Comentarios de analizatormen

Comentario Fecha Karma
Partido malo no co Cacheiras levouse os tres puntos xustamente. Este partido mais que fútbol parecía tenis, dunha área a outra continuamente. Do Cacheiras resaltar o seu porteiro que librou un gol moi claro e o lateral dereito que desbaratou case tódalas xogadas pola súa banda, do Dubra a banda esquerda que traballou moi ben pero que topaba co lateral dereito do Cacheiras que lles acababa o xogo. Un punto negativo neste partido foi o xogo de faltas practicado polo Dubra, patadas nos nocellos, empurróns continuos, coller os xogadores cando arrancaban en carreira, penso que este equipo ten un bo xogo sen ter que utilizar estas malas mañas. O outro punto negativo, o árbitro, incriblemente malo, tanto para uns como para outros, pero que no computo total fixo mais dano o Cacheiras. Sacou tarxetas sen sentido nin pauta, a mais polémica foi a vermella que lle sacou o medio do Cacheiras, por certo xusta, pero que non tivo a súa réplica no xogador do Dubra que comezou o problema cunha falta clamorosa de tarxeta. Definitivamente non sei como o colexio de árbitros e a federación permiten que elementos como este poidan arbitrar partidos. De vez en cando estes organismos deberían darse unha volta polos campos e observar como realizan o traballo estes “señores”. Os clubes tamén deberían poñer o grito no ceo, e enviar escritos queixándose das lamentables actuacións que realizan. Noraboa o Cacheiras polos tres puntos e o Dubra penso que non vai ter problemas en manter a categoría. 08 Dic 2012, 20:54 64.97
Partido malo pero cun resultado xusto. O Cacheiras levou o partido sempre, foi quen creou tódalas ocasións de gol claras, que como sempre perdíanse na dianteira, aínda co dianteiro pequeno fixo o gol da vitoria e sacou unha xogada, que primeira vez co vexo, páselle o balón o chaval pequeno do medio do campo e o tiro non termina en gol, recoñecer que iso o fixo ben pero o resto o de sempre, non solta o balón nin por equivocación. Do dianteiro alto xa mellor non falar, incrible que sequera o saquen a xogar. O medio campo deixémolo en regular, o medio alto non atinaba unha e o outro compañeiro alto moito traballar pero o final nada, o chaval pequeno do medio na súa liña, xogando ben, aínda que hoxe non foi o revulsivo doutros partidos porque o balón era continuamente enviado dunha area a outra, e polo medio algunha que outra vez, e como a colleran os medios altos, hai quedaba o xogo recuperando o balón o Silleda. A defensa segue igual, os centrais mal, de feito na primeira parte case por culpa tanto do central pequeno, como do alto, case puideron marcar os de Silleda, os laterais ben, sobre todo o da dereita que fixo un bo partido. O Silleda non fixo nada, moito correr, moito pase largo buscando o xogador alto, pero non se acercaban con perigo ningunha vez. Soamente ocasionaron problema cando por culpa dos centrais do Cacheiras case lles regalan os goles. Resaltar a defensa do Silleda que fixo un traballo moi serio, logrando co resultado final non tivera algún gol mais para o Cacheiras, no medio campo tiñan un xogador pequeno movendo o balón moi ben e pola esquerda outro xogador moi rápido que quizás foi o mais preocupante en xogo, pero co lateral dereito o controlou moi ben. O arbitro fatal, mal para os dous equipos, perdoou un penalti para cada uns dos equipos, sinalaba faltas estrañas e as claras non, o criterio era diferente para unha mesma xogada dependendo do lado do campo, en fin moi malo. Noraboa o Cacheiras polo resultado xustamente obtido, e o Silleda un equipo que vai dar moita pelexa e de seguro vai estar en postos altos da clasificación. 01 Dic 2012, 22:11 -0.26
