Comentarios de agmo70

Comentario Fecha Karma
Noroboa polo gran remate de temporada. Vemonos na seguinte 20 May 2019, 14:10 112.90
Noraboa o Arenteiro pola permanencia e o Barco pola gran tempada. Faltou un pouco o final pero estar ahí non é facik 20 May 2019, 14:09 10.90
Final. Non queda máis que felicitar a todos equipos da provincia pola permanencia e coido que por un bo papel. Unha mágoa o noso porque tivemos o premio moi preto pero outro ano será se ten que ser. Aplausos a directiva polo traballo e por saber dar un paso o lado que penso tocaba 20 May 2019, 10:22 52.15
Gana o Barco 15 May 2019, 09:39 862.94
Concordo nas túas apreciacións Ourensanista69, e sei que se está a, falar de fichaxes e de deixar apuntalada a tempada próxima, pero repito como, opinión moi o ersoal, que non me gusta moito co. O se están a levar as cousas, da, a, sensación de pouca claridade. Respecto ó Couto entendo que é case imposible de que ascendían pero o meu entender si que habería un choque bastante grande para compaxinar dous calendarios tan dispares. É outro tema que debería estar resolto por se un día pasa é oxala sexa a nos 13 May 2019, 18:33 10.90
Bos días, noto a faltar algún comentario hoxe por eiqui, hoxe sen ser derrotista, si que hai que empezar a, ser un pouco críticos, eu non CBo de entender que rematando a tempada non se vislumbre alo menos se faga público o proxecto de directiva para o ano. Esperemos non estar retrocediendo. Tamén esperemos, non é fácil, que os, da, Ponte promocionen e lles de para, ascender. Sei que é un caso moi improbable pero estaríamos nun problema co Couto. Toca esperar pero non nos merecemos o final do curso e algún responsable haberá. Presumimos de masa, social e como tal ten que haber respostas 13 May 2019, 11:01 10.90
hai que olvidarse da promoción, os tres primeiros son inalcanzables e o Alondras xoga con Céltiga na casa, moitas probabilidades de victoria en entón xa non se chega. Toca pensar en quen colle o equipo e supoño que na asamblea vai que abrir uns estatutos que o final coido que non foron moi positivos. En canto os xogadores entendo que cumpriron un obxetivo e o final entre físico e cabeza acomodaronse un tanto. 07 May 2019, 19:49 10.90
Por certo, o domingo hai un Arenteiro, UD Ourense. Non digo mais hoxe por ti msña por min 02 May 2019, 00:12 -11.45
O final pagamos o esforzo, un pouco a novatada e unha plantilla onde dúas ou tres ausencias se notan moito se sumamos que a primeira volta era algo ficticia e que a incertidumbre do club nalgúns intres da este resultado. Tampouco estivo tan mal e toca aprender dos errores e enfocar a próxima tempada. Tamén aprender algunha cousiña dos veciños e esquecer os deles. Están ahí e punto e o final hai cousas que fan ben. O día 9 toca cambiar algunhas cousas e son necesarias para medrar porque está claro que este modelo queda xusto nestas divisións. 01 May 2019, 22:07 67.13
coidado cos que veñen pesule, que Jacome tampoco está disposto a segun que cousas...xa sabes o espectaculo que o manteñan os espectadores.. 21 Abr 2019, 23:23 51.81
entendo afiador que as subvencións (que son as bases) xa se invirten directamente nos rapaces, que a pesar de iso os pais seguen aportando diñeiro e transporte a Miraflores (un tema espinoso) e non é calderilla. Por iso e moi necesario saber que modelo de clube nos quedamos. o de paga e vamos para arriba ou organización , busqueda de instalacións e outras axudas externas. Un camiño e lento e seguro o outro.....sempre co abismo o carón. 20 Abr 2019, 15:02 51.78
unha pequena decepción porque a verdade o camiño era bo, pero as lesión, a fatiga e pode que un pouco a incertidumbre do clube nos levou a baixar un pouco. Para o meu entender hai que ter algunhas premisas claras. Si o clube quere consolidarse e subir ten que cambiar a estructuras, modernizarse e afrontar o futuro con outras miras. Anclarse en socios está moi ben pero son necesarias máis cousas porque logo a xente perde a noción da realidada como fai afiador. 25000 euros hoxe é unha barbaridade, pode que antes con outros apoios o fora pero hoxe dan para moito. A canteira dende logo, máis que necesaria pero para iso compre una estructura, unhas instalacións e todo unha equipa técnica. En fin , que tamen o principio e vendo os números a nosa situación era un tanto esaxerada e que esperemos voltar arriba, aínda queda un bo calendario e senón para o ano o faremos mellor. Pero e necesario xa un proxecto e unha directiva. 20 Abr 2019, 08:48 51.78
Pucho10, se de verdade eres un de dentro, cousa que dubido, dende logo vaia pena de comentario 14 Abr 2019, 23:10 10.90
4 punto de 21, non e froito da mala sorte ou decisións desacertadas. A min dame por pensar , que entre outros factores, a falla de estabilidade sobre o futuro do clube algo ten que ver. Os xogadores saben moito de isto, e algún o mellor xa ten a cachola noutros lugares. Normal non é. e ollo, mal enimigo para o Domingo, tal como está a cousa pode caer outra chaqueta 24 Mar 2019, 22:03 10.90
