Comentarios de mercedesbenz

Comentario Fecha Karma
Luisito, pensa polo menos vinte segundos antes de escribir, home! Argumenta e non sexas despectivo cos demais. Aìnda vai ter que recuperar o Oroso aos descartes para poder gañarlle ao Trazo! E que te descalificas ti so cos teus comentarios. O anterior que fixeches durou dez minutos ata que se borrou por votación, e con este outro vas polo mesmo camiño. 28 Oct 2012, 13:13 70.32
Estimado Podorski, dende logo estiveches sembrado co teu comentario. ¿ti escoitaches a Agustín decirlle a algún xogador que lesionase ao fillo de Hugo? Ti dende logo saberás moito de fútbol, pero eres un imprudente de campeonato porque facer unha acusación tan grave, e ademáis falsa porque estou seguro ao 100% que Agustín non fixo iso, unicamente porque se comentou.....é moi grave. Despois dis que non sabes por que o Oroso cae mal, pois porque hai xente coma ti que despois de empatar un partido entre nenos, invéntase unha película para desprestixiar e desprezar a un rapaz. Era visto que íbades a atacar a Agustìn: ex-entrenador do Oroso, moitos xogadores marcharon para o Trazo,etc.etc. Se intelixente e retira o teu comentario e logo descúlpate. En todos os partidos hai lesionados e xa está , non hai que darlle máis voltas. Ti no teu post falas de humildade, pois eso é o que lle fai falta a unha parte importante dos xogadores do Xuventude, que andan por Sigüeiro como se fosen xogadores de Primeira división, e están moi lonxe de selo, e máis, o máis probable e que ningún o sexa nunca. En canto a ti Luisito, unha curiosidade, ¿canto tempo te levou pensar o que acabas de escribir? Podorski, lee o comentario do Luisito, e xa tes outro motivo polo que o Oroso cae mal, e podería darte dez máis, e nada ten que ver con gañar, porque o Oroso gaña nos xuvenís, pero nas outras categorías non estamos para presumir. 28 Oct 2012, 02:16 193.42
Eso rapaces, que non é máis cun partido de futbol base. Xa rematou e xa nos chega cun morto: o que morreu da risa. Porque se non veu a ambulancia supoño que morrería... 27 Oct 2012, 21:22 189.71
Complicado partido para o Oroso ante un rival que está moi ben clasificado. A ver se obtemos un bo resultado para sair da zona perigosa. 24 Oct 2012, 17:50 91.11
Complicado partido para os nosos ante o segundo clasificado da liga e , ate agora, o equipo máis goleador. Tras un inicio de liga lonxe das expectativas, agardemos que a victoria da xornada anterior supoña o inicio da remontada para sair da zona peligrosa na que estamos. Dende logo será un partido difícil. 24 Oct 2012, 17:38 44.40
Muy bien molamazo, cuando uno se equivoca o comete un error lo correcto y más inteligente es rectificar y pedir disculpas como tú acabas de hacer. Lamentablemente hoy en día son pocos los que lo hacen y así nos va. Parabéns. 22 Oct 2012, 10:47 57.15
Estimado sr. o sra. molamazo, non era a miña intención facerlle rir nin a vostede, nin a ningúen, porque non estaba facendo un comentario humorístico. Non quero abrir aquí un debate sobre este tema, o único que lle digo é que, na miña opinión, este neno é o de maior calidade individual, falo de calidade, no estou decindo que sexa o millor xogador do equipo coma di vostede, porque evidentemente xogando de lateral non é o millor xogador do equipo, e unha cousa e a outra son cousas moi distintas. O que quixen resaltar no comentario anterior é que varios xogadores están xogando onde nunca xogaron, e e consecuencia aí non poden lucir como nos lugares onde están máis habituados a xogar ¿vostede cree realmente que ese neno ten as condicións para xogar de lateral? E o mesmo digo dos outros nenos que mencionei. Por suposto, vostede pode ter outra opinión, faltaría máis, pero non creo que sexan necesarios eses ha,ha,ha,.... que, por certo, sería máis ben, ja,ja,ja,...¿non?. Lembre que estamos falando de nenos, e as burlas, comentarios negativos sobre eles,etc, están fóra de lugar. E outra cousa, o meu comentario ten 10 votos a favor e o seu únicamente 2, e un deles o seu, por tanto, ¿que posición sería a máis realista? Saúde a todos. 21 Oct 2012, 14:47 30.15
Estimado Wiggum, aplícate tu discurso, tú también nos estás criticando a nosotros oculto tras un nick absurdo. ¡cómo os molesta a algunos que se discrepe! ¡cómo me suena! Mira aquí somos todos anònimos, nadie se identifica. ¡ qué sabrás tú si yo hablé o no con Hugo ! Dedícate a opinar y no le digas a los que piensan distinto a ti lo que tienen que hacer.¡Valiente! 16 Oct 2012, 23:39 46.79
