Comentarios de soccermcmlxxviii

Comentario Fecha Karma
Partido que pensei que ía ter mais fútbol. Non estivo mal pero esperábame outra cousa. Non é mal resultado para o Belvís. Non é o mellor resultado para o Vea, máis tendo en conta a semana que ven. 11 Dic 2022, 19:21 585.10
Partido interesante. Seguramente o mellor nesta xornada. O Belvís vai ter que poñer moita fe porque o Vea non perde no seu campo dende fai mais dun ano, que xa é dicir. Aí estaremos, esperemos que o tempo acompañe, non faga moito frío e, non lle dea por chispear auga. E ollo, paréceme que para a fin de semana que ven, A Cañoteira vaise quedar pequena. 11 Dic 2022, 11:15 585.09
Menuda repasada lle deberon dar onte ao Villestro. 05 Dic 2022, 18:22 10.99
E nesta xornada, o Zona en postos de descenso. Vaia vaia, alguén terá que preguntar que pasou con este equipo. 30 Nov 2022, 13:03 10.99
Vaia arbitraxe. O destes árbitros é que o teñen que mirar. 27 Nov 2022, 19:26 73.80
A ver, non fai falta ser moi adiviño para dicir algunhas realidades. Unha, moi coñecida no resto do grupo, é; non gañan, perden os demais, ou o hai que dicir máis claro. Sen ir mais lonxe, o partido da semana pasada xa di o nivel do equipo. E non perderon por certa asistencia máxica. 20 Nov 2022, 15:18 10.94
Pois mira por onde, un partido que podía ir tranquilo, ven un "árbitro" a fodelo e a foder o rival. Mais mal non se podía facer. E o Villestro, que queredes que diga, unha renta de tres goles e, xa vedes, terminan con un punto e grazas, porque o Trazo, na segunda parte, mereceu levar os tres puntos sobrados. 13 Nov 2022, 20:57 73.71
Penso que este partido o pode levar calquera. Vai depender do estado de "ánimo" dos xogadores e, lamentablemente, como vén sendo costume, o do árbitro. Senón que pregunten por Rodeiro. 13 Nov 2022, 13:00 73.71
Vaia despropósito do Zona en 5'. Sen palabras. E iso que o rival non era para nada superior. 17 Oct 2022, 13:56 582.55
Resultado xusto, de acordo. Bo partido, de acordo. "recaditos reiteradamente", fano todos e, aquí, non foi a excepción. Dous equipos que van estar nos postos altos. Só queda dilucidar en que cardinal. 13 Oct 2022, 20:16 73.67
Tamén serve a esta hora 10 Oct 2022, 13:26 582.03
Vaia partido. Ten pinta de que vai estar interesante. A ver se o poñen para as 7 PM. 10 Oct 2022, 13:17 582.03
Xa volo dixen, o Villestro, xogando mal, tiña garantido o empate. E aí tédelo. Non hai moito máis que comentar. 09 Oct 2022, 21:59 98.40
Podedes estar tranquilos en Villestro. O xogo que fixo o dis que "Compos" en Cacheiras foi penoso. Conque o Villestro fágao mal xa teñen o empate garantido. Porque, para perder con eles, é que hai que ser malos malos. 07 Oct 2022, 19:16 98.40
Bo partido do Dubra aproveitando as características do seu campo. 15 May 2022, 20:04 73.56
Si co de "a victoria de onte", refíreste ao partido co Rodeiro, pois podedes quedar tranquilos. Case non lle dades ganado a un equipo con 11 xogadores sen cambios e, que vos meteu o medo no corpo en máis dunha ocasión. Para máis, tivestes que esperar ata case os 10 últimos minutos e, que os pobres xa non puidesen andar, para facer un gol. O do penalti é miserento. Son o arbitro e non o sinalo. Neste partido, agás que volva haber protocolo covid, paréceme que non vos vai ser tan doado. 19 Abr 2022, 18:13 73.50
Vaia arbitraxe. Hai unhas tempadas eran os árbitros contra o Villestro e nesta, xa vedes. Como cambiamos que, non hai queixas. 13 Mar 2022, 20:27 10.91
A min paréceme que a clasificación non é correcta. Debese ser Dubra, Trazo e Villestro. Se estou equivocado, miñas desculpas. 07 Mar 2022, 11:50 10.91
A min paréceme que a clasificación non é correcta. Debese ser Dubra, Trazo e Villestro. Se estou equivocado, miñas desculpas. 07 Mar 2022, 11:50 10.91
Sabedes o concepto de repaso, pois iso. Certo que o Dubra no seu campo non é fácil, pero, isto, foi outra cousa. Polo medio puido haber algún problema arbitral, pero non é para levar a culpa do desastre do Zona. O devandito, poida que o Zona téñase que esquecer do ascenso. Xa se verá. 06 Mar 2022, 19:38 508.72