Comentarios de cuclillas

Comentario Fecha Karma
A cómo andan os abonos da segunda volta? 18 Dic 2018, 00:39 132.05
Son opinións pesule, pero a min ese esquema non me gusta, nin con campos en bo estado nin con campos desfeitos. Ainda que sí que podería chegar a comprender un fútbol un pouco máis directo, pero non en relación co tamaño do campo, senón co mal estado do mesmo. Podo chegar a comprendelo nun lodazal, máis non o comparto, porque o campo hai que cubrilo igual, tanto pra defender como pra atacar, e co 4-2-4 non se cubre ben. Fútbol máis directo, pode ser, pero non con ese esquema. E a campo pequecho, tipo fútbol sala, a calidade ten o mesmo ou máis que dicir. Logo pra min todo se endereita poñendo toda a calidade posible e ben disposta: É que senón non hai rapaz que empece a xogar nestas categorías ou noutras máis baixas... Eu non poría excusas pra non darlle "cancha" a rapaces con talento, que non digo que ti has estés a pór. 18 Dic 2018, 00:33 140.53
Boas pesule. O 4-2-4 ten o que ten: Namentres 4 xogadores van cara diante, non poden voltar cara atrás, ou se cadra, cando voltan, xa está o equipo escarallado. Tan solo con debuxalo... Amais, os catro de diante, ao atacar todos á vez nunha liña perfecta, vanse acomodando máis e millor a outra liña: A dos defensas do equipo rival. Ten o efecto sorpresa ou o efecto tromba... Ou pode telo. Pero eí que o equipo rival aguanta dúas embestidas... O Valencia xogou con íl fai "dous días" e foi un fiasco. O xogo non hai quen o elabore porque os dous do medio teñen pouco que facer cos catro de diante arriba. Medianamente ben defendido... Podíalle valer ao Real Madrid de Mourinho, que algo así sí que facía, aínda que repartindo o xogo Xabi Alonso e con moita pólvora arriba. Podíalle valer contra algúns equipos, pero non contra outros. Eu acórdome do CD Ourense de Romerito en terceira, co que tamén tivemos fiasco en Caravaca, e era o que facía: Xogaba con un 4-2-4, e dime ti algún equipo ben disposto que non nos gañara ou empatara. En canto o resultado... Aos puntos puido gañar o Ourense por dominio, pero a verdade é que as oportunidades claras, incluido o penalti marrado, foron do Arenteiro. Eu recordo unha de Carlos de Dios nun man a man contra Pato na primeira metade... Xogada rápida na que ben se aplicaron Cassio e Adil... Contra de libro ben feita, pero malograda. En definitiva, Ourensanista, para min xusto. E penso que sí, que haberíamos de facer sentir ben a outros equipos da provincia que pasan polo Couto. Non digo de regalarlles puntos nin de deixar de corear aos xogadores da UD Ourense. Pero as veces pécase no estadio dun certo aire de suficiencia ou de búsqueda do éxito que non debería de ser tal que así. E págase co rival ou co árbitro, cando un xoga as súas bazas segundo quere xogalas, e eu son dos que penso que o Arenteiro, co Rubio, puido levarse o partido. Así que o mal ou o ben tamén se o fixeron eles. 17 Dic 2018, 22:54 140.53
É que xogar con un 4-2-4 é o que ten, berdian, unha auténtica ruleta rusa. Chegaron as oportunidades, pero por ámbalas dúas partes. Non é un esquema estable en ningún caso. O equipo partiuse e somente unha maior calidade ou un maior acerto pode desequilibrar a balanza. O Arenteiro tamén ten a súa sorte e a súa calidade, e por iso tamén marcaron os seus goles... Resultado xusto 16 Dic 2018, 22:53 131.63
Bo partido o da UD Ourense, sobor de todo a primeira metade até o minuto 35, 40. Posesión de balón... e profundidade: Achegamentos constantes e normais a área contraria, nun encontro no que o rival xogou os 90 minutos con once homes. Recordoume ao xogo da Selección Española cando "a Roja" fai ben as cousas. Cando o debuxo se pareceu a un 4-1-4-1 a UD Ourense bordouno: Eí quedan os remates a porta do Alfredo que supuxeron os dous goles a sendos centros dende a banda direita despois de mover moi ben o esférico. Niste debuxo é básico o papel dos mediocamipstas, o rol que desempeñan o "pivote defensivo" (Sergio Busquets/ Germán) xunto cos "interiores" (Iniesta/Rakitic/ Luis/Durán). Os interiores xogan xusto por diante do pivote axudando en cada intre a saída do balón: A suministrar xogo ás bandas. As bandas entran como punta de lanza cara dentro, cara porta, como ben fixo o Joni en moitas fases do encontro, -tamén no seu gol-, pero especialmente nesta primeira metade. Fantástico partido cando o equipo xogou xunto, cando o Durán participou xunto co Luis na creación como "interior" nese triángulo que escomeza por dentrás co Germán. Cando o Germán se foi cara arriba na creación, cando o Durán se foi cara arriba situándose na mediapunta deixando moi so ao Luis o equipo pagouno de certa maneira: O xogo xa non foi tan continuo, a presión do Ourense deslabazouse un pouco... Os trocos tamén fixeron das súas: Moitos cambios no mediocampo que non deixan ver o encaixe das diferentes pezas... Fran polo medio primeiro, pero acto seguido pola banda collendo a posición do Joni... E un Fran que actuou con un