Francamente eu non vin moi mal a equipa, a actitud pareceume boa pero estasmos un pouco lonxe da calidade do Compostela hoxe en día. Eu penso que somos un conxunto que se marcamos sabemos gardar moi ben a roupa e dar un susto o contrataque. co marcador en contra somos moi vulnerables. O campo pareceume que alo menos di bonito, irregular como sempre polo paso do tempo e polo condicionante de ter partido todos os domingos. No inverno estará sempre mal e na primavera dependendo do clima terá un pase, pero iso e un tema que coido de difícil solución. Eu de feito coido que tal vez onte aínda fora mellor que non estivera ben porque tecnicamente pareceronme moi superiores. Queda unha costa e hai que subila 17 Mar 2019, 16:24 10.90
correcto Ourensanista69, fun eu que falou deses apoios intitucionais, porque entendo que no caso de chegar un grupo inversor pedirá como e lóxico recibir certas garantias, entre elas as instalacións porque se entende , ou entendo, que se farán cargo delas e partir de ahí reducirase a intervención de xunta, deputación , etc. ¿ E posible que ese grupo colla ese proxecto tal como está O Couto? , díficil porque o día siguinte tería que asumir moitos costes de moitas cousas que non están en bo estado. só fai falla afastar un poco a mirada dos xogadores, e concentrala no que se ve, as bancadas, as torres das luces, o cespede , os locales e eso só o que se ve a primeira vista. Se o collen malo, veñen a coller o que hai e fuxir . A dúbida estriba se a Xunta está disposta a acometer esas mellores que non son dous pesos, como se decia en tempos. A outra opción , persoalmente a que maís me gusta agora mesmo, e manter o categoria, disfrutar dos rapaces como medran, e esperar que pouco a pouco cheguen avances. O resto , como dí alguén por ahi abaixo, son conversas de bares que ben están pero non solucionan. O que non se debe e deixar fundir o barco. Veña , non me meto mais que eu tampouco vou arranxar nada, pero a opinión ahi queda. 21 Feb 2019, 20:29 48.99
Nunha cousa levas razón unionista79, compre inversión , xa non para medrar senon para manter o acadado ata hoxe. A partires de ahí nacen algunhas dúbidas. ¿ que apoio institucional tería un grupo inversor? porque no vexo eu a alguen invertindo a dia de hoxe sen campo e mais no estado do actual couto , que por mais ten outro inquilino. ¿Está disposto a xunta a mellorar as instalacións, terreo de xogo e mecanismos de mantemento do mesmo, ? porque eu vexo difícil que un grupo inversor veña con cartos para un equipo de terceira e acometer tal proxecto.,e en caso de facelo hai que ver como repercute no socio. Toca pensar que ata agora o prezo de todo isto e moi pouco , pero si entra unha sociedade inversora penso que moitas cousas cambiarían. En fin, só son teorías , pasatempos pero que dende logo teñen unhas doses de inquedanza. 20 Feb 2019, 23:24 47.23
pois eu , Charli23, no estou moi dacordo co que comentas, mais aló do punto da seriedade deste intre. Hai uns anos co clube e cas circustancias que hai agora habería cola para pillar a presidencia, pero como comentas hoxe o que anda metido nestas lides sabe que de trampolín pouco e de cartos menos, cousas que nese pasado era o que ofrecía a presidencia do entón C.D. Ourense. Hoxe sen embargo eses posibles o que detectan son problemas . Por varias razóns, entre elas que hoxe hai moito máis diversidade de deportes e os organismos publicos reparten o que hai entre moitos, organismos públicos por outro lado que tampouco teñen a potestade de encher as arcas. Económicamente tampouco e doado mantelo, poucas empresas con inversión forte, soldos dos xugadores difíciles de manter e nula xestión ecónomica sobre as instalacións deportivas ,que por outro lado hai que compartilas con outro clube da cidade. e aínda que se poideran coller habería que estudiar moi a fondo a sostenebilidade e mantemento do mesmo, (lease facturas, auga, limpeza, luz, mantemento cespede , etc etc). O que esta claro e que onde antes se percibia negocio agora non é así, por iso coido eu que os notables non aparecen e no vai ser fácil salvo que se modifiquen os estatutos e aparezca un sociedade de esas que vai ti saber o que trae. Sigo pensando que os que están , ben están , que cobren e vamos seguir facendo cousas ben pouco a pouco , porque o corazón, o sentimento e fermoso pero no suficiente. saudos 20 Feb 2019, 16:25 47.23
Enorme reflexión, berdian , tal o contas tal é dende o meu punto de vista. Este modelo só pasa por ter unhas instalacións deportivas boas, unha boa xestion técnica e física para sacar xogadores da base e así poder acadar obxetivos. Só parece que se apuntan especuladores e a directiva costalle moito a nivel persoal manter os niveles. Por outro lado hai moito sentimento , pero para aguantar o tirón hai que estar preto do poder, guste ou non que son os que poden aportar cousas a nivel económico etc. Ou isto o tirar e disfrutar cada domingo do que hai , e se o couto esta ben pois mellor e senon aguantar. Dende logo ca masa social que hay os domingo ten que haber outras miras. 04 Feb 2019, 16:27 47.23
de agua a lo menos sí , charle23 01 Feb 2019, 16:34 84.27