| Pinta a que hai bastante hater de Don Rogelio Gómez Fernández neste foro. Véxome na obriga de actualizar a miña foto de perfil para deixar clara a miña postura. |
16 Nov 2020, 17:10 |
15.31 |
1 |
0 |
+info
|
| Que por certo, non vexo ningunha diferencia entre o xogo baixo a batuta do topoderoso Francisco Justo e o xogo que facíamos con Coach Gelucho. O pobre Rogelio facía o mesmo xogo cunha plantilla á que se lle presupoñía unha cuarta parte do talento que ten a actual. Non teño boa memoria xa, pero os filósofos/estudiosos/teóricos da bancada do Espiñedo acababan coa gorxa irritada despois de estar berrando todo o partido contra o adestrador.
A ver si a boa prensa e as análises sesgadas basadas en "amiguismos" (un saúdo ao subnormal do Garrote e aos lambecús da Región) tamén existen nas categorías semiprofesionais. O xogo do equipo está a deixar bastante que desexar neste comezo de tempada e despois de 5 xornadas xa podemos ver un patrón sistemático que, persoalmente, non me xera ningunha ilusión como aficionado fiel do Arenteiro. |
15 Nov 2020, 19:01 |
14.11 |
1 |
0 |
+info
|
| En teoría o Alondras é un equipo máis sólido que Atios e Estradense, polo que vexo un encontro máis adecuado para o esquema e plantexamento inicial do gurú Justo - xogar con liña de 5 contra equipos que se van pechar atrás e saír á contra fainos moito dano e parece que non topamos todavía a solución para afrontar estos encontros.
Isto, sumado á boa nova que implica a baixa de Pol por sanción (xa lle podían caer 3 partidos pra enfriar os miolos) faime ser optimista para derrotar aos de Cangas e volver finalmente á senda do triunfo. No grupo 1A o Somozas segue sumando de 3 en 3 e non nos podemos permitir seguir pinchando de forma sistemática contra rivais que, por plantilla, son inferiores. |
15 Nov 2020, 18:54 |
14.11 |
1 |
0 |
+info
|
| Suscribo a análise de Hristo Stoichkov. Aparte do empate en inferioridade numérica, o único positivo que podemos sacar deste partido é que con suerte o adestrador lle vai dar un toque ao cabeza quente de Pol e non volverá ser tan egoista. Vender aos teus compañeiros deste xeito é soamente a punta do iceberg dun comezo de temporada absolutamente execrable e lamentable por parte do capitán do equipo, ao que se lle supoñe unha actitude diferente e constructiva. |
15 Nov 2020, 18:42 |
14.11 |
1 |
0 |
+info
|
| Previa do Estradense - Arenteiro no diario SPORT: https://www.sport.es/es/noticias/tercera-division/jornada-5-de-la-tercera-division-previa-del-partido-cd-estradense---arenteiro-8204692 |
15 Nov 2020, 15:31 |
14.03 |
1 |
0 |
+info
|
| En vez de tanto Barazal en Maside podían ir ao Gazpara ou á Cubana e así quedan os cartos no pobo. Persoalmente, o último que menciono é o mellor do Carballiño... pra vós cal é? |
14 Nov 2020, 20:44 |
14.03 |
1 |
0 |
+info
|
| Semella que firmamos un acordo coa multinacional alemá coñecida como Adidas pra abastecer de material deportivo aos nosos futbolistas: https://bit.ly/38HfYKl. Penso que se están a facer as cousas ben cando estes xigantes empresariais poñen o ollo en equipos e deportistas máis humildes. |
14 Nov 2020, 15:42 |
14.03 |
1 |
0 |
+info
|
| Outra fin de semana que poderemos ver ao noso equipo pola web da TVG2. A ver si desta vez podemos disfrutar de son ambiente e non temos ao Xoán Galán berrando dende o Milladoiro. |
13 Nov 2020, 21:48 |
14.04 |
1 |
0 |
+info
|
| Estaba a cavilar e foi nun Arenteiro - Estradense no que expulsaron a Regal por chamar ao linier pra dicirlle que tiñamos a un dos nosos no chan. A miña sorpresa foi que hai en vídeo capturando este momento infame https://www.youtube.com/watch?v=onom5cAN6b0. Todavía o recordo como si fora onte, eu estaba na cantina tomándolle unha Estrella. |
11 Nov 2020, 01:05 |
13.94 |
1 |
0 |
+info
|
| HAHAHAHAHAHAHA estaba a beber zume de amorodo e botei todo o que tiña na boca por riba da pantalla ao ler o teu comentario Paco |
10 Nov 2020, 22:19 |
13.94 |
1 |
0 |
+info
|
| Menuda sección de entrevistas está a tecer o mal periodista (por non faltarlle ao respeto) José Garrote: https://www.laregion.es/articulo/deporte-local/manu-marina-fue-punto-casi-nos-sabe-derrota/20201109222512984149.html. Xa a que lle fixo a semana pasada a Renan é merecedora de Premio Pulitzer tamén. |
10 Nov 2020, 21:42 |
13.94 |
1 |
0 |
+info
|
| En qué demarcación xogaba Renan con Justo na Ponte Ourense? Só consumo os partidos do CD Arenteiro e neste comezo de tempada dame un pouco esa sensación que comenta Paco_Mentarista: pinta que as esixencias deste esquema táctico e o brasileiro de centrocampista non compaxinan ao 100%. Considero que aportaría máis na posición que actualmente ocupa Markitos, pero o porriñés está a ser do mellor do equipo no treito inicial da campaña. |
09 Nov 2020, 21:51 |
13.80 |
1 |
0 |
+info
|
| Eu todavía boto de menos a D. Brais Vidal Landeira. É o xogador que ten as chaves do Estradense e despois do seu paso pola vila do Orcellón, non é sorprendente en absoluto. Un tipo comprometido, menos físico que o seu sustituto da tempada seguinte (Cassio de Goes) pero cunha intelixencia futbolística moi elevada para a Terceira División.