Bo partido en xeral, cun resultado xusto e cun árbitro que non o fixo moi ben. O San Marcos un equipo moi equilibrado, xogando bastante ben en tódalas posicións e tentando sacar o balón xogándoo, o problema e que non foron capaces de finalizar as xogadas de ataque, de feito os goles foron a balón parado, que por certo o fan moi ben, sobre todo as xogadas nos saques de esquina. Destacar o xogador co dorsal 11, rapidísimo, que collíalle as costas a defensa do Cacheiras de seguido logrando crear ocasións co final non terminaban. O Cacheiras mellorou no xogo aínda que mantendo o gran problema na dianteira, novamente estes xogadores non son capaces de facer nada, e o egoísmo e impresionante así como a súa incapacidade, o dianteiro pequeno tivo dúas ocasións que chegou ata liña final e nas que o lóxico era buscar os compañeiros que esperaban fronte a portería e nada, esto o resolvo eu e como de costume balón perdido, outro tanto o dianteiro alto, este aínda peor xa que non era capaz de nin sequera acercarse a área. Non entendo como están a xogar de titulares e todo o partido estes dous “dianteiros”, aínda que neste partido cambiou a un, o dianteiro alto, facendo mellor xogo o substituto, o outro dianteiro na segunda parte non daba andado no campo. Na defensa novamente problemas por o mesmo sitio, os centrais, os laterais o fixeron bastante ben, sobre todo o dereito. No medio campo regular tirando a mal, quen se salva da queima e o chavaliño pequeno, bo traballo defensivo e no ofensivo creando xogadas e poñendo balóns incribles que como sempre non ten ninguén na dianteira que sexa capaz de facer algo, o gol do empate foi un gol seu de moi boa execución a pase do substituto do dianteiro alto. Destacar cos goles foron un de penalti e o outro a bo xogada do chavaliño pequeno do medio, co que se pode medir a efectividade dos “dianteiros” do Cacheiras. O árbitro bastante mal, moi impreciso e moi pouco criterio, unha falta a indicaba nun lado e a mesma para o outro non era, o final malo para os dous pero o resultado non foi influído por el. Noraboa o Cacheiras e o San Marcos por este puntiño, de seguir así os dous equipos van estar na parte alta da clasificación sen problemas. 25 Nov 2012, 18:41 -9.84
Novamente a sorte de cara co Cacheiras, tres puntos que ven se pode dicir cos regalou o Cordeiro cos dous goles en proia porta que lle brindaron. Resumindo Cordeiro 4 goles (dous en propia porta) Cacheiras 1 gol. O Cordeiro un equipo moi frouxo aínda que traballando mais o menos ben o bloque colectivo. En tódalas liñas tiñan problemas, defensa, medio e dianteira, aínda que notándose algún que outro xogador, un do medio que daba movido o balón, un chaval que entraba polo banda esquerda ben e algún outro que tentaba facer algunha xogada e defendendo con mais o menos criterio, na defensa pódese dicir ben, soamente que nalgunhas ocasións pouco atentos, e eso pódese pagar caro, de feito os goles foron por despistes, o terceiro gol unha cabezada que debía ser mais contundente pero para o lado contrario, e o primeiro outro despiste que non da chegado ben para despexar contundentemente e vai cara a portería, vamos dous regalos, e no segundo deixan so o xogador. Arriba perdoaron un balón que era gol cantado, pero foi por fora, non teñen quen sexa capaz de rematar con acerto. O Cacheiras a imaxe de sempre, a dianteira nada de nada, aínda que hoxe faltaba un dos habituais, no seu sitio xogou un chaval pequeno que non o fixo moi mal, polo menos esforzábase en pelexar tanto en ataque como cando había que defender, que xa e moito comparado co outro, os outros dous o de sempre, negados, perdendo balóns, non axudando o equipo, e o de defender non e con eles nin por equivocación. No medio campo os dous xogadores grandes de pena, fatal, aínda cun deles meteu un gol por que cadrou estar polo sitio e non lle ofreceron resistencia, e o chavaliño pequeno do medio novamente o mellor con diferencia, soamente o