| O Compostela, como sempre estou dicindo, bos xogadores pero equipo con pouca pegada, só hai que ver algún dos últimos partidos, con equipos de certo nivel cústalle xogar. O Callobre imos ver, xoga fóra do seu talismán e iso parece que inflúe, no seu último partido fóra sacou un empate “in extremis”. Tres puntos que poden quedar en casa.
|
07 Ene 2016, 18:10 |
85.89 |
2 |
0 |
+info
|
| O Dubra é un equipo que non se lle da mal isto, e cando mantén a organización e concentración dende o principio é un equipo bastante potente e mais xogando no seu campo. O Noia non ten un mal equipo pero fáltalle un pouco mais de “equipo”, sobre todo no momento de defender, cando esa falta é suplida é un equipo que xera moitos problemas. O Dubra está moi cerca dos postos de ascenso e seguro que vai traballar a reo para meterse neles, tres puntos que quedan na Telleira.
|
07 Ene 2016, 18:10 |
45.34 |
2 |
1 |
+info
|
| O Negreria vén de sacar adiante os dous últimos partidos, o que que lles da un pouco de aire. O Conxo, agás o partido co Cacheiras, leva sen gañar un partido dende fai moito. Aínda a mala evolución do Conxo ten algún xogador que pode poñer a balanza para o seu lado, tres puntos que podería levarse o Conxo.
|
07 Ene 2016, 18:09 |
85.89 |
2 |
0 |
+info
|
| Xa o comentei nun anterior comentario, parece que o campo de o colexio Peleteiro ten 90 x 48 metros, se é certo esas medidas están dentro das marxes admitidas para competir, que está por abaixo, si, pero son admitidas.
Así que deixarse de tanta leria coas dimensións dos campos, pequenos como este hai moitos e non escoitei tantas queixas.
|
29 Dic 2015, 16:02 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| O Conxo esta a pasar por unha etapa escura no seu xogo, dos últimos partidos só gañou un e de maneira apurada. O Aguiño segue a ser o equipo cun xogo moi directo, balóns en longo, e unha defensa moi forte, non é fácil xogarlle. Tres puntos para a costa.
|
17 Dic 2015, 18:25 |
85.60 |
2 |
0 |
+info
|
| O Lalín non está obtendo uns resultados moi bos nos últimos partidos, certo que ha tido problemas de convocatoria de xogadores, pero aínda así os resultados son moi desproporcionados. O Bertamiráns segue a ter algún que outro problema pero os saca adiante con certos xogadores que lle están a resolver partidos de maneira individual, isto non é del todo bo, pero os partidos os vai levando. Tres puntos que quedan en casa.
|
17 Dic 2015, 18:24 |
199.12 |
3 |
0 |
+info
|
| O Val do Ulla nestes momentos está a facer partidos, deixémolo en, frouxos, aínda así é un equipo que en calquera momento pode sacar partidos adiantes. O Cacheiras está a presentar unha mellora que non se está a ver reflectida nos resultados debido a que non son capaces de non ter mais dun erro ou descoido nos partidos, o gol do empate no partido anterior é boa mostra de iso, entre a defensa e o porteiro alí vai, e despois tendo bastantes oportunidades non é capaz de materializalas, se conxuntas ambas cousas pasa o que pasa. En fin, os tres puntos deberían quedar na Ulla.
|
17 Dic 2015, 18:23 |
85.60 |
2 |
0 |
+info
|
| O Fátima vén de mostrar unha aparente melloría nos últimos partidos, e digo aparente por que parece que no último partido os goles chegaron todos case ao final e, polo que comentan, despois de uns cambios do equipo rival acompañados de descoidos clamorosos, aínda así case lle empatan o partido. O Dubra é un equipo que hai que ter en conta, cando sae “enchufado” é un equipo moi difícil. Tres puntos que poderían irse co Dubra.
|
17 Dic 2015, 18:23 |
85.60 |
2 |
0 |
+info
|
| O Noia outro equipo moi irregular, cando ten o día é capaz de facer bos partidos. No último partido salvou os tres puntos no ultimo momento. O Compostela segue a ser un equipo con algúns xogadores bos pero que no plano colectivo non terminan de facer as cousas ben, polo que como sempre digo, non é o equipo que estea a demostrar unha forte superioridade. Os tres puntos deberían vir para Compostela.
|
17 Dic 2015, 18:21 |
85.60 |
2 |
0 |
+info
|
| Imos ver se o campo do Callobre é un talismán, no partido anterior levou unha boa, e aínda que alguén comentou que foi con moitas baixas o certo é que non foron tantas, parece que só foron dous xogadores. O Bastavales baixou moito seu xogo, nestes momentos cústalle gañar os encontros, dicir que tampouco é un rival doado, custa encaixarlle goles, certo que como alguén di por estes lares algún xogador marchoulle, un deles o porteiro que se marchou para un equipo de Pontevedra, cadete por certo e bastante bo. Tres puntos para o talismán.