Oli encorsetado coma outra peza defensiva, un Oli que non ten o saber facer de Josu. Difícil avaliar a algúns xogadores como o ex de Verín, que para tocar fácil son exquisitos. O final quedámonos cunha tripleta Germán-Presas- Luis que non acodou o nivel dos primeiros corenta minutos, porque fai falla, por pouco que sexa, traballar ben esta saída de balón, este xogo do pivote defensivo cos interiores. Hai que ir cara a excelencia... Nesa excelencia o traballo do punta non ten que ser precisamente eficaz de cara o gol, abonda con que xogue e faga xogar, que a toque nunha sinxela pero perfecta parede como a que fixo o Hugo co Joni no cuarto gol. Quedou demostrado que non facía falla un dianteiro, e sí boas incorporacións pra o mediocampo, -tamén dos mancados no seu día-; o gol chega das incorporacións por banda e dende segunda liña; en Atios teñen que marcar o Luis e o Durán, -tamén o tempo de xogo-. En Atios ten que chegar a confirmación deste bo momento. Máis minutos como ises trinta e cinco, corenta primeiros minutos: Máis fútbol. Máis encaixe de pezas. Máis mediocampo.Todo iso é o que un pedía cando se fichou a futbolistas como Bruno: escomezar a casa con bos mimbres, apuntalala pro ano e rematar esta tempada co ascenso. Fáltame todavía a actuación de certo xogador do xuvenil como extremo direito... Pero as cousas escomezan polo medio e medio. 21 May 2018, 00:09 115.16
Xa dixen, berdian, que a suplencia de Josu posiblemente fose pra darlle minutos a tódolos xogadores... Pero ollo, que o partido era tan decisivo coma outros e, ao final, por unhas ou por outras, botouse man deste xogador... Así que tampouco se lle deu moito descanso... E Josu vai coma un foguete sen estares xogando tres competicións, -Champions e Copa incluidos-... El sabe dosificar ben durante os partidos. En canto a Rubén Durán eu non entendo que se estea tan pendente del pra xogar de inicio un partido sí, e outro tamén. Currás dosifícao sacándoo do terreo nas segundas partes en partidos que teñen boa pinta pra nós... E noutros no que a cousa xa pinta mal de máis. A min gustaríame ver outras combinacións con Unai e Hugo xa de inicio... Máis mordente por unha parte, e máis pases filtrados pola outra. Aquí a última fichaxe quizáis teña moito que dicir, -non sei-. E tamén Omar ten moita clarividencia á hora de xogar cara diante. En fin, que eu penso que non se pode xustificar a falta de profundidade porque cada quen fai as cousas como quere ou como pode. E eu o que vexo e que botamos moito de menos a Fran, que é un xogador que fai cousas sinxelas, e iso é o que me gustaría ver. Bueno, e a un rapaz do filial dándolle unha marcha máis a todo o equipo... Non teño nada na contra de Rubén Durán, so penso en alternativas que, con toda a normalidade, poidan contar con outros xogadores que, evidentemente, non contan tanto para Currás e que poderían aportar cousas diferentes... Só iso. 05 Mar 2018, 23:52 47.20
Pois eu son dos que os partidos ás 12 córtanme a mañá do domingo, pero podería entender o cambio aínda que me fastidiase un pouco. Do encontro só vin a primeira metade... Toque e toque de balón, pero sen apenas profundidade. Coa teima de ter a un dianteiro, -chámase Unai outras veces, esta vez Rubén Durán-, entrando a banda cambiada polo costado esquerdo, pérdese a banda e pérdese a un xogador. As mellores accións da primeira metade déronse cando Durán deixou definitivamente o lado esquerdo, e ocupou a parte central da dianteira e a parte direita, onde sí contactou con Alfredo. En canto a Joni... Gústalle máis chegar dende atrás, ou parécemo a min. Diante perde sorpresa, e eu non o vexo como dianteiro. A falla de ver a segunda metade, digo, -coma sempre-, que Unai é un xogador completamente infravalorado, e que había de deixalo xogar por onde hoxe o fixo Joni: Eí arriba non ten rival neste equipo. Non entendín moito a suplencia de Josu: é un xogadorazo que non sei por qué non lle entra polo ollo a nosa afección... Será porque fai o fútbol sinxelo, e será por darlle minutos a todos. E sí entendería a suplencia, de vez en cando, de Durán: O paso do tempo vai pedindo ás veces outra marcha ao equipo... E sigo dicindo que, se Currás tenta xogar con un 4-3-3, botar mao de Benji sería o máis normal do mundo. As cousas florecen de embaixo arriba; con independencia do que estea a facer o xuvenil, sería un acicate pra ámbolos dous equipos. 04 Mar 2018, 21:44 228.27