esforzo que fai para cubrir a desfeita dos seus dous compañeiros do medio e a dos dianteiros xa lle da un sobresaliente alto, e iso que despois o cambiou para adiante, xogando con 4 arriba, que foi rematar para mal o medio campo, da a sensación co adestrador non sabe que facer cos dianteiros e intenta compensar subindo o chavaliño, co fixo moi ben. Na defensa regular, o lateral dereito non era capaz de deter o xogador que entraba sempre por esa banda o esquerdo ben, de feito o gol sae dunha xogada súa, os centrais un de cal e outro de area, o pequeno bastante ben, o grande novamente deixando o listón moi baixo, de feito o primeiro gol e motivado por unha indecisión súa e sen moito acerto noutras xogadas, o segundo gol do Cordeiro e un regalo da defensa, e menos mal que o Cordeiro non lle deu por chuchar firmemente que si non seguro que algún goliño mais lle cae. Noraboa o Cacheiras por estes 3 puntos, conseguidos con moita sorte, e que debe comezar a formularse outro tipo de xogo e de equipo, que teña en conta co próximo partido xoga contra un equipo que está a dar moita pelexa, o San Marcos, e que de xogar como hoxe non terian doado sacar algo positivo; o Cordeiro en xeral pode manterse no medio da clasificación, para estar nos 5 primeiros postos vai ter que mellorar moito, moitísimo, o equipo e xogadores. 17 Nov 2012, 19:30 111.66
Partido sen moita transcendencia no co Cacheiras levouse os tres puntos sen problemas. O At.Oleiros ten un equipo normaliño, tirando a frouxo na defensa, como os chuches un pouco alí van. Non sei se lle faltarían xogadores porque se o equipo que pasou polo campo de Cacheiras e o habitual vai a ter que traballar moito para manterse no medio da táboa. Resaltar o traballo dos xogadores do medio campo que eran os que levaron case todo o peso do partido. O Cacheiras na súa liña habitual, os dianteiros nada de nada, aínda que un deles fixera tres goles, o de sempre, son eles os “amos” e o resto do equipo que traballe para eles, e como sempre non son capaces de facer nada nin de culminar nada. A defensa estivo ben, no como no anterior partido que foi un desastre, o porteiro neste partido tivo a sorte de cara xa que en tres fallos de sacar o balón case puido custarlle algún gol. O medio do campo regular, agás o chavaliño, o dorsal 6, que como ven sendo habitual o mellor do equipo, traballa para o equipo e polo equipo, dous goles foron asistencias súas, unha delas impresionante, sen contar con todas as demais nas que a dianteira encárgase de esnaquizalas, varias chegadas a área con moito perigo, e como defensa no medio cortou moitas xogadas de primeira, que parece que non pero descarga moito a defensa e permite comezar xogadas de ataque mais preto da área contraria. O arbitro non estivo moi acertado, o penalti soamente o viu el, así como algún fora de xogo para os dous equipos, de resto non tivo traballo, agás a que montou o dianteiro do Cacheiras. Resaltar o bo facer dos dous equipos que fixeron un xogo moi limpo. Noraboa o Cacheiras por estes tres puntiños e o At.Oleiros que siga traballando que de seguro obterá bos resultados. 11 Nov 2012, 20:26 -42.19
Resumindo, resultado xusto, o Villestro fixo un punto mais de esforzo e levouse o partido, o Cacheiras o peor partido con diferencia hasta agora. O Cacheiras fatal, o porteiro hoxe non deu ningunha, corrixo, soamente a parada do penalti, de resto hoxe moi mal, algúns dos goles foron infantís, hasta lle meteron un gol polo seu pao, a defensa non existiu, soamente o central mais pequeno fixo algo, aínda que dous goles foron despistes seus, no medio campo soamente un xogador, o chavaliño de sempre, que lamentablemente faltando uns vinte minutos houbo de ser cambiado por unha presumible lesión, a partires de hai xa non había quen lle puxera freo o Villestro, de feito gañaron o