Comentarios de analizatormen

Comentario Fecha Karma
Por diante na noraboa ao Bertamiráns por acadar o título de liga, o equipo mais regular nesta categoría e temporada. Desexarlle o mellor na fase de ascenso e que a temporada que vén sexa equipo de galega. Gaña o anterior encontro dun xeito inapelable. O Puebla é un equipo que traballa, e como veño dicindo, a veces non terminan de obter os resultados que merecen, o anterior encontro o perden no treito final do mesmo. Neste partido os tres puntos deberían quedar en casa. 26 Abr 2016, 19:03 8.47
O Cordeiro vén de ter un pequeno toque de atención no anterior encontro, o perde dun xeito inescusable, non foi quen de facerlle fronte ao rival. O Lalín gaña o anterior encontro con moito traballo, o resultado xusto dese encontro houbese sido un empate. Desta pode que os tres puntos marchen fóra. 26 Abr 2016, 19:03 8.47
Quero empezar resaltando, e agradecendo, a excelente réplica que fixo “MAYA” dun comentario meu, hónralle o respecto que fai gala nel. E aproveito para dicirlle que para nada é a miña intención de poñelos como os peores, pero terás que coincidir comigo que nesta temporada non han sido o equipo de outras edicións. Seguindo co tema, vén o Negreira de perder o anterior encontro, ata a mala sorte acompaña, un dos goles é en propia, non foron capaces de recompoñerse e mellorar o xogo. O Dubra no último encontro, aínda que empezou gañando o rival, confirma un bo xogo e termina impoñéndose de maneira clara. O Dubra está a pelexar por garantirse a fase de ascenso feito que notarase neste partido, tres puntos que marchan fóra. 26 Abr 2016, 19:02 8.47
O Abanqueiro vén de facer un partido moi disputado e bastante ben xogado no anterior encontro, pode ser significativo cara a este partido. O Peleteiro vén de gañar o anterior encontro, iso si, non con seu mellor xogo. Neste encontro, xogándose entre semana, pode que salte a sorpresa, un empate ou os tres puntos en casa. 26 Abr 2016, 19:01 8.47
O Conxo vén cun final de liga moi bo, ten na súa man garantirse a fase de ascenso, iso si, fáltalle mais pegada enriba, o anterior partido o gaña cun bo xogo pero sen boas finalizacións de bastante xogadas, de feito debe darlle grazas ao rival que un dos goles o fai en propia meta. O Compostela segue no seu xogo irregular e que dependo do día dos rivais pode sacar proveito ou non. Tres puntos que quedan en casa. 26 Abr 2016, 18:59 8.47
O Noia presenta un xogo moi irregular, facendo partidos interesantes e obtendo bos resultados e sen embargo tamén facendo partidos desastrosos e perdéndoos de maneira inapelable, o anterior encontro logra saír cun empate in extremis. O Cacheiras parece que volve a ter problemas de xogo en todas as liñas, no anterior partido, aínda que empezou gañando, e que poida parecer o contrario, non fixo un bo xogo, ata mala sorte tivo, un dos goles en propia, o resultado non reflicte a realidade do que puido ser. Tres puntos que quedan na ría de Noia. 26 Abr 2016, 18:58 8.47
O Val do Ulla vén de perder o anterior encontro dunha maneira moi xusta e tendo posibilidades ata de levarse o partido, os últimos partidos foron complicados dado as características dos rivais, pero ben xogados. O Bastavales vén presentando dende fai unhas xornadas unha melloría tanto de xogo como de resultados, fai un xogo bastante bo, pero quizais un pouco falto de intensidade, no ultimo encontro, o partido gañado no último minuto e empatado nos 20 segundos seguintes. Neste partido pode gañar calquera, así que paréceme que o empate non se vai dar. 26 Abr 2016, 18:56 8.47
O Callobre está a ter resultados que a veces non acompañan o xogo desenvolto, perde algúns dos últimos partidos de xeito, digamos, inxusto. Como dato curioso dos últimos 27 puntos perde 24, dos que polo menos 9 de eles puido gañalos. O Santiago está a ter un xogo moi irregular, dos último 21 puntos soamente gaña 6, paréceme que o club está a traballar dende fai un tempo, e tendo case seguro a fase de ascenso a galega, en acadar o ascenso a división de honor, que por certo o ten moi cerca. Neste partido pode darse un empate ou que os tres puntos marchen fóra. 26 Abr 2016, 18:55 8.47
Imos ver, si dis que foron superiores nos partidos do Santiago, Dubra, Cacheiras, Negreira, Fátima, Conxo, e mesmo o último, co Abanqueiro, apaga e marchamos. Que ganaron, algún deles, por suposto, pero superiores, superiores, vai ser que non. Recórdoche que xa algún amiense comentou que o equipo non había estado ben, e fíxate, non era eu. Simplemente digo que a superioridade de principio de temporada, e que así expoñía no seu momento, xa non o é tanto, e ollo, e o recalco, por que certos equipos han mellorado con respecto ao principio de liga. Agora ben, que merecen estar onde están, por suposto que si, e que merecen ascender, tamén. 22 Abr 2016, 18:40 -24.44
"MAYA" de todas maneiras non quita que me equivoque, xa veremos. 21 Abr 2016, 17:49 -32.70
O Puebla, como veño dicindo, non termina de sacar os resultados que nalgúns partidos merece, o anterior partido o perde debido a uns momentos iniciais espesos, a partires de centrarse o partido empezou a ter outros visos e puido ser outro o resultado, pero a polémica arbitral fixo presenza e así quedou. O Dubra vén de conseguir un empate no seu anterior encontro, e grazas, iso si, diante dun rival que o fixo bastante ben. Dicir que o Dubra quizais non estivo moi acertado cara a portería rival. Neste partido pode que os tres puntos marchen fóra. 21 Abr 2016, 17:45 8.47
O Aguiño tivo certa baixada en algún dos últimos partidos, pero puntais, no anterior encontro sae cun empate no último instante do partido diante dun rival forte e que o é mais no seu campo. O Negreira vén de gañar o seu anterior encontro dunha maneira clara, que é sorpresa, pois si, pero os tres puntos se os leva grazas a un rival que en ningún momento fixo méritos para o contrario, neste partido vai ter enfronte un rival e vai xogar nun campo que non vaille ser tan fácil como no anterior. Tres puntos que deberían quedar na costa. 21 Abr 2016, 17:44 8.47
Partido interesante, o Compostela esta a ter unha baixada importante de xogo nos últimos partidos, e engadindo o pouco xogo colectivo, estalle a xerar moitos problemas para obter bos resultados, algún partido o saca adiante pero mais polos rivais que por eles mesmos. Perde o anterior partido cun rival, a priori, alcanzable, non foi quen de trenzar xogadas eficaces, querendo, como de costume, resolver con individualidades pouco efectivas. O Fátima segue a desenvolver unha melloría de xogo indubidable, o anterior partido queda a táboas non por non xogar, xogaron e chegaron a área rival como quixeron, pero entre ir por fóra e o porteiro rival non puido ser. Este partido non penso que quede en táboas, o vai levar algún dos dous, posiblemente o Fátima. 21 Abr 2016, 17:43 8.47
O Cacheiras que parecía que presentaba unha mellora importante, pois iso, parecía, nos últimos partidos nada, tanto na parte ofensiva como na defensiva desastre total, no último partido parece que non perde polo porteiro. O Conxo vén presentando uns rexistros moi interesantes nas últimas xornadas, de 27 puntos xogados lévase 23, non está mal. Para este partido ou o porteiro do Cacheiras fai o mesmo que no partido anterior ou tres puntos, moi largos, que marchan fóra. 21 Abr 2016, 17:41 8.47
