Comentarios de brunodice

Comentario Fecha Karma
amesjuan, O Villestro leva catro victorias e un empate nos últimos cinco partidos e está moi ben. Hoxe tiñamos en frente un equipo forte que está arriba na táboa e fixemos un moi bo partido. É verdade que fallamos ocasións pero ás veces non entran. Por certo, golazo o do Villestro: roubo de Víctor na presión, pásalla a David que en carreira fai un tacón espectacular para deixarlla a Pichi para que remate case pola escuadra. Felicidades aos dous equipos. 15 Dic 2013, 17:20 31.29
O Rois é un equipo moi traballador, e así consigues bos resultados. 15 Dic 2013, 17:02 10.92
O Berta é un bo equipo por iso está na clasificación onde está, e despois de dúas derrotas, hoxe pagounas o Cruces. 08 Dic 2013, 13:32 70.01
Disputado partido. O Berta por algo é o líder pero o Villestro plantoulle cara e non mereceu un resultado tan desfavorable polo bo traballo que fixo. Vamos rapaces, que si seguides xogando así , seguro que ides para arriba na clasificación. 08 Dic 2013, 13:24 90.11
O Berta hoxe casi non creou perigo e foi superado polo Villestro durante todo o partido, pero o Berta é un equipo ben plantado e forte físicamente, non penso que sexa unha banda como decides algún e queda moita liga. O Villestro fixo un partidazo, a primeira parte moi boa, todos sen excepción moi enchufados. O Villestro se sigue xogando así poucos puntos vai a perder. 01 Dic 2013, 16:01 41.14
O Villestro perdeu pero merecía polo menos un empate polo xogo e ocasións. 01 Dic 2013, 15:44 11.06
O resultado o di todo. O Villestro foi moi superior ao Sálvora. A primeira parte rematou 0-4, cun Villestro dominador. Na segunda, o Sálvora saíu con forza e xogou moito máis que na primeira parte e mereceu un gol polo menos polo esforzo que fixo a pesar do resultado. Felicidades ao nenos do Villestro polo bo partido e sorte ao Sálvora que se xoga sempre así, seguro que subirá na clasificación. 10 Nov 2013, 16:20 11.11
O partido estivo bastante entretenido e igualado, pero o Villestro estivo moi desafortunado en defensa e o Unión aproveitou moi ben as ocasións que tivo. Pola contra, o Villestro desaproveitou varias ocasións moi claras. Felicidades ao Unión e a pensar xa no Conxo. 13 Oct 2013, 19:14 39.22
Foi un partido moi feo e bastante igualado con pouco xogo por parte dos dous equipos. Case ao final, o Sporting marcou o 2-1, nun gol que concedeu o árbitro, moi dubidoso e difícil de ver para o árbitro desde onde estaba, nunca saberemos se entrou ou non. O resultado mais xusto para o pouco xogo que houbo, penso que sería un empate. En relación co comentario de amesjuan, tamén penso que os millores xogadores teñen que estar sempre no campo e non no banquillo. Comparto tamén que a actitude habitual de tres dos nosos xogadores perxudica moito a imaxe dun equipo que para nada é antideportivo. Un deles xa recibirá o castigo da federación pola expulsión pero o entrenador debería frenar estas actitudes que perxudican moito ao equipo. Parabéns ao Sporting pola victoria. 29 Sep 2013, 19:06 66.87
Amesjuan, dis que se equivocou o entrenador cos cambios, non sei, eu algún deles tampouco o faría, pero as súas razóns tería. O certo é que tivemos dous despistes en defensa que nos costaron dous goles e fallamos moitas ocasións, e se non rematas pasa o que pasou. 23 Sep 2013, 13:25 11.21
Ao Villestro atragantouselle o madrugón e deixou escapar dous puntos. Dous fallos defensivos costáronlle dous goles e despois desaproveitaron bastantes ocasións moi claras en ataque. O Bodegón levou demasiado premio para o que fixo. 22 Sep 2013, 13:10 38.55
O Villestro foi superior aínda que o Peleteiro na primeira parte xogou bastante ben. Non sei o nivel dos outros equipos porque van tres partidos de liga, pero a min o Peleteiro gustoume. 15 Sep 2013, 21:16 92.45
A liga está empezando, temos que respetar a todos os equipos 15 Sep 2013, 20:46 66.30
Vamos rapaces, onte tampouco puido ser, pero imos polo bo camiño. ¡vamos Villestro! 15 Sep 2013, 20:44 11.22
Ben rapaces, este ano pinta ben. 15 Sep 2013, 20:39 11.22
Non se trata de excusas nin tonterías, hai que respetar a opinión de todo o mundo. Nun campo de futbol 7 cando xogan 22 xogadores é moi difícil facer un fútbol combinativo porque non hai espazos, e o físico imponse, e vos tedes un equipo moi físico. Con esto non quero decir que non teñades bos xogadores, que os tedes. Esa é a miña apreciación despois do partido de onte, que pode ser equivocada, por suposto. O partido de onte foi moi trabado, moitas faltas, saques dos porteiros á área contraria, ou sexa, pouco fútbol polos dous equipos. É verdade que o Dubra creou máis perigo e mereceu a victoria porque fixo máis que o Villestro, e non hai motivo para polemizar. Moita sorte nesta liga. 09 Sep 2013, 11:09 11.22
Merecida victoria do Dubra. O Villestro non entrou no partido en ningún momento. O campo este é pequenísimo, non é fácil atopar espazos, o que favorece o xogo físico que fai o Dubra. Ánimo rapaces, ante o Peleteiro, xa nun campo normal, temos que recuperar o bo xogo que fixemos ante o Oroso. 08 Sep 2013, 17:24 63.99
Moi bo partido do Villestro, que conseguiu una cómoda victoria, e ainda poido ser máis abultada con varios tiros ao pau, con momentos de xogo moi bos, a pesares de levar poucos entrenos. Parabéns rapaces . 01 Sep 2013, 12:51 166.01
Veña rapaces, quedan moitos partidos e levades poucos entrenos. A pensar xa no próximo partido. Parabéns ao Callobre. 01 Sep 2013, 12:42 64.03
Agora sí que é definitivo, despois da goleada do Conxo ao Bodegón. 22 Jun 2013, 13:27 85.30