Solicitar jugadores del

Los jugadores del equipo pueden ser creados por los administradores del club, del equipo y/o de la liga. Si no eres ninguno de estos, solícitanos los jugadores que necesites.

Avisar de información errónea

¿Algún dato equivocado en el partido? Indícanos el problema y trataremos de resolverlo cuanto antes.

Debes loguearte para insertar un nuevo comentario. ¿No tienes cuenta? Regístrate gratis

4 comentarios publicados

the_boss 21 Abr, 18:18
Denunciar

Acabo de leer que o abanqueiro merece subir? Merece subir un equipo que non xoga a nada que leva toda a liga con un cerismo e axudas arbitrales e non sei o que estara ofrecendo pero xa se empeza a falar tanto contra o artes como contra o carreira, unha vergonza ascender asi, invidia lles deberia dar do xogo do sar ou porto do son e que pouco interes por parte de carreira e artes, convenlles mais na fase o sar ou o abanqueiro? Esa e a miña duda... Porque si o sar vai a fase e o equipo que ascende 100%
11.72  

Siguetuliga 21 Abr, 03:40
Denunciar

Puntos para LigaFan calculados: LigaFan
500.00  

adolftaker 16 Abr, 13:12
Denunciar

Nin me vai nin me ven sinceramente o que suba, que o faga quen o merezca. Máis ben é un aviso porque aquel invencible Son que foi o último equipo en colleitar a súa primeira derrota nesta liga perdeu co Carreira que levaba só 2 suplentes e un porteiro que é xogador de campo. A partir de ahí con esa derrota e un par de empates entre medias veuse a remolque de Sar e Abanqueiro ca estocada final en Extramundi.

De feito o Sar sudou nos 2 partidos contra eles. En Extramundi 5-3 e parece ser que de maneira bastante polémica e na Guía 2-3, remontando un 2-1 e metendo o da victoria nos últimos minutos de encontro.

O Abanqueiro ten un fin de liga difícil e si saca os 3 encontros (contando que un deles xa o sacou como foi o do Artes na Fieiteira) é máis que xusto campeón. De feito o meu punto de vista e o que creo que vai pasar é que non vai fallar ningún dos 2, pero o Carreira cun plantel e convocatorias bastante xustas está dando o callo e de qué maneira.

Calqueira dos 2 merecerá ascender e por 2 vías Ben distintas: o Sar por ter 2 xogadores (xunto co traballo de equipo) que lle meteron máis da metade dos goles que levan en liga e o Abanqueiro por encaixar menos goles que partidos disputados, mérito de Jorge o porteiro habitual do Abanqueiro e o traballo tamén do equipo xunto cos goles de Óscar e compañía. No enfrentamento directo entre eles ambos levaron un partido (polo que lein na crónica do partido de Vista Alegre o Abanqueiro non mereceu perder aquel partido) pero a fin de contas os resultados para ben ou mal son os que mandan.

O dito: Eu penso que haberá un gran final de liga con ese Porto do Son - Abanqueiro que vai ser emocionante para calquera que lle guste este deporte. De Sar ou Abanqueiro pois quen o leve será máis que xusto campeón.
Editado 16 Abr, 16:21 999.99  

TodoFutbol 16 Abr, 11:33
Denunciar

Como se nota que prefires que ascenda o Sar. Entendible pensando en que é un viaxe moito mais largo
10.77  

adolftaker 15 Abr, 22:20
Denunciar

Partido que pode dar un ascenso con bastante pensamento en Extramundi.

Abanqueiro e Carreira disputan un partido clave para decidir (ou non) o equipo que ascenderá directo e xogará o ano que ven con todas as da lei en Segunda Autonómica.

O Abanqueiro salvou unha papeleta moi moi complicada na súa visita á Fieiteira ante o Artes. 0-2 dun campo onde non escaparon moitos puntos. Cimentaron o triunfo nunha das súas armas principales que é o non encaixar e onde acabarán como o conxunto menos goleado cun Jorge Maroñas que pechou o candado en gran parte dos encontros da tempada e tamén con algunha participación de Yago Araujo aínda que o primeiro xogou a meirande parte dos encontros. O outro punto importante foi ter un bo ataque onde Óscar con 16 tantos destacou pero marcaron bastantes efectivos do equipo como Jano, Raúl ou Alex Places.

O Carreira certificou na última xornada a súa presenza na fase de ascenso. Victoria 5-2 ante o Lousame que tivo que remontar un 1-2 pero o Carreira é impredecible e un peligro en calquera momento. Tendencia moi similar á do ano pasado: unha primeira volta reguleira pero unha segunda impresionante e neste ano máis meritorio si cabe ca desbandada de principio de tempada que non auguraba nada bo pero confirmaron a plaza na fase de ascenso. Esperemos que non se vexan máis mermados xa que o ano pasado perderon moitos efectivos nese momento clave e caeron ante o Noia Cruido.

As cábalas detalladas quitando ó CD Sar que xoga o seu último partido de liga faranse na última xornada aquí nestas liñas, pero resumindo: a opción de proclamarse campeón do Abanqueiro pasa principalmente porque non gañe o CD Sar. Si os laranxas gañan e o Sar non o fai teremos título e ascenso para os de Boiro a falta dunha xornada. Sinon todo quedará para o definitivo Porto do Son - Abanqueiro da semana que ven.

Ollo que non todo está feito e o Carreira abriulle unha hemorraxia a aquel invencible Porto do Son alá non fai tanto no momento menos predecible e iso trastocou a liga. Así que o Abanqueiro debe estar totalmente a tope para evitar sorpresas e, no peor dos casos, xogarse o ascenso no Son.

Pronóstico: 1X2.
Editado 16 Abr, 00:06 999.99