Pois non che podo dicir nada en claro berdian, porque non o teño visto xogar. Aínda que se ten a actitude do irmao no campo, pódoche dicir que ten moito gañado. Ao irmao, ex tamén de CD Ourense, sí que o vin no Ourense B: Formaba mediocampo con Cuquejo mentres tentaba formarse, -tamén físicamente-, porque era moi noviño; Cuquejo, pois, facía o que podía pra abranguer unha porción de terreo que lle ía quedando grande, non porque fose mal xogador, senón por unha cuestión de idade do outro Presas, -actual do Bande-, e porque no plantel faltaban efectivos naquela posición concreta. Cuquejo xa tería que ter probado no primeiro plantel de CD Ourense como (único) pivote defensivo fai anos... https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ourense/2012/07/10/cuquejo-valora-opcion-buscar-minutos-barbadas/0003_201207O10C11994.htm Agora está no Galicia de Mugardos e eu penso que a provincia, sen él, perde un tanto. Era deses xogadores que parecían como se non soubesen andar as carreiras e tivesen que ir andando a presa a todas partes, como se fixesen "marcha". É moi típico de certos pivotes defensivos. Senén, -posiblemente máis xogador que Cuquejo-, tamén ten moito diso. É un pivote defensivo moi claro pra xogares él soíño principiando a xogada. "Tamén" pode xogar de central... "tamén" pechaba a banda esquerda: Mal destino pra un xogador que quere triunfar no mundo do fútbol... Agora está cedido recuperándose no Velle. O que teño claro é que o movemento de Adrián Presas serve pra normalizar as relacións entre os dous clubes: Ourense CF e UD Ourense. E iso é bo pra todos. O que non servirá a fichaxe de Adrián Presas é pra que confiemos no noso ollo, pois se o rapaz é bo, -que ogallá que o sexa-, xa virá mirado, -como din en outras terras-, polos "ojeadores" de Vigo... E iso non é tanto do meu agrado. Non, eu non descartaría ó rapaz por querer millorar, -a ningún rapaz-, pero tampouco iría por el por esas precisas razós. Esperemos pois que os de Vigo acertasen á espera de que nós saibamos apreciar a calidade polos nosos propios medios. Por outra banda, -ou pola mesma-, tampouco é pequeno... E eu, berdian, sigo coa miña teima de apreciar a calidade máis aló da súa orixe e da súa estatura. Eu quero un pequeno no mediocampo! Eu quero rapaces pequenos por todas partes! Eu quero a Benji marcando goles! E eu quero a tipos coma éste! Mira, o Noguerol zurdo está no Velle: https://youtu.be/Efqa-7RvpX0?t=18s Eu dicía de darlle outra "marcha" ao asunto. Pero en fin, berdian, como podes ver, eu só falo do que sei, e da nova fichaxe, xa te direi. Boa sorte pra el! Boa sorte pra todos nós! Ireino mirar o domingo se xoga a primeira parte, porque se cadra a segunda non a podo ver... 28 Feb 2018, 22:19 37.73
Ai Ourensanista! Moita dor de afeizoado... e algúns que outros pensamentos rebulindo na miña cabeza! Cómo explicar que sempre teño a vista posta no banco dun xeito... ou doutro! Mais se queres seguir lendo, déixote cun bo artigo: http://www.elmundo.es/papel/historias/2018/02/24/5a90411a468aebd7038b45fe.html E cun sublime pensamento: https://www.youtube.com/watch?v=LhuB6ypN8v4 Forza Ourense! 25 Feb 2018, 12:48 47.20
Coido que era a tempada 2011-2012 cando me puxen a ver partidos de primeira autonómica e outros de xuvenís. Non entendía como tiveramos un filial tan bo en terceira división loitando por ascenderes a segunda B: Os Berto, Bóveda, Portela, Gonzalo, Rafita, Marcos Sotelo, Juan Estévez, Josu, Jaime Noguerol, Yebra, Edy, Cristian, Luis Vilachá, José Juan, David Ferreiro, Martín, David Soares, Manu... Os que se lles podía sumar uns xoves Bruno e Sanginés. Ahí é nada. Normal que estiveramos pra ascender loitando co Deportivo B na tempada 2006/7... Certo que moitos xogadores probaran co primeiro equipo daquela maneira, porque como soe pasar nestes casos, só aos máis grandes déronlle coa súa más axeitada posición: Falo fundamentalmente de Yebra (mediocentro defensivo) e, co tempo, Portela (central). Tamén a Josu (lateral direito), aínda que a éste xa lle foron buscando novas posicións... Realmente aquel conxunto de xogadores viñan dunha etapa gloriosa na base do fútbol provincial: Tanto o Pabellón coma o CD Ourense tiveran os seus xuvenís en División de Honor. As veces fálase negativamente da situación actual, e eu podería ser o máis negativo de todos, porque se daquela non fixemos outra cousa que desfaceres aquel filial, -o cual era moi, moi complicado-, qué poderemos facer dende a actualidade... A actualidade pois, non se presenta tan sinxela, -crise demográfica incluída-, máis eu non a vexo tan negra. A calidade non desaparece así como así, o que pasa é que haina que ir buscar. Non se pode agardar a que ascenda porque se cadra non o fai. Máis ben hai que poñela no seu sitio pra que poida ascender. E sí, o primeiro equipo, coma di Ourensanista69, pode e debe tirar da ilusión dos rapaces. Os rapaces existen, están esparexidos, e eu veño falar eiquí dun exemplo: Chamábase Ángel, e era xogador de banda dos de antes: Interior direito claro. (Non confundires co "interior" ao modo Barca). Xogaba no Polígono na primeira autonómica é era xa un gran futbolista. Só facía falla ver cómo centraba. Cecáis tivese 18 ou 19 anos, é dicir, posiblemente da canteira propia daquel clube. Posiblemente non había moitos máis xogadores destacables naquel equipo, pero éste era un deles. Pasou o tempo, -moito tempo-, e fun ver o mesmo equipo. O Ponte xa mudara de nome, así que xogaba contra o Ourense CF. Había un Ángel que era titular, e eu supuxen que sería aquel