| Hai moito carto na provincia de Pontevedra, igual que na Coruña...
Tiñan que facer a división coma no baloncesto estadounidense, conferencias leste (provincias de Lugo e Ourense) e oeste (provincias de A Coruña e Pontevedra) senón a descompensación é masiva. |
15 Dic 2020, 17:47 |
24.49 |
1 |
0 |
+info
|
| Forza Puente, a gañarlle ao Leganés!!! |
15 Dic 2020, 17:45 |
24.49 |
1 |
0 |
+info
|
| Porque se xogan dúas segundas fases aglutinando ao cuarto, quinto e sexto de cada grupo, sen xuntar nin mesturar grupos norte e sur. Logo os dous primeiros destes tres equipos de cada subgrupo (un total de 4 equipos) xogan cos 4 que non ascenden da segunda fase de campións. |
15 Dic 2020, 14:59 |
24.51 |
1 |
0 |
+info
|
| Considerando que nós queremos o +3 do noso Arenteiro, qué outros resultados quere a parroquia nos outros duelos da zona alta nesta xornada? No subgrupo norte, Bergantiños e Somozas xogan nas Eiroas (os carballeses teñen un partido menos e aínda así van co-líderes). No noso subgrupo, Alondras e Arosa xogan en Cangas.
Eu firmo un empatiño no Bergan - Somozas e unha derrota do Arosa no Morrazo. |
15 Dic 2020, 13:27 |
24.49 |
1 |
0 |
+info
|
| Pesule, ti non vivías pola zona de Pontevedra? Quédache cerca a Senra ou non? |
14 Dic 2020, 21:19 |
23.66 |
1 |
0 |
+info
|
| Hostia, non sabía que Ribadumia andaba con peche perimetral (https://www.farodevigo.es/arousa/2020/11/27/meano-meis-ribadumia-cierre-perimetral-25674958.html), tes razón Paco. Andaba a cavilar eu e solo consideraba o perímetro carballiñés, pero o outro está en vermello. Teremos que quedar na casa e velo pola Gallega. |
14 Dic 2020, 18:49 |
23.66 |
1 |
0 |
+info
|
| Os callos estaban cojonudos, coa proporción óptima de unto e un pouco picantes. Repetín dúas veces. Hoxe tópome ben, o carallo foi onte no Templo... deixei a bancada que pouco máis veñen os de protección civil a precintar e non precisamente polo covid-19. O compañeiro que tiña ao lado matoume coa mirada un par de veces. |
14 Dic 2020, 18:43 |
23.66 |
1 |
0 |
+info
|
| E temos que voltar á Regueiriña como sexa... Por moito que sexa un campo de dimensións máis reducidas a ganancia marxinal compénsanos de sobra. Unha das formas de romper o "catenaccio" rival é a velocidade de execución pra romper as liñas defensivas e sacar aos rivais da marca asignada. Se somos incapaces de xogar con pases rápidos e precisos, só nos queda entrar polo carril do bosque (aínda que paradoxicamente onte o gol chegou cun centro de Arce dende a zona impracticable) e meter centros a un barullo de 20 homes. |
14 Dic 2020, 17:31 |
23.66 |
1 |
0 |
+info
|
| O que comentou Portela hoxe en COPE é o que veño dicindo eu dende hai moitas xornadas, que hai un hándicap moi serio na creatividade no centro do campo para adiante. Onte foi simplemente un exemplo máis. A liña de 5 rompeuna quitando a Mariña a 15 minutos do final, pero tes que tomar a iniciativa moito antes pra que o exercicio de "erosión" funcione --- canto máis veces intentemos derrumbar o muro de contención, maiores son as probabilidades de éxito. |
14 Dic 2020, 17:26 |
23.66 |
1 |
0 |
+info
|
| Todo o que sexa sumar é obviamente positivo. En xeral todas estas análises post-partido son froito da impotencia de perder puntos en partidos como o de onte e do nivel de esixencia altísimo ao que está exposto esta plantilla, o que non é necesariamente algo malo.
Por traballo que non sexa, a seguir loitando e a preparar o mellor posible o partido do domingo. Forza Arenteiro! |
14 Dic 2020, 14:10 |
23.66 |
1 |
0 |
+info
|
| O que non termino de entender é a ausencia de variación táctica. Comprendo que a liña de 5 atrás é innegociable a estas alturas por unha cuestión meramente filosófica do Gurú, pero non ten ningún sentido ir con estas armas á guerra cando o rival vai aparcar o autobús dende o chiflo inicial. É completamente imposible ter dominio na zona de tres cuartos rival cando estamos en inferioridade numérica, soamente con Álex e Renan pululando nunha morea de rivais (Presas sen balón ten moitos problemas de concepto que denotan unha mala formación futbolística, e non lle vexo moita solución sendo honesto).
O que comentaba onte Paco_Mentarista de virar o campo cara ao carril de Arce na segunda parte penso que responde a un criterio do estado do céspede. Na primeira parte cargamos o xogo polo flanco de Naveira porque o lado oposto á bancada está nun estado moi máis digno que a banda dos banquillos, onde é imposible siquera dar un pase raso a un compañeiro situado a un metro sen que o coiro retumbe 14 veces nos fochancos do céspede.
En calquera caso, é un problema moito máis complexo que o tema do estado do terreo. O de sufrir así contra rivais inferiores pásanos tamén en sintético. O patrón en común coido que está claro. |
14 Dic 2020, 12:48 |
23.66 |
1 |
0 |
+info
|
| Tocará viaxar ata a Senra. |
13 Dic 2020, 19:08 |
22.35 |
1 |
0 |
+info
|
| Ao Gurú Justo sígueselle atragantado este tipo de partidos. Non sabemos qué facer co balón cando o rival aparca o bus. |
13 Dic 2020, 18:48 |
22.33 |
1 |
0 |
+info
|
| Que deixe de traballar no outro lado que non fai falla. Daranlle financiación ao de AgroEstevez por emplear a xente saída do Proxecto Home? |
13 Dic 2020, 17:42 |
22.32 |
1 |
0 |
+info
|
| O do pisón vai moi rápido, pouco fai así. Aínda menos mal que só está a pasalo onde atacamos o segundo tempo. |
13 Dic 2020, 17:38 |
22.32 |
1 |
0 |
+info
|
| Xa vou de camiño Pesule, a pé que vou que rebento. Deixei o diesel na casa para non contaminare https://ibb.co/nMKhT3w |
13 Dic 2020, 15:50 |
22.32 |
1 |
0 |
+info
|
| Comezamos xa a previa do partido, cun vermouth antes dos callos pra ir co bandullo cheo. Hoxe pinta que vai frío no Templo. |
13 Dic 2020, 12:29 |
22.32 |
1 |
0 |
+info
|
| Eu por fin conseguín pase tamén, toca voltar ao Templo despois de moitos meses. |
12 Dic 2020, 12:52 |
22.32 |
1 |
0 |
+info
|
| Con perdón, pero o Oli pode ir tomar polo cú. Ha de pensar que é máis grande que o escudo de CD Arenteiro.
Non me sorprendería que o "insider" do Arenteiro que ten o de Palcou Vip fose o Verdegaio, que ten que buscar novas fontes de estipendios e emolumentos desde que non comenta neste noso glorioso foro. |
10 Dic 2020, 20:41 |
22.32 |
1 |
0 |
+info
|
| Imaxino que Gelucho non deixará escapar unha xoia como Don Emilio. Debería ter pagadas as consumicións cada vez que veña pola vila do Carballiño. |
10 Dic 2020, 17:26 |
22.32 |
1 |
0 |
+info
|