Comentarios de SeareiroArenteiro

Comentario Fecha Karma
Non hai moitas conclusións positivas para extraer hoxe do visto no Templo. 08 Nov 2020, 18:45 12.71
Ímoslle con todo. A única baixa é Germán Novoa no central dereito, onde xogará Manu Mariña. Arce volve ao seu lugar natural e Pazos segue sendo a opción número 1 pra o adestrador. Importantísimo sumar hoxe 3. Forza verdes! 08 Nov 2020, 16:16 12.65
Coido que o Somozas vai facer moitos puntos nesta primeira fase. O arrastre de puntos cara aos meses finais de competición perxudican, como ben suxire Paco_Mentarista, ás equipas do Grupo B onde o nivel medio semella bastante máis elevado. En clave deportiva e falando do que nos interesa, o Arenteiro disporá de todos os seus efectivos coa única dúbida de German Nóvoa na liña de 5 defensiva. Moitas gañas de ver o XI que saca Justo e os cambios ao longo do partido. Recordade que poderedes ver o partido íntegro pola web da CRTVG (https://www.crtvg.es/deportes). Se sodes máis tradicionais, a TVG2 compaxinará tres partidos nun carrusel da vespertina da Xornada 4. 08 Nov 2020, 14:29 12.66
Penso que, eventualmente, Estradense e Ribadumia non van ser rivais nesta primeira liga. Os equipos nos que temos que fixarnos son Arosa, Barco e Alondras. A UD Ourense tamén vai estar arriba, os minutos que lles vin esta tempada sorprendéronme moi gratamente. 08 Nov 2020, 12:32 12.65
Confirmación oficial por parte da Federación: o partido xógase no Espiñedo. 05 Nov 2020, 12:04 12.61
O fútbol non para: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deportes/2020/11/04/futbol-gallego-libra-nuevas-restricciones-sanitarias/00031604493784868141927.htm. Se o Arenteiro ten que seguir líder, será por méritos propios colleitando vitorias e sumando de 3 en 3 polos campos do sur da Galiza. Imos verdes! 04 Nov 2020, 19:05 12.61
Xa temos hora para o partido do domingo, pero o campo segue pendente de asignación. Se tuvera que apostar os meus cartos, diría que toca na Regueiriña outra vez. 03 Nov 2020, 21:24 12.55
A min dame a sensación de que se están todos os efectivos dispoñíbeis, o tridente será Sylla - Javi Pazos - Rubén Arce. A potencia do senegalés polo costado esquerdo penso que aporta máis ca o xogo estático de Markitos (que está a ter un comezo de tempada espectacular, todo hai que dicilo). Despois do partido de onte, a xente vaise quedar co erro de Javi Pazos despois da parábola marabillosa de Arce pra deixalo só diante do porterio. Sen embargo, onte deixou perlas de categoría superior; a primeira parte que conxuga onte o dianteiro de Marín é de altos kilates, aportando un xogo combinativo cunha creatividade moi por riba da media da equipa. 02 Nov 2020, 17:41 12.30
O número de casos no pobo continúa a baixar, pero aínda así penso que é precipitado abrir o Espiñedo este fin de semana. É mellor ir pra Regueiriña, que o céspede estará mellor ca no templo. 02 Nov 2020, 00:42 11.52
En calquera caso, gustoume a mensaxe que transmitiu Justo cando troucou a Presas (moi espeso hoxe) por Magisano. O de Carballeda de Avia nas trincheras, nun campo complicado como hoxe, é un xogador que pode aportar moito na loita e brega. 01 Nov 2020, 19:46 11.57
É importante volver á senda da victoria na casa (ou na Regueiriña) ante un equipo recién ascendido pero que comezou moi forte a tempada. A priori, somos favoritos, pero non nos podemos fiar de ninguén. 01 Nov 2020, 19:17 11.57
Empatiño. Saída moi moi complicada como comentaba hai 8 días, pero hai moitas cousas que mellorar a nivel de creación de xogo. 01 Nov 2020, 19:07 11.57
