| O Abanqueiro vén tendo problemas nos últimos cuartos dos partidos, tamén vai moito a remolque, e iso xera unha ansiedade que non é boa. O Cordeiro segue a mellorar, mantense ben en defensa e no apartado ofensivo a cousa parece que vai escalando postos de mellora. Neste partido pode que os tres puntos marchen para Valga.
|
20 Nov 2015, 19:54 |
85.32 |
2 |
0 |
+info
|
| Non fun o campo, e por suposto tampouco o medín, pero dixéronme que ten 90 x 48 metros, se é certo esas medidas están dentro das marxes admitidas para competir, que está por abaixo, si, pero son admitidas.
Certo que o Conxo está habituado a xogar no seu campo, que non é pequeno precisamente, paréceme que o de terra anda por 105 x 65 metros.
Agora, estou de acordo con “elarbitroborrachodelafurgoneta”, non é escusa. Por certo vaia nomeciño che fuches a buscar.
Xa o digo por diante, non fun ver o partido.
Comentáronme que o Conxo fixo unha primeira parte boa, tendo a mala fortuna de encaixar un gol en propia case ao principio do partido, pero que na segunda parte non estivo fino, sobre todo na parte defensiva. Aínda que non ten que ver, xogou con cadetes, o porteiro que saíu titular un deles, que parece que chamou a atención porque na convocatoria estaba tamén o xuvenil. E que o que mais lles preocupaba a algúns era que tiveron que utilizar cadetes non precisamente porque os xuvenís tivesen que botar unha man aos de galega ou maiores.
E que o Peleteiro lévase os tres puntos xustamente, e, aínda que alguén comenta que o campo prexudica o seu tipo de xogo, que daba a impresión de que lle tiñan moi ben collida a medida ao campo, algo normal por certo, xa que entendo que deben adestrar nel.
|
16 Nov 2015, 14:20 |
44.69 |
2 |
0 |
+info
|
| Compostela equipo que non xoga mal pero que non termina de ser un equipo forte, lévase os tres puntos no último partido xogando contra un equipo con poucos xogadores e algúns deles cadetes, a primeira parte terminaron empatados. Na segunda parte lévanse o partido por dous motivos, a fatiga e os cambios e expulsións dos xogadores do Puebla. Aguiño como veño dicindo, equipo moi físico, xogo moi vertical e fortes na defensa. Neste partido os tres puntos poderían ir para á costa.
|
13 Nov 2015, 13:31 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| O Lalín mellora xornada a xornada, inclusive na pillabandería, no último partido lograron manter a vitoria a costa de moitas amarelas, pero lograron mantela. O Noia vén mellorando tamén, e facendo mellores partidos xornada a xornada. Neste partido o que se impón é o 1X2.
|
13 Nov 2015, 13:30 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| O Val do Ulla equipo traballador e que xoga bastante ben, como xa comentei é un club que traballa e ensina moi ben os chavales. Bertamiráns equipo que leva sen perder dende a segunda xornada, certo que nas dúas últimas as cousas non foron del todo ben, faltábanlle algúns xogadores que marcan diferenza. Os tres puntos deberían quedar na casa.
|
13 Nov 2015, 13:29 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| Quizais o partido mais chamativo desta xornada, aparte de querer coñecer o novo campo do Peleteiro, que imaxino que se poderá asistir sen problemas. No deportivo dous equipos con bo xogo, aínda que o Conxo vén tendo algúns problemas dende fai dous ou tres xornadas. Partido no que pode pasar calquera cousa.
|
13 Nov 2015, 13:29 |
144.71 |
3 |
0 |
+info
|
| Dubra equipo físico, que como veño dicindo cando mantén a concentración durante todo o partido ponlle as cousas complicadas aos contrincantes. O Cacheiras equipo que segue a manter moitos problemas nas labores defensivas e fáltalle mais forza e definición no ataque. Tres puntos que marchan para fóra.
|
13 Nov 2015, 13:27 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| Bastavales vén de tropezar nos dous últimos partidos, iso si, con equipos de forte xogo físico, no último levou tres ou catro cadetes. Negreira nada, aparte dun pobre xogo teñen problemas de xogadores, no ultimo partido levaron cinco ou seis cadetes. Tres puntos para Bastavales.
|
13 Nov 2015, 13:27 |
118.59 |
2 |
0 |
+info
|
| O Santiago equipo que está facendo as cousas ben, o mellor o traballo colectivo, está no posto que está sen discusión ningunha. O Fátima segue a ter problemas de xogadores, no ultimo partido levou dous ou tres cadetes, iso si, hai que recoñecer que aínda que son xustos nos partidos. o esforzo que realizan é encomiable, déixanse a pel nos partidos. Desta volta os tres puntos debería levalos o Santiago.
