| Estou de acordo con "|8|", o Cacheiras mereceu mais nesta temporada, pero cando tes áreas febles no equipo pasa o que pasa, e no Cacheiras a área feble e a defensa, tirando a bastante frouxa. Lembro algún partido perdido ou empatado por que lle colaron balóns a defensa imperdoables.
Parabéns o Val do Ulla que fixo unha temporada moi boa e desexarlles o mellor dos éxitos na promoción e tanto a eles como ao Cacheiras o mellor na Copa de Cadetes do Sar.
|
18 May 2012, 13:06 |
55.28 |
5 |
0 |
+info
|
| Partido no que non se foi a marchas forzadas, ningún apertou demasiado, e normal, ningún dos dous xogábase nada.
Estou de acordo con "jsnh", penso co Sporting merece estar onde está pola súa regularidade durante a temporada, cousa que a outros equipos faltoulle ou tiñan defensas moi frouxas.
Coincido con "laloberta" en quen podía haber estado na promoción, o Bertamiráns podía ser un deles, así como o Cacheiras, pero non hai que dicir cos equipos que van a estar na promoción non se o merecen, xa que traballaron ben para estar neses postos.
Sorte os equipos na promoción e na copa do Sar, e que sigamos vendo bo fútbol no que queda de temporada.
|
18 May 2012, 11:16 |
174.30 |
14 |
0 |
+info
|
| Partido no co Bertamiráns non se xoga nada, polo menos no apartado clasificación, e o Sporting pode tentar quedar cun resultado que lle conveña para a fase de ascenso.
Esto ultimo non o creo, penso que tódolos xogadores sempre saen a xogar dándoo o mellor de se mesmos en combinación co resto do equipo para obter o mellor resultado.
Parabéns o Sporting da Estrada pola temporada feita, e o mellor dos éxitos na fase de ascenso, e o Bertamiráns a mellor das sortes na Copa do Sar.
|
15 May 2012, 12:26 |
168.69 |
13 |
0 |
+info
|
| Partido a prol moi interesante no que un Negreira cun fantástico equipo, e o Cordeiro que tira de ritmo con un grupo bastante ben conxuntado poden ofrecer un bonito partido.
E certo que ningún dos dous xogase nada agás o Cordeiro que podería variar os rivais na fase de ascenso, se queda segundo tería que xogar co Ortigueira e de quedar terceiros (depende do Val do Ulla) xogarían co Dumbría.
Espero que se vexa un bo partido e de antemán felicitar os dous equipos pola temporada feita, e por suposto a mellor das sortes na fase de ascenso e na Copa do Sar.
|
15 May 2012, 12:17 |
168.03 |
13 |
0 |
+info
|
| Partido regular, o Porto do Son intentando facer un bo partido pero con pouco acerto, debe ser certo o que din que foi con algún xogador de categorías inferiores polo que se veu no campo. Do Bertamiráns un bo equipo con un xogo moi irregular, por momentos ben conxuntado e noutros dispersión total, sen falar de momentos de baixón xeral.
O certo e co Porto do Son queda descendido, soamente desexo que teñan mellor xogo a temporada que ven e poidan volver a ascender.
|
14 May 2012, 09:09 |
5.34 |
2 |
2 |
+info
|
| O Amio xogase moito, de perder os dous partidos que lle quedan pódese complicar moito. Pode chegar a estar case no descenso dependendo dos arrastres.
Creo co Amio non vai ir tan tranquilo e que intentará levarse os partidos que quedan. A maiores e un equipo moi competitivo, o problema que ten e que para algúns partidos non vai con xente suficiente, pero cando vai co "equipo de gala" os resultados son satisfactorios.
|
11 May 2012, 12:11 |
-42.42 |
3 |
6 |
+info
|
| Moi bo partido, xogándose en tódalas areas do campo, levando mais fútbol e perigo o Negreira, que ten un equipo moi equilibrado acompañados de 4 xogadores moi importantes que fan unha estructura moi boa . E con isto o Negreira, todo hai que dicilo, xusto campión desta categoría.
Parabéns a este equipo que seguro cos seus xogadores seguiran mellorando nas categorías superiores.
|
07 May 2012, 11:30 |
65.08 |
5 |
0 |
+info
|
| Partido moi frouxo, parece que non había enerxía. Os do Arzua estiveron traballando mais o menos pero sen chegar de maneira perigosa, o Cacheiras fallou moito e foron os que puxeron un pouco de fútbol. Os goles todos do Cacheiras, si porque ata o deles o meteron en propia porta nunha xogada desafortunada. O ultimo gol do Cacheiras foi moi bo, feito polo dorsal “8”, como xa dixen este dorsal e un excelente xogador.
E sobre a pregunta de quen son dicir que son unha persoa que de vez en cando aproveita para ver algúns partidos de fútbol base.
|
07 May 2012, 09:15 |
10.91 |
2 |
1 |
+info
|
| Moi bo partido por parte dos dous equipos, o Arzua moi defensivo, e facéndoo ben dito traballo, e o Cacheiras traballando duro para poder entrar nese bloque defensivo. O mais interesante deste partido foi cos cambios feitos na segunda parte polo Cacheiras foron os que desatascaron o partido, facendo un moi bo traballo, os 3 cambios feitos eran cadetes.
Moi bo resultado para o Cacheiras que segue a depender del mesmo para afastarse dos problemas de descenso.
|
07 May 2012, 08:59 |
140.42 |
7 |
0 |
+info
|
| Partido interesante, o Arzua parece que ven mellorando, polo menos polo visto nos últimos resultados, o Cacheiras e un equipo que ten unha defensa frouxa, salvo o bo traballo do xogador moreno que e unha máquina, da metade do campo para adiante ten un dos mellores conxuntos da liga, deles quedo co numero “8” e moi bo tanto no traballo defensivo como no ataque.
Sorte os dous equipos e que se vexa un bo partido.
|
04 May 2012, 13:31 |
94.41 |
7 |
0 |
+info
|
| Un partido moi interesante, con un bo traballo dos dous equipos, e con bastante sorte para o Cacheiras xa co Unión tivo tres ocasións moi claras que non foron gol por un chisco. Quen o diría con catro expulsados, calquera pensaría nun partido problemático, de malas maneiras, e que cousa mais lonxe da realidade, o único problema do partido ten un nome, O ARBITRO, este elemento non sei como o deixan arbitrar, o teño visto en moitos partidos e sempre e o mesmo, penso que debe ter un problema de estima persoal que o leva a estar por enriba do ben e do mal cando arbitra e aproveita para minimizar a súa escasa personalidade. Non entendo como a Federación e mais o colexio de árbitros, que deben ter un feixe de queixas deste elemento, aínda o poñen a arbitrar.
Estes árbitros que o final montan a que montan, por que este non e o único, non deben ter claras as consecuencias das súas retorcidas decisións, e sen embargo a eles non lles ocorre nada cando o seu arbitraxe e cando menos cualificable de delicto, deberíase poder actuar de oficio contra estes elementos e que non volveran a arbitrar. Por certo como se chama este árbitro?
|
02 May 2012, 09:12 |
276.04 |
11 |
0 |
+info
|