Comentarios de Verdegaio

Comentario Fecha Karma
Despois de catro empates tocaba xa gañar, e fíxose, ademáis dos 3 puntos a victoria ten un valor sicolóxico añadido e non menos importante para o equipo. Agora unha semana de 9 puntos con dous partidos en Espiñedo con Barco e Rapido e fora co Pontellas, hai que facer 7 de 9. Ollo que son 3 partidos en 7 dias, e creo que servirá para que xa os equipos se vaian posicionando na clasificación cara a segunda volta. Cando un gaña como hoxe o mellor é non falar do árbitro... 29 Nov 2020, 22:46 10.90
Boeno home...tí non creo que necesites intermediarios, mándalle un guasap que ti sabes. 22 Nov 2020, 21:12 10.90
Sen ver o partido, está claro que seguimos estando ben atrás (1 gol en 6 partidos é un dato moi bo) pero seguimos tendo un problema de centro do campo para adiante, e se non marcas é imposible gañar partidos. Eu tamén digo, e non é a primeira nin a segunda vez que o manifesto, algunhos pensan que temos mellor equipo do que temos, porque nesta categoria, e de terceira para arriba, segunda-b,segunda e primeira,ninguén se come a ninguén, e cada vez hai e vai haber maís igualdade. E asi vai ser hasta final de temporada, se alguén pensaba o contrario está moi equivocado. E sigo creendo que temos un bo equipo, pero presenta carencias para xogar con este esquema, fáltalle profundidade nas dúas bandas e fáltanlle outras cousas, cando se corrixan volverán chegar as victorias, mentres vexoo gris. 22 Nov 2020, 20:16 10.90
Non levo a conta, pero moi probablemente o xogador con máis convocatorias nos últimos cinco anos no Arenteiro, peza decisiva o ano do ascenso e dándolle carácter a este equipo no vestiario e no campo e fora do campo todos estes anos, sen dúbida un bastión importante na historia recente do equipo. Todo o meu recoñecemento e agradecemento por tanto, moita sorte crack !! Botarémoste de menos !! 20 Nov 2020, 21:52 10.90
Un currante nato no campo, como poucos. Estivo a punto de marchar a xogar no Inter de Madrid, da man do seu amigo Borja Iglesias, que creo comprara daquela o equipo madrileño. Pero o feito de perder o traballo botouno para atrás. Perdimos a "Emil" e agora temos a outro "Eimil" pedazo de xogador tamén, polo pouco que o vimos, a ver se supera a lesíón porque creo que vai ser peza clave neste Arenteiro 17 Nov 2020, 15:30 10.90
Creo que pensamos que temos máis do que temos, aínda que tamén penso que temos un bo equipo, pero creo que tamén hai outros bos equipos, sí, temos bos dianteiros, pero teráno que demostrar como fixo onte Sylla marcando un gol que había tempo non recordaba marcar de cabeza a un dianteiro no Arenteiro, pero antes fallou outro clarísimo, e xa non digamos o de Pazos ¿non viches o partido? e en Redondela, pois igual, o adestrador non está para metelas dentro, está para que o equipo teña ocasións, eso é o que importa, e se nestes partidos non entraron..xa entrarán, que para eso temos bos dianteiros, e cando Joni se recupere outro máis, asi que todo irá chegando, que de momento non perdimos un partido, incluidos os de pretenporada, son 11 partidos. E por primeira vez estamos mirando para arriba non para abaixo. E falando de equipazo, dime a miña garganta profunda que pode haber fichaxe que dará que falar se se confirma, ésta si que sería a guinda o pastel. 16 Nov 2020, 23:24 10.90
Habería que ver o contexto no que falou, non podo opinar sobre o que non sei, as túas razós supoño terás para falar asi,pero recoñezamos que o banco de Espiñedo queima moito ¿ou non? Manel o único erro que cometeu foi renovar o cuarto ano. O primeiro colle o equipo que deixa Regal, gañamos a copa deputación e se a liga dura un pouco máis aínda ascendemos, o segundo ascenso a terceira, e o terceiro mantén o equipo en terceira, aquí estamos analizando o aspécto deportivo, eu no persoal non entro, podeme caer mellor ou peor, pero eso é outra cousa. Eu o que desexo agora, e tí tamén supoño é que Fran Justo triunfe no Arenteiro, eso é o que nos interesa agora. 16 Nov 2020, 22:56 10.90
Que eu sepa nin escupin nin ofendín a ninguén, nin a Gelucho nin a ningún entrenador que pasou polo Arenteiro, unhos con máis acertos que outros, e tampouco vou faltarlle nin insultar os que temos agora e os que veñan no futuro, e eso non quere decir que coincidamos ou deixemos de coincidir no futbolístico. Ademáis eu de fútbol entendoche moi pouquiño, por non decir nada. Non sei a que ben esta arroutada, que eu de momento non insultei a ninguén. Parecerónme divertidos os teus comentarios, botei unhas risas e creo que eso séntanos ben, e revisa as túas fontes, non sei si ti eres cercano ou próximo a Gelucho, eu non teño o pracer de coñecelo. E non me parece que sexas moi xusto con Manel, que fixo un excelente traballo nos anos que estivo no Arenteiro, tan excelente que grazas o seu traballo estamos en terceira división. 16 Nov 2020, 22:10 10.90