Falando xa de paso de Cassio, está a xogar pouco na Ponte e hai rumores que o sitúan de volta con nós. Eu non sei onde pode xogar tendo en conta que no fútbol solo podes aliñear 11 xogadores, pero de momento non se concretou nada. Quizais teñamos a alguén por aquí con máis información. |
09 Nov 2020, 19:17 |
188.82 |
2 |
0 |
+info
|
| A min dame a sensación de que a ganancia marxinal de xogar nun campo decente é maior que o hándicap pola perda de dimensións. Especialmente tendo en conta como está Espiñedo, que non se poden dar dous pases seguidos. Nas últimas campañas o único xogador que vin capaz de domar e rillar o campo, como di Paco_Mentarista, foi Jorge Fajardo. Este ano non temos tanta creatividade pero igualmente ao ter dominio de balón sempre compensa poder desenvolver xogadas longas en estático. |
09 Nov 2020, 16:47 |
13.80 |
1 |
0 |
+info
|
| Está claro que o fútbol (e especialmente os dianteiros) funciona por rachas. Pero tamén manda carallo que cos xogadores de corte ofensivo que temos (Javi Pazos pichichi da Liga na 17/18, Sylla pichichi da Liga na 18/19, Rubén Arce, Markitos, etc...) levemos 3 goles en 4 xornadas. Non é momento de sobrereaccionar nin pensar que hai que acender a alarma, pero este partido co Estradense semella sen dúbida unha boa oportunidade pra espantar estas pantasmas. |
09 Nov 2020, 00:41 |
12.65 |
1 |
0 |
+info
|
| Pikachu, eu sonche un humilde aficionado do Arenteiro, nado e criado no Carballiño que simplemente se dedica a unir os puntos e sumar 2+2. Isto non consiste en lanzar un cohete ao espacio ou en elaborar conspiracións pseudoparanoicas. Aquí o que di que ten os contactos dentro da Federación é vostede. Eu non lle debo nada a ninguén. E se vexo certas cousas que non entendo e que son susceptibles de polémica, vou expoñer o meu punto de vista de xeito respetuoso con tódalas partes. A fin de contas, trátase de crear un debate san e sostible no que todos sexamos honestos.
O único que desexo de corazón é que lle vaia ben ao noso clube, pero a poder ser que actúe de forma xusta e igualitaria con toda a xente do pobo, sen tratos de favor e respetando as directrices que se comunican públicamente ao 100%. Hoxe non se fixo, e todos cometemos erros. O que nos fai mellores é aprender deles. |
08 Nov 2020, 23:11 |
12.76 |
1 |
0 |
+info
|
| Amigo Verdegaio, grazas por seguir sumando a este interesante debate. Queda bastante claro que vostede se move no círculo interno do clube e isto vai, inevitablemente, xerar un discurso sesgado que non é enteiramente imparcial. Non estou dicindo que o meu sexa a verdade absoluta, mais está claro que podo realizar unha análise máis crítica da situación actual ao non ter ningún lazo coa institución (mais alá dun amor profundo por un escudo que abrangue máis de 60 anos de historia).
Non sei moi ben cómo funciona a estructura actual do número de socio - son socio dende hai moito tempo cun número probablemente inferior ao seu. En calquera caso, coñezo xente de recente suscripción (hai 4 anos) que a día de hoxe segue sendo o número 500 ou superior. Polo tanto, permita que teña as miñas dúbidas en tanto as súas palabras no relativo a iste tema.
