| Contra o Peralada, vaia eliminatoria máis espectacular que fora aquela. |
10 Dic 2020, 08:32 |
22.32 |
1 |
0 |
+info
|
| En todo caso, xa teremos tempo de laretar do Ribadumia a semana que vén. É mellor falar en clave Rápido agora mesmo, gusto da escola do "partido a partido". O domingo volven a Espiñedo caras coñecidas coma Rui e Pablo Lede, que están a gozar de minutos.
Sen embargo, están tamén a ser arrastrados pola xeira negativa do colectivo. Contra o Arosa, o cancerbeiro lusitano tivo un erro á saída dun saque de esquina que causou un gol olímpico e o centrocampista errou unha pena máxima.
De menos minutos dispón o veterano dianteiro Vitti, que marcou na final da Copa Deputación 2016 pra darnos o triunfo 1-0 contra o Polígono. |
09 Dic 2020, 12:04 |
22.30 |
1 |
0 |
+info
|
| En calquera caso, a variable máis importante do equipo do Salnés é que xogan partido de Copa o mércores e a última vez que pasou eso despois perderon o domingo 4-0 (contra o Alondras). Tampouco é que sexa unha comparación moi precisa porque tiñan un viaxe longo daquela e agora coido que xogan na Senra, mais podemos ser optimistas nese senso. |
09 Dic 2020, 11:45 |
22.30 |
1 |
0 |
+info
|
| Tendo en conta a dinámica das últimas 5 xornadas, o Rápido só foi quen de ganarlle ao Pontellas e perdeu os 4 partidos restantes. Onte contra o Ribadumia foron completamente inoperantes e estanse a estancar na clasificación. Nós estamos agora no noso mellor momento, e sería ideal pechar 2020 con outras dúas vitorias tendo en conta i) o mal momento dos de Bouzas e ii) que o Ribadumia xoga partido de Copa contra o Cádiz 4 días antes do noso duelo contra iles.
Toca traballar duro pra seguir sumando de 3 en 3.
|
09 Dic 2020, 10:32 |
22.30 |
1 |
0 |
+info
|
| Aproveito esta canle pra comunicar a seguinte información de servicio, que pode resultar de interese á parroquia:
"Dende o Mércores 9 ata o venres 11 (de 11h a 13h e de 18h a 20h) poranse os PASES en Taquilla de Espiñedo solo para SOCIOS/AS
Se tendes intención de ir ao partido, canto antes pasedes por taquilla mellor, así podemos organizarnos todos con moito máis tempo.
Recórdase que a bancada cuberta ten capacidade como moito para 250 personas cumprindo as medidas de seguridade, a partir dese número é fácil que toque en zona descuberta.
saúdos e saúde para todos/as dende a directiva de CD Arenteiro." |
08 Dic 2020, 23:28 |
20.79 |
1 |
0 |
+info
|
| Por certo, vaia pedazo xogador o cabrón de Brais Vidal. Non sei cómo o puidemos deixar escapar do Espiñedo. |
08 Dic 2020, 21:19 |
20.79 |
1 |
0 |
+info
|
| Taba forte Pesule, pero despois do cocido que lle mandamos cumpría un bo dixestivo como ben saberás. |
08 Dic 2020, 21:15 |
20.79 |
1 |
0 |
+info
|
| https://www.crtvg.es/informativos/arousa-2-1-estradense-4686922
No primeiro hai piscinazo de Julio Rey mais é complicado de ver, pero o segundo é escandaloso |
08 Dic 2020, 21:13 |
20.79 |
1 |
0 |
+info
|
| Eimil, o Tractor de Espiñedo. |
08 Dic 2020, 19:43 |
20.79 |
1 |
0 |
+info
|
| Hai que pechar a semana dos 3 partidos con 9 puntos... a ver se os rapaces non notan os esforzos continuados que temos un plantel curto. |
08 Dic 2020, 18:34 |
20.83 |
1 |
0 |
+info
|
| O Ribadumia vai gañando... estase lucindo o yoyo55 |
08 Dic 2020, 18:28 |
20.83 |
1 |
0 |
+info
|
| e o terceiro do Arzúa, gol de Tomé... seguide poñendo resultados antes de tempo, seguide! |
08 Dic 2020, 18:27 |
50.46 |
2 |
0 |
+info
|
| gol do CD As Pontes, gol de Breixo 1-3... que manía tedes de poñer os resultados antes de que acaben os partidos |
08 Dic 2020, 18:25 |
109.24 |
2 |
0 |
+info
|
| gol de Hurtado pra o 2-0 |
08 Dic 2020, 18:25 |
50.45 |
2 |
0 |
+info
|
| Pazos botouse o equipo á espalda. +3 moi sólido coincidindo coa derrota do Somozas. A ver si o Estradense é quen de rascar algo na Lomba e xornada redonda. A saborear a terceira vitoria consecutiva e a pensar no Rápido a partires de mañá. Forza Arenteiro! |
08 Dic 2020, 18:20 |
20.80 |
1 |
0 |
+info
|
| Vaia partido de Javier Pazos Rosales... Gol, penalti forzado e asistencia. O mellor xogador de toda a categoría. |
08 Dic 2020, 18:07 |
20.80 |
1 |
0 |
+info
|
| O porteiro ten que parar coas mans, esto de facer regates diante dos dianteiros rivais é unha cousa que endexamais comprenderei. |
08 Dic 2020, 17:54 |
20.79 |
1 |
0 |
+info
|
| Grande Javi aí seguindo a xogada. É moi intelixente sempre na presión. A polo segundo gol! |
08 Dic 2020, 16:55 |
20.79 |
1 |
0 |
+info
|
| Recordade que podedes ver o partido en directo en https://www.instagram.com/cdpontellas/live/ aparte de seguir a xornada na cobertura radiofónica do Galicia en Goles. |
08 Dic 2020, 16:26 |
20.79 |
1 |
0 |
+info
|
| Non temos os XI iniciais nin na Futgal nin en redes sociais.
EDITO: Acaban de subilo. Xogará Arce no carril dereito e volve Markitos ao XI titular. |
08 Dic 2020, 16:16 |
20.79 |
1 |
0 |
+info
|