| O Noia equipo moi irregular, ten un equipo que non termina de encaixar e facer mellores partidos, leva un bo chasco no anterior partido, iso si, cun dos rivais fortes. O Santiago está a presentar un xogo moi irregular nestos últimos partidos, inclusive indo moi xustos de xogadores nalgúns deles, o anterior partido saca algo grazas a que o rival relaxouse, quizais, demais. Pode que neste partido os tres puntos marchen fóra.
|
14 Abr 2016, 17:57 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| O Cordeiro non está a manter, e facer, un bo xogo, sobre todo cara ao final dos mesmos, o anterior o gaña dunha maneira contundente, iso si o rival pouca fronte fixo. O Puebla vén facendo partidos interesantes, que como xa comentei anteriormente fáltalle algo para terminar de sacar mellores resultados. Pode que os tres puntos marchen fóra.
|
14 Abr 2016, 17:56 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| Dous equipos que comezaron a mellorar o seu xogo pero que só un mantén esa mellora. O Fátima vén realizando uns partidos moi bos nestas últimas xornadas, obtendo os réditos que merecen, aínda que no anterior encontro custoulle un pouco, é mais, case non o leva, iso si demostrando que a melloría que está a mostrar dende algunhas xornadas é indubidable. O Cacheiras desinchouse, leva dous partidos nos que fixo augas por todas as liñas, sobre todo na defensiva, perdéndoos sen que poidan esgrimir escusa ningunha. Parece que se lesionou de importancia un xogador. Neste partido e vista a regularidade mostrada polo Fátima tres puntos que quedan na casa.
|
14 Abr 2016, 17:55 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| O Val do Ulla equipo que tenta xogar ao fútbol cunha dinámica de xogo bastante boa, o anterior partido o perde pero parece que con moita polémica e follón. O Peleteiro vén con bastantes altibaixos nos últimos partidos, o anterior o gaña pero diante dun rival moi disperso. Pode ser un empate.
|
14 Abr 2016, 17:55 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| O Abanqueiro agás algunha sorpresa que tivo mantén un xogo moi frouxo. O Bertamiráns segue a manter a liña de bo xogo de comezo de temporada aínda que hai que dicir que moitos rivais melloraron e son capaces de facerlle fronte a estas alturas, non é o caso neste encontro pero haberá que ver os dous últimos. Tres puntos que marchan fóra.
|
14 Abr 2016, 17:54 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| Con meus respectos aos demais partidos, este é o partido da xornada. O Dubra vén facendo un xogo notable, mostrándose moi eficaz adiante e moi sólido na defensa, o anterior partido o perde non sen dar batalla, algún que outro comenta que o arbitraxe non estivo fino. O Aguiño está a ter unha especie de paréntese de irregularidade nos últimos encontros. Pode que os tres puntos queden na casa.
|
14 Abr 2016, 17:52 |
-32.64 |
1 |
1 |
+info
|
| O Callobre que parecía que podía presentar novamente o xogo de comezo de temporada non o consegue, perde partidos pola mínima aínda que no anterior levou un pequeno correctivo. O Lalín equipo que xoga ben e que está na pelexa polos ansiados postos de ascenso e que pode ter unha oportunidade neste partido, o anterior o gaña non sen certa polémica, moito follón ao final, con bastantes tarxetas, non só amarelas senón tamén vermellas. Os tres puntos pode que marchen fóra.
|
14 Abr 2016, 17:51 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| O Negreira presenta unha certa melloría, non se pode dicir que sexa espectacular pero si suficiente para facer partidos regulares, vén de gañar o anterior partido, iso si, contra un rival que non fixo nada. O Compostela vén mantendo un xogo bastante irregular, o anterior partido o gaña non sen pasar algún que outro apuro. Os tres puntos deberían marchar fóra.
|
14 Abr 2016, 17:50 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| Bo partido do Conxo e regular partido do local o visto no campo de Santa Isabel.
Incrible como o Conxo se adianta a case nada de comezar o partido, parecía que as dubidas que ten o Santiago no seu xogo saían cedo e lle ían a lastrar o partido. O penalti case na metade da primeira parte, seguramente haberá opinións para todo, así que deixémolo en sinalado e xa está, permítelle o empate ao Santiago, parecía que collía aire o equipo local e así chegan ao descanso.
A segunda parte pódese dicir que ten dúas partes, unha na que o Conxo aperta logrando coller unha vantaxe de dous goles, e outra na que o Conxo, digamos que se relaxa demais, e permite que o Santiago con pouco, e con un xogador menos, logre empatar o partido, e penso que moitas grazas teñen que dar porque o partido debeu ser para o Conxo.