home. Aquel home non era, nin estaba por ningunha parte. Comezou a quentar e entón descubrino rápido. Redescubrino millor dito! Minutos antes entrara un negro chamado Gus que non facía alardes por ningures, só xugaba o fútbol de xeito ben sinxelo. Á sinxeleza duns e doutros sumábase un Josiño que xa coñecía do Barbadás. Ex tamén do CD Ourense, era un mediapunta que podía entrar a gran velocidade pola banda dereita facendo de extremo, pero sobor de todo un xogador pra tocar fácil en calquera lugar do terreo. A mala sorte de Josiño foi toparse con Felipe e Almeida no clube da Valenzá. Felipe sempre retrasaba o pase de máis, namentres que Almeida pasaba por ser un xogador fundamental pro cuadro técnico, unha dupla que o mesmo o puñan de lateral esquerdo que de organizador... Foi unha sorte que compartiría tamén con Cristian ("Panchito"), con Diego Gómez Manso ("Dieguito")... e outra sorte de futbolistas que a presencia de Almeida ía minando unha vez o que se lle pedía era un fútbol rápido, non baixares a cabeza. Iso teríano que ver os catro ollos, -ou se cadra seis-, que o adestraban; ningún "pero" pois a quen axudou a subires dende abaixo a UD Ourense, xa como veterano... Así Almeida faríase eterno pero doutro xeito: Quizáis deixando un millor sabor de boca, o que destila Josiño co seu toque natural, xa sen a velocidade de outrora. E saíu "Choupas", mala sorte a de que lle troquen o nome a unha persoa que o tiña tan bonito, tamén os apelidos. Enredou a xogar con Gustavo dun xeito formidable. O negro, que o é actualmente do Bande, é rápido de máis pra xogares en calquera posición agás de dianteiro, ou a min parécemo. Faino ben entón en case que calquera posición resumíndose a lateral direito, mediocentro defensivo, e central. Tamén non o faría mal de interior dereito, pero pra iso xa está "Ángel Paredes Ferro": O "Choupas" do Polígono. Posiblemente un mozo da casa: O mozo da casa. Servidume doutro Ángel que tivo máis sorte ó acadares certa alcurnia: Xogara no CD Ourense. É igual, non é relevante certas orixes ou certos alcumes, o bonito sería distinguires a cada xogador polo seu fútbol exacto, e a Choupas aínda non o descubriu ninguén, en parte porque quizáis xa se lle chame Choupas… e iso é o que veño a significar… Ten un xogo similar a Cani, o ex xogador de Zaragoza e Vilareal e, polo tanto, non se pode desbotar cambialo de banda porque sempre aporta toque de balón , sen chegar a ser un extremo a pé cambiado, porque extremo non o é. É un xogador que continúa a creación do mediocampo sumando por onde lle toque xogar, cunha gran perna direita e boa visión de xogo. E nisto acórdame falar agora de Alex Díaz, un segundo dianteiro ou mediapunta cunha clase descomunal. Un Juanele da vida con pasado en CD Ourense. Un rapaz que pisa o balón como se xogara o fútbol sala, e do que non sabes por onde che vai saír. Un enigma de xogador co que se perde o tempo intentándolle sacares o balón. Certo que non é un gran rematador precisamente, aínda que non sei porque falo en presente del, pois estábame a referires ao pasado cercano, por una banda, pero lonxano pola outra: Alex Díaz deixaría o Polígono o ano pasado: Circunstancias de traballo que atacan aos nosos futbolistas se se lles deixa pasa-lo tempo… É o noso arroz. O tempo pasa por todos nós, pero no fútbol, en Ourense, nótase máis: A certas idades ou estudias ou traballas, e iso, se non se aposta de verdade polo futbolista, vense a notar. Como se nota a presencia dun xogador como Álvaro, porque é moito xogador: Grande, dos que se deixan ver. Naquel partido xogou de mediocentro defensivo e, mal, precisamente, non o fixo… Xa collía tendencia a crear, a dar pases en longo con certa autoridade, o que me fai pensar que na defensa xa lle podería sacar el outro rédito a eses mesmos pases, porque un defensa que pode xogar -e ben- de mediocentro, pode aportar moitísimo máis á hora de sacar o esférico controlado… Un futbolista xove que non pode senón medrar até o infinito. E un ex, tamén, do CD Ourense ó parecer. É normal que ante certos pasados, o Ángel, o Choupas, quedara afastado do seu propio nome cun alcume que xa o leva de por sí cara o banco. O Choupas é o xogador de banda máis claro que teño visto fai tempo, aínda que xa me confundo. É o futbolista típico de provincia que non chegou xogar no Pabellón, ou iso me temo. O fútbol sáelle polas orellas o mesmo que a min xa me sobran as palabras. Alongarme somente foi o xeito de ficar para sempre, -que diría outro Ángel, Valente. No meu caso tan só é o modo de que me dean unha patada no cú, porque creo que xa me alonguei demasiado nesta mensaxe. O Polígono xogou a preferente o ano pasado por algo, e descendeu tamén por algo. Por exemplo, por ter na reserva a "don Ángel Paredes Ferro" e a Gustavo… 24 Feb 2018, 16:51 51.48
