Comentarios de analizatormen

Comentario Fecha Karma
Partido moi disputado, uns con bo fútbol e outros con esforzo, que mereceu quedar a ceros pero que non desmerece o resultado tampouco. O Cacheiras puxo moito empeño e esforzo no campo, pero mais de corazón que de xogo, lamentablemente nun despiste monumental da defensa chega o único gol do partido. Algúns xogadores non estiveron a altura do que estaba a facer o equipo pero gracias a co resto logrou sacar casta se puido contrarrestar o baixo esforzo e xogo deles. O Victoria un equipo moi ordenado cun nivel de xogo bastante bo e as ideas e xogadas moi claras e o mellor, xogan o balón. Resaltar co equipo era unha unidade xogando todos a un bo nivel. O trío arbitral ben, os xogadores non lle deron problema ningún polo xogo limpo dos dous equipos, agás algunha incidencia totalmente fortuíta. No gol clamaron os de Cacheiras que foi fora de xogo, pode que si e pode que non. Noraboa o Victoria polo resultado e desexarlle o Cacheiras un bo resultado no partido de volta, poñendo o mesmo esforzo e ganas que neste o mellor pódese conseguir algo, animo. 02 Jun 2013, 20:20 8.83
Partido moi disputado, uns con bo fútbol e outros con esforzo, que mereceu quedar a ceros pero que non desmerece o resultado tampouco. O Cacheiras puxo moito empeño e esforzo no campo, pero mais de corazón que de xogo, lamentablemente nun despiste monumental da defensa chega o único gol do partido. Algúns xogadores non estiveron a altura do que estaba a facer o equipo pero gracias a co resto logrou sacar casta se puido contrarrestar o baixo esforzo e xogo deles. O Victoria un equipo moi ordenado cun nivel de xogo bastante bo e as ideas e xogadas moi claras e o mellor, xogan o balón. Resaltar co equipo era unha unidade xogando todos a un bo nivel. O trío arbitral ben, os xogadores non lle deron problema ningún polo xogo limpo dos dous equipos, agás algunha incidencia totalmente fortuíta. No gol clamaron os de Cacheiras que foi fora de xogo, pode que si e pode que non. Noraboa o Victoria polo resultado e desexarlle o Cacheiras un bo resultado no partido de volta, poñendo o mesmo esforzo e ganas que neste o mellor pódese conseguir algo, animo. 02 Jun 2013, 20:19 8.78
Partido complicado, trabado e un pouco agresivo por parte do equipo local, como e habitual no campo do Dubra, no que puido ganar calquera. Pouco xogo, envío constante de balóns en largo as porterías contrarias por parte dos dous equipos, o único que tentaba facer algo de xogo de cando en vez, mais ven de cando, foi o Cacheiras. Por tiros e chegadas a porta o partido poderíase haber decantado para o Dubra, na primeira parte un disparo dende fora da área moi ben tirado deu no traveseiro, a mais clara con diferencia. Un gran problema que tivo o Dubra foi o porteiro do Cacheiras, estivo inmenso, parou todo o que tiraron a súa portería, nalgunhas desviando o suficiente para que ca axuda dos postes saíra para fora. O Cacheiras tivo dúas, quizais tres, ocasións bastante boas que non culminaron. Tiveron tamén algunhas chegadas interesantes pero non tan claras como as anteriores.. Terminado o partido, no lanzamento de penaltis, novamente o porteiro do Cacheiras parou todo o que ía polos tres paos, de catro penaltis parou tres e outro o botaron fora. O árbitro nin ben nin mal, deixou xogar e punto, con equivocacións como calquera outro que houbera arbitrado, non influíu no resultado. Noraboa o Cacheiras por esta victoria e desexarlle sorte nos próximos partidos de copa e ascenso. 27 May 2013, 15:04 8.83
