| Ourense 2014, estando de acordo contigo en que a, remodelación é insuficiente si que hai estudos e evaluacións sobre o céspede e moitas probabilidades de cambialo. Outra cousa será, a, sua conservación. Respecto á remodelación sen ser unha obra, de arte si é sustancial. As cadeiras serán doutra cor, pero é que o campo non é noso e esa concepción segue a, ser un erro, e falando diso é vergoñento o que pasa coas mesmas en certos lugares do campo. O do cesar.... |
03 Jun 2021, 20:44 |
-4.12 |
2 |
1 |
+info
|
| home ourensejaps, parece mentira...dentro de nada o Couto vai sufrir unha remodelación bastante sustancial, un atractivo bastante importante para que haxa inversións. Xa sei que o campo é da xunta pero xa verás como por ai aparecen cousas. E un clube dunha cidade ten a suficiente relevancia para intentalo. queda esa opción ou quedar no futbol popular con rostros coñecidos pero que vamos a ver como reaccionan os socios, o que pensan.... |
31 May 2021, 16:41 |
-4.12 |
2 |
1 |
+info
|
| Pois tres xornadas restan e todo no aire. Por partes, antes de nada aplaudir e moito a implicación dos xogadores neste tramo final de tempada. Por outro lado dependemos e moito da implicación de Viveiro e Ourense C.F, xa salvados nos seus partidos cos nosos rivais directos ( quen nos diría que a día de hoxe necesitamos máis ca nunca a axuda do puente). e por último hai tempo, moito penso eu, que a directiva sabe que este é un modelo esgotado, que isto non da para máis. Non o din publicamente porque dalgunha maneira sería faltar aos seus principios pero eles mellor que ningúen saben que é necesario mudar as estructuras do clube para medrar. O resto son comentarios de chat, de RRSS, de xente que estamos aí pero que non daremos un paso adiante. Así que que veña benvido sexa e as cousas si se fan ben non teñen porque ser malas. Vamos polo seguinte cun ollo nos demais.
|
30 May 2021, 23:59 |
38.92 |
2 |
0 |
+info
|
| ourensejaps, concordo de novo. Cando falaba do adestrador non me refería a este momento posto que penso que incluso sea negativo. Non son un anti currás nin moito menos, agradezo o seu traballo en todos os niveis do clube. Simplemente coido que o adestrador do primeiro equipo a día de hoxe debería estar máis afastado da directiva, entendo que determinadas decisións para a mesma están moi supeditadas a outras cuestións. Eu nesa asamblea no pido fusións, nin tolemias pero si explorar outras vías que doten de maior fortaleza a o clube, quizais abrir un pouco a porta. Por último o campo como dís o campo está bastante ben, tamén as miñas felicitacións pero polo que sei sempre son os mesmos, por desgraza este terreo de xogo está acabado e moito me temo que depende sobre de todo da climatoloxía. Inverno, frío, choiva e pouca luz igual a leira das patacas.Bo milagre fan que se consiga xogar en inverno e outono domingo si e domingo tamén. Unha vergoña o das institucións nese eído que segundo teño entendido van arranxar. Veremos e esperemos. Sorte para Viveiro e seguintes pois o de onte foi unha mágoa ademais do resultado entendo que no anímico tamén.
|
17 May 2021, 09:00 |
542.74 |
3 |
0 |
+info
|
| Ourensejaps, sempre leo con atención os teus comentarios, entendo que estás bastante preto do clube e iso dache un extra a hora de escribir. Estou de acordo en moitos puntos dos que falas ( entre outros o partido da Ponte onte que demostrou que e un equipo para non estar loitando pola permanencia). Agora ben, poido concordar que os modelos Arenteiro, Ourense f.c, etc non son viables de todos pero hai que deixarse de lerias, o que non é viable é o noso tal como está desenrolado. Se queremos ser a bandeira dunha cidade de máis de cen mil habitantes hai que poñerse as pilas e tomar decisións. A primeira deixar o pasado atrás e pensar como un clube novo, creado dende cero. O segundo tomar decisións e non facer un gueto de varios. Non pido dimisións, nin cousa parecida senón decisións e unha e urxente a troco de adestrador no primeiro equipo. Do resto, sorte para o seguinte pero temolo negro.