A miña admiración por Benji pode que sexa desaforada... pero mira por onde xa che pica o gusanillo berdian! Eu penso que hai que ser un tanto apaixoado pra veres a calidade nun xogador, e se cadra Currás o é... Pero teríase que esquecer de darlle tantas instruccións e mirar con bos ollos onde o rapaz quere bailar, e a Benji todo o corpo lle pide unha marcha máis cando se achega a portería contraria, por iso é un xogador exquisito pra faceres a diagonal a banda natural porque vai pra porta directo. E sí, o natural de traballar coa canteira habería de ser ter admiración por ela, mais eu poderíache por contraexemplos como o de Milo Abelleira e Fonsi Valverde, aos que non sei se lles sobraría a capacidade de traballo, pero que non foron homes indicados pra ver a calidade nun Celta B co que ámbolos dous estiveron traballando... De tódolos xeitos eu fíome de Currás máis que deles. Fonsi Valverde trouxo o insigne Peloto, e Milo Abelleira foi aburrindo no banco aos rapaces que lle puña en plantilla Manolo Rois. Facía un "descubrimento" e quedábase con él: O seu foi Rubén Durán. Nada que obxectar. Pero deixaba no banco a Carlos Becerra: "9" puro... E de certo que pode que non haxa case certezas neste mundo, pero o ano pasado puiden contemplar cómo o xogo do Polígono ía a unha velocidade superior cando o balón lle chegaba a estes homes: Josiño, Alex Díaz, Gus(tavo), Álvaro... e Ángel Paredes Ferro. A piques de retirarse, -un (supoño)-, deixando o clube por circunstancias de traballo (outro), no Bande algún, han quedar dous xogadores bos e exactos pra dúas posicións. Mañá fálote deles Pesule, de todos eles. Deica entón! 24 Feb 2018, 01:46 47.20
Boas Ourensanista69! Non, se eu non falo de cantidade, senón de calidade e ben disposta! Con confianza, no campo! Así que comezo polo final coincidindo no de Xoel, cecáis máis dianteiro ou dianteiro a secas que especialista de banda. Pra iso xa estamos esquivando a un xogador como Benji no seu, que é entrar pola banda direita cara a porta, extremo claro, e iso non ten moito sentido. E eu diría máis, se se ten dúbida do rapaz, poñelo con total liberdade de movementos como segundo dianteiro, porque él xa saberá cando galopar pola banda cara a porta, buscar as diagonais, as oportunidades pra asistires os seus compañeiros, etc., etc., etc. Non, non estou dicindo que se estea a poñer rapaces para pasa-lo tempo e chegar a conclusión de que non valemos, pero o feito é que se pode chegar á mesma conclusa conclusión pechando a porta a poder velos nas súas condicións idóneas. Por exemplo, esquivando a un especialista de banda pra ir pondo a Carlos e Xoel... Da mesma maneira que Oli pechoulle a porta a Marcos Sotelo, Rafita e Gonzalo, e o mesmo que Juan Estévez, colocado no centro do campo, -el sempre foi especialista de banda-, cerroulle a porta, en maior ou menor medida, a José Juan, Cristian, Luis Vilachá, Edy... e, se me apuras, a Jaime Noguerol e David Ferreiro, porque Romerito puña no "centro-centro" a Juan Estévez. Logo en Tomé houbo equivocacións propias, -subires a Oli sen xeito ningún ao primeiro equipo-, e alleas feitas propias, -probar a Juan Estévez (Banana) nun partido contra o Celta B en Balaídos como mediocentro-. Isto da filosofía do clube está ben, Xiareironoextranxeiro, pero unha cousa: Cómo saber o que mellora "o propio" se non se fai propia primeiramente a calidade, -e toda a calidade-, que poida existir na provincia? Pódoche asegurar que, no Polígono, hai xogadores que milloran o que existe neste equipo. Había máis, pero, como soe pasar nestes casos, fóronse a traballar pra fora da provincia. E hainos, amais, que están xa xogando nel dende a tempada 2011-2012, momento no cual Aníbal Pereira desembarcou no CD Ourense co seu grupo, e el, co seu grupo, non apostaron moito por Jorge Fernández Quintas, o maior talento que tiña o filial... e moito xogador para calquera clube. Non sei qué opinará un dos Dacosta e mailo outro, porque un tívoo ás súas ordes mentres que o outro coido que se facía cargo da confección daquel plantel. Eu aínda faría por recuperalo, fíxate o que che digo... E non, non discuto a capacidade dalgúns pra traballar cos rapaces e pra velos; tampouco discuto a capacidade pra adestralos; o que discuto é a capacidade pra darlles CONFIANZA, verdadeira CONFIANZA, e nada máis que CONFIANZA. Porque pra iso, antes de nada, hai que tela neles, e pra iso, hai que distinguir a calidade con independencia da categoría na que militan, con independencia da súa idade, e con independencia do seu peso. Mírese por onde se mire, coido que Benji é pequeno de máis pra Currás... e quizáis sexa lateral direito... Iso é o que digo. Tamén é certo que Currás é xove pra poder aprender e pra poder levarse a contraria aprendendo dos seus erros máis que dos seus acertos. E celestin, tes razón: Se o rival gaña non lle hai que restar méritos, que todos temos os nosos problemas. Aínda que tamén digo que os nosos ollos haberían explorar as carencias do noso equipo, -pra superalas-, e as potencialidades, -pra aproveitalas-, antes que ter a vista posta no que fan os demáis. Máis enténdote. 23 Feb 2018, 21:50 47.20