Partido regular o visto no campo do Cacheiras ca victoria do equipo local de maneira xusta. O Cacheiras por ocasións, sobre todo na segunda parte, puido terminar o partido con 4, ou algún mais, goles a favor polo menos. Neste partido veuse que algúns xogadores non terminan de funcionar. A defensa bastante ben, excepto o xogador co dorsal 3, un regalo para os contrarios. O medio campo moi frouxo agás o chavaliño pequeno do medio que fixo un bo partido. Adiante, nada de nada. Os pases que ían para a área contraria, e foron uns cantos, morreron no momento da recepción, ben porque os xogadores cos recibían non eran capaces de facer mais ou por egoísmo puro e duro de non continuar a xogada cos compañeiros senón querer facela eles solos sen resultado e ca conseguinte perda de balón, e destas houbo moitas. O porteiro, o mesmo da semana pasada, ben, o pouco traballo que tivo o resolveu ben, e co tempo xa cumprido sálvalle o partido o Cacheiras parando un penalti inventado polo árbitro. O gol e producto dunha xogada entre o chavaliño pequeno do medio e o interior/lateral dereito. O Trazo un equipo bastante regular no seu xogo, cun algúns xogadores capaces de facer cousas interesantes, o dorsal 10 e 9. O porteiro da segunda parte salvoulles polo menos tres goles con outras tantas intervencións moi boas. Un pouco frouxos na defensa. Non e un equipo que tivera que haber quedado tan abaixo na clasificación. O árbitro, excepto no penalti que pita non sei moi ben a conto de que, podendo influír no resultado do partido, non tivo traballo, os equipos non llo deron fixeron un xogo moi limpo. Noraboa o Cacheiras polo resultado, afianzando a posición na táboa. Desexarlles a mellor das fortunas na fase de ascenso xa que merecen estar en galega. O Trazo desexarlles ca próxima temporada poidan volver xogar en primeira, que de seguro volverán. 12 May 2013, 13:37 105.75
Partido no co Cacheiras se leva os tres puntos por o esforzo e traballo dalgúns xogadores. O Cacheiras, que veu o partido cun so cambio, fixo un partido bastante serio aínda que cunha aliñación un pouco estraña que se notou que non funcionaba, no medio campo o xogador alto que habitualmente xoga de central non o estaba a facer ben, perdeu bastantes balóns, algúns deles por querer levarse o balón xogado e non ser capaz, aínda que e xusto recoñecer que foi o autor do primeiro gol e deu o pase do segundo gol, por outra banda o extremo esquerdo, co dorsal “10” non fixo nada, para adiante aínda corría algo pero a volta a axudar a defender nada de nada, perdeu moitos balóns por pasar de egoísta e pretender xogar so el, e pasa o que pasa, perda do balón e a quedar vendo como marchan con el e os compañeiros que defendan que iso non vai con el. Destacar o porteiro, que por certo non era ningún dos habituais, fixo moi boas intervencións, dúas delas magníficas, que libraron o Cacheiras de irse para casa con cero puntos, o gol que encaixa foi desafortunado xa que foi un tiro franco que peta nun defensa do Cacheiras e o desvía un pouco deixándoo desorientado. O Aguiño xogou bastante ben, facendo presión de seguido e recuperando moitos balóns que deseguida tiraba para adiante ben con pases largos ou con xogo, quizais a defensa un pouco frouxa, de feito puido caerlle algún gol mais, moi ben na dianteira que so tivo un problema, o porteiro do Cacheiras, destacar o xogador co dorsal “10”, moi rápido con ideas e levando continuamente perigo. Destacar o xogo limpo do Aguiño en todo o partido, hónralles. O árbitro ben, non influíu porque non tivo traballo ningún xa cos dous equipos fixeron gala de xogo limpo. Noraboa o Cacheiras por estes tres puntos, e felicitacións xa que garántelles poder xogar a fase de ascenso, espero que teñan moita sorte nela e logren o ascenso que o merecen, e o Aguiño moi bo equipo que de seguro seguira facendo bos partidos. 05 May 2013, 19:35 51.45
Empate, deixémolo en xusto, deste partido. O Cacheiras tivo unha primeira parte bastante fluída, na que non houbo unha marabilla de xogo pero xogouse o balón e tendo algunha ocasión de gol, o gol do Cacheiras ven dun despiste monumental da defensa do Dubra que deixa un oco enorme o dianteiro e este aproveita para materializar o gol. A segunda parte adeus o Cacheiras, non fixo nada, pasando a xogar o “patadón” co cal acabouse o pouco xogo que se fixo na primeira parte, aínda que tiveron unha moi boa oportunidade que resolveu moi ben o porteiro do Dubra. Neste partido os medios, o dorsal “8” e o “4”, pasáronse de egoístas, tiveron non sei cantas oportunidades de xogar de maneira clara con compañeiros, e nada, tentan facer cousas que non son capaces de facer ben e o resultado unha continua perda de balóns no medio campo. O central alto tentando facer non sei que cando levábase o balón dende