas e punto. Pra min é un erro cobralas a 8€ tanto porque reduce o ambiente como incluso pode reducir os ingresos que pode xerar. Non hai que olvidar que son oitavos da Copa Diputación, e como si xogan Madrid contra Lugo e o Madrid pon o mesmo precio das entradas que nun partido de liga 08 Dic 2016, 16:29 93.29