| E dito sexa de paso, ollo ó Choco, que para min é un dos favoritos, ten un señor equipo, xa o tiña o ano pasado cando se quedou a un paso de play off, que seguramente tería xogado se acabase a competicón, e ademáis reforzouse moi ben. Para min claro candidato a estar entre os mellores. |
30 Oct 2020, 10:10 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
| Dame que tanto un coma outro tendes parte de razón, en realidade decides o mesmo, o certo é que os mundos cambearon, e moito, e o concepto club-masa social responde a un concepto máis cerca do romanticismo que da realidade actúal de como se financia un club, e dende primeira división a preferente, os ingresos por socios dudo que cheguen a un 10 ou 15% do total do presuposto anual. Pero igual que no fútbol, sucede co resto das actividades, ou están patrocinadas ou subvencionadas, imaxínate cantas compañias de teatro habería se tivesen que subsistir coas entradas os seus espectáculos, ou cantas películas de cine se farían se tivesen como único ingreso as taquillas dos cines, non hoxe esto móvese doutra maneira. E a todo esto, se en condicións normais era complicado cubrir presupostos, non me imaxino a que se ven encima, cando moitos dos patrocinadores están pechados, sen ingresos de taquillas, bar, rifas, publicidade...e cos "socios" estando a espera de que poida haber público no estadio, porque senón evidentemente non van sacar o carné, incluso algúns aínda dín que hai que compensalos polos meses sen fútbol da pasada tempada ¿ou vos non oídes esto coma mín? o presente é negro, ogalla me equivoque. |
30 Oct 2020, 10:06 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
| Como aficionado do Arenteiro moitas gracias o club por este gran traballo de retransmisión do partido, acaso mellorable o sonido, polo demáis ¡¡ chapó !! e ostia !! somos líderes, non recordo tal cousa dende a preferente.. |
25 Oct 2020, 22:12 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
| Gustazo ver este Arenteiro... un 0-2 ou un 0-3 creo que houbese sido máis xusto, tivemos boas ocasións para elo. O Arosa non nos tirou a portería. Queda moito, as euforias sempre son malas, pero creo que este ano o Arenteiro ten equipo e ten pizarra para facer cousas grandes. |
18 Oct 2020, 23:58 |
999.99 |
2 |
0 |
+info
|
| Vaia, pensaba que este foro estaba cancelado e encóntrome con que non, e tamén con interesantes reflexións, aínda que en algúns aspéctos non comparto. Por exemplo, a de que sexamos os novos capos da categoria, supoño que o decides pola categoria das fichaxes, pero efectivamente, aseguranme os dirixentes do club que esta plantilla vai ser máis económica ca do ano pasado, e non teño porque non creelo. Segun o relatorio de contas que fixeron os anteriores directivos o dia da asamblea en Espiñedo, a ano pasado o presuposto de gastos foi 290.000 euros, un dos máis altos da categoria sen dúbida, o deste pode que non chegue nin se aproxime a esa cantidade. Verémolo no seu momento. Se fose asi, a conclusión sería que a plantilla demasiaádo cara era a do ano pasado, e total para non pasar da metade da táboa en toda a temporada ata que rematou en marzo. Non sei onde quedarémos este ano, pero creo que xa toca que deixemos de mirar para abaixo e miremos para arriba, e todo esto con sentidiño, con moita cabeza , chámase xestión. Asi que todo o meu ánimo e apoio para este novo proxecto, cando estivo comprometida a viabilidade foi durante mes e medio que non aparecía ninguén para facerse cargo do club, non creo que ilusionarnos con este Arenteiro sexa poñer en perigo o futuro do club, máis ben todo o contrario. Saúdos e forza Arenteiro !!!!!
