Comentarios de mercedesbenz

Comentario Fecha Karma
Mora, e non digas que non estás a altura para xogar no A, que aquí non hai ningún Maradona, ainda que algúns o pensen. 11 Oct 2012, 00:21 93.92
Totalmente conforme contigo Mora que non é ningún problema xogar no B por exemplo para ti, que polo que percibo do teu comentario non estabas o ano pasado no A; e tampouco é ningún problema estar no B para un neno de primeiro ano, eso é o normal. Eu o que critico é o que se fixo cos nenos que estaban o ano pasado no A e que este ano están no B, xustificando o feito apelando ao baixo rendemento dos rapaces, cando o motivo real é colocar aos de fora de Oroso aos que o coordinador lle prometeu que ían a estar en galega para que fichasen.Eso non se fai! 10 Oct 2012, 23:53 113.99
Estimado danabola, o que é dar na bola non das moito. ¿onde fago eu referencia neste foro ao tema recaudatorio? Hai unha pequena referencia do usuario trudi, pero eu non comentei nada ao respecto. Dis que o teu fillo fai deporte porque lle gusta e por estar cos amigos, perfecto, ese é o fin que creo que a maioría dos pais buscan cando os anotan a unha actividade deportiva, e neste caso, pola que pagan unha cantidade que, por certo, non é pequena. Precisamente por eso, porque é unha actividade extraescolar para que os nenos se divirtan e para que se relacionen con outros, é requisito básico que todos os nenos teñan un trato igual, sen desprezos hacia ningún. Imaxina que o teu neno o ano pasado estivese no equipo A de cadetes (sendo de 1º ano), e que este ano o pasasen ao B para meter no sitio a outro neno que ven de fóra ¿pareceríache ben? Seguro que non. Pois esto é o que se fixo neste equipo, xustificándoo no baixo rendemento destes rapaces, e eso é un desprezo hacia eles que non casa cos fins dunha escola deportiva. E dígoche, danabola, que este non é un caso aislado, eh! , e obviamente, se eres coherente co que predicas no P.D., estas actitudes terían que molestarte porque é imposible que un rapaz ao que lle fagan esto desfrute xogando ao fútbol no B . E para rematar, faime gracia que a túa solución, para algo que eu non dixen, sexa que “non me anote”, non señor ou señora, cando as cousas se fan mal o que hai que facer é cambialas, ou polo menos intentalo. ¡E paxariños non vexo, o que vexo son “pajarracos”!. Se os rapaces e rapazas deste club están tan contentos como ti imaxinas, ¿por qué marcharon tantos nenos e nenas últimamente do club? Saúde a todos. 10 Oct 2012, 12:23 62.70
Efectivamente topo99, son cousas do coordinador que a directiva non debería permitir. Xa o comentei antes, ao frente das escolas deportivas ten que haber xente titulada e formada para traballar con nenos. Estes desprezos son inadmisibles! 10 Oct 2012, 01:53 156.29
Nunha escola deportiva o que prima é a formación dos deportistas e non a competición. A este coordinador o único que lle preocupa é ganar sexa como sexa. E ao frente das escolas deportivas hai xente titulada e formada para ensinar aos nenos. Por tanto non presumamos do que non temos. 10 Oct 2012, 01:33 62.27
Nas escolas deportivas o que prima é a formación dos deportistas e non a competición e gañar como sexa que é o único que lle interesa ao coordinador. E ao frente das escolas deportivas hai xente formada e titulada para traballar con nenos. Por tanto non presumamos do que non temos. 10 Oct 2012, 00:59 167.93
Ánimo rapaces, a seguir peleando como o estades a facer! Non vos desanimedes polo regular inicio de liga. Este ano toca sufrir, pero ninguén pode decir que non peleades a tope nos partidos. Vamos Oroso! 09 Oct 2012, 11:30 116.61
Complicado partido para o Oroso tras un inicio de liga lonxe das expectativas . Neste equipo algúns xogadores deberían estar no B , e varios do B tiñan que estar no A. Así non funciona e os resultados están aí. De humanos é equivocarse e de sabios rectificar. Xa sei coordinador que ti nunca te equivocas pero polo ben do equipo bótalle a culpa do erro a alguén imaxinario e logo rectifica, se podes claro, porque cando se promete a certos xogadores que van a estar no A para que fichen polo Oroso.... despois hai que roelos ainda que non rindan.Despois presumimos de que todos os xogadores parten na pretemporada en condicións de igualdade! 09 Oct 2012, 00:31 153.29
Este equipo vai a sufrir moito, non podes ter unha defensa improvisada con xogadores que na súa vida xogaron en postos defensivos. Os rapaces loitan e fan o que poden pero non son defensas. E eso que aínda non xogaron con ningún dos equipos fortes... ¡medo me da cando veñan os grandes! Na miña opinión este equipo necesita de urxencia dous centrais. 07 Oct 2012, 10:50 33.63
Sen dúbida adestrador32, os millores con diferencia, vanlles chover as propostas de contratación! ..... 07 Oct 2012, 10:17 78.76
Prof. Shorovsky, paréceme moi ben que defendas tan estoicamente a xestión deportiva , pero non pensamos o mesmo moitos dos “usuarios” deste club. Non é de recibo que nenos que o ano pasado estiveron no “A” este ano estean no “B”, por moito que o intentes xustificar no baixo rendemento destes rapaces, que non é certo, pero visto o proceder do coordinador deportivo tampouco me sorprende. ¡É un desprezo para eles con todas as letras! ¿ non será que estes nenos están no B porque hai que deixar sitio aos nenos aos que o sr. coordinador lles prometeu para que viñesen ao Oroso que estarían no A? Si,Si,Si,…este señor para convencer a estes nenos e pais, fai este tipo de promesas, polo que Prof. Shorovsky, faime gracia que digas que os nenos teñen que ganarse estar no A nos entrenos, ¿onde está a igualdade de partida de todos na pretemporada?. ¿Eses nenos despois deste desprecio como van a estar motivados para xogar no B? ¡sorte que non marcharan a outro equipo! ¡e despois presumen algúns de que esto é unha Escola deportiva! Estas actitudes non casan cunha Escola deportiva. ¿qué pasa, que agora a liga galega é a Champions League? En canto aos nenos de primeiro ano que están no A, prof. Shorowsky comparto contigo que son bos, pero o infantil do ano pasado, se acadou os resultados que acadou foi grazas a xogadores como Jandro ou Prado que fixeron un traballo impagable e que grazas ao seu físico lle deron ao equipo esa consistencia, aínda que os méritos e premios leváronos outros (os de sempre), porque nun equipo non so é atacar, tamén ten que haber quen defenda, e senón mira o que vai a sufrir o actual infantil A, pola defensa improvisada que ten (¡está xogando de lateral dereito o xogador con maior calidade individual, nun posto no que nunca xogou!¡qué desperdicio!, ¿e os centrais? Sen comentarios). Pero bueno, este é outro tema. Non sexamos hipócritas, aquí neste club, no aspecto deportivo , estanse facendo as cousas moi mal. ¿cantos nenos marcharon este ano e por qué? Saúde a todos. 05 Oct 2012, 14:41 66.02