a defensa cara diante, e por suposto nin compañeiros nin nada e en todas perda do balón. Na dianteira salvo o gol non foron capaces de finalizar, nin os que saíron de titulares nin os cambios. Por certo o defensa que saíu na segunda parte e un autentico regalo para os equipos rivais, neste partido regaloulles unha oportunidade de gol incrible. Os dous non sei moi ben que, interiores / laterais, xogaron bastante ben. O mellor do partido o chavaliño pequeno do medio, fixo de todo, xogando de marabilla, entregando balóns excepcionais de gol, que lamentablemente non había quen fixera algo con eles na dianteira, pena que non lle chegaran mais balóns. O Dubra un equipo normaliño aínda que cunhas ganas e esforzo moi grandes e xogando sempre o balón, moi pouco “patadón” fan, a única ocasión clara que chegaron foi a do penalti e a que lles regalou o defensa do Cacheiras. A afección pasouse un pouco cando dixeron que lle pisaran a cabeza a un xogador do Cacheiras que caeu nunha xogada. O arbitro non influíu en nada no resultado, non tivo traballo xa que foi un xogo moi limpo. O Dubra xa ten a categoría salvada, parabéns, e o Cacheiras se quere chegar e facer algo na fase de ascenso vai ter que reformularse a súa maneira de xogo e evitar o egoísmo excesivo dalgúns xogadores, e ca defensa se adique a iso, a defender. 27 Abr 2013, 21:18 9.04
Tres puntos que se leva o Silleda non tanto polo seu bo xogo senón polo mal xogo do Cacheiras. Primeira parte decente do Cacheiras na co Silleda non puido facer nada, segunda parte desastrosa do Cacheiras do que se aproveita o Silleda e consegue sacar o partido adiante. O Cacheiras fixo unha primeira parte bastante decente, nela tocaron o balón chegando de maneira bastante boa en catro ocasións a portería do Silleda, e noutras non tan ben pero chegando, nunha destas chega o gol do Cacheiras. A primeira parte acaba cun regalo que non se esperaba o Silleda, xa pasado o minuto 45 entre o defensa e o porteiro non souberon que facer cun balón co final o deixan morto o borde da portería e o Silleda o converte en gol. Na segunda parte desastre do medio campo e da defensa, o Silleda co pouco que facía era capaz de chegar a portería do Cacheiras sen maiores problemas, e nunha desas chega o gol da victoria. Esta segunda parte caracterizouse polo “patadón” total, de fútbol nada de nada. Mención aparte ten o egoísmo dos xogadores do medio campo, de todos, na segunda parte quixeron facer cousas que non son capaces de facer, en moitas ocasións tiñan os dous xogadores de diante, ou outros compañeiros, que só tiñan que darlle o balón e nada, xogo eu o balón e por suposto perdoo e non pasa nada, que traballen os demais. O dianteiro, o dorsal “9” ben, meteu o gol e intentou facer algunha cousa aínda que segue tendo a tendencia de querer xogarse el tódolos balóns sen apoiarse nos compañeiros. O outro dianteiro neste partido, o chavaliño pequeno do medio, fixo un xogo moi bo, aínda que seguramente no medio campo o fixera moito mellor. O porteiro unha de cal e outra de area, e un dos que propiciaron o gol do empate e fai unha parada no penalti. O Silleda un equipo bastante normaliño comparado co que foi o partido no campo do Cacheiras, penso que lle faltaban algúns xogadores importantes, xogando forte pero sen facer faltas mal intencionadas, destacar os xogadores da banda esquerda que foron os que levaron o peso do partido e por ónde viñeron os goles, a defensa un pouco frouxa, de feito na primeira parte puideron levar tres goles no peto. O adestrador do Silleda poboou o medio campo de xogadores e parece que lle deu resultado, polo menos na segunda parte xa co Cacheiras non era capaz de pasar. O árbitro bastante mal para as dous equipos, pero non influíu no resultado. O punto negativo do partido a “afección” do Silleda. Menos mal que o comportamento desafortunado de esta “xente” non foi compartido polos xogadores. Noraboa o Silleda polos tres puntos acadados, e o Cacheiras ten que pensar que quedan poucos partidos e vai costa abaixo, ten que mentalizarse en que pode facelo mellor. 22 Abr 2013, 14:57 9.07