|
25 Ago 2020, 23:50 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
| Respectando tanto as vosas opinións como as dos antigeluchistas, o certo é que co presuposto que se manexou este ano, entre os máis altos da categoria, facer unha plantilla ó teu gusto e deixar o equipo de 12 na clasificación, a 3 puntos do que sería o primeiro descenso por posible arrastre tampouco é para botar foguetes. O que sí tamén é certo é que Marnotes dixo que era a primeira opción, pero alguén tivo que convencelo de que a decisión non era a acertada, porque acabando de chegar como él seguro que non tomou esta decisión, pouco criterío podía ter o primeiro dia que asume a presidencia para falar de renovación e saber escoitar tampouco é malo. Pola miña parte, agradecerlle a Gelucho este ano e medio, con todos os seus erros e acertos, que de todo houbo, e por suposto a entrega dun xogador todo pundonor como Emilio, que o daba todo en cada minuto de cada partido. |
15 Jul 2020, 23:25 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
| Enton son Javi Pazos e Fran Monroy |
30 Ene 2020, 01:33 |
47.73 |
2 |
0 |
+info
|
| Aquí radio Uceira: Mitogo xa se despedíu dos que ata hoxe foron os seus compañeiros, mañá pon rumbo a Somozas, tras ano e medio no Arenteiro condicionado pola grave lesión. Nas próximas horas anunciaránse dúas fichaxes "top" según o que se comenta nos aledaños da Uceira a esta hora. |
29 Ene 2020, 21:48 |
47.73 |
2 |
0 |
+info
|
| O ano pasado tiñamos 22 fichas, non había ninguna libre, 22, esté ano temos 18 que eu sepa, catro menos |
29 Ene 2020, 16:58 |
47.73 |
2 |
0 |
+info
|
| Son da mesma opinión, o mellor o resultado, o pior o calamitoso estado do campo, en canto á falta de efectivos que apuntades, a cousa pode agravarse se se prescinde de Mitogo, e solo queda esta semana para fichar... |
26 Ene 2020, 19:56 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
| Unha pena.. |
15 Ene 2020, 23:54 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
| Non Dillinger, desde o minuto 22 non, desde o minuto 12 xogamos contra 10, mais de 80 minutos expulsaronlle o portero titular |
15 Ene 2020, 23:50 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
| Gracias Carlos por estes magníficos 3 anos, e por tanto que deches a CD Arenteiro, por aqueles goles do primeiro ano en preferente que axudaron a un ascenso polo que esperamos tantos anos, e xa despois, tamén en terceira con goles que ademáis foron decisivos como o do último partido do primeiro ano no campo do Cultural Areas que nos deu ata seis balas na récamara para asegurar a permanencia, ou o do ano pasado no penúltimo partido en Porriño, que tamén foi decisivo como decisivo tamén foi o que antes marcaras no desconto ante a UD Ourense en Espiñedo cando tivemos aquél subidón de adrenalina no suspiro final do partido. Cando o equipo te necesitou sempre estiveches ahí, por todo gracias de parte deste que escribe e seguro que de outros moitos, moito ánimo e moita sorte alá a onde vaias. |
12 Dic 2019, 22:10 |
161.05 |
2 |
0 |
+info
|
| Encaixa ben o dito da feira, 100% dacordo. |
21 Jul 2019, 22:24 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
| Un poco de autocrítica non viria mal, hasta resulta moi saludable, beneficiosa |
20 Jul 2019, 19:02 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
| Gran noticia a continuidade de Fajardo, despois da brillante xestión en materia de renovaciós...que se quede Fajardo é unha sensacional noticia. O do dianteiro veterano de 30 anos con 60 goles na terceira...cantos anos leva na terceira? porque claro, se levase 7 ou 8 anos a media de goles é bastante baixa por non decir raquítica. |
20 Jul 2019, 14:19 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
| Como queirades, pero sigo insistindo que hai algún comentario absolutamente fora de lugar, non me parece nin medio normal nin no tono nin as formas, alá vos. A min o que me jode en realidad é que pepinazos de xogadores como Casio non sigan no Arenteiro, ou Rober, ou Portela ou Sanmartín, ou Adil... pero é o que hai, so desexar que os que veñan dean a talla. |
19 Jul 2019, 22:57 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
| Podemos ter distintos puntos de vista pero non insultar gravemente a ninguen. Así non, Paco debías borrar o teu comentario de inmediato. Pareceme absolutamente impresentable e inaceptable |
19 Jul 2019, 14:46 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
| Deixate de decepción e vaguedades, que soan moito a xustificación, e explicade as cousas, mais información evitaría moito run run do que se está oindo, por ejemplo decepcionados e moito están Casio e portela., Igual mais ca ti. |
19 Jul 2019, 01:48 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|
| Os fichaxes "top" ou "pepinos" como lle chamades seguramente tamén poden ser de Santiago...e arredores, e hasta seguramente do mesmo representante ¿pode ser? fagamos un perfil... moi parecido o que xa veu do Salamanca, cos trinta anos ven cumplidos, de segunda b, xogaban fora de Galicia e o ano pasado xogarían entre 1.200 e 1.400 minutos repartidos entre 15 e 20 partidos... Para min estes xogadores que xa veñen moi de volta parecenme de bastante risco, e ademáis descompensan económicamente as plantillas. "Pepino" e "top" tamén era Noguerol, que viña de xoggar previa de champions... ¿e qué? Traer "top" que non sabes como como se van adaptar cando estás botando a outros "top" que xa tiñas non me parece a mellor política. |
18 Jul 2019, 22:37 |
10.90 |
1 |
0 |
+info
|