|
13 Nov 2015, 13:19 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| Dous equipos que están a facer, ata agora, unha temporada que se pode cualificar como boa. O Cordeiro mellorando cada partido que pasa, sobre todo en defensa, o Callobre tamén está mellorando, e sen ánimo de ser repetitivo tamén no apartado defensivo. Prognostico triplo, pode ser 1X2.
|
13 Nov 2015, 13:19 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| Dous equipos que han obtido os mesmos resultados nos últimos encontros, non moi bos por certo. O Puebla no último partido con poucos xogadores, e dous ou tres deles eran cadetes, e para rematar expúlsanlle dous xogadores que non xogarán este partido. O Abanqueiro tamén precisou de algún cadete no último partido. O resultado deste partido vai depender dos xogadores que leve o Puebla ao partido, se vai tan xusto como no último vai ter problemas, senón o resultado pode ser calquera.
|
13 Nov 2015, 12:52 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| Conxo equipo que vén de xogar un bo partido na última xornada, no que demostrou que ten equipo e xogadores para estar pelexando polos postos altos da clasificación. O Lalín equipo que segue a escalada de mellora en xeral, pero que se lle complican os equipos que presionan moito. Visto como xogou o Conxo no último partido, e se non hai alteracións, os tres puntos deberían quedar en casa.
|
05 Nov 2015, 20:41 |
44.62 |
2 |
0 |
+info
|
| Val do Ulla equipo competitivo que traballa ata o final, obtendo sempre algún gol nos minutos finais. Cordeiro equipo que está mellorando tanto defensivamente como ofensivamente, os últimos partidos a obtido resultados bos, tendo en conta que algún deles foron cos equipos das posicións altas da clasificación. Tal e como vén subindo o Cordeiro é posible que se leve os tres puntos.
|
05 Nov 2015, 20:40 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| Aguiño equipo moi físico que defende moi forte e cun xogo en largo que lle dá resultado. Cacheiras equipo que non termina de ..., no aspecto ofensivo aínda fai algo pero cando toca defender acabouse, e non dá arranxado este problema. Tres puntos que quedan na costa.
|
05 Nov 2015, 20:39 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| Compostela intenta xogar o balón pero non ten un equipo que teña un nivel moi alto en tódalas liñas, deixémolo en aprobado alto, é un equipo que aínda sendo un rival complicado cústalle sacar os partidos. O Puebla é un equipo moi similar nese aspecto, quizais cun punto menos na defensa, e con mellores resultados fóra. Por equipo e similitudes, este partido pode que termine en empate.
|
05 Nov 2015, 20:38 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| O Dubra vén de xogar os últimos partidos cos equipos de arriba sacando so un empate e o Bastavales xogando cos mesmos obtivo mellores resultados. O Bastavales ten un equipo moi axeitado que toca ben o balón e que ten moi bo xogo colectivo. O Dubra é un equipo que como saia concentrado e se manteña todo o partido así é un rival moi difícil. Resultado incerto, como o Dubra se poña pode facer que os tres puntos queden en casa.
|
05 Nov 2015, 20:37 |
-31.95 |
1 |
1 |
+info
|
| Negreira non dá mellorado, o contrario, no ultimo partido o resultado foi moi desproporcionado respecto aos outros partidos. Santiago equipo que xoga ben e traballa moi ben como equipo. Tres puntos para o Santiago.
|
05 Nov 2015, 20:36 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| O Fátima segue tendo problemas de xogadores, aínda así deu a sorpresa, polo menos para min, no último partido logrando manter o tipo. Peleteiro equipo que está a traballar ben obtendo bos resultados, aínda que hai que dicilo, e seguro que a algún non lle parece correcto, algún partido un chisquiño de fortuna acompañoulles. Conta cuns bos xogadores no medio campo e polas bandas. Neste partido os tres puntos deberían ser para Peleteiro.
|
05 Nov 2015, 20:35 |
44.62 |
2 |
0 |
+info
|
| O Noia vén de realizar moi bos partidos nas últimas xornadas, con unha defensa que traballa ben, pero na parte ofensiva, aínda que mellorou, ten que poñer mais empeño, proba diso é que os partidos gañados é de maneira moi xusta. O Bertamiráns equipo moi bo, patinou a semana pasada cun empate que puido ser pola falta de efectivos, pero aínda así mostrou que é o equipo referencia nesta liga. Se o Bertamiráns conta cos xogadores habituais os tres puntos marchan para a Mahia.
|
05 Nov 2015, 20:33 |
4.20 |
2 |
1 |
+info
|
| Partido entre dous equipos que veñen de facer partidos con resultados contrarios. O Callobre vén mostrando unha melloría nos últimos partidos que fixo, e nos partidos que non puntuou non lle puxo as cousas fáciles aos rivais. Pola outra banda un Abanqueiro que tendo un comezo de temporada forte vén de perder os tres últimos partidos, iso si, por resultados moi xustos. Resultado difícil de dicir, pode ser calquera.
|
05 Nov 2015, 20:31 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|