Partido no co Cacheiras sacou o máximo rendemento a un xogo bastante baixo. O Cacheiras fixo un xogo bastante gris con dúas ou tres xogadas interesantes, nunha delas sae o gol. En xeral co xogo feito se chega a ser outro equipo, como o Cordeiro o anterior partido, seguramente houberan perdido o partido. O San Marcos moi baixo de forma e xogo, non levaron nin crearon un xogo efectivo, co que o Cacheiras non tivo maiores problemas. O arbitro bastante malo para as dúas partes, aínda que non influíu no resultado. Noraboa o Cacheiras por este resultado pero ten que mellorar aínda bastante, o San Marcos debería remontar este baixón non próximos partidos. 14 Abr 2013, 22:34 39.45
Resultado xusto o obtido polo Cordeiro no campo do Cacheiras, levándose tres puntos que non lle veñen mal na procura de saír dos postos perigosos da clasificación. O Cacheiras os primeiros 20 minutos fixo un xogo bastante lúcido, con algunha ocasión que puido rematar en gol, pero ou ben o bo facer do porteiro do Cordeiro ou a falta de finalización non o fixo posible. A partires de ese momento o xogo do Cacheiras foi moi gris, tendo algunhas ocasións mais nos saques de esquina que estiveron a pique de finalizar en gol pero non foi así. Na defensa os goles veñen por despistes clamorosos, sobre todo o primeiro, botouse en falta o defensa expulsado no partido de Oleiros. No medio campo non houbo creatividade e ademais moitas perdas de balón, sobre todo do medio forte e as dun xogador que non e habitual, botouse en falta que non xogara o chavaliño pequeno do medio, debía estar lesionado xa que estaba nunha banda vendo o partido. Na dianteira mais do mesmo, aínda que neste partido o dianteiro pequeno, xogou un pouco mais cos compañeiros e notouse un pouco mais de acerto, o outro dianteiro, o da dereita, era como si non estivera no campo, era como xogar con 10, o que clama o ceo e o do dianteiro alto, que aínda que non sae de titular cando o cambian xa empezan os problemas, non xoga a nada nin con el nin cos compañeiros, cas conseguintes perdas de balón que despois non fai nada por remediar, que se maten os outros, pero aínda hai algo peor, puido deixar o equipo con 10 polas dúas entradas, sen ningún sentido nin necesidade, e con moito risco para o xogador contrario, e que de moitas grazas que lle perdoaran a tarxeta, e nin sequera foi quen de desculparse, en fin non entendo como o poñen a xogar. O porteiro nada que obxectar, nos goles non podía facer nada mais do que fixo. O gol do Cacheiras deixémolo en anecdótico. O Cordeiro un equipo moi compacto, traballando bastante ben en iso, en equipo, o que lle puxo un punto mais por enriba co Cacheiras, moi bo traballo dos xogadores do medio campo e dianteiros, que traballaron moi ben como primeira liña de defensa e que no ataque tiña boas e moi claras ideas, a defensa bastante ben posta no campo, adiantándose ben o xogo e sacando o balón moi ben cara adiante. Xogan o fútbol utilizando as bandas e tentando romper polo medio. O porteiro sacou dos balóns que xa se cantaban gol. Equipo cun xogo limpo, sen faltas agresivas, e que van o seu, xogar fútbol. O árbitro non tivo presencia neste partido xa que foi moi limpo, agás a participación do dianteiro alto do Cacheiras que debería haber quedado na calle, pero polo demais non tivo maiores problemas. Noraboa o Cordeiro por estes tres puntos e se seguen a xogar como neste partido poden ter posibilidades de manterse na categoría. O Cacheiras o esperta e cambia algo ou vai ter problemas, xa van seis partidos nos ca victoria non chega, o mellor o empate co Villestro, e non precisamente por xogar con equipos superiores. O próximo partido vai ser complicado, veremos como se resolve. 08 Abr 2013, 14:09 9.15