Bueno, quédome máis tranquilo co desmentido das declaracións do presidente. Non tiña moito sentido botarlle a culpa aos xogadores. Non vou dicir que os xogadores "fan o que poden", porque así dito, e menos explicado, podería dar a entender que o equipo non ten calidade, e tena. Suficiente pra ascenderes se se fan as cousas dun xeito lóxico... E o lóxico non pasa por traer a un dianteiro como fai -ou como xa fixo- o Bande co Uru. Amais a canteira da UD Ourense habería de ser toda a provincia, -mozos e non tan mozos, porque pra eso temos as ligas provinciais-, con especial atención ó xuvenil da UD Ourense. E sí, Ourensanista69, coma ti opino que as millores fichaxes son a volta de certos xogadores coma Alfredo ou Fran, pero e que eu vexo ás veces a calidade, e esta non pode esperar. Sobor de todo cando vai facendo falla, cando ésta levanta o ánimo, e cando, ben disposta sobre o campo, pode facer que nos levemos a contraria ben rápido: Valemos! A partires de ahí todo se pode falar, pero baixo ese convencemento! Se non o temos, o millor é dar un paso ao lado; o que é incomprensible é facer eloxio da negatividade pra con nós mesmos como fas ti. E hai moitas formas de traer a colación esa negatividade, e unha é agochares a calidade que se ten nun filial; a outra é facela sentar no banco a agardar; pero hai unha máis perigosa, que é facer debutar a rapaces como se eses foran os únicos máis ou menos (in)válidos que temos na provincia, para logo vir dicir "Isto é o que hai...". Que o que faría o Ponte no seu momento... e o que estamos preto de facer nós. E non é verdade. O que hai que facer é profesionalizar o xeito no que se capta o talento, e iso é o que digo. Namentre non fagamos iso, todo o demáis é auga de borralla. Falas de especialistas en banda? Pois olvidácheste de Xoel tamén, porque ese mesmo rapaz, que por certo sí xogou en División de honor -segundo outras informacións-, foi situado nesa mesma posición. Aínda que se queres fálote de especialistas de banda outro día, porque hoxe xa estamos a 23 de Febreiro. E eu tamén estou canso. Canso de combater as ideas comús, e a negatividade sobre o xogador da provincia: Ningún pensa, ningún é bo, todos queren cobrar de máis.... Pois que a confianza posta neles non sexa de menos. É ahí a solución ($$$$). Atá mañá!!! (Pero ollo, que descanso e volvo!) 23 Feb 2018, 00:46 -7.05
La temporada pasada presencié un encuentro de juveniles entre la UD Ourense y el Chantada. La UD Ourense, con un 4-3-3, trataba bien el balón pero jugaba sin extremos claros... Currás le daba instrucciones a Benji en el lateral derecho, pero Benji porfiaba en subir hacia arriba buscando ocupar esa precisa posición: La de extremo por su banda natural, -él es diestro-. Desde esa naturalidad de la que habla el alma, Benji cambió el sino del partido con la inestimable ayuda de un delantero que abría bien el balón a banda y con el que, por tanto, Benji se podía asociar la mar de bien. Si de inicio la UD Ourense hubiese jugado con Benji de extremo diestro, y con un tal Quique por el otro costado jugando a pie cambiado, otro gallo les hubiese cantado… o quizá el mismo, pero bastante antes. Después del partido me temo que el presi se iba contento porque el equipo había mantenido la actitud con Currás al frente yendo a por la victoria en todo momento… y fue ese mismo momento en el que yo pensé que la UD Ourense, de la mano del actual presi, iba a tener nuevo entrenador en su primer equipo. Nada que objetar a una decisión con la que se puede acertar o fallar, yo ahí no me meto. Donde sí entro es en la configuración de la actual plantilla porque, salvo Alfredo, en ella no hay extremos claros. “Interiores” que toquen el balón no abundan con la salida de Bruno: Así que jugar con un 4-3-3 se va haciendo complicado. Quedan otros esquemas (4-2-3-1 y 4-4-2) más acordes a los delanteros y/o mediapuntas que tenemos, pero siguen faltando hombres que actúen por la banda. Benji es un jugador más bien diagonal, pero con una calidad exquisita. Alfredo se adapta bien a esas mismas diagonales, -a pesar de haber jugado siempre por el costado izquierdo-. Hablar en todo caso de esquemas y tácticas es un engorro. Tan sólo quería dejar señalado que no hay esquemas que “se dominen”, tan sólo hay futbolistas que "hacen buenos" esos mismos esquemas… y sí, si en un partido contra el Chantada la UD Ourense de juveniles ganó, no fue por las constantes indicaciones del técnico a un futbolista, sino más bien por la aproximación de ese mismo jugador a la posición más idónea para sus propias condiciones de juego: Extremo derecho. Por otra parte ya dijo Codeso que lo de pegar toques de atención a los futbolistas no tenía demasiado sentido. El presidente incide en lo mismo, de la misma manera que Currás incidía en dar indicaciones y más indicaciones a un joven talento de la provincia. Es un talento que sigue quedando oscurecido para nuestros “ojeadores”, -el primero, el técnico-, por la simple razón de que no juega, ni