En fin, frío nas gradas e táboas no marcador, con isto un Conxo que acércase á zona nobre da clasificación e o Santiago que vai manterse, case con seguridade, nesta zona, pero non grazas ao xogo desenvolto nos últimos partidos.
|
10 Abr 2016, 15:27 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| Un Compostela en horas baixas, certo que gaña partidos pero non dunha maneira indiscutible, algún deles mais que gañalos é que os perden os rivais. O Dubra vén facendo partidos bastante completos e moi ben xogados, o último encontro fai unha verdadeira mostra de forza. Tres puntos que marchan fóra.
|
07 Abr 2016, 20:30 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| Como veño dicindo o Santiago está a xerar moitas dubidas nos seus últimos partidos, no último deixa escapar o partido téndoo gañado, e menos mal quedar en empate porque se o rival houbese tido un pouco mais de tempo lévalle o partido. Dicir que ía case en cadro, cousa que non se entende moi ben. O Conxo segue a ser un equipo irregular, gaña os partidos pero sen poder dicir dunha maneira moi clara, o último encontro o gaña pero con bastante polémica e inclusive con un pouco de fortuna. Pódese dar o empate neste encontro.
|
07 Abr 2016, 20:30 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| Pois con meus respectos aos demais, o partido da xornada. Dous equipos cun estilo de xogo moi parecido, que traballan ben e teñen as ideas de xogo moi claras, un deles quizais teña o problema da dependencia de algún que outro xogador. O prognostico é complicado, deixémolo en 1X2.
|
07 Abr 2016, 20:28 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| O Puebla equipo traballador pero que non ten a maioría das veces a finalización necesaria para sacarlle mais rendemento aos encontros. O Aguiño vén de ganar o anterior encontro dunha maneira clara, sen embargo os anteriores os perde con rivais que a priori están por debaixo deles, aínda así é un equipo moi físico e que traballa ben. Tres puntos que pode que marchen fóra.
|
07 Abr 2016, 20:28 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| O Peleteiro non sei moi ben que lle pode estar a pasar pero non está ao nivel do comezo da temporada, e os xogadores referencia tampouco están continuamente no equipo, e iso nótase, o anterior partido o perde, non sen certa polémica, pero en fin, o perde, dicir que sen facer un mal xogo. O Noia está a presentar un xogo moi irregular, é capaz de plantarlle cara a equipos dos fortes e despois ter unha baixada con outros equipos, perde o anterior partido por non aproveitar as oportunidades que tivo. Tres puntos que deberían quedar no colexio.
|
07 Abr 2016, 20:27 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| O Cordeiro vén de perder o seu anterior partido por non poñer mais no campo, e iso que o rival xogou con 10 toda a segunda parte, de poñer un chisquiño mais polo menos houbese empatado o encontro. O Abanqueiro continúa seus problemas de actitude, unha das tarxetas foi sen sequera empezar, logrou saír cun empate sen goles. Pode quedar en táboas.
|
07 Abr 2016, 20:26 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| Outro partido interesante, dous equipos que vén tendo unha melloría considerable, sobre todo o Fátima. O Bastavales gaña o anterior encontro ante un rival que lle complicou un pouco o xogo. O Fátima vén de empatar, case se pode dicir remontar, o seu último encontro diante dun bo rival. Pode ser que os tres puntos marchen fóra.
|
07 Abr 2016, 20:23 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| Pois partido interesante, dous equipos que parecía que viñan en unha franca subida pero que nos seus anteriores encontros foron freados. O Cacheiras perde o anterior encontro dunha maneira indiscutible, sen escusas. O Negreira tamén perde o seu encontro, pero neste caso poñendo un pouco mais de xogo. Aínda o tropezo do Cacheiras os tres puntos deberían quedar en casa.
|
07 Abr 2016, 20:22 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| Un Bertamiráns que novamente está a facer, no anterior encontro aínda que empezaron perdendo fixeron un bo partido logrando unha moi boa remontada. O Callobre vén de gañar o anterior partido tendo que xogalo con inferioridade toda a segunda parte, iso si, a partires do único gol cerráronse e soamente á contra. Desta os tres puntos deberían quedar en casa.
|
07 Abr 2016, 20:22 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| Os dous tentarán mellorar as súas posicións na táboa de clasificación. O Abanqueiro despois das tarxetas levadas no anterior partido non sei se dispoñerá de tódolos efectivos e o Puebla no anterior encontro non estivo moi fino. Pode quedar en empate este partido.
|
31 Mar 2016, 16:03 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| Posiblemente o partido da xornada, os dous veñen de gañar os seus anteriores encontros, aínda que non dunha maneira incontestable. Desta o Bertamiráns vai dispoñer de xogadores que non puideron estar no anterior encontro, tres puntos que pode que marchen fóra.
|
31 Mar 2016, 16:02 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|