partido a partir da saída deste xogador, na dianteira o de sempre, non fan nada, nin ofensivamente nin defensivamente, porque parece que estes xogadores non teñen que axudar o equipo despois das seus fallos clamorosos, ben por egoísmo o ben por non ter mais capacidade, aínda que fixeron algún gol o certo e que estes tres xogadores se os deixas sentados non se notaria que non están, quizais o mellor melloraría a proposta ofensiva. O Villestro cun dianteiro inconmensurable que levou o partido el solo, foi capaz de levarse por diante a defensa el soliño, metendo goles ou deixando o balón os compañeiros mellor situados (a dianteira do Cacheiras podería fixarse en como se xoga arriba fixándose neste xogador), na defensa moi ben, sobre todo o central, o resto do equipo normal, pero cun xogo en equipo e un punto de esforzo que os levou a gañar o partido. O único resaltar as continuas caidas dos xogadores do Villestro no campo por calquera cousa, co so fin de que pasara o tempo xa que cando ían por abaixo no marcador ningún dos xogadores do Villestro caia sen embargo cando as cousas ían co vantaxe para eles o terreo de xogo era unha excelente escusa para rañar algo de tempo o seu favor. O arbitro tirando a mal, no penalti non sei que puido ver por que de ser falta foi do atacante, pero non tivo que ver no resultado final. Posiblemente foi moi comedido co dianteiro do Cacheiras, que non sei que lle pasou, pero o certo e que tivo sorte co arbitro xa que posiblemente con outro non lle houbera perdoado a tarxeta vermella. Para terminar, punto negativo a aficion do Villestro, excesivamente faltóns chegando a meterse co adestrador do Cacheiras. Noraboa o Villestro por este resultado e dicirlles que de xogar deste xeito van a mellorar moito na liga, de feito non sei como están na clasificación tan baixo porque equipo teñen para estar mais arriba, e o Cacheiras o espabila e empeza a facer algo cos xogadores de diante o van ter problemas, a semana que ven teñen un equipo que lles vai a dar traballo. 03 Nov 2012, 21:38 191.60
Partido regular no co resultado mais xusto debería ser un empate a ceros. O final con unha boa doses de sorte o Cacheiras sacou os 3 puntos con dous goles case o final do partido, mais por os dous únicos despistes da defensa do Noia que por méritos do xogo do Cacheiras. No Cacheiras como non esperten algún dos xogadores tanto no ataque como na defensa vai ter problemas, non para descender pero si para estar nos postos altos da clasificación. O Cacheiras como ven sendo habitual ata o medio campo ben, na dianteira nada de nada, danlle balóns a feixe e non son capaces de facer nada, e como sempre o xogo en equipo non vai con eles, e a defender ni por equivocación aínda que o balón o perdan eles por seu individualismo e pouco xogo colectivo. Indicar que o mellor xogo do Cacheiras e cando o balón xogase e pasa polo medio campo, cando empezan a xogar os balóns en largo, “patadón”, nada de nada. Resaltar o chavaliño do medio campo traballando continuamente tanto nos pases, debe dar o 70 por cento de pases, con criterio e acerto, e como primeira liña de defensa así como tentando axudar no ataque, de feito case o final do partido foi capaz de sacar un balón levándose case a toda a defensa e no pase final non había quen o rematara. A defensa moi ben, resaltar o gran traballo do chaval da melena, cubrindo os ocos que deixaban continuamente o central grande e o lateral esquerdo. O final o primeiro gol a balón parado e con a axuda da defensa do Noia en un despiste, e o segundo gol outro despiste da defensa, este mais clamoroso que no primeiro gol, seguramente por estar aínda tratando de dixerir o gol anterior. O Noia un equipo moi serio, con tódolos xogadores facendo as labores que se requiriran, tanto en defensa como en ataque. O único os dous despistes