ha jugado, ni jugará en la división de honor juvenil. Por tener, tengo claro que no va a jugar en la UD Ourense, porque si no lo ha hecho todavía este año, no lo hará para el que viene… Y en fin, que me temo que ése debería de ser el verdadero motivo de preocupación de nuestro presidente, el ondear la bandera del fútbol provincial a cuento de sondear bien el mismo, y eso me temo y me consta que no se está llevando a cabo porque, para muchos, -presidente incluido-, las categorías, al final, están para algo… ¿De dónde han de venir los futuros fichajes pues? ¿Cuál es la filosofía del club? ¿Y por qué estar en la presidencia si no se cree en el talento de esta provincia? Algo se está desvirtuando en un club que, de momento, ha procedido a deshacer otro –el Barbadás- para intentar alcanzar el mismo éxito sin explorar las verdaderas posibilidades de su propia cantera y, por lo tanto, las verdaderas profundidades de su posible fracaso. ¿Qué el presidente sigue pegando toques de atención a cuento de sus 1.503 abonados? A mí, al menos, que me descuente para dar esos precisos avisos. Para mí la plantilla se deja la piel con independencia del rival y, para lo demás, queda por ver a lo que estamos jugando sobre el terreno… pero, sobre todo, queda por ver lo que nos estamos perdiendo: Benji tan sólo es un ejemplo. Si no debuta en condiciones, para mí esta temporada será NADA, porque no estaremos educando ni convenciéndonos de que valemos. ¿Y ahora queremos fichar a un delantero? Más bien estaría mejor conocer los cauces exactos para ir marcando los goles... 22 Feb 2018, 17:35 -7.05
Quedácheste a gusto coa túa mensaxe de embaixo berdian! Eu paréceme que non vou ser menos, así que nada que obxectar... notábaseche a túa ledicia ao te expresares, contaxiosa! Estou de acordo en case todo, salvo no do Unai: Aguantando, aguantando, millor que o Hugo. Estaremos pois de acordo en non estar de acordo: O ano pasado, o día que máis fútbol vin, foi cando se colocou Unai en punta, con Fran na media, Xaco aparecendo pola direita e Marcos Sotelo pola esquerda. Todo moi lóxico. Xogadores que entenden o futbol fácil ou que, cando menos, xogan nas súas posicións idóneas. Non estaba Cristian Dacosta (Panu) no xogo ou, cando menos, non interfería. Marcaba os seus goliños –que non foron poucos-, pero conducía de máis pro meu gusto. É o gusto de quen quere ver cousas sinxelas e lóxicas. É o gusto de quen quere moito toque fácil e pouca conducción; e é o gusto de quen ten bo gusto para escolleres afección por certos equipos…. No seu día apostei, -antes de principiares a tempada-, a que un Superdepor, -no seu primeiro ano-, podía acadar o título de liga. E se non tiveramos certo traspés co Logroñés… Creo que quedamos terceiros. Fíxenme siareiro do Compos en segunda B… E apareceu na primeira gañando un campionato de inverno! E estou seguro de que o CD Ourense puido gañar no Camp Nou, pero…. Saíres sen ningún dianteiro exacto para desgastar as carreiras do noso millor extremo esquerdo (Adolfo)… Cambiar a un segundo dianteiro (Jorge Sánchez) para darlle entrada ao primeiro en solitario… Meter ao único mediocentro organizador (Dani Cobo) pra ver se te da o pase definitivo no minuto 72 exacto… Escomezar a xogar con dúas bandas no minuto 57 (Conget) a expensas de cambiar a que xa se esgotara de driblar en solitario pola esquerda… A alineación era ésta: Ramón; Lambea, Chema, Roberto, Xurxo; Adolfo, Dani Cobo, Garitano, Conget; Jorge Sánchez, Oscar Martínez. Era un equipo de primeira en segunda B, o mesmo que o Superdepor era un equipo de Copa de Europa na liga… Se escomezabas a escarbar, claro que sí: Múgica, Martín Lasarte, Villa (o outro Villa)… Non eran xogadores para xogares a Champions,- ían xustiños na primeira-, pero o equipo titular tíñao claro Arsenio Iglesias, o mesmo que o tivo claro no seu momento Gómez Fuertes. Podes ter un mal día e non dar coa porta, pero… Con eses equipos titulares, e pensando nos titulares ó día seguinte en Cam Barca: “Debacle no Nou Camp!”… Todo pesa: A calidade (ben disposta) polas dúas bandas, e a presión pola outra. Por iso, Xiareironoextranxeiro, douche toda a razón no teu razoamento. Pero se o pequeno se rebela contra os grandes é tamén por facer moi ben as cousas: Que hai máis razóns de peso que a carraxe… E, certo é, máis poder que os dos cartos: O dun traballo ben feito. 20 Feb 2018, 16:31 110.01
