| En calquera caso teño bastantes ganas de ver ao Gurú Justo voltar ao Couto para sumar outro empatiño mentres seguimos a aburrir ás ovellas. |
23 Nov 2020, 16:43 |
16.73 |
1 |
0 |
+info
|
| O pouco que lle vin ao Ourense foi bastante salientable. Será partidazo. |
23 Nov 2020, 09:48 |
-198.48 |
1 |
1 |
+info
|
| Pikachuuu, deixa de borrar que queremos ler. |
23 Nov 2020, 09:47 |
16.73 |
1 |
0 |
+info
|
| E fóra do estrictamente deportivo, amigo Verdegaio, falemos de crónica en rosa. Parece que non aprendemos dos erros. Hoxe a bancada do Espiñedo repleta de amigos/mozas de futbolistas. Incluso estaba unha árbitro FIFA, que pra chegar ao templo ten que tirar de Google Maps. Esto segue a ser un cachondeo, faillo chegar á directiva que ti estás pretiño. |
22 Nov 2020, 20:47 |
15.69 |
1 |
0 |
+info
|
| O Gurú Justo segue a facer das súas. Polo menos imos sumando puntiños, e xa virán dadas mellores co talento que hai na plantilla. É cuestión de tempo que as cousas comecen a funcionar. |
22 Nov 2020, 20:42 |
15.69 |
1 |
0 |
+info
|
| Resultado 1-1 |
22 Nov 2020, 18:29 |
49.24 |
2 |
0 |
+info
|
| Estamos jodidos hoxe. Poder disfrutar as primeiras 5 semanas fixo que nos malcostumbrásemos. |
22 Nov 2020, 17:33 |
15.69 |
1 |
0 |
+info
|
| Botaremos (e moito) de menos a Adrián Padrón. Un xogador que aparte dun rendemento exquisito no campo, aportaba á sombra. Os intanxibles dos que tanto falan noutros deportes. Moitas grazas polo seu servizo neste lustro, sempre será benvido no Templo. |
20 Nov 2020, 23:38 |
15.69 |
1 |
0 |
+info
|
| Boas Global_Sport, teño unha pequena dúbida. Por qué cambiaches o nome que tiñas (Cervatell) e puxeches este novo? Como borraches comentarios esta semana quedaba mellor pra o teu relato comezar de cero? A ver si o TROLL vas ser ti... |
20 Nov 2020, 01:10 |
15.70 |
1 |
0 |
+info
|
| Manda carallo Global_Sport, se o bonito de todo esto é que teñamos puntos de vista diferentes. Sempre fomentaremos a construcción dun debate san e enriquecedor. E vamos, dándome por aludido na túa mensaxe, eu de fútbol non teño nin puta idea nin pretendo cambiar a opinión da xente. Levo sin ver competicións profesionais dende hai polo menos 15 anos e a este nivel solo consumo CD Arenteiro. Como di Paco_Mentarista, hai que ser moi inocente (ou moi idiota) pra pensar que un ten a verdade absoluta. |
19 Nov 2020, 21:22 |
15.70 |
1 |
0 |
+info
|
| Comeza a decrecer o nivel de confianza nas futuras actuacións de CD Arenteiro. Na quiniela xa non se ve soamente a cor azul de local, como se vía en semanas anteriores, senón que hai xente que pensa que empatamos. Non quero dicir que isto sexa un termómetro do estado de ánimo da afición, pero é curioso. |
18 Nov 2020, 21:01 |
15.72 |
1 |
0 |
+info
|
| Home Pikachu, se falamos de tostón dasme a razón aínda que non queiras. |
18 Nov 2020, 16:02 |
15.72 |
1 |
0 |
+info
|
| Jajaajajajajajaj
Ayyuu aprimeiraenxogo que se te ve el plumero.....
Que isto é un xogo e non unha ciencia exacta, mais temos que esixir a victoria cada domingo e que o equipo mostre esa actitude. O compromiso con este equipo GLORIOSO non só se demostra regalando os oídos e dando palmadas na espalda dos amigos, mais facendo crítica constructiva baseada en fundamentos coherentes e realistas sen deixarse cegar pola paixón. Que a servidor se o pinchan sangra de cor verde, e quere o mellor para unha institución que ten que actuar como EMBLEMA do pobo do Carballiño.
Ao final é unha redución ao absurdo. Se non pode haber nada mellor que ter esta sensación. O Arenteiro vive unha etapa privilexiada na que os seus seareiros teñen o dereito a soñar con ganar cada vez que saímos ao campo por Galiza adiante e coma ti dis, facía 30 anos que esto non pasaba. Ogallá que esto fora sempre así. A ver si por expresar a miña opinión nun foro independente vou impedir que a xente adestre de forma axeitada pola semana e non poidan preparar o partido do fin de semana. A ver si vou restar por tratar de ver máis aló da superficie e escribir de forma libre o meu pensamento.
Paréceme a hostia que se cuestione o meu sentimento arenteirista por pedir que arrasemos cada puto partido cando temos a forza bruta pra facelo. Quero sangue, quero ver aos rapaces correndo e que non paseen como fixeron algúns no Municipal da Estrada este pasado domingo. Quero que cando cheguen ao vestiario despois de non dar o seu 100% o adestrador lles recorde por qué están aquí. Esto é un equipo que ten 62 anos de historia, e o escudo vai seguir cando eles marchen. Quero compromiso absoluto de todos os integrantes do equipo, que estén á altura da mellor afición do fútbol rexional. Quero que se fale e se respete ao CD Arenteiro non só no noso país pero no resto de España. Por collóns vamos ter que demostralo.
