| Partido intenso e moi defensivo, mostra diso é que o primeiro gol, a favor do Aguiño, é case ao final da primeira parte. Na segunda parte o Peleteiro parece que sae con un pouco mais de intensidade, tendo como recompensa o gol do empate aos 10 minutos, ambos equipos non querían quedar así e seguiron traballando arreo. O Aguiño puxo empeño, demais quizais, defensivamente, o que lle costou, case o final do partido, expulsión de xogadores, unha delas quizais demasiado rigorosa, non pola falta, porque existe, senón porque a primeira amarela que ve o xogador amoestado coa segunda amarela, polo menos baixo meu punto de vista, non era necesaria. O certo é que alí vai o partido, Peleteiro lévase os tres puntos.
No Peleteiro notouse que non estaba o xogador do medio campo, non había a mesma fluidez nas xogadas como cando está este xogador.
Os dous equipos fixeron un partido non moi vistoso pero si con bastante traballo. Que foi xusto resultado, pode que si ou pode que non. A arbitraxe non estivo moi fina, sobre todo cara ao final do partido.
|
19 Oct 2015, 16:35 |
44.54 |
2 |
0 |
+info
|
| Lalín equipo que ven facendo bos partidos nas ultimas xornadas, ten unha defensa que está mellorando a cada partido e ofensivamente van mellorando pouco a pouco, vai ter enfronte un rival que non llo vai poñer fácil. O Dubra vén facendo partidos moi dispares, ten o problema na defensa, é bastante boa pero non é sólida durante todo o partido, ten descoidos de mais que sempre lle termina custando o partido, outro problema é que ofensivamente xera ocasións que non aproveita nin culmina, no último partido non soubo aproveitar a superioridade que tivo durante case toda a segunda parte. Partido difícil de darlle prognostico, inclínome por un empate.
|
15 Oct 2015, 14:14 |
-5.73 |
2 |
1 |
+info
|
| Outro partido no que pouco se pode dicir, un Compostela que non termina de levantar cabeza, perdeu os partidos que xogou cos equipos, digamos, mais fortes. O Santiago ten un equipo bastante equilibrado, na defensa salvo descoidos non é fácil pasar e ofensivamente ten xogadores habilidosos que o fan bastante ben. Salvo que o Compostela teña reforzos agachados creo que este partido vai ser para o Santiago. Partido que iremos ver.
|
15 Oct 2015, 14:11 |
70.50 |
3 |
0 |
+info
|
| Outro partido interesante esta xornada, un Peleteiro que vén tendo bos resultados, aínda que aí que recoñecer que cos equipos, digamos, fortes, soamente empataron. Un Aguiño que é un equipo moi loitador, con xogo moi directo e balón en largo, que penso que lle vai poñer as cousas un pouco complicadas ao Peleteiro. Prognostico difícil. Partido ao que asistiremos.
|
15 Oct 2015, 14:10 |
44.53 |
2 |
0 |
+info
|
| Nada que dicir, un Bertamiráns que ven sendo o mais forte da categoría, polo de agora. Por outro lado o Negreira que non da tirado para adiante. Partido que se vai levar o Bertamiráns.
|
15 Oct 2015, 14:09 |
70.50 |
3 |
0 |
+info
|
| O Cordeiro equipo que non xoga mal pero ten algún que outro problema na defensa, sempre encaixa goles, e normalmente mais de un. O Fátima equipo traballador, mais consolidado no aspecto defensivo que no ofensivo. Penso que este partido vai ser favorable para o Fátima.
|
15 Oct 2015, 14:09 |
34.44 |
2 |
0 |
+info
|
| Quizais o mellor partido de esta xornada, mágoa que sexa tan lonxe xa que é un partido que estaría ben podelo ver. Dous equipos fortes, tanto ofensivamente como defensivamente, no que, penso, ten unha lixeira vantaxe o Abanqueiro ao xogar no seu campo. Resultado moi difícil de prognosticar.
|
15 Oct 2015, 14:08 |
70.50 |
3 |
0 |
+info
|
| Que se pode dicir, o Cacheiras, aínda que fixo unha primeira parte no partido anterior co Santiago moi boa, desínflase, sobre todo na defensa, e ofensivamente non é un equipo que digamos teña poder. O Bastavales equipo forte, con boa defensa e que traballa moi ben o apartado ofensivo. En fin, de esta o Cacheiras vai ter que esperar para tentar puntuar, partido para o Bastavales.
|
15 Oct 2015, 14:07 |
70.50 |
3 |
0 |
+info
|
| El Puebla defensivamente non ten o seu forte, de feito cos equipos de arriba non ha obtido bos resultados. O Val do Ulla bo equipo, que está a facer polo de agora unha boa temporada, agás o último partido que para min foi unha sorpresa. Penso que os tres puntos van ser para o Val do Ulla.
|
15 Oct 2015, 14:06 |
70.50 |
3 |
0 |
+info
|
| Dous equipos moi similares e con necesidade de puntuar o mais axiña posible. Tiveron resultados dispares na anterior xornada na que xogaron con dous equipos bastantes fortes, un gaña, o Noia, e o Callobre perdeu o seu. Resultado impredicible, de todas maneias inclínome un pouco polo empate. Iso si, vai ser un partido interesante.
|
15 Oct 2015, 14:05 |
70.50 |
3 |
0 |
+info
|
| Pois de empate nada. O dito, un Compostela que vén baixando moito, quizais demais, e un Peleteiro que mantén seu bo xogo apoiándose no xogador do medio campo.
