Comentarios de SeareiroArenteiro

Comentario Fecha Karma
É unha vergoña o estado do Espiñedo, seguramente sexa o peor campo de herba natural en toda a categoría. No En Xogo o domingo polas noites sempre mencionan este aspecto. E non me sorprendería que na Preferente os houbera mellores. Hai 2 anos, no parón invernal, botouse algo de sábrago por riba da herba pero iso é barrer a merda por baixo da alfombra. Penso que o de Agro-Estévez pouca culpa ten, xa que a única forma de superar este mal é cambiar o terreo de por baixo e replantar de novo, requerindo unha inversión económica que o clube non pode asumir na actualidade. Coincido con Paco_Mentarista en que este inverno, ou incluso antes, xogaremos en Barbantes-Estación. EDICIÓN (21/10): Ao mellor xa xogamos na Regueiriña este domingo https://twitter.com/GALICIANGOLES/status/1318920740289286144?s=19 20 Oct 2020, 18:40 11.30
Xa temos horario pra o partido. O que semella que non vai haber é público, e quizáis mellor dada a situación actual. Confiemos en que ben Badal Novas ou o clube a través das súas redes sociais sexan quen de proporcionar "opio ao pobo". Eu penso que gañamos 3-0 con dobrete de Arce e gol de Magisano. 20 Oct 2020, 15:56 11.30
Magisano é un futbolista que compensa o seu hándicap a nivel técnico con moita entrega e enerxía no campo, pero os seus continuos erros co balón nos pés son exasperantes. E por estes erros non só me refiro a malos disparos ou escasa precisión no 1 vs 1 co porteiro, senón na súa ausencia de habilidade combinativa cos compañeiros do arredor. Calquera que fora a Espiñedo a tempada pasada sábeo, sempre hai runrún con este tipo de xogadores. Xa que Carballino fala de xogadores sobrevalorados, desculpe a licencia pero vou aportar o meu punto de vista no tema. Pra min, un xogador destas características era Wadir, que xogaba pra preparar vídeos nas súas redes sociais. Pazos é un asasino silencioso, con moita intelixencia no terreo de xogo e cunha cualidade que non se valora o suficiente nestas categorías semiprofesionais/amateurs: olfacto goleador. En todo caso, os dianteiros viven por rachas. Hurtado era o suplente de Sevivas e cando o portugués estivo lesionado non aportou tanto. Foi marchar á terra dos queixos e convertirse no mellor 9 da categoría. É unha cuestión curiosa isto do fútbol. 20 Oct 2020, 10:49 11.30
Como suxeriu Arenteirista no fío do partido anterior, estaría ben que Badal Novas ou outra empresa tomara a iniciativa de emitir por Internet os partidos desputados en Espiñedo, co propósito de mitigar o dano causado polas restriccións de aforo. Entendo que non consiste en inventar a pólvora, xa que os de Onda Arlequinada fixérono co Arosa SC. Calquera cousa que non sexa o Marnotes grabando o partido co móvil, que un ten que ver o partido cerca do retrete polas náuseas. 19 Oct 2020, 22:54 11.30
Consideraba que vostede era un home sensato, pero o talento diferencial que aporta Pazos é moito maior ca o de Magisano. O segundo é pura voluntad e corazón, pero cando non se teñen as cualidades naturais non hai nada que facerlle. Non é xogador pra ser titular en Terceira división, e menos nunha equipa destinada a morar na zona noble da táboa. E non lle recrimino nada ao ex-UD Ourense, o seu compromiso coa organización verde sempre foi e segue sendo incuestionable. E Pazos lóxicamente non puido demostrar todavía as súas credenciais no seo do CD Arenteiro debido á clausura futbolística pouco despois da súa fichaxe. Pero é un dianteiro que foi pichichi da categoría hai dúas temporadas e que marcou un hat-trick contra un Coruxo (en pretempada, iso sí) que danzou nos postos altos da 2ª B no curso pasado. 19 Oct 2020, 20:36 999.99
Hai que seguir sumando de 3 en 3, cunha temporada tan curta cada partido é fundamental. 19 Oct 2020, 17:24 32.88
Eu quero pensar que Magisano partirá como revulsivo para esta tempada, porque Pazos e Sylla son mellores dianteiros ca él. Gelucho adoitaba empregar ao de Carballeda de Avia por banda, pero xente como Arce, Markitos ou incluso Zanelli pódense desempeñar mellor nesta demarcación tamén. En todo caso, é un xogador con veteranía que aportará cousas positivas á dinámica do equipo sumando minutos de calidade dende o banco. 19 Oct 2020, 13:44 999.99
+3 e a seguir. Forza Verdes, o noso soño ciméntase semana a semana. 18 Oct 2020, 21:26 999.99
Veña, a polo segundo! 09 Feb 2020, 16:58 10.94
Partido absolutamente fundamental para definir o restante da temporada para o clube de Rogelio. O contexto actual é moi diferente ao partido da ida, a ver se podemos revertir o resultado e conseguir unha vitoria plácida que axude a eliminar a un rival da contención da permanencia. 02 Feb 2020, 19:15 150.65
Rogelio, non escoites aos que dubidan de ti. Non saben o que din. 02 Feb 2020, 19:04 48.91
Imos botar de menos a Ivalotelli. 22 Dic 2019, 13:08 -118.07
Grandioso partido de CD Arenteiro hoxe. O resultado o de menos. 01 Dic 2019, 21:38 11.02
Unha vitoria eiquí significaría enganchar (polos pelos) o tren da zona tranquila da clasificación. Confiemos nos nosos homens para continuar a boa racha cun triunfo ante a xente de Redondela. 25 Nov 2019, 01:48 33.03
Agradecer dende eiquí o desprazamento multitudinario de seareiros verdes hacia terras do Sur. O triunfo de hoxe tamén é voso. 24 Nov 2019, 20:02 279.56
Vémonos no San Campio. Bicos a todos. 24 Nov 2019, 15:04 279.56
É necesario un desprazamento masivo da xente do Orcellón hacia terras do Porriño para mostrar o noso apoio aos verdes. 18 Nov 2019, 14:35 279.55
En ningún momento dixen que fósedes enemigos do clube. Xa vos gustaría ser tan importantes como para gozar desa distinción. Non é nada persoal. Pero si andades a soltar chismes que non teñen fundamento ningún, non recollades a roupa tan rápido se chove despois. Un agarimoso saúdo. 11 Nov 2019, 23:22 10.90
Usted sempre está de gracioso por este noso foro. Cando alguén pon de manifesto as súas falacias, reacciona de esta maneira tan infantil. Imos ben se a estas alturas da súa vida segue actuando deste xeito. Que pena. 11 Nov 2019, 20:21 10.90
Dende aquí veño a desmentir o esforzado traballo de erosión que están a levar certos usuarios deste noso foro (eles xa saben por quen vai), tratando de dinamitar a estructura do corpo directivo de Clube Deportivo Arenteiro. Arruabarrena non está a treinar coa equipa nin se prevé a súa incorporación no futuro. Calquera cousa que leades relacionada co seu nome é unha tontería descomunal. Un saúdo. 11 Nov 2019, 17:14 10.90