Rogelucho selección xa !!! o Lucho ó seu lado un sucedáneo. E xa non digamos o Coudet este que trouxeron para o Celta, e o Don Rogelio sin equipo a estas alturas. Non teñen puta idea. 16 Nov 2020, 21:26 10.90
ForzaArenteiro eu non dixen que andes en conspiracións pseudoparanóicas, so que unha persoa que sinte o Arenteiro como tí, non debería propagar infundios como que entraron personas a Espiñedo polo feito de ser familiares de directivos, ou que o club ten "comprometida"unha "xenerosa subvención" que en realidade como asegura MSV esta aínda pendiente de cobro por parte da anterior directiva e as desta tempada, que se corresponderán logo xa co ano 2021 nin xiquera se convocaron nin se sabe xiquera si van facélo, é decir a dia de hoxe non hai nada de nada. Este tipo de comentario o único que xeneran é confusión. E falando da Diputación, nos últmos anos fixo unha boa inversión en Espiñedo (e con outro presidente, non o actúal por certo) financiou integramente a reforma dos vestiarios e instalou bancadas, pero agora hai que poñerlle outra: o terreo de xogo, que é unha vergonza como está e necesita unha reforma integral, non valen máis parches. Esta é a dirección, o demáis son dimes e diretes. 09 Nov 2020, 09:29 10.90
MSV, non se trata de botar un conto entre nos, os datos danse nas asambleas, e constan nas actas, e nos libros de socios e contabiliade, en todo caso xa me contestaches, os socios do ano pasado ingresamos 26.000 euros (non chega o 10% do presuposto total) e son menos incluso de 325, que eu dibidia entre 80, pero tes razón, os familiares son 120 euros. E tamén me aclaraches do da subvención da Diputación. Moitas gracias MSV. 09 Nov 2020, 09:12 10.90
MSV, vamos ver, os datos son os teus, os da asamblea, os teus datos -que non os meus- foron que na temporada pasada de socios ingresastes 26.000 euros( dividimos entre 80 e saenme 325) Quedeime co dato, asi que repasa as túas anotaciós e verás que é asi. De publicidade xa non me recordo exacto, pero soname que dixeras que se ingresaran 60.000 euros. A pregunta para zanxar todo esto é ¿cantos socios tiña a tempada pasada o Arenteiro? E si, en varias empresas do poligono, e nons olo eso, senón bares, restaurantes,etc, repartian cada partido pases para Espiñedo entre traballadores ou incluso clientes, coñezo a patadas, e dous que iban sempre conmigo non eran socios e non pagaron un puto domingo ¿certo ou falso? E non sei se na empresa da que falaba eran 20, ou 15 ou 22, pero sí que eran un bo puñado. E xa postos aclarar, a subvención da Diputación deste ano da Diputación foron 25.000 euros ¿e a quen correspondian, a anterior directiva ou a que entrou? 08 Nov 2020, 22:57 10.90
Pero imos ver ForzaArenteiro, non dou credito ao que me di. Mire, a única subvención da Deputación ó Arenteiro élle a mesma que o resto de clubs da terceira na provincia de Ourense, 25.000 euros (ano 2020) e foi ingresada e gastada pola anterior directiva, e volvome a referir a asamblea de socios do pasado mes de xuño de fin de temporada, repito subvencion da Diputación 25.000 euros ingresados e gastados pola anterior directiva , que saberá como min deixou o club cunha deuda de 35.000 euros. Polo tanto volve vostede a falar dunha "virtual subvencion" que a dia de hoxe non existe, e verémos para o ano que ven. E como vostede diga, pero para ter esta información non fai falta estar no circulo interno do club senón que é de dominio público para calquera socio que lle interese o club, reitero son datos públicos e de dominio dos socios que asistimos á asamblea. ¿Que non son imparcial? Pois seguramente que non, aprecio e valoro o traballo que fan a xente que está no Arenteiro ¿que terán equvocacións? seguro que unhas cantas, pero eu vounos defender mentres non me dean motivos para o contrario. Pero asegúroche que cando vexa algo que poida perxudicar o club, seréi o primeiro en manifestálo. Nas xestiós hai acertos e tamén hai erros, e estou seguro que os acertos superán os desacertos. 08 Nov 2020, 22:30 10.90
Dous pichichis si, pero Sylla aínda non pudo xogar practicamente hasta hoxe. E Javi Pazos xa marcou un 400% máis de goles que co gran Gelucho, que se mal non recordo non se estrenara en mes e medio. Con todo, xa dixen que hai moito que arar antes que recoller a sementeira, que os grandes triunfos non chegar a primeira...non entusiasmarse de máis. 08 Nov 2020, 21:46 10.90
