| O Cordeiro, xa salvado, parecía que ía a dar mais alegrías pero que debido a seus problemas de segundas partes case queda fóra da categoría. O Santiago tamén conseguiu estar na fase de ascenso, non sen algún problema, o certo é que non foi o equipo que todos pensaban que ía ser, tivo moitos altibaixos. