Comentarios de analizatormen

Comentario Fecha Karma
O Puebla segue mantendo un xogo moi irregular e non parece que a cousa vaia por mellorar. O Bertamiráns tivo no anterior partido un equipo que estivo a piques de levarlle os puntos, de non ser o gol en propia do Cordeiro habería que ver o que pasaría. De todas maneiras neste partido deberá impoñerse o Bertamiráns, segue sendo un equipo de referencia e con xogadores que poden resolver un partido en calquera ocasión. 10 Dic 2015, 18:40 85.53
O Peleteiro é un dos equipos que vai estar arriba, vén de perder o último partido, rompeu a racha de imbatibilidade. Certo que faltáballe algún xogador importante, dos que poñen un plus nos equipos, e notouse. O Abanqueiro que o principio parecía que era un equipo que podía estar en postos altos parece que non é o caso, vén de ganar o partido anterior contra un rival dos que hai que ter en conta, isto pode parecer bo pero a realidade é que o rival presentou un equipo de circunstancia, en mínimos absolutos, ata o porteiro, e inda así foi quen de endosarlle tres goles o final. Tres puntos que deberían quedar no colexio. 10 Dic 2015, 18:39 85.53
Bo partido do Bertamiráns, aínda que é xusto recoñecer que o rival non apertou case nada. Xogou con algunhas baixas polas sancións do anterior partido, tendo que levar algún xogador do outro equipo de xuvenís e tres cadetes. O Abanqueiro non fixo moito, a verdade é que en ningún momento produciu a menor preocupación. Moi baixos no xogo, tanto ofensivo, e non digamos no defensivo. O que comentei antes, unha de dúas, ou colléronlle o seu xogo ou o principio de temporada aproveitáronse de que algúns equipos aínda estaban “fríos”. Hai quen di que xogou con baixas e con cadetes, non é escusa, o Bertamiráns tamén xogou con baixas, algunha importante, e tamén xogou con cadetes. Bo partido de Alex e Antón, de eles son catro dos seis goles. E ollo, que de non ser polo porteiro do Abanqueiro algún gol mais podía caer. Pouco mais hai que dicir, resultado xusto, e merecido. 30 Nov 2015, 10:30 8.47
Un Puebla bastante irregular, fai partidos interesantes cos equipos digamos fortes e despois ao mellor cun equipo do seu nivel o fai fatal. O Cordeiro vén mellorando nos últimos partidos, sobre todo defensivamente, na parte ofensiva aínda que vai tendo melloras fáltalle un punto, os partidos que está a resolver case sempre é nos últimos momentos. Tres puntos que poderían marcha para Valga. 27 Nov 2015, 20:31 85.32
O Aguiño vén de facer uns últimos partidos bastantes bos, se lles complicou un pouco o Puebla, pero en xeral bos partidos. O Dubra, como vimos dicindo, se sae concentrado e logra manter esa concentración durante todo o partido é un rival moi complicado. O resultado e difícil de prognosticar. 27 Nov 2015, 20:30 -31.81
O Cacheiras mantendo os problemas defensivos sobre todo nas segundas partes, ten un medio campo que aínda traballa ben pero con outro problema, a dianteira, non resolve os balóns que lle chegan. O Fátima aínda que sen gañar os último partidos os vén facendo cada vez mellores, facéndolle fronte a equipos dos chamados fortes, no último parece que xa contaba con todos os xogadores. Tres puntos que os debería levar o Fátima. 27 Nov 2015, 20:30 111.44
Como veño dicindo, o Santiago é un equipo moi equilibrado, tanto no aspecto individual como no colectivo, facendo moi bo xogo. O Noia é un equipo moi irregular, é un equipo que ten unha boa defensa pero parece que a mesma depende dos xogadores, como lle falte algún alí vai, ofensivamente aínda non lle colleron o punto. Tres puntos que deberían marchar para Santiago. 27 Nov 2015, 20:29 85.32
Peleteiro o equipo quizais mais regular no que vai de liga, bos xogadores no medio e bandas, sobre todo dereita. Val do Ulla equipo regular, comezou ben a temporada pero polo de agora baixou, e bastante, parece raro porque ao principio víase coma un equipo traballado e que facía as cousas ben, pero algo a de estar pasando. Tres puntos que deben quedar no colexio. 27 Nov 2015, 20:28 85.32
O Compostela é un equipo que tendo uns xogadores bos non termina de mostrar unha superioridade manifesta, cústalle moito sacar os partidos, e dependendo do rival ten moitos problemas. O Negreira aínda que vén de facer un último partido sorpresa, non deixa de ser iso, sorpresa. Tres puntos que deberían quedar na casa. 27 Nov 2015, 20:28 85.32
O Bastavales vén baixando nos últimos partidos. O Conxo vén de facer os últimos partidos un pouco apurados, e parece que tendo que levar xogadores cadetes. Resultado incerto. 27 Nov 2015, 20:27 85.32
O Lalín segue a mellorar, mostrando en cada partido que é un equipo que ten moito que dicir nesta categoría. O Callobre equipo que defensivamente vai ben, custa encaixarlle goles, pero pola outra banda aínda ten que mellorar o aspecto ofensivo. Desta os tres puntos poden que queden na capital do Deza. 27 Nov 2015, 20:27 85.32
O Bertamiráns con problemas no anterior partido, poucos xogadores, algún deles do outro equipo de xuvenís, e ademais lle expulsan dous xogadores. Vendo os problemas de convocatoria que está a ter nos últimos partidos haberá que ver que xogadores asistirán a este encontro. O Abanqueiro vén de facer uns partidos digamos regulares, unha de dúas, ou colléronlle os rivais o xeito de xogarlle matándolles os balóns largos, ou os primeiros partidos foron con rivais que aínda estaban quentando e a partires de comezar a xogar cos equipos fortes alí vai. Aínda que o Bertamiráns vaia con poucos xogadores segue a ser un equipo moi competitivo e referencia, os tres puntos deberían quedar en Ames. 27 Nov 2015, 20:26 85.32
Partido aprazado para decembro polo visto. Partido para que os dous intenten coller un pouco de aire, dous equipos que están no ultimo da táboa de clasificación por méritos propios, ou por non méritos. O Negreira deu a sorpresa no último partido, e o Cacheiras plantou cara no seu último partido. Resultado, calquera. 20 Nov 2015, 20:01 85.32
O Aguiño está a obter bos resultados, ten unha boa defensa e o xogo vertical o leva bastante ben, o Puebla vén de obter un bo resultado no seu último partido, puido levar todos os efectivos sen recorrer a cadetes, agás os expulsados, no anterior había tido problema de xogadores. O prognostico non é fácil, pode ter un pouco mais o Aguiño que vén con tres vitorias seguidas que dan como un pouco mais de vitalidade. Aínda que imaxino que os dous van ter gañas enormes de levarse o partido pola rivalidade. 20 Nov 2015, 20:01 85.32
Posiblemente sexa o partido da xornada, dous equipos con bos xogadores, con bo traballo colectivo e que teñen ideas, o único é que o Conxo está a ter unha baixada nos últimos partidos. Resultado incerto, quizais chegue con unha pequena vantaxe o Santiago. 20 Nov 2015, 20:00 85.32
O Dubra no último partido non foi para nada superior, e iso que se enfrontaba a un equipo en horas baixas e con moitos problemas en defensa, de feito os dous goles, nos extremos do partido, foron por senllos descoidos defensivos. Algunha que outra vez mais chegaron. O Compostela tendo bo equipo non é que se impoña con superioridade e autoridade. Como xa comentei se o Dubra sae concentrado, e mantense nesa liña todo o partido, é capaz de poñerlle as cousas moi complicadas a calquera equipo, e o Compostela non vai ser a excepción, tres puntos que quedan na Telleira. 20 Nov 2015, 19:59 85.32
O Fátima parece que atopou xogadores, no último partido todos eran os da categoría e o resultado estivo ben, fíxolle fronte a un dos equipos fortes desta liga, chegando a ir empatados ata case o minuto final, quizais faltoulle un pouco de intelixencia e tranquilidade para manter durante cinco minutos o resultado. O Bastavales baixou nos últimos partidos, curioso que nos últimos partidos está a levar cadetes, o porteiro cadete xa vén sendo habitual e titular, non ten mal equipo pero parece que houbo un cambio de adestrador, non sei se ese feito estará a influír. Así as cousas o resultado é bastante incerto. 20 Nov 2015, 19:58 85.32
O Noia vén tendo problemas nos últimos partidos, no último a verdade que non estivo moi ben, parece que faltoulle algún xogador importante na defensa, pero aínda así o resultado parece ser moi avultado, de feito é na defensa onde ten o mellor o Noia, na parte ofensiva non vai mal pero fáltalle quizais un pouco mais de convencemento. O Peleteiro é o único equipo que non perdeu ningún partido no que vai de temporada, aínda. Os tres puntos lévaos Peleteiro. 20 Nov 2015, 19:57 85.32
O Callobre é un equipo que quere xogar o balón, o apartado defensivo é o que mellor leva, custa encaixarlle goles, ofensivamente non van mal pero non é o seu forte. O Bertamiráns, como xa dixen en comentarios anteriores, é o equipo referencia, o único pequeno hándicap que pode ter é na defensa. Tres puntos que deberán ir a Ames. 20 Nov 2015, 19:56 85.32
O Val do Ulla vén de facer un partido, imos ver, de non facer un partido a xornada anterior, certo que xogaron case todo o partido con un menos, o que non é escusa para o resultado acaecido. O Lalín esta facendo unha temporada bastante boa, as melloras que han tido tanto na defensa como no apartado ofensivo nótanse. Os tres puntos poden marchar para a capital do Deza. 20 Nov 2015, 19:55 85.32