Co mellor ánimo de aportar a este debate ForzaArenteiro, párece que te moves moi ben no mundo virtual do Twiter e o Instragram pero non coñeces tan ben a realidade, o mundo real do Arenteiro. Mira, é ROTUNDAMENTE FALSO que algún socio que leva máis de 20 anos pagando religiosamente o seu carné non poidese entrar hoxe a Espiñedo, se non foi é porque non quixo. É facil de explicar, eu teño o meu número de socio está por debaixo de 100 e levo 7 anos como socio, fora xa anteriormente pero estiven varios anos fora do Carballiño e dinme de baixa, volvín facerse socio en 2013, asignaramente daquela creo recordar que un número que se mal non recordo era o 129, e asi fun chegando o actúal, xa moi por debaixo do 100, asi que socios fora de 20, nin 10 nin 5 anos de antiguedade que qudasen fora, non. E mira, vou máis alá, dudo bastante que haxa máis de 200 socios a dia de hoxe que retiraran o carné para este ano ¿en qué me baso? pois mira, na tempada do ano pasado a anterior directiva cando foi asamblea na que presentaron as contas os ingresos que citaron por socios foi de 26.000 euros, a 80 euros a cuota do ano pasado saen 325 socios, o demáis pases de empresas, patrocinadores, publicidade (constame que nangunha empresa do parque empresarial repartian entre os empregados ata 20 pases por partido) E dende logo, que nin teño nin vendo motos, pero cando digo que para unha directiva é o momento máis complicado nos 63 anos de historia do club, pois digoo mirando tamén á realidade (a virtual é outra cousa) pero a real é que hoxe en Espiñedo fixose 0 de taquilla, igual que en Barbantes, e 0 de bar, e 0 de rifas, e a hostelería está pechada e a economia do Carballiño desplomandose, e ogalla me equvoque, co peor aínda por chegar...si, son os momentos máis difíciles para unha directiva na historia do club polas circustancias actuais e futuras. 08 Nov 2020, 21:34 10.90
Si, Paco_Mentarista, boa lectura. Con 5 defensas co tío Gelucho este..jaja, a diferencia de momento é que o ano pasado na mesma xornada estabamos con 3 puntos e agora estamos con 8 puntos. Quedanos moito camiño...e moito que mellorar, este partido venos ben para rebaixar euforia e poñer os pes na terra, hai moito que arar...o próximo na Estrada. 08 Nov 2020, 20:06 10.90
Sinceramente, creo que vos pasades catro pueblos, xa non digo dar ánimos á xente que está levando o club nos momentos máis complicados dos últimos tempos, pero decir que os "rapaces da plataforma" como se lle chama aquí estaban en Espiñedo porque "son familiares dun membro da actúal directiva" que é o que dades a entender é pouco afortunado, por non decir outro calificativo menos amable...eses rapaces son voluntarios do club, asi iban identificados con petos e estaban facendo de acomodadores, desinteresadamente. ¿qué había familiares de directivos do campo? sí, a nai dunha directiva, e outro familiar doutra directiva ¿e estaban ou non entre o 1 e o 300) ¿qué pasa, que por ser familiares de directivos non teñen dereito? ¿Viches tí algún máis? Por favor... 08 Nov 2020, 19:56 10.90
Parece que finalmente autorizan aforo de 150 persoas, o club acaba de comunicar que este sábado de 11 a 13 e 17 a 19 poden pasar por Espiñedo a retirar a entrada os socios con número entre o 1 e o 300, dame que non se van retirar as 150 porque entre os socios máis antigos hai xente moi maior que seguro non irá, e outros por diversos motivos, ademáis de que tampouco poden facelo os socios de fora do Carballiño polas restriciós, e o Arenteiro ten moito socio de Boborás, Maside, O Irixo, San Amaro...polo que aconsello aos que estedes por riba do 300 ir a última hora o sábado e terédes posiblidade de pillar entrada. 06 Nov 2020, 22:41 10.90
En Espiñedo e retransmitido íntegro na WEB da TVG , según COPE Carballiño. http://copecarballino.es/novas/o-arenteiro-regresa-este-domingo-espinedo-con-aforo-superreducido-o-partido-ante-ud-atios-sera 05 Nov 2020, 15:27 10.90
As dimensións da Regueiriña non nos favorecen, é conceder ventaxa ao rival e máis a un equipo como o Atios. Apostaría por fixar o partido en Espiñedo, entendo que esta semana terían que deixar sen efecto as restriciós non esenciais, e de non poder ser de pedir xogar noutro campo aínda hai tempo durante a semana. En todo caso, exoploraría outras opcións, por exemplo Lalín ou Xinzo, e incluso Maside, aínda que neste caso botame para atrás o sintético, que é duro como unha pedra e proclive a provocar lesións. 02 Nov 2020, 09:33 10.90