Comentarios de analizatormen

Comentario Fecha Karma
Estou de acordo con “einstein”, o empate penso que non é de todo inxusto. Certo que por ocasións que non fóra, pero entre os porteiros e os “huyy!!” así quedou a cosa. Aínda que se somos puristas posiblemente o Bertamiráns tivese un ou dous puntos por enriba do Conxo. O que si merece resaltarse é que o Conxo rompeu a serie de vitorias que tiña o Bertamiráns. O Bertamiráns presentouse no partido con tres ou catro cadetes, dous polo menos de honor, a maiores do porteiro que xa é un habitual, xa que traballa dobre entre os cadetes de honor e os xuvenís, bo porteiro por certo. Un dos que penso que botaron en falta é Alex, xuvenil que traballa tamén dobre, xogando cos maiores de primeira, polo menos eu así o vexo, paréceme que se houbese xogado o partido, un nivel mais houbese tido o Bertamiráns, bo xogador tamén. O Conxo traballou ben, como vén sendo habitual, defendeu ben, aínda que penso que neste partido a sorte estivo un pouquiño do seu lado, o que non quita de que traballou e esforzouse en sacar e obter o mellor resultado posible. O do arbitraxe xa é outro cantar, algunha das tarxetas que sacou penso que podía aforralas, pero é o que hai. Bo traballo dos dous equipos que estou convencido que van estar en postos altos da clasificación porque o merecen, e seguramente nos postos que permiten acceder ao ascenso. 03 Nov 2015, 18:55 163.95
O Dubra ven de xogar na anterior xornada un partido bastante completo, remontando dous goles de diferenza. O Dubra segue a ter o problema da desconcentración no apartado defensivo, cando isto non ocorre o Dubra é un equipo que é moi difícil ganarlle, o Santiago está traballando bastante ben, aínda que non é constante nos partidos e isto custoulle algún que outro problema, pero cando se pon é un equipo forte e que xoga moi ben. Os tres puntos pode que queden en Santiago. 29 Oct 2015, 19:22 -31.76
Partido estelar desta xornada, dous equipos que van a estar nos postos de ascenso polo bo xogo que están a facer. Resultado complicado de prognosticar, aínda que o Bertamiráns leva gañando tódolos partidos dende a segunda xornada e o Conxo algún partido non lle saíu tan ben. 29 Oct 2015, 19:14 116.52
Lalín equipo que véselle mellorar en cada partido que pasa, consolidándose bastante ben nesta categoría. O Fátima está a aguantar nos últimos partidos, fai o que pode cos poucos efectivos cos que conta, como non sexa capaz de fichar algún xogador mais vai telo complicado. Tres puntos para o Lalín. 29 Oct 2015, 19:13 8.47
Que se pode dicir, un Negreira que non dá tirado para adiante e un Peleteiro que non está onde está por casualidade. Tres puntos para o Peleteiro. 29 Oct 2015, 19:12 44.55
Dous equipos que veñen subindo nos últimos partidos con melloría tanto en defensa como en ataque, partido moi equilibrado e no que pode saír calquera resultado. 29 Oct 2015, 19:12 8.47
Dous equipos en horas baixas, o Compostela non coñece a vitoria dende fai moitos partidos e o Cacheiras vén demostrando xornada tras xornada que non termina de saír. O Compostela conta cun cadro de xogadores un pouco mais eficaz que o Cacheiras polo que os tres puntos para o Compostela. 29 Oct 2015, 19:12 8.47
Pois esta semana preséntase con moitos partidos interesantes, e este vai ser un deles. Aguiño, equipo moi físico que non ha tido os mellores resultados cos equipos de arriba, e desta toca cun deles. O Bastavales está demostrando que sabe xogar a isto e que a mellor calidade que ten é o traballo colectivo, faille parecer como se xogase cun xogador mais. Tres puntos para o Bastavales. 29 Oct 2015, 19:11 44.55
O Val do Ulla equipo que defende bastante ben vai ter enfronte un equipo que xoga moito balón en largo e con moita velocidade, estes factores fan pensar en un partido interesante, e seguramente bonito. Un punto que ten a favor o Abanqueiro é que xoga no seu campo e normalmente como local ten bos resultados. Pode que os tres puntos queden en Abanqueiro. 29 Oct 2015, 19:10 8.47
Dous equipos moi similares, ata nos puntos na clasificación. Ten unha lixeira vantaxe o Puebla ao xogar en casa. Os tres puntos deberían quedar na costa. 29 Oct 2015, 19:10 8.47
