Comentarios de brunodice

Comentario Fecha Karma
Hoxe era moi difícil xogar ao fútbol en Villestro, con moita chuvia e vento. 17 Nov 2012, 17:34 85.41
Partido coma o tempo, gris. Ao final o Villestro impúxose a un Cacheiras moi ben plantado no campo nun día chuvioso e con bastante aire que non invitaba a moito máis. O Villestro continúa coa boa racha e o Cacheiras fíxoo moi ben. 17 Nov 2012, 15:17 105.90
Isto é a salsa do fútbol Chema, os dous vimos o mesmo partido e percibimos sensacións moi distintas. Discrepar con educación está moi ben. Eu penso que non nos podemos queixar do que están facendo os rapaces. Somos un equipo recén ascendido e con bastantes nenos novos e mira onde estamos na clasificación. Na reunión que tivemos ao inicio con Rogelio e Marcos, comentouse que o obxectivo era a permanencia e creo que todos firmariamos naquel momento estar onde estamos. 11 Nov 2012, 01:05 20.96
Entón Chema, ¿que foi o que non te gustou? Eu non vin que xogaran tan mal. Por ex. en Melide non xogaron ben e dixémolo, pero hoxe...Tamén é verdade que non foi o millor partido, pero na miña opinión non xogaron mal. 10 Nov 2012, 23:46 38.56
Pois a min gustoume o partido do Villestro. Houbo momentos nos que creo que tocaron ben o balón, a pesar dos poucos espazos, porque sí que se nota que este campo é moi pequeno, e eso que son nenos(imaxinade con adultos os espazos que pode haber). Os goles foron bos , e sobre todo o cuarto foi moi bo, nunha xogada combinativa ao primeiro toque estupenda, do inicio ao fin. É verdade que despois vimos tamén algunha individualidade, pero bueno, cando o partido está moi favorable no marcador todos queren marcar e ser protagonistas. Por certo, paradón de Alberto que sacou dun xeito increíble un balón que todos vimos dentro tralo fenomenal remate do xogador do Dubra, creo que na única ocasión que tiveron na segunda parte. Gañouse ben o partido, e na miña opinión o Dubra defendeuse bastante ben. 10 Nov 2012, 22:48 27.60
Vamos rapaces, a continuar coa boa racha ante o Cacheiras! 10 Nov 2012, 18:24 57.48
Creo que será muy difícil que el Amio consiga algún punto ante el Berta, pero bueno, pueden tener un día malo y sorprenderlos. 10 Nov 2012, 18:20 76.87
Moi ben cocoliso. AlexMolina10, os rapaces de Victoria son todos de primeiro ano e incluso varios son alevíns, e teñen moito mérito porque en todo momento intentan xogar ao fútbol, a pesar das goleadas que reciben. Outros no seu caso meteríanse atrás e a xogar ao patadón para que non lles goleen, e eles non o fan. Como di cocoliso hai que ser respetuoso cos rivais. 10 Nov 2012, 17:30 155.75
Cuarta victoria consecutiva do Villestro que nos permite subir algún posto na clasificación e estar nunha zona tranquila na táboa, preto dos de arriba e moi lonxe dos de abaixo. No partido de hoxe o Villestro foi superior ao Dubra, que como di fundepesca, se defendeu ben ao principio, pero despois foi impoñéndose a superioridade do Villestro. Felicidades rapaces, a seguir así! 10 Nov 2012, 17:08 13.62
Efectivamente, campo pequeno o do Dubra. Agardemos que o Villestro gane este partido para seguir sumando, aínda que penso que non será nada fácil gañarlles. 06 Nov 2012, 17:33 36.82
Nesta categoría nótase moito, sobre todo na primeira volta da liga, a diferencia entre os nenos de primeiro ano e segundo, por suposto, con excepcións, sempre hai algún neno que o nota menos, pero polo xeral.... Os nenos que veñen de alevíns, aparte de ter menor físico, que é fundamental, pois teñen que adaptarse ao campo completo, e cóstalles un pouco. Se o Victoria so ten un neno de segundo ano como se comenta máis arriba, pois claro, é máis difícil. Sen embargo, os nenos de primeiro ano, na segunda parte da liga xa collen confianza, pegan un estirón e nótase no seu rendemento. 02 Nov 2012, 09:01 212.26
Estamos a tres puntos do 5° clasificado e a catro puntos do 4°, eu penso que é para estar contentos. Somos un equipo recén ascendido e os rapaces estano facendo xenial, por suposto tamén Rogelio e Sergio. Lembremos que o obxectivo inicial era a permanencia, polo que todo o que sexa millorar ese obxectivo, é un éxito. E agora mesmo estamos moi lonxe dos postos de descenso a nove puntos. Esto vai ben! 31 Oct 2012, 19:29 45.08
