Comentarios de SeareiroArenteiro

Comentario Fecha Karma
Grande equipo. 01 Dic 2021, 22:33 689.09
O Coruxo acaba de destituir ao seu adestrador. Entendo que boas novas para CD Arenteiro. 01 Dic 2021, 14:42 46.11
Imos verdes. 01 Dic 2021, 10:21 689.09
Estamos en postos de descenso na Liga... non podemos andar coas pallas mentais da Copa. 29 Nov 2021, 19:48 46.11
Estou lendo a noticia da Rexión que enlazou o compañeiro Paco e estou moi de acordo co titular que aporta Cruz: o fútbol vai de metela. Extrapolable a outros ámbitos da vida, que dúbida cabe. 09 Nov 2021, 11:52 48.29
Rival ganable. 30 Oct 2021, 21:45 68.98
Estaría ben gañar, sí. 28 Oct 2021, 13:44 68.98
Fleta autobús o Arenteiro pra ir a Móstoles... sae o domingo ás 6 da mañá e volta ao acabar o encontro; 40 euros. 13 Oct 2021, 11:20 68.98
A culpa xa é vosa por facerlle caso aos trolls. 09 Oct 2021, 00:18 67.30
Terceiro partido en Espiñedo, importante sumar de 3 e coller boa dinámica na casa (contra Langreo e Salamanca fixéronse partidos moi serios). 06 Oct 2021, 10:30 67.30
Eu non entendo nada, nunca pasara algo así. 28 Sep 2021, 15:06 64.78
Por que se borran mensaxes neste foro? 28 Sep 2021, 09:47 64.78
En calquera outro contexto semellaría case imposible plantarlle cara ao Pontevedra, pero penso que temos unha boa oportunidade para prolongar a súa mala xeira de resultados e, o máis importante, empezar a sumar nós consistentemente. Tirando do tópico, hai que roelos. Imos verdes! 27 Sep 2021, 09:27 64.71
Bueno, vémonos mañá na bancada do campo. Un saúdo a todos! 17 Sep 2021, 16:10 60.93
É de onte, pero esquecéuseme comentalo por eiquí. Interesante entrevista a Portela, na que se destaca a chegada do fútbol profesional ao Carballiño https://www.laregion.es/articulo/deporte-local/portela-tenemos-ilusion-intacta/202109062253251060983.html 08 Sep 2021, 09:32 59.73
Xa é casualidade que despois de mostrar dúbidas acerca da conveniencia do día de descanso de hoxe, a maior parte dos xogadores estén subindo documentos audiovisuais mostrando adestramentos pola súa conta. Non sei se iles len o foro; o que sí me consta é que a Xunta Directiva está ao tanto das caralladas que escribimos por eiquí. Aproveito, por tanto, pra enviar un saúdo a Argimiro, ao electricista do Concello e ao seu fillo (que xestiona as RRSS do clube). 07 Sep 2021, 12:20 59.73
Cales son os beneficios fisiolóxicos derivados de tanto descanso? En plena pretempada, houbo momentos con máis de 72 horas sen adestramento. Agora, despois da primeira xornada na Lomba, topámonos outra vez cun lapso de 4 días no que só adestramos a metade. Antes de nada, indicar que descoñezo o organigrama do staff técnico e a súa planificación a futuro, pero tendo en conta que son xogadores (na súa maioría) con dedicación exclusiva a CD Arenteiro, polo menos a min paréceme estraño. Agradezo que me fagan saber se estou equivocado, obviamente. 06 Sep 2021, 14:52 514.33
Con todo todo tampouco imos, que onte descanso pra os xogadores despois do gran desgaste da Lomba (debéronse xogar 15 minutos en total) e mañá tampouco hai sesión de adestramento https://twitter.com/CD_Arenteiro/status/1434778273670733824?s=20 06 Sep 2021, 11:22 59.73
Volven as matinais de domingo ao Templo. O Langreo vén de cascarlle 3 ao Bergantiños, será un rival perigoso no contexto de evitar comezar a Liga con dúas derrotas consecutivas. 05 Sep 2021, 10:29 58.53
Ogallá comezar coma o curso pasado, firmo con sangue. Este ano o contexto é diferente, mais seguen a ser un rival directo na nova loita que nos agarda. 02 Sep 2021, 23:07 58.53