Comentarios de SeareiroArenteiro

Comentario Fecha Karma
Os administradores do Estudiantil que cambien o campo por defecto do equipo, que segue en Callobre cando agora cambiou a estrutura do clube e está establecido en Vista Alegre, xogando no sintético ubicado en Santa Isabel. Graciñas! 30 Nov 2020, 18:23 19.09
E ademais do seu instinto asesino pra perforar a portería rival, demostra unha intelixencia futbolística que fai del un xogador único nesta categoría. Estamos de noraboa no Carballiño de poder disfrutar dunha xoia de tantos kilates. A seguir choiando! 29 Nov 2020, 22:40 17.23
Será un partido semellante ao da primeira xornada contra o Arosa. Estou de acordo con Paco en que temos potential para desenvolvernos mellor contra estes equipos que teñen a valentía de propoñer para gañar. Unha boa nova para comezar sería a terceira suplencia consecutiva de Pol, hai que asegurarse de que lle enfríen ben os miolos antes de que poida volver liala no terreo de xogo na semana dos 3 partidos. 29 Nov 2020, 22:38 17.23
Non penso que os seareiros do Ourense teñan que ser pesimistas, tedes un bloque sólido e coas ideas claras. Hai varios equipos peores ca vós e non deberíades ter problemas pra conservar a categoría. Simplemente hoxe decidiu o partido a calidade absolutamente élite dun xogador que está entre os tres mellores da categoría. 29 Nov 2020, 21:15 17.32
O gran talento diferencial neste plantel apórtao Javi Pazos. O esquema ofensivo do equipo tense que construir en torno a esta peza fundamental, que dará moitas alegrías á parroquia verde. Criticar ao de Marín é renunciar voluntariamente á felicidade. 29 Nov 2020, 20:26 17.32
Será complicado que o Gurú deixe ao noso mellor xogador na banqueta de inicio outra vez. Tremenda analoxía poderiamos facer con Javi Pazos e a caverna de Platón. 29 Nov 2020, 20:20 17.32
Exhibición de Don Javier Pazos Rosales. Doblete xogando 20 minutos escasos no Couto, pra volver á senda da vitoria despois dun mes. Só lle faltou desatrancar a ambulancia e conducir o autobús de volta ao Carballiño. PERDÓNALOS SEÑOR, NO SABÍAN LO QUE HACÍAN. 29 Nov 2020, 20:15 17.32
O partido aínda non rematou, a ambulancia atrancada no terreo de xogo. 29 Nov 2020, 19:17 17.32
Primeiro dixeron que emitían o partido íntegro pola web e agora casi nin vai polo carrusel. Estanse a lucir os da Telejaita hoxe. 29 Nov 2020, 18:45 17.28
O Gelucho comeu unha boa somanta no debut. 29 Nov 2020, 18:38 17.28
Non termino de comprender por qué a Futgal permite este tipo de actuacións cando o subser en cuestión é sospeitoso reincidente. Ou ten fotos de Louzán espido ou non entendo cómo segue a arbitrar nunha categoría de tanto prestixio. 29 Nov 2020, 18:14 17.24
como vos gusta poñer o resultado antes de que acabe o partido... 29 Nov 2020, 18:02 17.24
empatou o racing, gol de gegunde 29 Nov 2020, 18:00 17.24
Sexamos optimistas... no segundo tempo compensará, non cres JonDillinger? 29 Nov 2020, 17:53 17.23
Hostia, vaia remate de espaldas á portería. Quitoulle as telarañas á escuadra. Redímese do penalti moi dubidoso. Imos verdes, aínda que xoguemos contra 14. 29 Nov 2020, 17:49 17.23
A falta de ver unha repetición máis precisa, semella que Portela non toca ao xogador do Ourense. Esto está sendo difícil de xestionar, non pensei que o árbitro fora incidir tanto no transcurso do encontro. 29 Nov 2020, 17:46 17.23
Vaia penalti acaba de inventar o trencilla. O céspede do Couto aínda está peor ca o Espiñedo. 29 Nov 2020, 17:25 17.23
Velocidade de cruceiro do Somozas. Se non ganamos hoxe xa nos quitarían dous partidos en apenas mes e medio de competición. A vitoria hoxe é casi obrigatoria, tamén pra remontar a dinámica dos empates que non nos beneficia. Forza Arenteiro 29 Nov 2020, 14:58 17.23
Esperemos que se garde un minuto de silencio no Couto e que ambos equipos porten un crespón negro para mostrar luto pola morte do mellor xogador de tódolos tempos. Marchouse El Diego. 25 Nov 2020, 22:01 17.05
Como se vén pitar Andujar Oliver, o árbitro pode perxudicar ás dúas equipas. Confío no criterio do trencillas para impartir xustiza e esperemos que non teñamos que falar dil no post partido. 25 Nov 2020, 09:41 17.05