Partido complicado o visto no campo do Atl.Oleiros que lévase os tres puntos de maneira xusta pero con moita polémica. O Cacheiras tentou xogar o que se podía xogar nese campo e mantiveron o tipo durante a primeira parte, na segunda parte seguiron traballando e lograron poñerse por diante pero algúns despistes, sobre todo na defensa e maiormente os laterais esquerdos, tanto o titular como o cambio, e para rematar a expulsión inxusta do xogador da defensa, permitiron co Atl.Oleiros levárase o partido. O resto do equipo mantivo o tipo, aínda que algún xogador así como os cambios non aportaron nada. O porteiro sacou unha man nun tiro próximo o poste moi boa. O Atl.Oleiros fixo o xogo que sabe facer no seu campo e sacoulle o máximo rendemento, o final é o seu campo e nel adestran así co deben ter mais que estudiado e memorizado. Como punto negativo deste partido e equipo dicir que algúns xogadores así como persoas que estaban polo campo exhibiron unhas lamentables actitudes durante o partido polo que merecen, como moi suave e sen utilizar a linguaxe basta de estes elementos, o cualificativo de problemáticos, por ter un pouco mais de educación que eles. A directiva deste club se non toma medidas con este equipo e acompañantes vai demostrar que está de acordo cas lamentables actitudes mostradas no partido. Chama a atención o presenciado neste partido xa co Atl.Oleiros cando xogou no campo do Cacheiras tivo unha actitude do mais deportiva cun xogo limpo e sen maiores problemas. O árbitro, iso e outro falar, penso ca palabra mais axeitada e non ofensiva e chamarlle INEPTO, dende o principio do partido veuse que non ía a facer ben as cousas, faltas clamorosas que non sinalaba e deixaba seguir o partido e claro o final pasa o que pasa, quentase o ambiente como se quentou e despois a ver quen apaga o lume. Das tres expulsións penso que soamente acertou unha, aínda que non da maneira que debería ser, a do xogador do Atl.Oleiros que lle deu unha patada por detrás o defensa do Cacheiras, e na co defensa recrimínalle a acción o xogador, cousa que tiña que facer o INEPTO do árbitro, e que termina ca metade do equipo do Oleiros e outras persoas alleas o partido empurrando o defensa do Cacheiras, e chega este individuo o que lle permiten arbitrar e resolve con tarxeta vermella para os dous, cando debeu ser vermella directa o xogador do Oleiros por agresión sen balón en xogo. A segunda expulsión do Oleiros aínda co xogador quéntase un pouco demais resolvíase cunha amarela xa co INEPTO do árbitro sinalou a falta correctamente; debeu ser a única que sinalou ben en 90 minutos de partido. O resto das tarxetas amarelas veunas soamente a INEPTITUDE deste elemento. En fin o de sempre con algúns árbitros, non entendo como permiten arbitrar elementos como este, non sei como a federación e o colexio de árbitros non toman medidas exemplares, porque este árbitro, como outros, van seguir arbitrando e van seguir creando problemas. Noraboa o Atl.Oleiros por estes tres puntos e o Cacheiras que tome este partido como un pequeno tropezo pero sen esquecer que hai que mellorar e espertar para manterse non postos de ascenso. 25 Mar 2013, 14:28 9.23
Partido interesante visto o sábado no campo do Cacheiras no co Villestro tivo un punto mais de esforzo. O Cacheiras puido facer un pouco mais. O final un empate que ben puido ser unha victoria para calquera dos equipos, pero xa se sabe, o que perdoa pois ….. O Cacheiras, con cambio de adestrador, modificou un pouco o seu xogo, neste partido foi mais de tocar o balón e menos pases largos, bastante ben na defensa e no medio campo, pero na dianteira mais do mesmo, o dianteiro alto o que xa nos ten acostumados, os adestradores saberán por que o poñen a xogar, e o dianteiro pequeno un querer e non poder, unha diante do porteiro que non resolveu ben e despois tres ou catro pases excepcionais os que non dou chegado, sen falar dos balóns perdidos por xogar de maneira egoísta, cando o mais sinxelo e pasarlle o balón o compañeiro que ten enfronte. A maioría do xogo viña polos xogadores do medio campo agás o medio forte que desta vez estivo un pouco desacertado e nalgunhas ocasións parecía que non estaba moi posto no xogo. Sobre o porteiro, agás unha ocasión que salvou o resto non estivo moi acertado. O Villestro mostrando unha clara melloría respecto o comezo de temporada, cun medio campo bastante acertado e cun xogo na dianteira bastante bo levando algun perigo a portería do Cacheiras pero que non souberon terminar de definir, na defensa quizais un pouco frouxos agás o capitán e cun porteiro que lles daba moita seguridade atrás. Resaltar co gol do Villestro foi de falta xa que nos balóns xogados non daban resolto satisfactoriamente na área contraria. O gol do Cacheiras foi un tiro do lateral esquerdo que topou nun xogador do Villestro co desviou e desorientou o porteiro. O arbitro ben, non influíu no resultado aínda que algunha tarxeta os dous equipos por protestar podíase aforrala. Noraboa os dous equipos polo resultado, o Villestro ca melloría mostrada pode ir aloxándose dos postos de descenso e o Cacheiras debe espertar un pouco mais, sobre todo na dianteira e na portería, se quere optar sen problemas pola fase de ascenso. 18 Mar 2013, 13:54 38.62
