Comentarios de analizatormen

Comentario Fecha Karma
Acadado o primeiro posto, e ascendidos, noraboa, non quedaría mal acabar a fase de ascenso cun pleno de vitorias. Xa veremos como estarán de ímpeto os xogadores tendo matematicamente o obxectivo. 10 May 2022, 12:05 71.24
Teño que dicir que este Compos-Zona Vella decepcionoume moito. Pensei que tiñan algo mais, ao final, nada. Para isto sacan ao Trazo desta fase, que, visto o visto, penso que houbese feito algo mais. 10 May 2022, 12:04 71.24
Outro partido agónico. Que conste que pensei que quedar a ceros era a mellor opción e, mira por onde, vai o Dubra e a falta de 20 minutos, zas. Despois, todo hai que dicilo, veu vernos Deus e sacamos tres puntos, que si, saben moi ben, pero, insisto, o empate houbese sido o mais xusto. Ao final tres puntos e mais lideres. A mellorar Silleda, quedan seis puntos e a primeira. 24 Abr 2022, 21:12 71.22
Toca un campo complicado. Toca un rival que está aí na pelexa. O partido de ida non foi que digamos para nada plácido. Certo que nos puxemos por diante con dous goles á media hora pero, a partir de aí, puxémonos espesos e os nosos rivais para arriba. Gañamos, si, pero case quedamos con un punto. Vai tocar loitar e estar concentrados. Veña Silleda, seguro que se pode. 22 Abr 2022, 19:49 71.21
O Silleda ben, o que si é que non se pode encaixar un gol tan cedo. Estou de acordo co que di saludos, esperaba algo mais do Zona. Por agora a cousa pinta ben. Primeiros. Ben Silleda, a seguir así. 03 Abr 2022, 22:56 71.19
Pois o Silleda, mirade por onde, está a piques de xogar ascenso. Iso si, non pode fallar neste partido. Tampouco pode fallar no da próxima semana. Veña Silleda, falta pouco para estar en primeira. A darlle o último arreón a isto. 10 Mar 2022, 13:01 570.33
Resultado contundente. O Ulla, moi moi baixos de xogo. Paréceme que o mellor resumo sería; partido anecdótico. 20 Feb 2022, 19:51 505.19
Por suposto que nesta categoría non hai PSG, nin Barça, nin Celta, pero estas categorías teñen que existir si ou si. Porque se falamos de calidade de xogo, pois pecha isto e que só xoguen a partir de primeira federación. 18 Feb 2022, 22:58 8.59
A ver si despois da semana de descanso volvemos aos niveis de xogo bos e, a maiores, ver si soa a campá, xa que o partido que ten que disputar o Estradense non vai ser dos fáciles. Veña Silleda, primeiro os tres puntos e despois a ver que pasa. 18 Feb 2022, 13:31 8.59
A ver se acabamos ben. No descanso 2-0. 06 Feb 2022, 17:47 8.56
Dinme que o partido do Rodeiro é mañá. Pois iso, corrixido, Polo demais, queda igual o comentario. 05 Feb 2022, 18:17 503.34
Primeiro veremos como queda o partido desta tarde. Se o Rodeiro gaña, vai apertar do lindo. E despois, nós, a ver como resolvemos este partido, porque, visto o visto, estamos moi moi espesos. Veña Silleda, hai que manter o tipo. 05 Feb 2022, 15:03 8.56
Media hora para esquecer... e o resto, deixémolo en anecdótico. Nada que obxectar ao resultado. E para a semana un rival que vén subindo con creces e mérito. A ver se volvemos o rumbo, porque en caso contrario véxoo mal. Faltan 7 xornadas e quen se descoide vaino sentir. 31 Ene 2022, 10:56 565.61
Encontro complicado. Nesta xornada está en liza o primeiro posto entre tres equipos. E non nos esquezamos que o Estradense ten un partido menos. Vital traernos os tres puntos. Vamos esquecernos do partido anterior e centrarnos neste. Imos Silleda. 26 Ene 2022, 11:41 564.90
Pois nada, non fomos quen de poder sacar o partido. Un gol aos 15 minutos afundiunos. Mira que non tivemos para, polo menos, empatar. Para a semana un rival que nos pode sacar os colores. no partido de ida comezamos perdendo para o final levar os tres puntos. Xa veremos como nos vai. Como non esteamos mellores que hoxe, non sei. Vamos Silleda, ánimo, aínda seguimos primeiros. 23 Ene 2022, 20:30 564.36
A ver si neste partido non nós pasa como co anterior, e somos capaces de arrincar e terminar sen problemas. Imos Silleda, que os tres puntos teñen que quedar en casa. 21 Ene 2022, 14:31 71.08
E que dean grazas os de Silleda polo resultado. 16 Ene 2022, 18:41 8.54
Dúas cousiñas, unha, árbitro deses que se lles di; "quere ser o protagonista e termina leándoa". Vaia actuación arbitral. Mala e pésima para os dous equipos. E non é o primeiro desta guisa. A outra, non hai escusa, nin expulsión nin gaitas, partido encarrilado e, menos mal que quedou en empate, porque o cheguei a ver mal. Dentro do malo, líderes, iso si, hai que esperar ao que fai o Estradense. Pero o dito, líderes. Esperemos que para a semana cambiemos os modos e repitamos a senda dos tres puntos. 10 Ene 2022, 19:36 71.00
Toca xogar cun rival correúdo. E, si como me comentaron, que a fin de semana pasada custou traernos os tres puntos, esta xornada toca aguzar para seguir coa tirada de quedarnos cos tres puntos. 15 Dic 2021, 17:14 70.94
Está ben isto de poñer o partido o sábado. Aprovéitase a ponte mellor. O que non sei é porque o outro grupo non xoga esta xornada, son mais especiais ou que... Ao noso, o Silleda a por os tres puntos. E, atención, comezando xa desde o principio como na segunda parte do partido anterior. Hai que empezar con todo, senón despois pasa o que pasa e, lamentámonos. Veña Silleda, a por todas. 01 Dic 2021, 11:35 584.71