O Xuventú Aguiño ten un equipo forte tanto en defensa como en ataque, que xoga moito os balóns en largo e que no seu campo obtén bos resultados. O Santiago equipo moi equilibrado que ten de cando en vez algún problema na defensa, normalmente por descoidos, e que por suposto sempre lles custa algún gol. Desta pode ser que os tres puntos queden en Aguiño. 23 Oct 2015, 14:14 8.47
Non ten mal equipo o Callobre, mellorou nas últimas xornadas, sobre todo defensivamente, ofensivamente fáltalle un pouco. O Val do Ulla equipo forte, non en balde van en postos altos da táboa de clasificación. Aínda a mellora do Callobre os tres puntos deberían quedar na casa. 23 Oct 2015, 14:13 8.47
Partido moi parello, con dous equipos moi parecidos. O Cacheiras é un equipo que non traballa del todo mal, sobre todo no medio campo, pero na defensa presenta moitos desacertos e adiante non ten poderío, aínda así é un equipo que como arranxe un pouco a defensa pode cambiar o conto. Esperemos que para este partido teña recuperado os lesionados do partido anterior. O Puebla equipo que tivo resultados interesantes e dispares con equipos fortes, non xoga mal pero ten altibaixos durante os partidos e cando xoga fóra non ten os mellores resultados. Con todo e que o Puebla xoga fóra os tres puntos van marchar para a costa. 23 Oct 2015, 14:13 8.47
Compostela equipo que comezou ben, parecendo que tería presencia importante nesta liga pero que foi a menos. Aguanta ben as primeiras partes e despois empeza a baixar, ou quizais desconcentrarse, leva sen gañar dende a terceira xornada. Bastavales equipo forte, que traballa bastante ben na defensa e que no ataque chega bastante pero non culmina todas esas chegadas, de culminalas algún resultado houbese sido mais escandaloso ao seu favor. En fin, os tres puntos deberían ir para Bastavales. 23 Oct 2015, 14:12 8.47
Dubra, equipo que vén baixando nas últimas xornadas, a última foi escandalosa, pero que sen embargo cando se pon é capaz de plantarlle cara a calquera equipo, inclusive aos fortes. Peleteiro, equipo que traballa moito e que ten algún xogador que lle impón un plus ao equipo. É un equipo que aínda que vén tendo resultados positivos non se pode dicir que sexan de maneira incontestable. No último partido custoulle obter os tres puntos, de feito case queda no empate. Neste partido se o Dubra quere pode poñer o partido costa arriba ao rival, pero a este equipo en casa non lle van ben as cousas, Peleteiro vai ter diante un rival que como se poña serio vaillo poñer difícil. Peleteiro traballa moito e pode que se leve os tres puntos. 23 Oct 2015, 14:10 -31.70
Negreira segue sen arrancar, axuda que é un equipo cunha porcentaxe de xogadores de primeiro, en xeral, importante, e que ha tido que xogar neste principio de temporada mais da metade dos partidos cos equipos fortes desta liga, e esta xornada tócalle cun equipo que o está a facer ben. O Lalín leva unha progresión de mellora indiscutible, e se neste partido segue nesa liña partido para o Lalín. 23 Oct 2015, 14:09 8.47
Partido que a priori ten unha diferenza entre os equipos considerable, o Fátima aínda que tenta xogar algo, nestes últimos partidos presentou problemas de xogadores, non conta, non sei o motivo, cun cadro de xogadores completo, nalgún partido tivo que subir algún cadete. Os tres puntos deberían ser para o Bertamiráns. 23 Oct 2015, 14:08 8.47
Conxo equipo forte tanto defensiva como ofensivamente, aínda que nos envites fortes que tivo ata agora non foi capaz de resolvelos con eficacia, nun non puntuou e no outro estivo a piques de saír igual. O Cordeiro vén de sorprender no último partido, na defensa estivo moi serio e, tamén hai que dicilo, no ataque tivo enfronte un rival que deu demasiadas facilidades. Aínda que o Cordeiro parece que vai mellorando, neste partido os tres puntos poden ser para o Conxo. 23 Oct 2015, 14:08 143.93
O Noia vén de gañar os dous últimos partidos cun traballo ofensivo mellorado e cunha defensa mais sólida. O Abanqueiro é un equipo forte cun xogo moi vertical que non lle sae mal e no que traballan todos cando hai que defender. De esta, e se o Noia mantén o mellorado, calquera pode levarse o partido. 23 Oct 2015, 14:07 8.47
Unha mágoa que se lesionasen xogadores tan cedo para ter que facer cambios tan pronto, porque imaxino que foi o que motivou os cambios. 19 Oct 2015, 16:36 8.47