que tiveron na defensa. O Noia e un equipo que traballa moi ben en defensa pero que non ten unha grande calidade no ataque, tivo unha clarísima oportunidade na primeira parte que non foi capaz de materializar. E moi difícil meterlle un gol pero tamén e moi difícil que metan un gol. A defensa inmensa na súa labor, engadir que despois de recuperar o balón tentaban sacar o balón xogando, o medio do campo moi ben no aspecto defensivo pero no ataque fáltalle un punto e arriba pois o dito non ten xogadores que sexan capaces de rematar a faena. Penso que ten equipo de sobra para estar tranquilos nesta liga e como melloren un pouco o tema do ataque vai ser un equipo que va dar moita pelexa. Dicir que algún xogador do Noia pasouse un pouco cos temas das faltas. O arbitro regular, quizais puido ser mais rigoroso cos dous equipos nas faltas “agresivas”, porque perdoou tarxetas clarísimas. Pero en xeral un partido sen maiores problemas. Noraboa o Cacheiras por eses 3 puntiños mais e o Noia felicitalos polo seu xogo e dicirlles que de seguir así estarán tranquilos nesta liga. 15 Oct 2012, 17:02 43.61
E despois din co factor sorte non ten que ver nun partido, co llo digan o Sporting Estrada. Partido anecdótico onde os poñan, cun resultado dos que se di inxusto totalmente. Partido, que salvo os primeiros 15 minutos no co Cacheiras despregou un moi bo xogo, foi totalmente dominado polo Sporting Estrada, e de poder sentenciar o partido en tres ocasións o perderon. O Cacheiras os primeiros 15 minutos fixo un bo xogo, o chavaliño do medio campo creou xogadas ben trenzadas que puideron chegar a bo porto de non ser polo de sempre de este Cacheiras, a dianteira que non solta balón para nada e o perde de seguido, para despois pasar a xogar o patadón perdendo a capacidade de xogo que lle da o Cacheiras o xogo polo medio. Tema aparte o aspecto defensivo, por un lado os “dianteiros” non axudaban nas labores defensivas, quedaban enriba vendo como o medio campo, que digo, o chavaliño de medio campo que facía algo por co resto como se non fora con eles, intentaba frear o xogo. Na defensa un buraco enorme polo central alto e pola banda esquerda polo que entraban balóns sen maiores problemas tanto por arriba como por abaixo. O porteiro na primeira parte varios fallos de despexe e pase de balón do que saíu o primeiro gol do Sporting, cambiou moito na segunda parte, logrando evitar un claro triunfo do Sporting. E que dicir dos cambios, desastroso, a raíz destes cambios o Sporting e capaz de facer moito mais xogo por que non había quen fixera nada, agás o porteiro que salvou par de ocasións resarcíndose dos fallos da primeira parte, e producíndose o gol do Sporting que lle daba a suposta victoria. Suposta porque a 5 minutos para o final do partido dúas faltas o borde da area executadas polo central alto, que grazas a elas pode resarcirse algo do negado que estivo na defensa, e ca axuda do porteiro que non cubriu o pao correcto, fai co Cacheiras gane o partido. O Sporting un bo equipo, con moi bo criterio no xogo e con tres xogadores que o fan moi ben, mención aparte o dorsal 7, un xogador moi rápido e habilidoso que descoloca a calquera equipo pola esquerda. O capitán un xogador que coloca ben o equipo e esta continuamente dando instruccións, o medio campo moi sólido tentando ser a primeira liña de defensa para lograr un acercamento a área rival mais rápido, a defensa moi seria, os 3 goles do Cacheiras non foron de xogada. A dianteira do mais frouxo do equipo. No seu xogo usan moi ben as bandas facendo xogada no medio campo para chegar en dous ou tres pases a area rival. O único e que no seu estilo de xogo abundan as pequenas e continuas faltas, uso dos codos continuamente, patadiñas moi precisas, que parece que non pero van desmoralizando e cansando o adversario, e se a