Comentarios de Bajintop

Comentario Fecha Karma
O partido está posto para o sábado ás 12:00 12 Sep 2014, 09:41 164.09
Este enfrontamento está mal. Polo que teño entendido, na eliminatoria Dorneda - Ánimas acabouse clasificando o Ánimas a penaltis, así que será ese equipo o que xogue contra o Eume. Creo que o primeiro partido é Ánimas - Eume. 27 Jun 2014, 16:41 119.52
Sí que está salvado matemáticamente o Viveiro aínda que perda os 2 partidos. Tén en conta que na última xornada xogan entre eles o Oroso e o Dumbría, e que o Viveiro lle tén gañado o average particular ós dous, en caso de acabar empatado a puntos con algún deles ó final...Fai todas as combinacións de resultados que se podan dar, e verás que polo menos un deses dous equipos sempre quedará por debaixo do Viveiro ó final. 02 Jun 2014, 17:57 55.16
Non pareceu tan mal equipo o Montañeros en Vista Alegre. Tiveron mala sorte no gol, que meteron en propia meta nunha xogada desafortunada. Ó Montañeros anuláronlle un gol por fora de xogo. Na segunda parte o Boiro tirou nunha mesma xogada 3 tiros ó pau. Un empate neste partido, visto o visto, tampouco sería un resultado inxusto. 10 May 2014, 13:09 99.47
Empatou o Calasanz no desconto cun gol do seu porteiro, que subeu a rematar un corner. 04 May 2014, 13:07 13.60
Partido moito máis reñido do que dí o marcador final. Na primeira parte millor o Lalín, e na segunda o Boiro. 26 Abr 2014, 13:29 13.72
Boiro 0 - Calasanz 1 29 Mar 2014, 13:00 13.68
Pois pasou que o Boiro quedouse cun home menos xa na primeira metade por unha máis que rigurosa expulsión, e eso desequilibrou moito o partido. Ó descanso chegouse aínda con 0-0, pero na segunda parte o Bergantiños foi moi superior. 10 Feb 2014, 16:09 13.50
O Boiro perdeu 6 partidos en 19 xornadas que se levan disputadas, así que non acabo eu de entender o comentario ese do Orsai, e de feito paréceme que o tío aínda sigue en fora de xogo,xa que dí que o Boiro gañoulle a Lugo e Bertamiráns para despois " perder contra case todos os demáis"... Por este foro pulula cada analista e matemático que mete medo !!!. 27 Ene 2014, 01:14 13.39
Señor Lobo, quería facerlle unha serie de puntualizacións ó seu comentario. Vostede fai ben en reprocharlle a Talavante a actitude que está tendo co entrenador, xa que é certo que o home estase pasando un pouco pedindo a dimisión do míster continuamente. O que xa non me parece tan bén é que cargue contra o antiguo adestrador, botándolle a culpa do descenso do ano pasado, e decindo que 6 ou 7 xogadores marcharon do club por culpa da súa mala xestión, xa que eso non é certo. Cando o antiguo adestrador marchou, a situación deportiva, e o posto que se ocupaba na táboa, era máis ou menos(posto arriba ou abaixo) o mesmo co que finalmente se rematou a tempada. Este entrenador que vostede dí que dimiteu "por motivos personales", o que fixo foi quitarse do medio por si él era o culpable de que varios xogadores abandonaran o club. Marchou él pero estes xogadores non deron marcha atrás, e non volveron, tendo o novo adestrador que botar mán de cadetes en moitos partidos. Algún dos que se foi, e vostede sábeo ben porque o ano pasado seguía ó equipo (este ano non creo, como demostra o feito de que se pensa que o Boiro vai primeiro, cando ocupa o segundo posto, empatado a puntos co terceiro), marchou porque lle parecía pouco xogar 60 ou 70 minutos por partido... Eu tamén son pai, seguramente como tamén o é o Talavante de marras, e polo menos no meu caso, sei de sobra que o meu fillo non é un Maradona, pero tamén son da opinión de que puido haber xogado algo máis do que o fixo ata agora (él e máis moitos dos que están na súa situación este ano), e non por eso lle ando metendo cizaña ó rapaz para que se marche para outro equipo... 23 Dic 2013, 12:21 13.24