Claro que non é este o millor lugar para falar destas cousas, pero comezamos falando do partido e vanse comentando cousas e ao final ímos polas ramas. Pero esto pasa en todos os foros, inicialmente fálase do tema e despois vanse incorporando novos temas que extenden a conversación. E como decía máis arriba cada un pode decir o que desexe e dar a súa opinión, sempre con educación e respeto. Evidentemente non é o lugar adecuado porque imaxina os aficionados do Villalbés o aburridos que estarán (bueno, ao millor se están divertindo,nunca se sabe) Pola miña parte, xa comentei todo o que tiña que decir sobre o tema da xestión deportiva do clube e , na medida do posible, tentarei limitarme a comentar os partidos, aínda que Michael estasme tentando co tema das reunións, e sobre este tema podería facer un monográfico, pero bueno non vou a falar do tema. Saúde a todos. 14 Oct 2012, 20:10 69.54
Estimado Ralph, aquí estamos nun foro de opinión, e como tal, estamos expresando con libertade e educación o que está pasando no Xuventude e o que pensamos ao respecto. Lembra que neste país temos libertade de expresión e de opinión. Ti se non estás de acordo co que pensamos algún dos que participamos pois argumenta en contra de quen consideres. 14 Oct 2012, 12:18 67.58
Eu polos números non os coñezo, pero creo que o 12 pola descripciòn que fas é Castro, o neno que comentaba no meu anterior post que para min ten máis calidade, e a verdade é que o posto de lateral dereito non é o seu sitio.Pero claro, no seu stio natural hai que poñer a outros que nin se aproximan a el en condicións pero que teñen que xogar aí si ou si. O cinco non estou seguro, pero pode ser Jorge, que o intenta e corre moito pero non participa no xogo. O outro número que mencionas non me dou conta quen é, coñézoos polos nomes. Este equipo ten moitos xogadores arriba e fáltanlle atrás. Entón deixan nos seus postos naturais aos que queren que destaquen e aos que non queren que destaquen pois para atrás. Véase Castro, Darío... 14 Oct 2012, 01:08 30.38
Os xogadores que están aquì que viñeron do Celta, supoño que estarán aquí porque o Celta non os necesita ou porque xa non conta con eles. ¿vos creedes que si un xogador é importante para o Celta que o deixan marchar tan fácilmente? Se o miramos dende o punto de vista do xogador ¿vos creedes que si contase para o Celta un xogador viría a xogar ao Xuventude ? Pero bueno, os motivos polos que viñeron para o Oroso solo o saben eles. 13 Oct 2012, 23:47 75.10
Certo Michael as formas cos rapaces fallan e tamén fallan as formas coas nais e pais. Son coñecidas as súas malas formas para todos os que o sufrimos dende hai tempo. É moi difícil ter unha conversación normal con el, e que non se te ocurra criticarlle algo ou discutirlle algo. En canto ao convenio co Celta, pregunto: ¿cantos nenos foron para o Celta deste club dende que se asinou o convenio? Sei de varios que viñeron do Celta para o Oroso, pero de aquí para o Celta marchou algún? Eu sei dun neno que xoga no Celta que vivía en Sigüeiro pero non sei se saíu do Xuventude 12 Oct 2012, 23:59 114.11
Efectivamente trudi, penso coma ti, neste equipo hai varios xogadores que están xogando onde nunca xogaron. Na miña opinión o xogador de máis calidade individual deste equipo é Castro, ¡e está xogando de lateral dereito, onde nunca xogou! Eu penso que aí está totalmente desaproveitado, pero bueno, todo é opinable ¿non estaría millor no centro do campo distribuíndo o balón? Por outra banda, Rubén de central, non sei, pero se este xogador a virtude máis grande que ten é a velocidade, ¿non estaría millor pola banda como o ano pasado? E Jorge penso que tampouco está no sitio correcto, corre e corre, e aos 20 minutos está reventado, non ten presenza no xogo do equipo, xoga moi atrás. Pero ben, como dicía antes todo é opinable. E quero deixar claro que os tres nenos que menciono son moi bos xogadores, en ningún caso estou criticando o seu rendemento, todo o contrario, os tres están esforzándose a tope no posto que os poñen, menciónoos porque considero que coas características que teñen renderían máis noutros postos. 12 Oct 2012, 18:54 91.45
Ben rapaces, partido gañado con algo de sufrimento, pero conseguimos os tres puntos. 12 Oct 2012, 18:32 112.36