A primeira parte acabou sen goles, que non significa que non houbese chegadas, mais para o Peleteiro, pero que non terminaban de concretarse, ben por pouca definición ou por pouco. Na segunda parte o Compostela aguantou menos de 15 minutos, a partires de eles caeron case seguidos os dous goles, e algúns mais que puideron caer. O Compostela non amedrentou en ningún momento ao Peleteiro, moi poucas, pero moi poucas, chegadas das que se poidan dicir claras. Para rematar faltando pouco mais de 10 minutos para o final o gol en propia foi unha estocada para o Compostela. Non sei se o Compostela está sacrificando xogadores para axudar ao equipo de nacional que tamén está en horas baixas.
|
13 Oct 2015, 14:41 |
44.53 |
2 |
0 |
+info
|
| Partido cunha boa primeira parte por parte dos dous equipos e unha segunda parte para esquecer por parte do Cacheiras.
Primeira parte bastante boa dos dous equipos, un Cacheiras moi ben en defensa que púxolle as cousas complicadas ao Santiago desbaratando moitas das súas chegadas. Ambos equipos, quizais mais o Santiago, crearon ocasións aproveitadas mellor ou peor, pero en fin, ocasións, que de iso se trata.
Na segunda parte un Santiago que saíu a por todas, e levouse o partido, e un Cacheiras que aguantou pouco, tanto defensiva como ofensivamente.
O Santiago equipo que va estar nos postos altos da clasificación, seguramente entre os que optarán polo ascenso, e un Cacheiras que ten que mellorar o apartado defensivo desesperadamente se quere optar a polo menos manterse na categoría.
|
13 Oct 2015, 14:25 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| Partido que pode ser interesante pola necesidade do Callobre de puntuar. Un Conxo B que ten un equipo que traballa e xoga ben e un Callobre que non tendo mal equipo non termina de saír adiante. Partido para o Conxo.
|
08 Oct 2015, 16:59 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| Compostela equipo que vén baixando cada xornada que pasa, mantén un traballo ofensivo constante pero no apartado defensivo é onde ten a maior baixada. Peleteiro equipo con bo xogo aínda que con equipos un pouco potentes non terminan de rematar, case sempre empezan marcando pero non son capaces de manter a vantaxe. Partido interesante para asistir, veremos como vai, penso nun empate.
|
08 Oct 2015, 16:58 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| Dous equipos que non terminan de arrancar, con problemas defensivos e que non ten o seu forte na parte ofensiva. Os dous equipos ten unha necesidade imperiosa de puntuar, así que penso que traballarán a prol de obter os tres puntos. Non é fácil determinar como vai terminar este partido.
|
08 Oct 2015, 16:57 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| O Xuventú equipo forte sobre todo no seu campo no que normalmente obtén bos resultados, con moito xogo de balón en largo. O Lalín vén mellorando partido a partido pero terá enfronte un equipo que non da facilidades. Este partido penso que o vai levar o Aguiño, mais xogando en casa.
|
08 Oct 2015, 16:56 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| O Fátima equipo que vén mellorando e que no seu campo xoga mellor e o Abanqueiro equipo moi traballador que xoga moi vertical, obtendo bos rendementos. Partido que non é fácil darlle prognóstico, aínda que eu quedaría cun empate.
|
08 Oct 2015, 16:55 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| O Val do Ulla está facendo un comezo de temporada moi bo, non perdeu ningún partido aínda. Como xa comentei ten un equipo moi competitivo. O Noia equipo que non defende mal pero no aspecto ofensivo ten que mellorar. Non lle vai ser sinxelo pero penso que este partido vaino levar o Val do Ulla.
|
08 Oct 2015, 16:55 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| O Bastavales equipo forte e que xoga bastante ben. O Puebla equipo que traballa e esfórzase ben en conxunto e que ten maior efectividade no seu campo, baixando cando xoga fóra. Este partido penso que o leva o Bastavales.
|
08 Oct 2015, 16:54 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| O Cacheiras non termina de arrancar. O Santiago xoga e traballa ben como equipo e con algúns xogadores interesantes.Penso que o Cacheiras, visto o visto, non vai poder co equipo que vai ter enfronte. Partido que debe levar o Santiago.
|
08 Oct 2015, 16:53 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|