Comentarios de sonense

Comentario Fecha Karma
Partido controlado polo Conxo de principio a fin. Cando caeron os primeiros goles os espazos foron maiores e o Conxo sentenciou. O gol do Órdenes foi resultado dun penalti inexistente ao final do encontro. Goles de Álvaro(2), Manu, Isma e Juan Rial. 10 Nov 2013, 20:10 10.65
Otro mal resultado para un Conxo que mereció más. Dominio visitante durante la primera parte y más descompuesto tras el gol del Sporting. Si tuviera más pegada, este equipo estaría mucho más arriba. 20 Oct 2013, 00:10 10.75
Partido moi complicado nun campo difícil para o Porto do Son. Favorito San Marcos pero polo seu ben non deberían confiarse. 01 Jun 2013, 14:51 35.82
Foi un mal partido do Son que tivo en todo o momento o balón pero non supo chegar á área contraria. De todos xeitos, victoria cómoda. Foi un partido limpo pero houbo unha entrada sobre o nº 8 do Son por detrás moi dura que puido ser peor do que foi. Para min o mellor porteiro con diferencia é Martín. E si tivera tomado máis petit-suis de pequenos non falemos... 16 Mar 2013, 23:44 10.90
Unha pena o partido. O tempo fixo que o que tiña que ser un partido interesante onde se vira bo fútbol se convertira nun fútbol-tenis. A primeira parte se non se xogara non pasaba nada. E dito isto, superior o Abanqueiro. Pero repito, o partido prometía e decepcionou... o PARTIDO, non so o Son. 09 Mar 2013, 23:15 75.44
O partido definirá a temporada do Son. Esperemos que a xente apoie ao equipo e haxa un bo ambiente. Seguro que será un partidazo, sorte a ambos conxuntos! 08 Mar 2013, 23:03 75.44
Polo que eu teño visto contra nos, destacaría ao mediocentro do Crocha, o Ruso. Abarca moito campo. Tamén teñen bos extremos. Da Baña recordo un mediocentro, o 6 creo, que tiña bo toque. 08 Mar 2013, 22:50 38.87
A Baña merécese RESPETO aínda que o gran favorito sexa o Crocha. Recórdoche que perdéstedes contra eles na primeira xornada. 04 Mar 2013, 23:12 75.36
GabryRibeira4 pensa antes de falar, que che fai falta. Non te metas onde non che chaman. 04 Mar 2013, 23:10 75.36
Partido moi interesante onde se xogan o 4º posto os dous equipos. No seu campo, o Son ten as de gañar aínda que o Abanqueiro non o poñerá nada fácil. SON Connery o partido da tempada pasada acabou 2-0 a favor dos sonenses. 03 Mar 2013, 14:40 74.65
gustav5 non sei o que pasou pero esa actitude non é a dun partido de fútbol. Si che gusta pelearte, cómpraste un saco de boxeo. Non veñas agora insultando e xeneralizando, e máis intentando intimidar, non ves o que dis? Ten un pouco de sentido común, que polo que parece, fáltache bastante. 02 Mar 2013, 21:50 10.85
Será un partido igualado no que o Son conta con unha baixa moi importante como é a de Magariños. Pero se os sonenses se atopan co seu xogo, o Aguiño non o vai ter nada fácil. 26 Feb 2013, 15:48 85.42
Por eso precisamente o digo. 19 Feb 2013, 21:49 10.85
Está claro que gañar en Abanqueiro non é fácil xa que é moi difícil desplegar un xogo de toque. Pero Maximal, o Son gañou alí 1-5 tendo pegada arriba e sendo sólidos en conxunto así que non é só ter que xogar un bo fútbol senon ter recursos para gañar o partido. 17 Feb 2013, 22:09 10.85
Gran partido do Porto do Son que anulou completamente aos xogadores do Crocha que so dispuxeron dunha ocasión clara. O resultado puido ser máis abultado xa que os sonenses dispuxeron de varias ocasións para amplialo. Bo dominio do partido por parte do Son e resultado claro e xusto. 16 Feb 2013, 22:23 48.91
O Porto do Son intentará volver á senda da victoria contra un rival complicado. Se gañan é por eles, non por facer un favor ao Berta. Todo o que non sexa unha victoria pode complicarlle as cousas ao Porto do Son de cara á promoción. 13 Feb 2013, 18:53 10.85
Moi mal partido do Son. Un dos seus peores partidos da tempada. O Carreira cun par de xogadas meteu un par de goles. O Son moi irregular. E ademais desaproveitou varias claras ocasións. Empate xusto. 09 Feb 2013, 20:39 10.85
Partido cunha parte para cada equipo. Unha pena os penaltis e o árbitro. Sobre todo o 1º de todos. Se ese penalti que foi claramente inexistente non fora pitado o partido iría a ceros no descanso. Ca mentalidade coa que entrou o Son no segundo tempo e os cambios tácticos outro sería o resultado. Bo partido do Berta e moi grande o Son polo coraxe que lle puso. Hai que señalar tamén que un xogador vital como é o capi sonense tuvo que saír do campo á media hora. Sorte aos dous equipos. 02 Feb 2013, 23:47 44.80
Practicamente non choveu durante a mañán polo que o campo estará en óptimas condicións. Vamos Son! 02 Feb 2013, 13:37 44.80
Moi bo partido entre dous bos equipos. Se o Son consigue os 3 puntos poñerase a 1 do Berta. Non lle poñeran fáciles as cousas aos sonenses pero tampouco é doado sacar algo positivo do Preguntoiro. Sorte aos dous equipos. 27 Ene 2013, 13:52 69.53