Comentarios de analizatormen

Comentario Fecha Karma
O Dubra vai ter nesta xornada enfronte un equipo moi forte, que quizais teña como pequeno punto débil a defensa, sempre encaixa algún gol. O Dubra equipo moi irregular no transcurso dun partido, con altibaixos sobre todo na parte defensiva, sen embargo cando están concentrados traballan e fan as cousas non de todo mal, non poñendo as cousas fáciles os rivais. O problema que poden ter, non sei por que, é que ten mellores resultados fóra que na casa, e este partido é na casa. Penso que os tres puntos os levará o Bertamiráns. 08 Oct 2015, 16:52 100.10
Partido interesante o visto no campo de Santa Isabel entre dous equipos chamados a estar en postos altos da clasificación, e postos, con probabilidades de estar na fase de ascenso. Moi parello o partido, o gol temperán do Bastavales non amedrentou o Santiago que seguiu traballando, logrando o empate ao pouco tempo. A partires de aí seguiron as xogadas tanto de un equipo como do outro. Pódese dicir que o Bastavales levou un pouco mais a batuta, esta é unha apreciación miña, e repito, un pouco mais soamente. O gol en propia meta do Santiago baixoulles un pouco a moral pero aínda así seguiron ao seu, traballando para conseguir novamente o empate. O pouco prodúcese o que penso revolveu o partido, a expulsión do xogador do Santiago a 10 minutos do final, pouco tempo pasou ata que o Bastavales foi quen de rematar o partido co terceiro gol a prol deles e levarse os tres puntos. Como dixen o principio, mantéñome en que estes dous equipos van estar en prazas alta da clasificación. 04 Oct 2015, 22:12 8.47
“moitollo” o da calidade é unha apreciación que teño, certo é que soamente vinlle vinte minutos do partido que fixeron co Puebla. 04 Oct 2015, 22:11 8.47
Cando se ten razón, tense, tiña en mente os ascendidos, como o Abanqueiro, e quedeime con esa teima. Grazas pola corrección. 01 Oct 2015, 16:47 8.47
Dous equipos potentes e chamados a estar en postos altos da clasificación, quizais o mellor partido de esta xornada. Moi difícil propoñer un resultado, calquera pode ser posible. 29 Sep 2015, 14:49 113.42
Peleteiro equipo recentemente ascendido que vén de demostrar nos partidos feitos ata agora que ten xogo e calidade, o Cacheiras ten moitos problemas, sobre todo defensivos que van facerlle esta temporada moi complicada. Peleteiro vaise levar este partido. 29 Sep 2015, 14:48 175.20
O Lalín equipo recentemente ascendido que aínda ten que traballar un pouco mais, o Compostela aínda que vén de facer dous partidos, deixémolo en regulares, penso que ten un pouco mais que o Lalín para levarse este partido. 29 Sep 2015, 14:48 34.31
Bertamiráns un equipo que vai estar, se non hai problemas, entre os primeiros, ten un equipo moi potente, o Aguiño acostuma ter equipos fortes e traballadores, pero que non ten o seu forte nos partidos fóra da casa. Partido para o Bertamiráns. 29 Sep 2015, 14:47 8.47
Dous equipos moi similares, o Dubra xa dende a temporada pasada vén facendo mellores partidos fóra que na casa, o Cordeiro non vai moi fino aínda. Penso co Dubra vaise facer cos tres puntos. 29 Sep 2015, 14:47 8.47
O Negreira, recentemente ascendido, non termina de arrancar, leva perdido todos os partidos, e o Abanqueiro no seu campo é moi forte. Penso que o Negreira aínda vai ter que esperar para poder ver a saída do túnel. 29 Sep 2015, 14:46 8.47
Dous equipos moi traballadores e que parece que están o mesmo nivel. Inclínome un pouco mais polo Callobre polo tema campo e que penso que queren saír da zona vermella o mais axiña posible. 29 Sep 2015, 14:46 8.47
O Val do Ulla sempre lle coñecín equipos moi competitivos e o Conxo é un equipo recentemente ascendido a esta categoría pero cun equipo moi axeitado, polo que é moi difícil predicir o que pode pasar. O que si é que vai ser un partido interesante. 29 Sep 2015, 14:45 140.62
Partido entre dous rivais de sempre que asemellan ter o mesmo nivel, pode gañar calquera, ou empatar, aínda que eu inclínome polo Puebla. 29 Sep 2015, 14:45 8.47
Mal partido do Cacheiras a nivel defensivo e moi pobre no ataque. O Lalín sen ter un xogo vistoso lévase os tres puntos polo traballo, esforzo, corazón e ganas de todo o equipo. Demasiados desacertos da defensa do Cacheiras e do seu porteiro permiten que o Lalin se leve o partido. Na segunda parte os dous goles que mete o Lalín de saque de esquina son de escándalo. Moito ten que traballar e mellorar o Cacheiras, sobre todo na parte defensiva, se quere manterse, porque chegar ao ascenso penso que non vai poder ser. O Lalín un equipo organizado, moi sufrido, traballando todos os xogadores sen parar, sobre todo en defensa, o que lle permite molestar moito o equipo contrario forzando moitas recuperacións de balóns. Problema, fáltalles un pouco mais de xogo individual. Seguramente a medida que avance a competición estaremos a ver un equipo que vai mellorar e vai dar que falar. 28 Sep 2015, 00:43 8.47
