Comentarios de sonense

Comentario Fecha Karma
Partido sufrido do Porto do Son que non dominou o partido ata ben entrada a segunda metade. Os cambios no descanso déronlle moito aire ao equipo, e acabou impoñéndose a calidade. Victoria dificil. 26 Ene 2013, 21:34 12.38
Que ten que ver con que o equipo esté en forma ou o dianteiro as enchufe para que estén en local? Que estén fortes agora mesmo non ten que ver nada con que estén en local ou vaian 4os. 26 Ene 2013, 15:06 -2.37
O Son leva unha boa racha de resultados nos últimos partidos. Se xogan como saben, moi difícil o vai ter o Ribeira. Sorte para os dous equipos de todas maneiras. 23 Ene 2013, 16:43 67.72
Partido serio do Son. Tocaron moi ben o balón e aproveitaron as debilidades do Cabo. Tiveron máis ocasións para ampliar a renta e por contra o Cabo só dispuxo de duas ocasións que foron os dous goles. Victoria clara e xusta. 19 Ene 2013, 21:50 35.06
Esperemos que sexa un bo partido. Será decisivo nas aspiracións dos dous equipos. Porque só ides con 10 ou 11? 17 Ene 2013, 16:09 35.00
25 c foron 8 e tuveron que ser 20 xa que tuvemos moitas ocasións. Non sei onde ves ti que foi un resultado enganoso. Metestedes o gol por un desaxuste e non fixestedes nada máis. Si para ti tocastedes o balón e foi un dos mellores partidos da temporada, moito vos queda por mellorar. Sorte de todas maneiras. 13 Ene 2013, 15:07 25.08
Partido desigual no que os locais tiveron o dominio en todo o partido. A Baña só chegou unha vez á portería do Son, cando foi o gol. Bo xogo do conxunto sonense, moito toque no mediocampo e os visitantes non puderon entrar no partido. As ocasións foron numerosas. O Son meteu 8 pero puderon ser 15 ou 20. 12 Ene 2013, 21:56 59.85
O xogador do que falas ten moita calidade e por el pasan todas as xogadas ofensivas pero non hai que olvidar que hai outros xogadores destacables, como o capi, o outro mediocentro, os centrales e o porteiro... 31 Dic 2012, 00:45 80.94
Bo partido do Porto do Son. Moi ben ordenado o equipo e non houbo un xogador que non correra todo o partido. O Abanqueiro tuvo as súas ocasións na primeira parte pero o Son aguantou e intentou tamén saír ao ataque. Xa na segunda parte, co equipo local botado arriba o Son supo aproveitar as contras e matou o partido cun xogo moi rápido. Resultado abultado pero xusto. 22 Dic 2012, 23:07 56.01
O Porto do Son a pesar do mal inicio ten bos xogadores e de momento está tendo mala sorte porque está xenerando bastantes ocasións... non será nunca un equipo fácil 19 Dic 2012, 16:53 56.47