|
16 May 2021, 22:45 |
460.47 |
2 |
0 |
+info
|
| moi bos resultados e de algunha maneira e sigo opinando o mesmo, moi importante para nós que o ourense c.f. non deixe de ganar partidos
|
02 May 2021, 23:43 |
10.91 |
1 |
0 |
+info
|
| antikimintern, na vida hai que ser xustos e non se pode estar sempre co ventilador posto. Non só pro Jácome, ni pro Alberto nin pro Baltar, pero a vaquiña polo que vale. Tanto a U.D. Ourense como o Ourense f.c teñen a súa disposición un estadio cun elevado custo de mantemento e consumo que ningún deles se fai cargo. Podemos discutir e estar de acordo do estado das instalacións pero xa lle gustaría a moitos dispor de esas facilidades con persoal e gastos non cubertor polos clubes. Na vida, ademais de xenerosos hai que ser xustos, e se nos vamos abaixo nestas non é culpa das administracións, é culpa dunha mala planificación da temporada, nin máis nin menos. O resto contos para non durmir. Agardemos que non pase e como ben dis este partido de maña e esencial gañalo, pero destas non te culpa Jácome ni da súa tv.
|
02 May 2021, 00:01 |
322.97 |
3 |
0 |
+info
|
| Ata, o rabo todo é touro. Moi difícil, o partido.... En fin. Pero os empates do barco e do Fisterra veñen ben. Aínda, así, ou moito troca, a defensa ou mal o temos |
25 Abr 2021, 19:48 |
89.64 |
2 |
0 |
+info
|
| home, ourensejaps, importancia ...importancia ten moita pois non dependemos de nós mesmos polo tanto hai que mirar pola fiestra a ver que pasa. Non nos enganemos, salvo miragre estamos descendidos e non polas posibilidadades senón pola dinámica que traemos. Só hai que ver o que sumamos en tres partidos e o que sumaron o resto. Lóxico que a directiva non poña un duro e deixe o clube saneado, a dúbida está ata que punto están dispostos a aguantar e si están tamén dispostos a tomar decisións, e unha e moi importante e que Currás de un paso ao lado, non digo irse nin moito menos, pero semella agotado e fallo de ideas para seguir ao mando do barco principal, e guste ou non é necesaria unha mini revolución para volver con forza outra vez a terceira. Veremos hoxe o partido, o campo despois de onte máis o que caeu hoxe co paso dos minutos estará pesado e seguro que o paiosaco non ven a tirar o partido |
25 Abr 2021, 15:49 |
89.64 |
2 |
0 |
+info
|
| Ah, por apostar vouno facer polo Ourense c.f, Fisterra sd, cd Barco e Viveiro. |
25 Abr 2021, 13:42 |
89.64 |
2 |
0 |
+info
|
| ourensanista69, de aí que eu preferiría que onte ganase o viveiro e o Arzúa, por é mellor, ou eu considero que se escapasen dous e que os demais estivesemos máis preto uns dos outros, así complicase moito a cousa porque son moitos a fallar e ainda ganando os 7 partidos....en fin que isto es por botar contas que coido que o que máis ou menos xa as temos botado. Respecto a Ponte vou discrepar contigo pois coido que lle van sacar rendemento as dimensións do Couto e iso vai ser suficiente para salvarse sen problema.
|
25 Abr 2021, 13:41 |
89.64 |
2 |
0 |
+info
|
| Exacto ShinChan79, pero e que ademais a o ganar o Ribadumia colocase a 6 de nós e ponse na quinta praza co que xa moitos que se van. Veremos o que pasa pero é que encima hai equipos que veñen coma tiros, aí está o fisterra que pasou de 17 a 26 e xa están a nosa altura. Nunha fasa tan curta sumas un punto de dous é moi pouco, a baixa de Amin e a inercia que traemos non presaxia nada bo. Teño a impresión que non estamos aproveitando as dimensión do Couto como se debera, cousa que o Ourense C.f. si o fai, ou alomenos teño esa sensación. |
25 Abr 2021, 08:30 |
321.83 |
3 |
0 |
+info
|
| é unha maneira de interpretación, para min a victoria do Ribadumia é mala porque e outro equipo que nos colle distancia e o o Ourense C.f. o mesmo. Estes resultados o que acadaron foi que haxa máis equipos a unha distancia maior. De darse o caso contraria terimaos ao Ribadumía aí ao lado e os da ponte mais preto. Que se escapen dous non hai problema, o malo e que se escapen catro e iso xa está a pasar e encima o Ribadumia que rematou a liga regular cun punto máis ca nós e agora quinto e xa nos saca seis. Eu dende logo sigo a pensar que non foron grandes resultados para os nosos intereses indiferentemente se ganan mañá, pois se non o fan todo o escrito sobra.