maiores o arbitro non fai por velas pois quedan como si nada. Mención aparte un grupo de “elementos” que na segunda parte estiveron a faltar e insultar os xogadores da defensa do Cacheiras continuamente, o peor do asunto e que debía estar a metade de persoal afín o Sporting cerca deles e non lle dicían absolutamente nada, e iso que estaban o lado deles. En fin unha pena, porque despois encéndense cando un árbitro equivócase nunha xogada. Por certo o árbitro perdoou moitísimo o Sporting, e certamente algunha o Cacheiras tamén. En xeral o arbitraxe non foi do mellor. Noraboa o Cacheiras por os 3 puntos obtidos e o Sporting adiante que ten equipo para estar en postos altos. 08 Oct 2012, 11:56 36.49
Bo partido, a diferencia estivo mais no físico que no xogo, e novamente na dianteira do Cacheiras que non da pe con bola. De non ser por unha falta feita da maneira mais inxenua e executada moi ben o resultado de 0-0 non houbera sido moi inxusto. O Oroso ten un conxunto de xogadores bo, que xoga o balón e aproveita moi ben o físico que ten, pero non ten unha superioridade impresionante nin apisoante. A pouco que estes metido no partido pódese controlalos. E un equipo que intenta aproveitar tódalas xogadas, ben de maneira colectiva ou cando e necesario de forma individual. O Cacheiras fixo un partido serio, dende a defensa ata o medio do campo, de feito o porteiro soamente tivo que intervir en dúas ou tres xogadas, agás o gol que foi unha falta moi ben executada. E digo ata o medio do campo porque a dianteira non baixa a axudar na defensa nunca, e na parte ofensiva o de sempre, non xogan en equipo, xogan cun individualismo impresionante non sendo capaces de irse dos defensas, resultado, perda do balón sempre, facendo que o equipo que esta en labores ofensivas teña que recuar rapidamente, menos eles, para desenvolver os roles defensivos. O arbitro non influíu, como sempre algunha posible equivocacións sen maiores consecuencias, A nivel de xogadores moi ben, sen xogadas bruscas, unicamente xogo forte e que non e o mesmo que xogar con faltas. Noraboa o Oroso polo resultado e o Cacheiras penso que co equipo que ten en defensa e no medio campo vai a dar pelexa, peniña da dianteira, que cos balóns que lles pon o chavaliño do medio campo podían ter polo menos 5 o 6 goles mais, e quizais non haber perdido este partido. 01 Oct 2012, 13:04 111.30
Partido no co Cacheiras ten que darlle grazas as grandes accións do seu porteiro e o inmenso desacerto do seu dianteiro, porque senón puideron ser 4 ou 5 goles mais a favor do Bastavales. O empate e un resultado que non reflexa a realidade do partido. O Cacheiras na defensa estivo moi desacertado, o dianteiro do Bastavales entraba como quería, tanto polas bandas como polo centro, de feito o gol do Bastavales sae dun fallo defensivo clamoroso. Dicir co Bastavales, salvo o dianteiro, non aporta moito mais, un xogo claramente buscando a este xogador e polo demais a esperar o balón atrás cos 9 xogadores restantes. No Cacheiras, como ven sendo habitual, os seus dianteiros perden tódolos balóns que reciben, non xogan en equipo, queren facer todo eles e non son capaces de manter o balón, moitas xogadas con pasala o compañeiro que ten enfronte estiveran solventadas. Outro problema e cando o balón non pasa polo medio, xa non hai xogo de nada a defensa “patadón” para arriba e os dianteiros a perder o balón continuamente, cando o balón pasa polo medio e cando se crean moitas ocasións de gol, que despois as perden os dianteiros por non continuar o xogo en equipo. Hai que mencionar cos ultimo 10 ou 15 minutos do partido o Cacheiras chuchou un pouco mais, case chegando a meter un gol, pero non houbo mais. O arbitro ben, o mellor algún fora de xogo mal sentenciado pero non influíu en nada no partido. En canto os xogadores ben no campo sen faltas perigosas e sen xogo mal intencionado. En fin noraboa os dous equipos polo resultado acadado. 23 Sep 2012, 13:52 20.23