Vai ter que seguirse esforzando pra que lle compre a motocicleta de que "é o momento máis complicado nos 63 anos de historia do clube". Esta merda de situación leva con nós dende o mes de marzo. A nova xunta directiva entrou a mediados de xullo. Sabíase de sobra que isto non iba a mellorar no curto prazo (1-2 anos, alo menos) ata que aparecese a vacina. Por afinidade política do novo presidente, conseguiuse pechar unha xenerosísima subvención por parte de Baltar na Deputación, o cal pode ser máis reprobable ou non dende unha perspectiva moral. Con este colchón, construiuse o mellor plantel do equipo nos últimos 35 anos. Se tan mal está a cousa, entendo que se apostaría por un equipo máis humilde sen soltar cartos deste xeito. En calquera caso, a partida de salarios pode ser menor ca o do ano pasado. Isto non marca ningunha diferencia, a inversión económica segue a ser desproporcionada tendo en conta a situación sanitaria a nivel global.
Decidiuse facer esta inversión con alto risco para retornar o equipo a unha categoría superior. Pero no momento de facer as contas e de tratar de compensar os gastos xa se sabía que había elevadas probabilidades de que a cantina tuvera que estar pechada, que os aforos fosen limitados e que a taquilla estuvera chapada. |
08 Nov 2020, 22:01 |
12.76 |
1 |
0 |
+info
|
| Boas Verdegaio.
Penso que o compromiso da xente que está a dirixir o clube é encomiable e tódalas louvanzas que poidamos escribir neste foro ou declarar de xeito público vanse quedar curtas. Por si non se me entendeu, quero deixar unha vez máis de forma explícita e honesta o meu agradecemento aos membros da actual xunta directiva, que coinciden maioritariamente coas da pasada (e que tamén fixeron un traballo prácticamente inmellorable).
Agora ben, penso que non é ningún segredo que eses rapaces acoderon ao estadio polo feito que ti describes na túa mensaxe. As casualidades non existen e todo ocurre por un por qué. Entendo as preguntas que poidan xorder en socios que levan pagando a cuota relixiosamente durante 20 anos e non puideron hoxe acceder ás instalacións, especialmente tendo en conta que hoxe entrou no campo xente que non ten ni o carné - e non só me refiro á chavalada. Cónstame de moita xente, con número inferior ao 300, que todavía segue á espera.
Simplemente penso que as cousas hoxe non se fixeron ben e entrou moita xente que non tiña que entrar. Xa sei que o nepotismo está de moda na nosa terra, pero isto non xustifica certas cousas e levanta moitas dúbidas no aficionado fiel que acude domingo sí e domingo tamén. Tampouco che vou comprar a moto co de "momentos máis complicados nos últimos tempos", cando temos a mellor plantilla en máis de 30 anos e un proxecto para ascender á 2ªB. A memoria pode ser curta, pero hai non tanto estábamos xogando na 1ª Rexional cunha débeda casi insostible; é un auténtico milagre que o equipo salira dese pozo medianamente airoso.
Sei que esta reflexión non vai solucionar nada e todo vai seguir funcionando de igual forma. Tampouco pretendo sentar cátedra e son consciente de que é posible que non teña a verdade absoluta neste caso. É simplemente a sensación que me deu hoxe, e quería contrastar a miña opinión con outros seareiros da parroquia. A fin de contas, todos remamos na mesma dirección. Forza Arenteiro! |
08 Nov 2020, 20:21 |
12.76 |
1 |
0 |
+info
|
| Mesmo argumento que contra o Atios. Equipo inferior polo nome dos xogadores, que entregará o balón ao Arenteiro para que os nosos leven a iniciativa. Complicóusenos o esquema con 5 defensas no Espiñedo, confío que nesta semana traballen un bloque táctico diferente con máis alternativas á hora de crear xogo. Justo xoga moi ben á contra contra rivais que non teñen medo ao enfrontamento directo, pero a tónica predominante será a contraria. Outro rival que está a facer un comezo de tempada moi sólido. Vexo moitas similitudes pero esperemos que o resultado final sexa diferente (+3). |
08 Nov 2020, 19:53 |
12.76 |
1 |
0 |
+info
|
| O Arenteiro ten que mellorar moito a imaxe que proxecta:
i) As redes sociais (Twitter e Instagram), que arestora teñen que actuar como altofalantes, non proporcionan información en absoluto.
ii) Hoxe en Espiñedo, se eres familiar/coñecido/amigo dalgún membro da xunta directiva/corpo técnico/xogador, entras ao terreo de xogo aínda que teñas que usar Google Maps pra chegar ao estadio. Son pequenos detalles que normalmente non se ven porque non hai cámaras grabando íntegramente o partido, pero que son flagrantes e ensucian a imaxe do escudo que levan na camisola. O Arenteiro é moito máis grande que isto, por favor pido non volver caer nestes erros.
Se é aforo reducido, é aforo reducido pra todos. Hai que ser xustos. |
08 Nov 2020, 19:20 |
12.76 |
1 |
0 |
+info
|