O Primeiro é o Oroso... Que non se olvide ninguén !!! 21 Dic 2013, 01:12 13.23
Ahora que suba o Unión e xornada completa !!! 22 Jun 2013, 19:23 125.64
Festa en Barraña!!! 22 Jun 2013, 19:11 125.64
Noraboa equipo, ánimo que sacades esto adiante !!! 11 May 2013, 20:11 12.69
Ben Boiro , ben!!!. Estades entre os cinco millores da liga. Hai que intentar conservar este posto, por detrás das millores canteiras de toda Galicia,e a tempada pode considerarse espléndida para un equipo novato nestas lides. 21 Abr 2013, 01:42 12.53
Noraboa o Boiro, brillante campeón desta primera fase. 02 Feb 2013, 13:58 12.12
A ver "BARCELONISSIMO", que estás mexando fora do testo e saíndote polos Cerros de Úbeda, e xa da a impresión que o teu nick tén máis que ver co Ron Barceló que co F.C. Barcelona...Mira home, o meu comentario non íba enfocado cara a quén merece ou non xogar no A, que deso xa che vexo a tí puestísimo e conocedor dos méritos e do moito que se matan "algúns", e do pouco que se esforzan "outros". Eu o único que pretendía co meu comentario era deixarlle un recadito ós directivos que lle corresponda, en base a uns detalles que percibín en torno ó equipo B,que non vou a contar e que tampouco é que teñan excesiva importancia, pero que contribuen a que a realidade deste grupo a vexa un pouco frustrante, xa que ó meu parecer os rapaces deste equipo non saben si están competindo por un obxetivo desexado por todos. Eu creo que no fondo ó Clube non lle interesa demasiado que este equipo poda chegar a ascender,supoño que polos gastos que poida ocasionar manter dous equipos de categoría infantil(un na galega e outro na provincial), e pola carencia de xogadores para facer dous equipos de garantías. Postdata: E entrenar asegúroche que están entrenando ben, tanto os do A como os do B. Un saúdo. 17 Ene 2013, 17:52 -4.08
Nunca se deron en Boiro duas xeneracions de futbolistas tan boas como estas duas camadas dos anos 99 e 2000!. Esperemos que os sigan mimando como se merecen, e non se boten a perder! 13 Ene 2013, 00:46 50.61
Debido a como estaba o campo, o Boiro renunciou un pouco ó seu estilo, e a sacar o balón controlado desde atrás, posto que era moi difícil combinar e facer xogadas. A pesares da que caeu, e de que acabamos mollados coma pitos tanto os rapaces coma o público(a ver para cando unha jrada desente), a xente marchouse contenta polo partido de loita e entrega que fixeron os dous equipos. Ó meu entender o Boiro gañou merecidamente, aínda que efectivamente o partido estivo moito máis disputado e parexo do que indica o marcador final. O Carreira fixo un bó partido e demostrou que tén máis equipo do que dí a clasificación. Por serto, o entrenador deles un valiente ó presentarse en Vista Alejre en pantalón corto co que diluviaba e ventaba. 18 Dic 2012, 15:03 68.44
Xarico, queríache decir que estou ata os mismísimos c.....s da xente que coma tí, se dedica a "malmeter" no mundo do fútbol. Amparado nunha identidade secreta dun foro, utilizas o mesmo para cebarte só con quén a tí che interesa, e criticas a rapaces de 14 e 15 anos, que se están formando nesto do fútbol, e que seguramente ningún deles vaia a vivir desto, dun xeito bastante cruel,sibilino, e ó meu entender inxustificado. Estou seguro que tí non és como pretendes facernos creer, ninguén alleo ó Boiro, sinón máis ben eres o pai ou familiar dalgún dos rapaces do equipo, e polo tanto estarías criticando a compañeiros do teu fillo. Cando se ganaban os partidos todo eran flores ó equipo, e resaltabas o ben que se xogaba en corto e máis en largo, a calidade individual que o equipo poseía e máis a