Descanso, 0-0 na Santa Mariña. Boa primeira parte dos verdes, cun Javi Pazos moi participativo en ataque e aportando cousas que facía moitos anos que non se vían nun xogador arenteirista. A ver se conseguimos abrir a lata na segunda metade. A nota positiva e inesperada, a emisión decente por parte do Presidente de Operacións Futbolísticas. Diferente ligazón para seguir o segundo tempo: https://www.facebook.com/argimiro.alcalde/videos/3698975353502610/ 01 Nov 2020, 17:59 11.52
Marnotes está a emitir o encontro en vivo: https://www.facebook.com/story.php?story_fbid=3698807010186111&id=100001705461401 01 Nov 2020, 17:17 11.52
Estamos nerviosos ou non a 40 minutos de que arranque o encontro? 01 Nov 2020, 16:31 11.52
Onda Arlequinada creo que emite o partido. Están facendo un esforzo encomiable os rapaces de Vilagarcía. Tocará seguir o seu partido pola inacción do resto de clubes e da TVG. É unha mágoa. 01 Nov 2020, 12:45 11.52
Chegou o rumor ao meu círculo de amizades, e quero saber se é certo ou algo completamente infundado. Parece ser que o Arenteiro pediu permiso pra meter cámaras nas instalaciones de Santa Mariña co propósito de emitir o partido por YouTube, como se fixo a semana pasada. O problema deriva en que o clube locatario non deu permiso aos nosos pra emitir telemáticamente o encontro. Sabedes se é certo ou non? Non estiven moi atento esta semana a COPE Carballiño e non sei se Carril falou desto ou non - a web non está actualizada en todo caso. 31 Oct 2020, 16:11 11.49
Moi ben falado ámbolos dous, é un pracer ler puntos de vista así de sensatos. Eu penso que en termos puramente deportivos, esta visita vai ser máis complicada que a que fixemos á Lomba na xornada 1. Históricamente, os campos de dimensións reducidas e herba sintética non se nos deron ben. Todo isto sumado ao bloque do Choco e a unha magnífica dirección por parte do corpo técnico (tanto Gonzalo Fernández como Óscar Pérez, a pesar da súa xuventude, demostran que son profesionais perfectamente cualificados sacando o máximo rendemento da súa plantilla) convertirán o propósito de conseguir os 3 puntos nunha odisea. Pero este Arenteiro é capaz de todo e xera moita ilusión. 30 Oct 2020, 10:54 11.49
Sen acritude e dende todo o respeto, forista Pikachu. Se me estás a dicir que un clube amateur/semiprofesional é capaz de subsistir sen masa social, que é o imán para que cheguen os cartos (ben sexan de subvencións públicas, non nos esquezamos que moitos equipos pechan as contas grazas a esto, ou de empresas privadas), quizáis o que viva nos "mundos de yupi" sexas ti. 30 Oct 2020, 01:09 11.49
Non teño moi claro o funcionamiento do tema, pero penso que habería que centralizar os esforzos. Isto non é unha cousa que afecte soamente ao CD Arenteiro, en teoría hai unha comisión de clubes en terceira división (Proliga) que tería que ser a que loite por estes DEREITOS para os afeccionados. Especialmente no fútbol humilde, os clubes non son capaces de sobrevivir sen o noso apoio. Habería que negociar algunha especie de acordo con plataformas independientes que funcionen vía Internet (Footters, por exemplo, pero estou seguro que hai máis) para emitir estes partidos. A televisión tradicional (no noso caso a TVG) non ten os recursos necesarios para atinxir estas cuestións. E entendo que é algo que se puido haber negociado nos meses de parón en vez de estar mirando pra o aire. Esto es el futuro, chico. 29 Oct 2020, 19:26 11.49