Partido disputado polos dous equipos pero que o levou o final o Oleiros por poñer un punto mais de disputa. O San Marcos serio no medio e na defensa e quizais un pouco frouxo diante, aínda así propuxeron un partido moi interesante nun campo complicado como o de Oleiros. O Oleiros ben en tódalas liñas, pero onde estiveron sobresaíntes foi cos centrais. Visto este partido o Atlético Oleiros debería se un candidato o ascenso, pero non o acompañaron os resultados. Se seguen xogando como neste partido poderían chegar a meterse na fase de ascenso. O San Marcos aínda que perdeu este partido segue demostrando porque está onde está na clasificación, e non creo que teña problemas en manterse. Noraboa o Oleiros polo resultado xustamente conseguido e o San Marcos que manteña o nivel de xogo que vai a obter os resultados esperados. 11 Mar 2013, 12:45 37.73
Bo partido do Villestro que lévase os tres puntos xustamente nun campo complicado. O Villestro formulou un partido serio abrindo ben polas bandas, sobre todo a dereita, cun medio campo solvente e a defensa quizais o mais baixo do conxunto, se o Oleiros apertara un pouco mais mételle polo menos dous goles. O Atlético Oleiros penso que puido dar mais, ten un equipo bastante competitivo que lle pode facer fronte a calquera equipo, pero neste partido en particular estaban un pouco adormecidos. Chama a atención este resultado comparado cos dous anteriores partidos, nos que aínda que non gañaron demostraron que poden facer mais do que fixeron neste partido. Noraboa o Villestro por estes tres puntos e o Atlético Oleiros como empece a xogar como sabe pode ter opcións de entrar na fase de ascenso. 05 Mar 2013, 08:31 36.64
Xusta vitoria do Noia, que aínda puido ser de dous ou tres goles mais de non ser polo porteiro do Cacheiras. O Noia non e un equipo que se poida dicir que e moi bo, soamente normal, pero neste partido xogou moi serio e cunha marcha mais que chegoulle para levarse os 3 puntos. O Cacheiras en xeral xogou un partido tirando a malo, na defensa moi mal, sobre todo os centrais, adiante mais do mesmo, excesivo individualismo dalgúns xogadores que podendo xogar en equipo o único que pensan e que eles son os heroes que van a gañar o partido, e nada de nada, quizais se xogaran mais en equipo, abriran os balóns as bandas, os devolveran o compañeiro que teñen enfronte, posiblemente se puidera facer algo mais. Quizais onde menos mal se xogou foi no medio, pero tampouco tiveron moito acerto. O porteiro moi ben, de feito salvou o Cacheiras de levar unha malleira maior. Dos cambios resaltar o chaval que puxeron na defensa, traballou ben poñendo moito mais gañas e esforzo. O arbitro bastante malo, perdoou mans tanto do Noia como do Cacheiras, comeuse un penalti moi claro a favor do Cacheiras no segundo tempo. Sobre os fora de xogo acertou algúns e outros non. Pódese dicir que influíu no resultado o non sinalar o penalti claro do segundo tempo que poría o empate no partido, pero por lo demais non tivo que ver no resultado. Dicir co Noia abusaba demais tirándose o chan ante calquera falta, en mais dunha delas escoitábase gritos de dor ata de xogadores do Noia que nin sequera interviñan na xogada. Noraboa o Noia que lévase os tres puntos de maneira xusta e o Cacheiras o cambia de xogo ou non sei si vai quedar para entrar na fase de ascenso. 24 Feb 2013, 13:39 65.20