Non hai moito que dicir, o partido en todo momento levouno sen maiores problemas o Cacheiras, o Unión pouco facía para evitar co xogo do Cacheiras acabara en gol, que dito sexa de paso puideron ser algúns mais, pero os postes ou irse por fora por pouco e como sempre as moitas individualidades de xogo dianteiro que acababan por perder o balón axudaron a que non fora dese xeito. Penso co punto mais débil do Unión sexa a defensa. Resaltar o bo comportamento no campo do Unión, en ningún momento fixo xogo forte ou con intención de facer mal. O único o xogador do Unión expulsado por utilizar expresións malsoantes para o árbitro. 17 Sep 2012, 14:59 113.28
Estou con “parajo”, o partido tivo dous momentos, a primeira parte, na co Cacheiras moveu ben o balón, creou ocasións, que por certo si adiante se xogara mais en equipo seguramente houberan sido polo menos dous ou tres goles mais, o medio de campo metendo balóns moi ben e defendendo na primeira liña. A segunda parte, o Puebla saíu con aires novos, mais metidos, e notouse, estiveron chuchando continuamente aproveitando os balóns enviados de primeira, e de non ser polo porteiro do Cacheiras algún goliño mais puido entrarlles, e o Cacheiras entrou no seu xogo, tamén balóns a primeira buscando os dianteiros e nada, poucos balóns polo medio, moitísimo menos que na primeira parte, e eso notouse. Sobre o arbitro nin fu nin fa, aceptable na primeira parte e na segunda baixou moito, pero non tivo que ver no resultado final. Noraboa o Cacheiras por eses 3 puntos mais e o Puebla penso que ten equipo para estar en posicións altas da clasificación. 10 Sep 2012, 19:38 72.91
E quen e o adestrador? Por que imaxino que tan bo nivel de xogo deberase a un bo nivel de xogadores e o bo tento do adestrador. 08 Sep 2012, 20:20 1.97
Partido sen complicacións para o Cacheiras, pero non polo bo xogo senón por que O Pino non daba para mais. O Cacheiras en xeral moi irregular, por dicilo suavemente, o bo xogo dalgúns xogadores (sobre todo do medio e laterais) víase esnaquizado polo non moi bo xogo do resto de xogadores, a partires dos cambios a cousa foi a peor, e certo que se fixeron par de goles mais pero non por calidade senón por que O Pino xa non daba para mais, un expulsado, un so cambio e co porteiro deles lesionado case toda a segunda metade. Mención aparte o arbitraxe, nefasto, o peor a expulsión dos xogadores tanto do Cacheiras como de O Pino por unha xogada que como moito podería ser tarxeta amarela para o xogador de O Pino. Noraboa o Cacheiras por este primeiro resultado positivo e O Pino que reforce o equipo senón vai pasar moitos problemas nesta liga. 03 Sep 2012, 14:00 60.04
Resultado Cacheiras 2 - 2 Dubra, pasa a final o Cacheiras. Custoulle un mundo o Cacheiras que chegou a ir perdendo 0-2 pero lograron empatar o partido e aínda tiveron dúas ocasións para dous goles mais. Recoñecer o esforzo dos dous equipos co calor que facía. O Cacheiras xogou un partido moi espeso, algúns xogadores parecían non estar no campo, e as solucións viñan sempre dos mesmos xogadores, dende o medio campo o numero 8 e pola banda dereita dun cativo pequeno que xogou no segundo tempo. O Dubra xogou un partido moi digno, loitando durante todo o encontro, poñendo mais vontade e non dando por perdido ningún balón. En fin felicitacións o Cacheiras polo pase a final e esperemos que xogue mellor que hoxe, e animo os xogadores do Dubra polo bo partido feito. 23 Jun 2012, 21:05 11.36
E logo que pasou para dicir co Xuventude de Oroso non respectou o rival. O Xuventude de Oroso non e un equipo do que se poida dicir que sexa barulleiro, xogan bastante ben, quedaron bastante ben na liga de Santiago, en liga galega quedaron na metade da táboa, polo que o comentario non deixa de ser estraño senón se explica mellor. 18 Jun 2012, 17:14 11.37