Partido ganado de maneira xusta polo Aguiño pero sen moita superioridade sobre o Viduido. Dicir co partido quedou condicionado pola expulsión do xogador do Viduido. Non se pode afirmar co resultado houbera sido outro de non ter un xogador expulsado pero o certo e que ata ese momento o Aguiño non foi capaz de distanciarse claramente no partido. O Aguiño equipo bastante completo, facendo cousas interesantes no campo e con algún xogador de bastante calidade, ten bastantes posibilidades de estar entre os 5 primeiros sen problemas. O Viduido un equipo que xa me sorprendeu no partido que lle vin co Compostela, ten algún xogador bastante bo que marca a diferencia e como equipo non traballa mal, pero como dixen naquela oportunidade, non son constantes, durante o partido ten moitos altibaixos, aínda así penso que non vai ter problemas en manter a categoría. O árbitro en principio non estivo mal, como sempre algunha equivocación pero por lo demais sen maiores problemas. Noraboa o Aguiño por estes 3 puntos e o Viduido como melloren a constancia seguramente poderán estar mais alto na clasificación. 05 Nov 2013, 18:40 8.52
Partido controlado polo Compostela sen maiores problemas, xogando o balón e con pases longos cando podíase. O Viduido un equipo que plantou cara e que tiveron momentos moi bos, o problema quizás e ese, son momentos cando debería ser constante. Sobre o arbitraxe o de sempre, nunca chove a gusto de todos, quédome ca frase de “zxc”, este es un deporte de contacto e non hai mais. De contacto a falta hai moito treito e nese aspecto o árbitro non estivo mal. Noraboa o Compostela polo resultado, penso que vai ser uns dos que vai estar entre os 5 primeiros, e o Viduido se mellora no aspecto de non ter momentos senón constancia vai dicir moito nesta temporada. 14 Oct 2013, 14:59 8.62
Partido no que se esperaba co Compostela seguira cos resultados obtidos ata agora pero polo visto o comezo da liga nacional chafoulle un pouco a progresión, partido disputado polas dúas partes pero parece que lle faltaba algún que outro xogador o Compostela, o Villestro penso que vai dar guerra nesta temporada. Xa veremos se o Compostela realmente depende moito dalgúns xogadores ou vai ir mellorando facendo un equipo mais fortalecido. O Villestro ten un equipo bastante igualado e de seguir este xogo vai lograr resultados importantes. 18 Sep 2013, 22:00 8.72
Partido ganado polo Compostela de maneira inapelable. No campo observouse un encontro moi descompensado, por un lado un equipo moi superior tanto técnica como fisicamente, o Compostela, e polo outro un equipo que parecía moi cativo, o Bastavales. O Bastavales un equipo moi frouxo tanto ofensiva como defensivamente, ten que darlle as grazas o porteiro que lles librou de levar outros tantos goles mais dos que levaron. O Compostela moi ben, un equipo que traballa ben en tódalas liñas e que nas tarefas ofensivas ten unha clara superioridade con tres xogadores que están un pouco por riba dos demais. Noraboa o Compostela polo resultado obtido, de manter o xogo visto seguro vai a estar nos postos altos da clasificación. O Bastavales terá que mellorar moito, polo menos defensivamente, aínda así penso que cun pouco de traballo seguramente non terán problema en manterse. 09 Sep 2013, 14:49 8.80
Estou con “anonimatum” o equipo presentado polo Oroso vese con moita calidade, o único e que este partido co Crocha non vale como referencia, haberá que esperar próximos partidos. Do Oroso falan do lateral esquerdo, co fixo moi ben, pero eu tamén quedo co traballo feito no medio campo. O Crocha aínda que non presentou en ningún momento problemas o Oroso véselle un certo equipo que da a sensación de que mais adiante na competición pode darlle unha sorpresa a mais dun. Noraboa o Oroso polo resultado, penso que de manter o nivel visto neste partido seguro que métese na fase de ascenso, polo menos. O Crocha como ven din por aquí “esto e como acaba e non como empeza”. 02 Sep 2013, 12:38 79.73
Partido que tivo dúas partes, unha bastante ben disputada polo Cacheiras que a piques estivo de irse por diante con dous goles, a primeira, e outra na co Val do Ulla levouse o partido, a segunda. O Cacheiras na segunda parte tiña xogadores que non facían nada, algún deles seguramente do cansazo polo esforzo do partido de fase do día anterior, e outros porque simplemente xa dende comezo de temporada non dan mais de si. De todas maneiras o resultado foi xusto. O árbitro bastante ben, non influíu no resultado. A única nota negativa algúns acompañantes do Val do Ulla que tiñan o insulto e provocación como única opción. Noraboa o Val do Ulla polo resultado e desexarlle a mellor das sortes nos próximos partidos de copa. Creo ca temporada que ven estarán en primeira, así que volverán a verse outra vez estes dous equipos, esperemos que desa vez os resultados caian do lado do Cacheiras. O Cacheiras felicitalos pola temporada que fixeron e que case finalizan por todo o alto, lamentablemente non puido ser. Deséxolles que na vindeira temporada consigan todo o que non puideron nesta temporada. 10 Jun 2013, 13:10 64.92