Comentarios de brunodice

Comentario Fecha Karma
O Conxo aínda non está clasificado para a final, xa que non se disputou o partido contra o Bodegón. Non adiantemos acontecementos. 21 Jun 2013, 12:12 85.30
Victoria cómoda e clara do Villestro ante un rival que en ningún momento inquietou a portería do Villestro. Felicidades aos nenos por estar na final e que teña sorte o Belvís na promoción. 21 Jun 2013, 12:10 11.21
Victoria cómoda do Villestro, que sen facer un gran partido, en ningún momento se viu inquietado polo Belvís que practicamente non creou ningunha ocasión de perigo. 21 Jun 2013, 11:37 11.21
Galegosconfuturo, tes razón o Xallas deulle un repaso ao Villestro, de patadas e xogo sucio, con consentimento do árbitro nos dous partidos, porque o que é xogar ao futbol pouco, unicamente se salva o número 6 que é un bo xogador, porque o resto... Paréceme ben que os árbitros sexan da zona, pero se é verdade que este que pitou hoxe xoga no Xallas.... Agardemos que o de Manu non sexa grave e que se recupere pronto. Noraboa aos nosos nenos polo ben que o fixeron toda a temporada e agora a pensar na copa. 08 Jun 2013, 15:35 38.82
Moi ben o Callobre.Parabéns. 02 Jun 2013, 21:17 85.39
Moi bo resultado. O Berta merece o ascenso despois do temporadón que fixo. 02 Jun 2013, 21:13 86.79
Mal resultado para o Sporting, pero ainda queda a volta e poden arreglalo. Sorte ao sporting 02 Jun 2013, 21:10 11.26
A eliminatoria aínda está aberta. Moita sorte ao Milla na volta. 02 Jun 2013, 21:07 62.60
Moi bo partido do Villestro, foi unha pena ese gol do Xallas cando xa tiña que estar rematado o partido e en fora de xogo do seu dianteiro. Na primeira parte o partido estivo máis igualado, pero na segunda o Villestro impuxo o seu xogo ao Xallas, campeón da súa liga. Felicidades aos nenos 02 Jun 2013, 21:04 62.65
OMaestro, todos vimos o partido e o Villestro foi superior e non hai nada máis que dicir. Non sei onde viches ti o escándalo. Xa no partido de ida (1-1), o Villestro plantou cara ao Sporting e mesmo tivo ocasións para levarse o partido, polo que para moitos de nós non foi ningunha sorpresa que o Villestro gañase hoxe. 11 May 2013, 21:57 61.25
O Villestro xogará a promoción de ascenso a galega. Partidazo dos nenos do Villestro que dende o inicio foron a polo partido e dominaron a un forte Sporting, que se veu un pouco abaixo co segundo gol recibido. Felicidades aos nenos do Villestro e técnicos, que fixeron unha temporada excepcional, e agora reciben a recompensa. Por suposto, parabéns tamén aos nenos do Sporting e que teñan moita sorte na promoción. 11 May 2013, 13:59 85.35
Tes razón carreiro, deberían xogar á mesma hora. Tanto o Villestro como o Sálvora estiveron toda a liga moi igualados na clasificación e os dous fixeron méritos para estar na fase de ascenso, pero solo un pode estar. Mañá temos que ir a por todas á Estrada e gañar o partido. No partido de ida o partido estivo moi igualado e incluso tivemos ocasións de gañar o partido, por iso que temos que ir confiados de que podemos facelo ¡Vaaaamos Villestro! 10 May 2013, 10:17 58.72
Este partido estivo moi disputado ata o final. Moita loita e pelea pero pouco xogo. Na primeira parte, con varios tiros ao pao, o Villestro estivo moi desacertado de cara ao gol. Pola contra, o Noia tivo unha gran efectividade aproveitando case todas as oportunidades. En canto ao árbitro, tivo errores, efectivamente, pero tamén os tivo a favor do Noia, xa que un dos goles do Noia foi en clarísimo fóra de xogo. 05 May 2013, 12:29 -19.58
Foi un partido moi disputado. Na primeira parte dominou o Milla que se foi ao descanso 2-0. Na segunda parte o Villestro peleou moito máis e dominou apretando o marcador 2-1 con un golazo de Alvaro, e tendo unha ocasión clarísima de empatar que non aproveitamos. No último minuto, o Milla pechou o resultado. Hoxe o Villestro tiña a baixa importante de David, o noso mediocentro, por lesión, agardemos que xa poida estar para o próximo partido. Parabéns aos nenos do Milla pola victoria e aos do Villestro porque pelearon ata o final por conseguir un resultado positivo. 27 Abr 2013, 17:31 11.46
Parabéns aos nenos do Villestro que o están facendo fenomenal. Sobre o partido non podo opinar porque non estuven en Cacheiras, pero o empate do Sálvora fai que collamos un par de puntos de diferencia. 07 Abr 2013, 01:55 11.61
Boa primeira parte do Villestro pechando moi pronto o partido ante un rival moi inferior. Na segunda parte o xogo xa foi máis aburrido pero é normal estaba todo decidido e a chuvia e o forte vento tampouco axudaba. Felicidades aos nenos do Villestro. 09 Mar 2013, 16:04 11.66
Vamos Villestro! non nos podemos confiar da clasificación, e temos que sair neste partido a tope, xa vimos na xornada anterior o que lle pasou a algún dos equipos da parte alta 07 Mar 2013, 11:27 -14.80
O Cacheiras non llo porá fácil a un Amio que parece que perde algo de forza. 03 Mar 2013, 12:11 11.66
Importante victoria para o Son para continuar na loita por saír do descenso. Favoreceulle tamén que perdera o Dubra. 03 Mar 2013, 12:08 11.66
Sí, unha das sorpresas desta fin de semana. 03 Mar 2013, 12:04 47.44