Partido no co Sporting lévase os tres puntos gracias a inestimable axuda do porteiro do Cacheiras e non polo seu xogo. O Cacheiras realizou un partido bastante bo, algúns fallos onde sempre, os dianteiros, sobre todo o da esquerda, estiveron moi lentos, co cal permitían ca defensa chegara deseguido, o medio campo bastante ben, e a defensa non estivo moi desatinada salvo o lateral da esquerda e o chaval do pelo longo que por dicilo suavemente non tiveron o seu dia, os cambios feitos non aportaron nada. Pero o do porteiro soamente pódese cualificar de penoso e desastroso, sendo moi suave, xa cos dous primeiros goles foron tremendos fallos del, sobre todo o segundo, que non se me ocorre que cualificativo sexa o mais axeitado. O Sporting moi normal, non foi quen de meter medo, nin de facer ocasións claras en ningún momento, resaltar o chaval da esquerda, creo co dorsal 10, que propuxo algo de xogo e fixo cousas interesantes. Se o porteiro do Cacheiras estivera atinado estou case seguro co partido se houbera decantado polo Cacheiras quen era o que estaba a facer fútbol. O terceiro gol xa non conta porque estaba todo o Cacheiras envorcado enriba da portería contraria, e calquera perda de balón orixinaria unha xogada con moitas posibilidades de acabar en gol, como así foi. O arbitro ben, non influíu no resultado e cos fallos que pode ter calquera árbitro. Os xogadores tanto dun como doutro equipo facendo un xogo sen faltas agresivas nin con mala intención. Soamente facer unha mención a grada, tanto os do Sporting como do Cacheiras, que puxeron a nota negativa no partido cas alusións puxilísticas entre eles que nunca ven a conto. 17 Feb 2013, 19:53 35.71
Bo partido do Xuventude Oroso que se leva os tres puntos sen maiores problemas. O Cacheiras mostrou que ten problemas importantes ultimamente, no partido de ida xogou doutra maneira, e a maiores estaban outros xogadores. Onde mais se notou foi na defensa, o xuventude entraba como quería sen ca defensa, sobre todo os centrais, foran quen de contelos, no medio campo o xogador alto, que despois puxeron na defensa, non chegaba a ningún balón, mellorou un pouco cando entrou o xogador forte, o que lle sacaron tarxeta amarela. Polas bandas, nada de nada, o que estaba na banda dereita parece mais ben xogador de salón, porque o que e de campo nada, e os dianteiros o de sempre, non son capaces de facer algo constructivo, e defensivo xa sabemos non e con eles, e cando baixan a defender un saque de esquina van e fallan o mais fácil dos despexes e gol. O cambio do chavaliño do medio, un dos poucos que o estaba a facer moi ben, por un xogador que non aportou nada pareceume cando menos unha mala decisión. Os outros cambios, agás o do medio grande, non aportaron nada. O Xuventude Oroso un equipo con moito físico e con bos xogadores, que xogan ven o balón tanto o toque como cando hai que desprazalo. Os xogadores de arriba moi rápidos e a defensa e o medio campo moi ben plantados e xogando o fútbol de memoria. Aínda así e un equipo que con un pouco de traballo e esforzo pódese conter e controlar facilmente, para mostra o partido de ida. Unicamente indicar que utilizaron neste partido un xogo un pouco agresivo demais, e ollo non e abusar do físico é abusar das faltas, empurróns, golpes os nocellos e demais argucias. A tarxeta vermella sacada o xogador do Xuventude e correcta, sen embargo non entendín que lle sacara tarxeta amarela o do Cacheiras. O arbitro non influíu no resultado, algunhas equivocacións, como a de anular o gol do Xuventude por un fora de xogo inexistente. Eso si, criticarlle o permisivo que estivo no excesivo xogo agresivo e de faltas do Xuventude. Noraboa o Xuventude Oroso pos estes 3 puntos e o Cacheiras ten que espertar, mellorar e esforzarse mais se quere seguir polo camiño dos bos resultados. 10 Feb 2013, 11:56 35.20
