Comentarios de Chispo

Comentario Fecha Karma
resultado xusto para o pouco q fixemos os dous equipos. o penalti, é cousa miña ou foi un pouco de risa?? o árbitro do peor q vin este ano... 16 Dic 2018, 07:00 131.60
Partido moi igualado, case sen ocasións. O Estradense non titou entre os tres paos e nós tivemos dúas claras, un pao de Luis nun gran disparo e unha de Unai de cabeza. Pouco máis. Empate xusto. 21 Ene 2018, 19:09 -25.80
O penalti foi clarísimo, e non foi amarela pq o arbitro era moi malo. Tivemos tres clarísimas para sentenciar pero coma sempre non dimos sentenciado. Non xogamos mal, pero tivemos erros puntuais importantes. Eles intentaban xogar algo, pero non son nada do outro mundo, tiraron duas e marcaron unha. Unha mágoa perder dous puntos ao final e desa forma. Arbitraxe, unha vez mais, terrible. Forza Ourense. 07 Ene 2018, 19:46 113.04
Bueno e Carlos é un xogadorazo, a pesar de ser xuvenil non se arruga e da a cara como o que máis, penso que habería que darlle máis oportunidades. 06 Dic 2017, 22:14 10.87
Moi bo partido hoxe do Ourense, probablemente mellor que lle vin esta tempada. O que non entendo é por qué non xogou Samu, penso que ten merecidísimo ser o noso porteiro na copa. Por outro lado, Xurxo ten nivel de sobra tamén para facernos un po pe. 06 Dic 2017, 21:39 10.87
Partido dominado de cabo a rabo polo Ourense. Primeira parte con varias ocasións para solucionalo partido pero erradas coma de costume. Eles pechados atrás sen dar dous pases seguidos e repartindo cera. A segunda parte case que sobrou. Forza Ourense! 01 Nov 2017, 21:20 177.59
Alfredo é un xogador de superior categoría, e nós temos a sorte de disfrutalo este ano. Da gusto velo xogar e como fai xogar ao equipo. 25 Sep 2017, 05:18 90.23
Partido moi malo en xeral, patada a seguir dos dous equipos pq nun campo tan pequeno non se pode facer moito. Na segunda parte o Ourense mereceu algo máis, aínda despois de quedar con 10 e logo gon 9. O Valladares tivo dúas e marcou as dúas, o Ourense tivo cinco e marcou unha. A arbitraxe non estivo á altura da categoría, lamentable. Por outro lado, gran ambiente na Gándara. Forza Ourense. 27 Ago 2017, 22:14 43.59
Eu digo q foi unha traición precísamente polo q dis ti zapeu, como aquí non se lle renovaba pois ala voume ao rival, aínda despois de ter cantado e recantado o de oira merda. Seguro q tiña equipos de sobra aos q ir e vaise a Ponte... 08 Jul 2017, 10:44 43.59
ter máis memoria? respeto? parece q non vos lembrades q nos deixou tirados a principio de tempada. E non, non foi por traballo, foi por capricho. Aínda así logo deixouselle volver como se non pasase nada. 08 Jul 2017, 10:21 43.59
Traidor Senén. Foise o ano pasado a Madrid e deixounos tirados por un capricho e logo volveu co rabo entre as pernas e deixouselle volver ao equipo...NOXO. Non vale para preferente vai valer para terceira... 07 Jul 2017, 23:09 43.59
Codeso era o lateral esquerdo do Celanova. Gran xogador. 05 Jun 2017, 19:48 43.59
A verdade e que con aficionados coma vos mellor non ter nada. En vez de apoiar ao clube metedes merda. Eu fun a todolos lados e independentemente de xogar mellor ou peor o equipo e corpo técnico deu a cara sempre. Insisto, somos de Prineira Rexional, a xente non se dedica só a isto, teñen vida máis aló do fútbol e aínda así esfórzanse toda a semana polo clube. Lamentable a vosa actitude. 23 Abr 2017, 22:07 32.50
Detonantes de qué situación? De cumplir o obxectivo con 6 xornadas de antelación?? Repito, ganas de meter merda onde non a hai. E sí, Forza Ourense. 23 Abr 2017, 14:36 10.86
O da preparación física é unha chorrada. Somos un equipo de Primeira Rexional señores, non estamos en Terceira División. A ver qué equipo ves en Primeira Rexional con mellor preparación física. O Bande veu dun bloque descendido de Terceira. Qué diferencia física se viu na eliminatoria contra o Arenteiro por exemplo?...Son ganas de meter merda onde non a hai. 23 Abr 2017, 13:48 32.50
Non sei por qué dis, Ourensanista, que a preparación física foi lamentable. A tódolos equipos, agás o Bande, pasámolos por riba no aspecto físico nas segundas partes. De feito en moitos partidos se non fose por iso houbésemos empatado ou perdido. 21 Abr 2017, 14:07 10.86
A min daríame vergoña q alguén como o tipo ese fose o míster do meu equipo. Vin partidos no Couto de tódalas cores e de tódolos ambientes, pero nunca como o esperpento do personaxe ese hoxe. Sen haber problemas entre xogadores e afecciones o impresentable ese fixo q se ensuciase un partido bonito a priori. Vergoña. 09 Abr 2017, 20:58 380.11
Durán impresionante, disfrazouse de Messi e marcou as diferenzas. O resto do equipo chapó, partidazo tanto en xogo como en actitude. Orgullo ourensanista. 26 Mar 2017, 21:35 157.19
O gol de Unai dende onde eu estaba non o vin ben. E o desconto pouco me pareceu por todo o tempo que se perdeu. 05 Mar 2017, 22:17 10.86
Eu non falo de quén foi a culpa, se non de que, supostamente, sempre os favorecidos somos nós cando non é así. As cousas na nosa contra nunca se comentan, e xa está ben. 05 Mar 2017, 21:45 10.86