Bo partido do Cacheiras deixando fora do campo o Rois, con moitas ocasións de gol nas co porteiro do Rois mostrou moito acerto, quizás o mellor do equipo, os de Rois non chegaron nin unha soa vez a área do Cacheiras con perigo, soamente dedicáronse a parar o xogo con faltas continuas, algunhas delas rozando o penal. O dos xogadores do Rois non o entendo, ríanse entre eles cando facían unha falta a un xogador e dicían que na próxima vai ser mais forte, non entendo o adestrador permitindo xogar de esta maneira, e do arbitro simplemente penoso, por non utilizar outros cualificativos, este elemento debe ser expulsado do colexio de árbitros. E dos árbitros que saca vermella directa por unha protesta ou observación e sen embargo por unha falta aleivosa, con maldade e intención de facer dano so leva unha amarela, simplemente penoso. Sorte o Cacheiras na súa confrontación contra o Dubra, e que podamos ver bo xogo. 11 Jun 2012, 09:17 33.59
Bo partido, no que puiden ver, xa que cheguei na segunda parte, os dous equipos traballaron ben na defensa e no ataque as cousas estiveron mais a prol do Dubra co do Cordeiro, polo menos baixo a miña opinión, aínda que quizás algunha ocasión estivo mais cerca do Cordeiro, O dos penaltis non deixa de ser unha lotería que pode ter moi bo resultados nun partido e noutro saír o revés. Sorte o Dubra nos próximos partidos, por certo contra o Cacheiras. Antes de vir a ver este partido pasei a ver o do Cacheiras contra o Rois (polo horario de este partido) , bo partido do Cacheiras xogando sempre o balón, tendo moitas ocasións, e penoso o do Rois, o patadón, tanto o balón como os xogadores. Sen comentarios do penoso arbitro, sego sen entender como a federación e o colexio de árbitros deixan arbitrar elementos como este, e que non teñen unha revisión das actuacións arbitrais, este en particular facilmente podía ser denunciado por non cumprir súas funcións, permitindo verdadeiras atrocidades por parte do Rois, sen apreciar nada e no mellor dos casos soamente indicando falta sen sacar tarxeta, e dos árbitros que cren que son deuses e sacan unha vermella directa por unha observación o unha chamada de atención e despois por unha falta aleivosa, con maldade e ganas de facer dano, soamente saca unha tarxeta amarela. En fin espero que algún día sexan avaliados e os manden a casiña. 11 Jun 2012, 09:04 33.46
Imos por partes, primeiro, das por sentado que son do Bertamiráns e nada mais lonxe da realidade, segundo, imaxinei que tendo partido de fase de ascenso o Cordeiro non poñería toda a carne no asador. E lémbroche co Cordeiro non lle ganou ningún partido os dous equipos que mencionas de sexto e sétimo (Cacheiras e Bertamiráns), eso non quita o que dixen noutros apartados deste foro sobre o Cordeiro, un equipo que merece o posto na liga polo seu traballo, esforzo e regularidade. Sinto que non houberades podido culminar a fase de ascenso, espero co do xogador do Dumbria solo fora o susto do golpe, o final o importante son as persoas e non os resultados. 06 Jun 2012, 08:53 44.52
Moi bo partido do Bertamiráns que estivo enriba da area do Cordeiro case que todo o tempo con xogadas e ideas pero non chegaron os goles. O Cordeiro non resolveu mal os balóns (poucos por certo) cos que chegou a área contraria, e na defensa penso que puideron facer un pouco mais, polo menos tentar sacar o balón controlado, porque balón que collían balón que arrebolaban para calquera sitio. En fin sorte o Cordeiro no próximo partido, felicitaciones o Bertamiráns polo excelente partido feito. Por certo Zidane41, este equipo quedou campión na súa liga en Santiago, non e o que xogaba na liga na que participou o Cordeiro. 04 Jun 2012, 08:42 56.26