FORZA ARENTEIRO SEMPRE
|
18 Nov 2020, 01:23 |
15.41 |
1 |
0 |
+info
|
| Esta semana foi Rubén Arce o que pasou pola pluma do Mestre Garrote: https://www.laregion.es/articulo/deporte-local/ruben-arce-hicimos-meritos-haber-empatado-antes/20201116230720985702.html. Tiña poucas ganas de traballar o amigo da Región. |
17 Nov 2020, 22:46 |
15.41 |
1 |
0 |
+info
|
| Fervo en desexos de que o gurú Justo silencie aos que teñen dúbidas neste primeiro treito da tempada, entre os cales me inclúo. A fin de contas, o único que queremos é que lle vaia ben a CLUBE DEPORTIVO ARENTEIRO.
Xa sería moita casualidade que os da TVG2 boten o noso partido por terceira semana consecutiva. En todo caso, tendo en conta que vai haber restricción de aforo en maior ou menor medida, confío na tarefa de datos e na batería do móvil do Marnotes pra levar o opio ao pobo que queda fóra da misa.
|
17 Nov 2020, 21:29 |
15.41 |
1 |
0 |
+info
|
| Pois ao mellor o que lle viña ben á plantilla actual era un currante que estuvera disposto a baixarse ao barro, cunha actitude e unha predisposición natural que non están a mostrar algunhas das vacas sagradas do XI inicial. |
17 Nov 2020, 17:13 |
15.41 |
1 |
0 |
+info
|
| E como di Pesuleakov, Emilio Carril era o ídolo da parroquia pola súa entrega incuestionable no terreo de xogo. Cando chegaba o minuto 70 e o resto dos xogadores empezaban a notar falta de osíxeno e de enerxía no seu organismo, Emilio emerxía como una figura omnipresente e todopoderosa que servía de pegamento entre defensa e ataque. É unha mágoa que non puidera compaxinar a súa labor profesional coma panadeiro e os entrenos matutinos tan efectivos impostos acertadamente por Fran Justo. Eu bótoo de menos porque con un xogador das súas características, o seu compañeiro no centro do campo (ben Álex Fdez ou ben Zanelli) tería unha escena moito máis adecuada para brillar e contribuír positivamente ao xogo da equipa. Honestamente desexo que lle vaia moi ben no Estradense (ou donde sexa) ao gran acerto de Gelucho pra reforzar á escuadra verde. |
17 Nov 2020, 11:16 |
15.41 |
1 |
0 |
+info
|
| Está claro que isto é unha carreira de fondo e que temos mimbres para soñar con cotas superiores, e moita responsabilidade diso é do adestrador. O que me sorprende, sen haber visto xogar á Ponte en campañas pasadas, é que con este talento global non xoguemos a absolutamente nada, e iso tamén supoño que é cousa do corpo técnico e da filosofía que queren transmitir aos rapaces.
A min mentres os resultados estén á altura da esixencia que demanda este plantel tamén me vale. Pero iso require un esforzo harmónico e unidireccional de todos os integrantes, ademais da posibilidade de ofrecer unha riqueza en variacións tácticas que (repito, de momento) brilla pola súa ausencia. |
17 Nov 2020, 11:10 |
15.41 |
1 |
0 |
+info
|
| O adestrador non está pra marcar os goles pero sí é o responsable primixenio do xogo do equipo, e o único certo é que nestas primeiras cinco xornadas gañamos cun recurso acrobático de Markitos na Lomba e por aburrimento á Ponte Ourense, que viña sen treinare por problemas con positivos COVID-19 no plantel. Polo demais, nada destacable a pesar de ter un bloque moito máis potente que os rivais da liga. O denominador común en tódolos partidos é a ausencia de ideas/creatividade, a falta de solidez do centro do campo e xogar cun balance defensivo claro cando temos a mellor plantilla de toda a categoría. A min dixéronme que Justo era o elemento diferencial nos banquiños da Galiza e de momento non demostrou moito máis ca o humilde Rogelucho, o cal foi o centro das críticas dalgúns bestas que adoitan pasar as tardes do domingo na liturxia futbolística do Templo.
Os seareiros non queremos vivir neste engaño de "pensar que temos máis do que temos", cando se ficharon a xogadores de categorías superiores ou ás mellores pezas de equipos que habitan a zona noble da Terceira ano sí e ano tamén. Penso que aínda é cedo pra facer balance, pero non nos podemos durmir tampouco. No grupo A o Somozas xa suma 4 puntos máis ca nós, nun grupo altamente descompensado. A distribución dos equipos nos grupos é inxusta pero estaba bastante claro que a volta a Segunda División B non ía ser fácil. Temos que seguir remando todos xuntos na mesma dirección, e non hai mellor momento pra remontar o voo que cunha vitoria de enxundia contra o Alondras este domingo. |
17 Nov 2020, 00:52 |
15.31 |
1 |
0 |
+info
|
| Ola Verdegaio
Non cuspas moito para arriba que despois cae. Polas fontes que manexo, fuches relativamente cercano a il e ti máis ca ninguén deberías saber que foi un profesional encomiable na súa etapa como adestrador xefe de CD Arenteiro. |
16 Nov 2020, 21:34 |
15.31 |
1 |
0 |
+info
|