E que eu non sei, Ourensanista69, fálase de que fai falla un dianteiro... Máis eu penso que se non se proba a asistilos como se debe, non se pode avalialos como merecen, e nisto, estou dacordo co teu tocaio. En canto Toshack, que fale o que queira, pero pode ter a súa parte de razón. Non sei canto se lesionaba o rapaz na premier, -porque non a sigo-, aínda que sí sabía que xogaba de carrileiro. E supostamente esixe un maior esforzo correr toda a banda que facer a diagonal arriba... O que sí tiña visto é a Hugo no Barbadás... Pra min Unai, de costas, non ten rival, é a miña opinión. Corpo a corpo, baixando o centro de gravidade... Niso Hugo non se mete tanto: Lémbrame a Adrián Quintairos... Vai servido de clase, é bo xogador, e non estou dicindo que non sude a camiseta, só que no corpo a corpo coma referencia Unai é millor. A Hugo nótaselle que ben dun bo traballo de base, pero cada un no seu. E ollo! Que tamén hai xogadores que fan a diagonal ben a pe natural, non todo e pé cambiado. Pra min Benji, que non é lateral, senón extremo direito claro, habería de xogar pola dereita con Josu. Agora ben, se non probamos, seguiremos a falar do que nos dean a ver, ou da apariencia da realidade. E así sí que vai facendo falla un dianteiro... Un exemplo de extremo a pe natural: https://www.youtube.com/watch?v=Few2O-e3M3g 19 Feb 2018, 20:05 69.31
Sen dúbida Fran é un deses que combina ben. Xoga ben fácil. Cando estará pra xogar? Sábese? E totalmente de acordo contigo en que Alfredo, pola esquerda, sería máis asistente. 19 Feb 2018, 19:04 47.20
O de Alfredo pola dereita é unha opción, como ti dis, Ourensanista69; pero sempre que esteamos xogando en campo contrario, senón é así, a diagonal feita a pe cambiado esmorece no centro do campo rival. De tódolos xeitos, e sen negar esa oportunidade que foi o pau, houbo outras dúas, tres ou catro que non se chegaron a concretar por quedar pechada a súa zurda en banda dereita e, dende esa mesma banda, non deu centrado. Lembro outra na que porfiou e disparou un balón frouxo coa súa dereita, e nótaselle que non é a perna boa. Xogar pola banda natural... semella máis natural, aínda que ás veces a perna cambiada teña a súa lóxica. Non sei... Tamén é máis fácil que un xogador se lesione por forzar en opcións menos natuarais. Toshack bótalle a culpa do baixo rendemento e das lesións de Gareth Bale a xogares a pe cambiado. Ó millor é moito dicir, pero pode ser... E sobre Unai e Hugo... Sigo dicindo que Unai é moi grande, e que, como dianteiro centro aguantando de costas e pelexando cos rivais, non ten sustituto. Iso deberíano aproveitar os seus compañeiros, e Hugo podería ser un deles, xa que non son incompatibles. Pero penso tamén que poida pesares o paso de Hugo por todo un Deportivo B, namentre que Unai só chegou a debutar en terceira co CD Ourense... Unai é moito xugador, é moito incordio, e da moitos opcións... 19 Feb 2018, 18:54 69.31
Decían por la grada que si Alfredo hubiese jugado los 90 minutos el devenir del partido hubiese cambiado... Es posible. Pero yo creo que el devenir lo marca siempre la calidad bien dispuesta sobre el terreno. Para valorar a Unai, Ivan1970, habría que verlo jugando de delantero centro; hoy, sin embargo, jugó saliendo de banda izquierda... Es un hombre que da mucho juego colocado en punta, no en la banda: Porque de espaldas a puerta contraria brega y asiste. Por detrás de él podría estar Rubén Durán, al que le va pesando poco a poco el paso del tiempo, y hoy ahí estuvo, o trató de estar. Así que la referencia adelante fue Adrián... Será un delantero, pero no para jugar tan adelantado o como referencia arriba. Si los jugadores se sienten cómodos jugando por la banda derecha es porque Josu conoce todos los entresijos de este costado. Josu es enorme! Luego se le juntó Alfredo, y se notó, como dijo Pesule. Pero, con independencia de su gol, el que es capaz de darle otra marcha al equipo, -por su clarividencia en el juego-, es Omar. Que, aún medio cojo, dejó destellos de calidad con un sombrerazo -parado en falta- y con un par de balones en profundidad que supusieron sendas oportunidades. Echo de menos a Bruno... pero vamos a dejarlo. Creo que Currás ha intentado hacer cosas lógicas: Acercar a Rubén Durán a la portería contraria, intentar jugar con bandas... Pero he ahí donde yo veo la plantilla descompensada. Meter a Unai por la izquierda no es la solución al problema, más bien sale damnificado el futbolista. Y, por otra parte, si se hace descender a Rubén Durán al mediocampo en algunos partidos, -que no va a ser eterno-, es porque algo nos falta en el mediocampo... Hoy, la segunda parte, Durán la jugó también por la izquierda al modo Unai... Dos jugadores de los que se pierde su calidad. Unai es un jugador infravalorado. Y Durán, como dice Ourensanista, no puede -ni debe- jugar en todas partes... La calidad de la plantilla podría ser mejor, pero para preferente es buena y podría ser suficiente. Ahora bien, el equipo juega sin extremos claros y, si se me apura, sin jugadores de banda claros. A la espera de Fran, -otro jugador de los que combina bien-, y de ver a Unai en su posición idónea, me quedo con ganas de ver al equipo jugando como lo hizo hoy, pero con otro Alfredo por el otro costado, y con Omar de inicio... Creo que ahí están nuestras carencias. 18 Feb 2018, 23:44 47.20
Déixaos Pesule, millor que poidan falar no campo. Millor que falemos todos no terreo. Nós tamén teremos que facer bo o pronóstico da quiniela... Así que nada. Forza Ou! E ó Bande, pois que lle vaia bonito. 18 Feb 2018, 00:56 47.20