Agora que falades de negativos, menos mal que non participa aquí o avó que todos os seguidores do Villestro temos que sufrir en todos os partidos porque o encheríamos de negativos. Xa comentamos a semana pasada o que dixo en Aguiño, sobre os mimbres do equipo... e calamos. Sempre se pasa tres pobos, pero o sábado xa superou os límites, creo, do permisible. Sinto moito falar deste tema, ate agora estiven conténdome porque é un señor maior e hai que respetar aos maiores, pero con este home.... Dende o primeiro partido está faltando e incluso insultado aos nenos que fallan, aos que fan regates, aos que tiran porque tiran, aos que non tiran porque non tiran,... Pero este sábado ademáis de facer o habitual, ao final do partido ¿víchedes o que fixo? Cando os nenos ían para o vestiario, foi directo como unha bala a dous dos nenos, que por certo solen ser a diana da maioría dos seus berros e descalificacións, aínda que ningún se libra eh! (bueno, sí, o seu neto), e díxolles con moi malos modos "contra este equipo de merda non podedes xogar millor, ¡non me jodades!" (e perdón pola expresión). Menos mal que os dous nenos, intelixentemente, se miraron un ao outro, e non lle contestaron. E sorte que non montou unha boa cos seguidores do Melide, polo seu comentario. E deixo constancia deste asunto, e seguro que este non é o lugar máis axeitado para facer este comentario, pero fágoo coa esperanza de que algún achegado a este señor lea este comentario e lle faga entender que aos partidos de fútbol base non se vai a insultar nin a menospreciar aos nenos e que ten que mudar a súa actitude, que aquí estamos para divertirnos e disfrutar dos partidos dos nosos nenos, gañen ou perdan, xoguen ben ou xoguen mal. ¡ E, por favor, que nos deixe ver os partidos tranquilos/as!. 29 Oct 2012, 10:37 94.37
O Berta, salvo que teñan un día moi malo, que todos os equipos o poden ter, non creo que perdan ningún partido. É un equipo moi compacto e conxuntado, xogan en equipo, defenden todos ao mesmo tempo e presionan moito ao contrario ao que non deixan xogar. Unicamente recibiron dous ou tres goles, o que quere decir que non so é un equipo que ataca. No Berta, aínda que, por suposto, tamén ten algunha individualidade moi boa, o que destaca é o conxunto. 27 Oct 2012, 16:33 113.67
Partido espeso hoxe do Villestro ante o Melide que aproveitou ao máximo as poucas ocasións que tivo. Comezamos ben, e despois do 0-2, os nenos fóronse do partido. Menos mal que despois do primeiro gol do Melide, o equipo reaccionou e marcou outros dos goles para pechar o partido. Parabéns rapaces e sorte ao Melide nos vindeiros partidos!. 27 Oct 2012, 16:19 75.96
O partido parece que é as 12:30. Se é así, moi boa hora, non tocaría madrugar. 24 Oct 2012, 17:14 96.33
O Melide tivo un inicio de liga con varios equipos dos que están ben clasificados, e incluso con algún deles perderon por pouca diferencia. Penso que non será un partido fácil como pode indicar a súa clasificación. 21 Oct 2012, 23:59 25.34
Partido disputado. O Villestro sempre se adiantou no marcador pero o Uniòn axiña conseguìa empatar. O Villestro non se veu abaixo e ao final gañou merecidamente o partido. 20 Oct 2012, 12:44 88.19
Síntoo mais non fodas, pero a mención dos nenos que fas paréceme moi desafortunada. O teu intento de xustificación non me fai cambiar de opinión. Uns rapaces como os mencionados, David, Chapela, Brais, Mateo, Gonzalo... ¡que podían estar xogando en liga galega!, temos a sorte de telos no noso equipo, ¿como podes decir que os endiosamos? Como se comenta máis arriba, se tiveron as ofertas que tiveron é porque son bos xogadores. ¡non entendo o que pretendes cos teus comentarios! 18 Oct 2012, 00:48 95.48
Mais non fodas, e perdòn pola expresión, non esquezas que estás falando de nenos pequenos que visitan esta páxina diariamente. Non comparto en absoluto o teu comentario nin no contido nin nas formas. Non me parece correcto que fales dos nenos do xeito que falas dos que vexo que presumes de coñecer ben os seus orixes, aínda que digo presumes porque dous errores mìnimo xa os cometes nos teus comentarios despectivos: " o que nunca xogou" , "o que xogaba cando xogaba"..."os do Santiago..." Moi pouco agradable é o teu comentario.Percíbese un rencor que aquì non procede, e tamén reproches que ti saberás hacia quen, pero non os pagues cos nenos. Pídoche que por favor , non faltes ao respeto aos nenos. Ate agora comentamos sempre os partidos con educación e corrección e gustaríame que continuásemos asì, e sobre todo sen esquecer que estamos falando de nenos pequenos. 17 Oct 2012, 21:05 109.32