O Bastavales vén tendo unha mellora no seu xogo, e xogadores, pena que o anterior partido se aprazase xa que o rival ía a ser unha boa referencia para medir a melloría indicada. O Noia gaña o seu anterior encontro nas postrimerías do partido diante dun rival moi xusto de xogadores e ideas, presenta o Noia un xogo pouco equilibrado e moi irregular a través das xornadas disputadas. Como o Bastavales saía coas ideas clara pode darlle a tarde o Noia, tres puntos caseiros. 21 Abr 2016, 17:40 8.47
Para min, e con todos os respectos ao resto de partidos, o encontro da xornada. O Santiago perde o anterior partido nos últimos instantes do partido, iso si, non facendo un xogo efectivo e diante dun rival que facendo pouco lévalle o partido, de feito vai con algún cadete e algo xusto de xogadores. O Val do Ulla non pasou do empate no anterior partido, e iso que xogou con un equipo que ía xusto de xogadores e que despregaron un xogo moi feble en ataque, o que di que o Val do Ulla na parte ofensiva non estivo no seu mellor momento. Resultado posible 1X2. 21 Abr 2016, 17:39 8.47
O Peleteiro, moi xusto de xogadores, logra saír cun empate no anterior partido, e grazas, xa que foi no último suspiro do partido, xogou contra un rival que despregou un bo xogo, sendo, quizais, un pouco superior, pero o Peleteiro non baixou e mantivo o tipo. O Callobre vén de perder o anterior partido dunha maneira, quizais, inxusta, non mereceu gañalo pero perdelo tampouco. O Callobre non lle vai poñer fácil o partido e se a maiores o Peleteiro vai moi xusto de xogadores como no anterior partido, poden agravarse os problemas. Así que o resultado podería ser calquera. 21 Abr 2016, 17:38 8.47
O Lalín mantén un bo xogo dependendo dos xogadores que leve, cando faltan algún dos referencia pasa apuros demais, o anterior encontro é boa mostra diso, non foi capaz de sacar o partido diante dun bo rival, foi case faltando nada para rematar o partido que é capaz de saír cos tres puntos. O Abanqueiro vén de perder o anterior partido, diante dun rival dos postos altos, facendo un partido bastante decente co hándicap de ter que xogar case todo o partido cun xogador menos. Neste partido os tres puntos pode que queden en casa. 21 Abr 2016, 17:38 8.47
O Bertamiráns mantén un nivel de xogo co que é capaz de sacar adiante partidos, a veces non dun xeito moi claro. O anterior partido o gaña dunha maneira mais ou menos clara, non sei como quedaría o tema se non lle expulsan un xogador ao equipo rival, de feito os primeiros momentos de partido, e antes da expulsión, o resultado era de igualdade. O final saíron cos tres puntos. O Cordeiro gaña o anterior encontro pero segue a manter os problemas de xogo nas segundas partes que lle dan mais dun dolor de cabeza, no anterior encontro chega ir 3-0 xa na segunda parte e case lle levan o partido na media hora final, parece que houbo algo de polémica no arbitraxe cara ao equipo rival. Neste encontro os tres puntos deberían quedar en casa. 21 Abr 2016, 17:36 -24.44
O Conxo vén facendo nos últimos partidos un xogo bastante bo, non espectacular pero si eficaz, no anterior partido deixa escapar os tres puntos por relaxarse demais cara ao final, penso que non volverá a ocorrer. O Bastavales tamén esta presentando unha certa mellora no seu xogo, e xogadores, presentando uns rexistros interesantes, no ultimo encontro encaixa un gol moi temperán por saír un pouco “espesos”, iso si despois de despexarse a cousa cambiou pero non se puido darlle a volta. Neste partido non está a cousa clara, como o Bastavales saia motivado pode darlle a mañá ao Conxo, deixémolo en 1X2. 14 Abr 2016, 17:58 8.47