Comentarios de SeareiroArenteiro

Comentario Fecha Karma
VAIA DEFINICIÓN DE ZANELLI AHÍ!!! Elegancia nivel Marco van Basten. 05 Dic 2020, 17:53 19.31
Non, no YouTube temos agora ao Touriñán en bucle repetindo recomendacións anti-COVID. 05 Dic 2020, 17:46 19.31
JonDillinger, non se ve moi católico o céspede do Templo. Semella que o Agroestévez sígueo a ter feito unha merda. 05 Dic 2020, 17:41 19.31
Magnífico remate de Alassane ahí. Os nosos dianteiros empezan a enchufarse. 05 Dic 2020, 17:06 19.31
Vaia festa rachada que hai sempre no Ara Solis. Teño moitas gañas de vivir un encontro na bancada do templo fisterrán. 05 Dic 2020, 16:59 19.31
Imos verdes. Cáeme mal o presidente do Barco despois da guarrada que lle fixo aos do Paiosaco o ano pasado. Sempre coa carallada de IMOS @@@ por redes sociais. A ver se lle metemos 5 e van quentiños de volta a Valdeorras. 05 Dic 2020, 16:46 19.31
Cada vez hai máis xente cercana á Xunta Directiva no Foro. Parabéns Verdegaio, xa non estás só por aquí. Imos acabar sendo os enchufados e entrando no Templo aínda que non nos corresponda, como o día contra o Atios ou especialmente contra o Alondras. Podemos facer a Peña SigueTuLiga, eu ofrézome para tocar o bombo. 05 Dic 2020, 15:36 19.31
Aquí conseguiu pase todo Cristo menos o menda. Vai estar o FORO baleiro mañán. Disfrutade moito no Templo e salir cos 3 puntos. 04 Dic 2020, 20:46 19.31
O de estar coma un barril de Estrella non é moita novidade tampouco, cando xogaba aquí tiña un problema serio coa báscula. Na bancada deu a casualidade de sentarme ao lado da súa xente e era algo que lle comentaban moito á moza --- que lle fixera seguir unha dieta equilibrada para evitar a súa tendencia natural a coller peso. 02 Dic 2020, 21:15 19.29
Fajardo debe andar lesionado que non está a xogar nada no Arosa. 02 Dic 2020, 20:31 19.29
Se de min dependese, traía de volta a Brais Vidal. 02 Dic 2020, 19:13 195.38
Hugo Sanmartín. 02 Dic 2020, 16:32 19.29
Estarás contento Paco_Mentarista, poderías facer cobertura extensiva do encontro mediante locución radiofónica pra os FORISTAS que quedamos sen pase. Méteste na garita co teu amigo Pepe Garrote e que che faga de comentarista. 02 Dic 2020, 13:26 19.29
Voulle alquilar os pisos ás vellas que teñen as ventás cara o Espiñedo, amigo Pesuleakov hahahahaha. Terei coidado con si algún chut sae desviado a ver se vou quedar sen dentes e despois teño que andar a iogur 2 meses. 01 Dic 2020, 23:02 19.20
Pero si está a ser un descontrol da hostia. Hai xente que vai e pide pases pra primos lonxanos aducindo un número de socio completamente inventado. O cativo na taquilla é novo e accede a estes engaños, todavía ten moito que aprendere. Todavía sigo a esperar que Verdegaio como voceiro da Xunta Directiva entre a explicar por qué o clube está a facer unha xestión tan pouco transparente dun asunto que atinxe á masa social que mantén viva esta institución de máis de 60 anos. 01 Dic 2020, 23:00 19.20
Cagho na Virgen, quedei sen pase pra o partido. 01 Dic 2020, 19:00 19.20
Non lle digades estas cousas a Verdegaio sobre a xestión das entradas, que il pensa que se está a manexar de forma impecable. Ao final por desinformación como ésta, auspiciada pola propia Xunta Directiva, acaban entrando ao estadio familiares/amigos/mozas dos xogadores e símiles de difícil clasificación en lugar dos socios (que pagan relixiosamente a súa cuota) aos que lles corresponderían por meritocracia eses asentos en aforo limitado. 01 Dic 2020, 13:13 19.20
Un amigo acaba de recoller o seu pase agora mesmo e déronlle o número 45 así que semella que vai rápido a cousa. O pobo transpira ilusión polos catro costados. Forza Arenteiro! 30 Nov 2020, 18:49 19.09
Esto está sendo enviado por grupos de WhatsApp: "Moi boas a todos/as Espero que disfrutárades do partido de hoxe con 3 puntos importantes. Agora toca recibir ao CD. BARCO e será o SABADO DIA 5 en horario de tarde por decidir. Para ese partido temos garantizados por Lei un aforo de 150 persoas pero temos solicitado ampliación ata 300 e esperamos que se nos conceda ao longo da semana. Mañá Luns (de 18 a 20h) e dende o martes ata o venres (de 11h a 13h e de 18h a 20h) poranse os PASES en Taquilla de Espiñedo solo para SOCIOS/AS Estarán a disposición os 300 pases e en caso de que non autorizasen a ampliación solo poderán pasar os 150 primeiros. OS pases que non se teñan retirado por socios/as ata o venres as 20h, serán vendidos como entrada o día do partido. Se tendes intención de ir ao partido, canto antes pasedes por taquilla mellor, así podemos organizarnos todos con moito máis tempo. Agradecidos pola vosa paciencia, saúdos e saúde para todos/as dende a directiva de CD Arenteiro." 30 Nov 2020, 18:31 19.09
O que puxo a hora do partido debe ter contactos internos na federación que na propia Futgal todavía non sae. Estamos rodeados dos peixes gordos neste foro. Vou pór o meu mellor traxe a ver si me contratan. 30 Nov 2020, 18:24 19.09