capacidade que se tiña para xenerar xogo. Aínda que os xogadores que empataron onte son os mesmos que cando se ganaban partidos, bastou perder dous puntos, na casa dun dos gallitos da categoría, para que cambiases o discurso e pasases do blanco ó negro, e agora xa "casi" todos sexan chupóns, correcaminos e máis cañuceiros que só lle saben dar para arriba. Na túa crítica,cébaste especialmente co número 10(podías poñer o nome, que creo que sabes perfectamente como se chama). Del dís que é un chupón,que o Unión empatou por culpa del e que na segunda parte foi unha rémora para o equipo...Curiosamente, non comentas nada que marcou o gol de penalti(hai que tiralos e metelos), que na primeira metade dou dous ou tres pases que xeneraron bastante peligro, e que na segunda metade a ocasión máis clara que tivo o Boiro saleu dunha falta que él sacou, que casi entra directamente si o porteiro na rechaza cos pés, deixando un balón morto na área que pudo empurrar calqueira á rede. No mesmo saco metes tamén ó número 8 (que tamén sabes de sobra como se chama), e que pretendes facernos creer que todo o que fai no campo é para a galería, cando sabemos todos de sobra que é un xogador importantísimo para o equipo, cunha calidade individual incuestionable para ninguén, excepto para tí. Despois atízaslle ó número 9(que tamén sabes como se chama, pero tí prefieres poñer o número, para dar a entender que non o conoces), do cual deixas caer que se dedica a correr polo campo como un polo sin cabeza. Pois direiche, aínda que tí xa o sabes perfectamente, que este rapaz xa leva uns cuantos e importantes goles, algúns deles dunha gran calidade técnica. Non te olvidas tampouco de deixarlle tamén recaditos ó central, ó líbero e máis ó lateral esquerdo da segunda metade...En fín,que curiosamente te acabaches metendo con casi todos os xogadores que máis presencia tiveron no partido, e pasástete por alto ós que pasaron desapercibidos(e pasar desapercibido nun partido tamén pode ser un defecto). O momento cume da túa pseudo-crónica é cando tí, que seguramente non tés nin carnet de entrenador nin ó millor xogastes ó fútbol nin en xuvenís, te atreves a suxerirlle ó entrenador do equipo facer cambios na alineación e variar o sistema...Deíxate de milongas, e deixa ó home traballar como o está facendo, que creo que bastante proveito lle está sacando ós rapaces, e ben está sabendo tapar os defectos que o equipo tén...Porque sí, Xarico, este equipo tén moitos defectos, por eso é o Boiro e compite en primeira autonómica. Cando empezou a tempada, todos tíñamos dúbidas sobre o que este equipo podía dar de sí, e ahí os tés... Das críticas ós xogadores do Unión, non che vou a decir nada, xa eles che contestarán, pero para mín son un gran equipo, do milloriño da categoría, polo que habería que valorar como se merece o punto que onte fomos capaces de sacar alí, e que quén o diría escoitándoche a tí falando pestes do equipo, nos mantén de primeiros na táboa clasificatoria. Si queres un consello, xa que tí eres tan propenso a dalos, amigo Xarico, diríache que " Os de fora fuman pitillos"(ou comen pipas si non eres fumador), pero que deixes traballar ó entrenador e ós xogadores, que non o están facendo tan mal. Ah, e por suposto, que cando fagas unha crítica ó equipo, o fagas dunha maneira máis abstracta, sin personalizar nos xogadores nin no número que levan á espalda,e fixándote só nos seus defectos durante o partido. Queda moi feo falar mal dos rapaces nun foro, e máis feo aínda si estas críticas veñen, como eu creo, dun pai dun dos xogadores. Date conta que de momento van de primeiros, así que algunha virtude terán, e algo estarán facendo ben. 22 Oct 2012, 12:02 141.46