Partido regular do Cacheiras que se leva os tres puntos grazas o porteiro suplente que fixo unha boas intervencións. O Cacheiras volveu a xogar excesivamente o patadón, xogando moi pouco, ou case nada, polo medio aproveitando o bo xogo do chavaliño pequeno do medio. Buscaban sempre o dianteiro grande que non fixo nada, o contrario o pouco xogo que podíase facer o esnaquizaba de seguido, este xogador tivo moitísimas ocasións para xogar tanto de cara como polas bandas e nada, a xogalas todas el, e claro pasa o que pasa sempre, perde o balón e despois que corran os demais. Este xogador debería quedarse en casa facéndolle un favor o equipo. Faltou o outro dianteiro, que seguramente non houbera feito mellor xa que e do mesmo tipo de xogo. O resto dos xogadores de diante non aportaron nada. Na defensa o central pequeno e o lateral da esquerda mal. O porteiro novamente cas súas, non ten nin idea de usar os pes e en vez de romper o balón quere xogalo e pasa o que pasa, case dous goles mais. A súa expulsión, aínda que pode ser rigorosa, e acertada. Mellorou un pouco o xogo na defensa cando sacaron o central pequeno. O Bastavales moi bo xogo, tocando o balón e xogando co dianteiro, o dorsal 9, que o fixo moi ben, de non ser polos fallos tirando a portería e as acertadisimas accións do porteiro suplente seguramente poderanse haber levado o partido. O arbitro ben, non influíu en nada no resultado, quizais algunha equivocación pero en xeral bastante ben. Noraboa o Cacheiras pos estes 3 puntos pero ten que espertar se queren seguir polo camiño dos bos resultados, o Bastavales bo equipo que non vai ter problemas en manterse na categoría e con un pouco se sorte meterse na fase de ascenso. 02 Feb 2013, 22:17 9.43
Xusto resultado no co Unión lévase os tres puntos facendo un moi bo xogo. O Cacheiras aínda que tivo na primeira parte ocasións nas que puideron conseguir un ou dous goles, pero que desaproveitaron dunha maneira desafortunada, non fixo ningún tipo de xogo, agás algunha que outra xogada illada. O Unión moi ben, un bo xogo, e con algúns cadetes que demostraron unha moi boa calidade, o dorsal 8, un dos xogadores cadete, foi un verdadeiro dor de cabeza para a defensa do Cacheiras. Destacar que puideron conseguir dous ou tres goles mais. O arbitro aínda que nun influíu no resultado foi unha verdadeira vergoña, era de risa colectiva na grada os fora de xogo sinalados nas faltas. A expulsión o xogador do Cacheiras e de xulgado de garda, e o xogador do Unión que arrebola con el o collelo polo brazo e empuxalo contra o chan, e por o xogador do Cacheiras chamarlle a atención tarxeta vermella e o xogador do Unión tan fresco. En fin non sei como poden deixar arbitrar un elemento como este. En fin o dos árbitros debería ser revisado en profundidade. Noraboa o Unión por estes tres puntos sobradamente merecidos e o Cacheiras que esperte, leva dous partidos desastrosos e os que lle tocan nas vindeiras semanas son contra equipos, que dito dun maneira simple, son complicados. 26 Ene 2013, 23:16 9.45
Partido ganado xustamente polo Cacheiras aínda que cun xogo bastante deslucido, moi gris, con algunha que outra xogada interesante. Excesivo xogo de mandar o balón de primeira cara a área contraria e moi pouco xogándoo polo medio. As xogadas mais perigosas as que xogábanse o toque e pasando polo medio. O Puebla non inquietou o Cacheiras agás nunha xogada illada co porteiro despexou ben, de resto soamente defendendo de maneira regular. Un dos goles foi en propia porta por un mal despexe. O árbitro regular tirando a mal, sobre todo na segunda metade. O penalti ben indicado. Noraboa o Cacheiras por estes 3 puntos. 20 Ene 2013, 14:28 -11.77
Partido non moi complicado para o Cacheiras que obtén os tres puntos de maneira xusta. O Cacheiras lévase o partido con 4 goles, un deles un regalo do porteiro que se lle escapa un balón moi fácil, sobre un Aguiño que todos pensabamos que ía dar mais xogo pero que non foi así. O Cacheiras non pasou moitos atrancos agás cando cambiaron na defensa e puxeron un chaval que lles brindou o Aguiño algunha que outra oportunidade. Destacar cos dianteiros, sobre todo o mais alto, non estiveron a altura doutros xogadores do equipo, e non esquezo co dianteiro pequeno fixo dous goles. O Aguiño xogou ben o balón, con bastante idea pero que lle faltaba algo, non sei se como din por aquí algúns xogadores importantes non puideron vir ou por outros problemas, pero o certo e que non fixeron mostra do xogo cos precedía polo menos nos comentarios xerais. Noraboa o Cacheiras por estes tres puntos e o Aguiño seguramente manterase sen problemas neste categoría. 17 Dic 2012, 11:20 36.47