| O Pontellas non é un equipo que adoite pecharse atrás, así que discrepo. Menos dunha hora pra o partido e xa comezan os nervios, menos mal que hai herbas na sobremesa. |
08 Dic 2020, 15:30 |
20.79 |
1 |
0 |
+info
|
| Forza Rácing, hai que faer da Magdalena un fortín (e de paso facer un favor prá zona noble do subgrupo B). |
08 Dic 2020, 14:32 |
20.81 |
1 |
0 |
+info
|
| Eu tamén penso que hoxe é unha boa oportunidade pra que o Somozas pinche... o Racing é un rival moi sólido xogando na casa. |
08 Dic 2020, 14:15 |
20.81 |
1 |
0 |
+info
|
| Sinala Garrote na Región que temos a todos os efectivos dispoñibeis por primeira vez na temporada, e que é probable que Eimil descanse despois da súa exhibición contra o Barco... Semella que hoxe volta Pol se está en condicións para xogar que tampouco sabemos https://www.laregion.es/articulo/deporte-local/arenteiro-debe-fallar-visita-colista/20201207223159990673.html |
08 Dic 2020, 09:14 |
20.79 |
1 |
0 |
+info
|
| Ao final Verdegaio queda sen licor pero vaise levar á sogra... seica din que Dios apreta pero non afoga mais en casos así un nunca sabe. |
07 Dic 2020, 23:01 |
20.79 |
1 |
0 |
+info
|
| Pesule, eu dicíallo ao que escribe baixo o pseudónimo de aprimeiraenxogo que semella que me ten cruzado! Como o Verdegaio que dis ti... fai moito que non entra ou quizais entra pero xa non escribe. Voulle dicir de tomar algo nunha taberna o domingo antes do partido de xeito conciliador
Lin no fío do derbi da capital que hoxe andabas a encetar licor da sogra... poderías acercalo como brebaxe para tal evento. A sogra pode quedar na casa hahaha |
07 Dic 2020, 21:48 |
20.79 |
1 |
0 |
+info
|
| Se todos queremos o mesmo, que o CD Arenteiro ascenda á categoría superior ao final deste curso futbolístico. Aquí a cousa é que hai xente á que se lle atraganta ler opinións diferentes á súa, e teño claro que iso non é problema meu. Eu son un tipo cun móbil e conexión a Internet, nin que fora o Lolo Carril en COPE Carballiño ou o Garrote na Región. |
07 Dic 2020, 20:47 |
20.79 |
1 |
0 |
+info
|
| Estou desfrutando do Arenteiro como hai moitos anos que non desfrutaba, e penso que o equipo ha de seguir a liña do partido contra o Barco para demostrar que podemos aspirar a todo. A pesar dos 4 empates seguidos, despois de 8 xornadas estamos nunha posición case inmellorable a 2 pts do Arosa e a 4 pts do Somozas, polo que o balance é moi positivo.
Todo isto é perfectamente compatible con destacar que un adestrador recibe 5 cartóns marelos en 8 partidos e que hai marxe de mellora. Non me considero nin moito menos un experto en fútbol (xa que, como dixen aí atrás, non consumo este deporte na súa variante profesional e nas categorías máis humildes só me interesa o Arenteiro por unha cuestión máis romántica ca outra cousa) pero coido que isto non é moi habitual.
Comezo a estar un pouco ata os collóns de que se cuestione a miña implicación e o meu sentimento arenteirista por dicir o que penso. Noutra orde de cousas, teño moitas ganas de volver ao Templo despois de moitos meses, a ver se consigo pase pra o partido contra o Rápido. Mañá vai ser un partido trampa e custaranos gañar, pero confío en voltar no autocar de Porriño cos 3 puntos!
|
07 Dic 2020, 20:15 |
20.79 |
1 |
0 |
+info
|
| Apunta ForzaArenteiro en Instagram (aínda que sexamos tocaios, non son o administrador da conta) que Justo non se poderá sentar no banquillo por acumulación de tarxetas. Estamos na Xornada 9, pra darlle un pouco de perspectiva ao asunto. |
07 Dic 2020, 17:56 |
20.79 |
1 |
0 |
+info
|
| Imos de carallo, vou pedindo cita coa Eugenia no ambulatorio pra o mércores porque imos quedar cegos. Agora en serio, boa iniciativa do Pontellas en calquera caso... sarna con gusto non pica! |
07 Dic 2020, 15:54 |
20.79 |
1 |
0 |
+info
|
| Víase ben ou teño que ir polos lentes, amigo Pesuleakov?? |
07 Dic 2020, 13:46 |
20.79 |
1 |
0 |
+info
|
| Coido que o cordobés Vera xerou máis peligro que Tontito Bazo (gustoume o alcume que lin no fío anterior). En calquera caso, está ben saber que o noso Gurú é un troll como os que adoitamos deixarnos caer por este magnífico FORO. |
07 Dic 2020, 13:26 |
20.79 |
1 |
0 |
+info
|
| Eu penso que se fará algo similar ao que se fixo na Santa Mariña contra o Choco. Argimiro levará un par de baterías externas e emitirá o partido dende a súa conta de Facebook persoal. Malo será. |
07 Dic 2020, 11:16 |
20.79 |
1 |
0 |
+info
|
| Non podo imaxinar cómo debe ser ver un partido no San Campio con restriccións de aforo. O ano pasado fun alí nun día de choiva intensa (gañamos 0-1 con gol de Fajardo) e tocounos estar todos apiñados de pé detrás dunha portería porque a grada estaba repleta con aproximadamente 50 aficionados. |
07 Dic 2020, 10:58 |
20.79 |
1 |
0 |
+info
|
| Xogamos mañá outra vez e pouco se fala por aquí. Debedes andar de puente pero o Arenteiro non descansa hahahaha... |
07 Dic 2020, 09:51 |
20.79 |
1 |
0 |
+info
|
| Eu tampouco son moi optimista, tendo en conta que o Pontellas se vai encerrar atrás... É un pouco paradóxico pero xogamos mellor contra equipos da zona noble (Arosa, Barco...) que contra equipos que se van encerrar atrás pra intentar pillarnos á contra. Hai que seguir pulindo un pouco o plantexamento táctico do Gurú Justo, mais os alicerces son de boa calidade e este equipo demostrou que pode optar a absolutamente todo. |
06 Dic 2020, 10:01 |
20.79 |
1 |
0 |
+info
|
| Firmo gañar 0-1 de penalti inxusto no desconto da segunda parte... non me fío nada do sintético do San Campio. |
06 Dic 2020, 00:08 |
19.31 |
1 |
0 |
+info
|
| Sumar +3 no campo do colista, despois de dous triunfos de moito mérito, é absolutamente capital. Confiemos en que os rapaces recuperen ben do esforzo contra o Barco. |
05 Dic 2020, 18:52 |
19.39 |
1 |
0 |
+info
|
| Quedeime a un gol de acertar. Van quentiños pra Valdeorras igualmente. Trunfo de moitos kilates hoxe. |
05 Dic 2020, 18:41 |
19.39 |
1 |
0 |
+info
|
| QUE PARTIDAZO DE EIMIL, E MAGNIFICA VOLEA DE PAZOS |
05 Dic 2020, 18:04 |
19.31 |
1 |
0 |
+info
|