Estimado Mora 22, no te enfades hombre! Si lees mis comentarios anteriores y los tuyos, en muchísimas cosas estamos de acuerdo y coincidimos. Mira, tú dices que acabas de llegar ahora al Xuventude, yo llevo años , y por tanto creo, con todos los respetos, que tengo más argumentos que tú para, utilizando tus expresiones "tener una idea cierta del Xuventude". Comparto totalmente contigo que no es ningún problema estar en el B, ya lo expliqué anteriormente, y como sabes yo solo critico un hecho puntual de la confección de las plantillas, y que puedes leer más arriba. En cuanto al tema del coordinador, yo pago una actividad deportiva a mi hijo, de la cual el responsable de la gestión deportiva es este señor. Por este motivo y por la libertad de opinión y expresión que existe en este país, tengo derecho a comentar, criticar, y también a alabar si fuese el caso, por su puesto, con educación y respeto, lo que haga este señor. Y a nadie le debería de molestar! Te preguntarás tú y otros que por qué los que estamos disconformes con su gestión, que somos muchísimos, te lo aseguro, no se lo decimos o planteamos. Pregunta por ahí, p.ej., sobre una reunión que convocó el año pasado para poner en evidencia a un señor(el que llevaba la cantina) al que, según le contaron, escucharon comentar algo sobre la confección de unos equipos, ¡cómo intentó ponerlo y como le habló !. Al final, el que quedó mal fue él, por supuesto. Él lo hace todo perfecto, nunca se equivoca ni admite que nadie le discuta, y reacciona siempre de malos modos cuando se discrepa. Te podría contar muchas cosas que hace e hizo este señor, pero bueno, eso lo dejo para que tú mismo lo descubras por tu cuenta (bueno, ojalá no lo veas porque no es agradable). Por último, un consejo con toda la buena intención, no pongas nunca tu nombre en ningún foro, y por supuesto, felicidades por tu excelente redacción. 12 Oct 2012, 12:15 48.37
Mora22, non obstante, se es quen dis, que o dubido moito, dasnos a razón aos que dicimos que o coordinador promete xogar no A aos nenos para que fichen, xa que dis que a ti te prometeu que ías a xogar en galega. O que non entendo é que digas que o cumpriu se estás no B. Pero ben, quedaría probado que neste club non todos os nenos parten en igualdade de oportunidades ao inicio da pretemporada como predican algúns. 12 Oct 2012, 00:48 47.75
Mora22, dudo moito que sexas quen dis que es. Un neno de 14 ou 15 anos non escribe como ti o fas. Nin o estilo nin as expresións se corresponden coas que empregan os nenos. Está demasiado ben escrito: case todos os acentos, sen ningunha falta, as frases e palabras completas, todas as comas ben postas, comillas, etc .Os nenos non escriben así. Despois preguntas no teu primeiro comentario o nome dun xogador do A e despois dis que entrenaches co A; se é así non entendo a pregunta. E algún outro detalle máis que vou a obviar. 12 Oct 2012, 00:40 10.10
Bolido, polos comentarios meus deste partido podo entender que penses de min o que dis, pero, por favor, léete os meus comentarios do partido anterior e poderás entender ben a miña postura. Eu o único que critico e criticarei da confección destas plantillas é que os xogadores que o ano pasado estaban no A, este ano os pasasen ao B porque había que colocar no A a xogadores que viñeron de fora aos que o sr. coordinador lles prometeu que ían a estar no A para que fichasen. E claro, se traes xogadores de fóra con promesas, hai que facer sitio para metelos. A estos xogadores exclusivamente son aos que me refería no meu post anterior cando digo que algún tiñan que estar no A e outros no B. En relación ao resto dos nenos que están no A ou no B, eu non teño nada que decir, é máis, non é ningún problema estar no B, ¡que máis da! O tema de discusión non é estar no A ou no B, é o desprezo a dous nenos. 11 Oct 2012, 14:08 113.53
Estimado danabola, non pretendía burlarme cando puxen o de que non das na bola, de verdade, asegúroche que non era a miña intención, simplemente fixen un xogo de palabras co teu nome de usuario, e tampouco me pareceu mal o teu comentario. Aquí estamos expresando as nosas opinións ás veces discrepantes, pero sempre con corrección, que é como ten que ser. Se algo te pareceu mal, mil disculpas. Por outra banda, quero aclarar que eu non son a nai de ningún desdes nenos que o ano pasado estaban no A e que este ano están no B, non metamos en fregados a quen non corresponde. Eu o único que critico e critiquei anteriormente é o caso dos nenos que o ano pasado estaban no A e que este pasaron a estar no B, ningún caso máis, únicamente estes casos; ¡non é ningún problema para o resto dos nenos estar no B, que máis da!, pero sí é un problema para os que "rebaixaron", polos motivos polos que o fixeron, porque na miña opinión é un desprezo inadmisible nunha escola deportiva, porque ti imaxina como se sentirán eses rapaces e o motivados que poden estar para xogar ao fútbol. 11 Oct 2012, 13:29 90.11