|
17 Dic 2015, 18:20 |
85.60 |
2 |
0 |
+info
|
| O Abanqueiro está a dar un pobre rendemento nestes momentos na competición, baixou moito, e non parece que teña mellora polo momento. O Santiago está a facer unha boa temporada, un equipo moi equilibrado que xoga ben, tanto individual como colectivamente, e cando non ten descoidos non é doado. Tres puntos para Santiago.
|
17 Dic 2015, 18:18 |
85.60 |
2 |
0 |
+info
|
| Partido interesante desta xornada, un Cordeiro que ven mellorando, e moito. Un Peleteiro que sigue mantendo un moi bo nivel. Ao Cordeiro non lle resulta doado os equipos digamos fortes, así que este partido podería ir con un empate ou tres puntos para o colexio.
|
17 Dic 2015, 18:18 |
199.12 |
3 |
0 |
+info
|
| O Puebla presenta un xogo moi irregular, de todas maneiras fai mellores partidos cando xoga en casa. O Negreira dá a sensación de que mellorou un chisquiño, pero non deixa de ser iso, sensación, o real é que aínda fáltalle. Tres puntos que deberán quedar na Puebla.
|
17 Dic 2015, 18:17 |
199.12 |
3 |
0 |
+info
|
| O Compostela, como xa comentei, non está a ser un equipo que teña unha superioridade clara, de feito o último partido é mostra de iso, e non me vale que me digan que se perde polo campo. O Conxo equipo que nas últimas xornadas ten baixado moito, no último partido estivo apurado. Aínda o baixo que están estes dous equipos os tres puntos poden ir para o Compostela.
|
10 Dic 2015, 18:47 |
85.53 |
2 |
0 |
+info
|
| Duelo interesante nesta fin de semana, o Lalín que ven de levar un traspés no último partido, iso si, presentando un equipo de circunstancia, en mínimos, incluído o porteiro que non era da categoría. E polo outro lado un Cordeiro que vén crecendo cada xornada que pasa, e que no último partido non tivo a sorte de cara, ata un gol en propia. De ter o Lalín os seus xogadores respectivos é un prognostico non moi fácil de dicir, aínda así o Cordeiro vén con unha progresión que o pon con certa vantaxe.
|
10 Dic 2015, 18:46 |
85.53 |
2 |
0 |
+info
|
| Un Santiago que está demostrando xornada tras xornada que é un equipo a ter en conta, é un equipo moi difícil de batir e con forte pegada enriba. O Callobre en casa ten resultados, digamos, espectaculares, pero xogando fóra non lle acompañan. Neste partido penso que salvo sorpresa os tres puntos quedan en casa.
|
10 Dic 2015, 18:45 |
85.53 |
2 |
0 |
+info
|
| O Aguiño é un equipo que no seu campo crea moitos problemas aos rivais, con un xogo moi directo con balóns en largo e con unha defensa dura. O Fátima é un equipo que aínda quédalle moito que traballar. Tres puntos que quedan na costa.
|
10 Dic 2015, 18:45 |
85.53 |
2 |
0 |
+info
|
| Un Cacheiras que non levanta cabeza, perde os partidos nas segundas partes e sempre por imprecisións e descoidos defensivos. O partido co Conxo dá mostra de iso, e parece que o que fixeron en Negreira mellor non falar. O Noia equipo que xoga forte e con idea. Neste partido salvo que teña un cambio espectacular “de algo” o Cacheiras os tres puntos para Noia.
|
10 Dic 2015, 18:44 |
85.53 |
2 |
0 |
+info
|
| Pouco que falar, o Dubra en casa da moitos problemas e o Negreira equipo moi frouxo. Tres puntos que quedan na casa.
|
10 Dic 2015, 18:42 |
85.53 |
2 |
0 |
+info
|
| O Bastavales equipo que o principio desta liga destacaba moito pero a raíz do cambio de adestrador parece que baixou moito, tendo uns resultados non moi positivos, agás o partido co Conxo que o levou de calle. O Val do Ulla outro equipo que prometía, e moito, desinflouse. Está a facer partidos moi frouxos, notándose moita baixada na parte defensiva. Tal como están as cousas nestes equipos calquera pode ser o resultado, quizais poida dar unha lixeira vantaxe o tema campo.
|
10 Dic 2015, 18:42 |
85.53 |
2 |
0 |
+info
|