|
24 Abr 2021, 23:13 |
89.64 |
2 |
0 |
+info
|
| Malos resultados para, nós hoxe sábado, ou alomenos ou penso eu así |
24 Abr 2021, 21:17 |
89.64 |
2 |
0 |
+info
|
| ourensejaps, eu non digo que a culpa sexa del, só que neste intre está sobredimensionado e iso non é bo para el nin para o clube. Dende o meu punto de vista baixar é un fracaso enorme, non que non se siga nin que en preferente haxa eses socios que dis, que os haberá seguro, pero hai que ir pensando en certos cambios. Non son un profesional da materia pero hai que facelos e eu coido que a directiva e moi consciente porque se corre o risco , e serio, de que esa mesma directiva perda a motivación e entón...en fin, creamos nos milagres, aínda estamos aí e ata o final todo é posible.
|
22 Abr 2021, 16:47 |
142.88 |
3 |
0 |
+info
|
| eu coido que non liches de todo o que escribín, xa sei que no hai outra directiva, pero a que estaba non tomou as decisións que había que tomar. Guste ou non está máis que visto que o papel do adestrador no primeiro equipo ( non me refiro ao seu traballo no clube e coa base) está esgotado. Sexa pola presión, sexa por cansanzo hai que virar a proa do barco e iso, non entendo o motivo, non se fai. Do resto nada que dicir, bastante fan con estar aí pois polo que se ve ninguén quere coller o timón, cousa nada estraña pois se o modelo e este a ningunha entidade lle resulta atractiva, alomenos para encabezar un novo proxecto. |
22 Abr 2021, 15:37 |
142.88 |
3 |
0 |
+info
|
| Respecto a Amin e un bo xogador pero cando un home tan novo coma el trae tan grande recorrido futbolístico e que ten dúas cousas, calidade e problemas. En canto a tempada un fracaso estrepitoso, non valen escusas, os motivos xa, se verán. Os socios decidiron adoptar un sistema é ante iso non hai nada que dicir pero quen non queira ver qué o fútbol, ou alomenos o profesional que nos gustaría chegar, camiña por outros vieiros ten un problema. É un problema moi grande e que non haxa máis xente interesada en coller o clube. Ollo, eu non digo que o estean a facer mal pero hai decisións que se deberían haber tomado e non se fixo a tempo. Case un milagre nos separa do abismo. É o único que pido e unha reflexión para, saír dun inmovilismo que a vista, está o seu resultado. En fin, sempre é positivo fallar, isto non dá outra dimensión e nos pon na realidade. Esperemos que o domingo empecemos a remontar |
22 Abr 2021, 13:22 |
142.88 |
3 |
0 |
+info
|
| Nese pensamento inclúes a adestrador? |
19 Abr 2021, 06:33 |
142.10 |
3 |
0 |
+info
|
| Eu para, nada me enfado contigo nin con ninguén e menos por isto. É a miña opinión o que palpo e detecto. Eu vou seguir aí, pero entendo que toca ser un pouco máis ambiciosos e darme s conta onde estamos e o que somos. Sempre estamos cun ollo no puente e eles non importan, tarde ou cedo caerán polo seu propio peso, pero as nosas miras deben ser outras... Porque se o arenteiro pode entendo que ourense moito máis. |
05 Abr 2021, 12:19 |
135.54 |
3 |
0 |
+info
|
| O que non sei é quen vai vir cos cartos na man, probablemente ninguén, y iso fainos manter aquí. Un club dunha cidade necesita crecer e non pode conformarse en preferente. Necesita un pulo para captar socios, publicidade e outros ingresos. Con cartos podes incluso xestionar o estadio cun acordo coa xunta , por poñer un exemplo. Deste xeito estamos sometidos a normas e a compartir campo co outro equipo e xa se ve o que está pasando. Veremos agora que empeza a xogar o sábado e se o equipo visitante o quere facer. Unha, serie de problemas aos que hai que buscarlle solución é non afundirse no inmobilusmo pois se corre o risco que está, directiva se marche e polo que se ve non hai moito que colla o touro polos cornos. É isto penso eu que está derriba da mesa |
05 Abr 2021, 11:37 |
135.54 |
3 |
0 |
+info
|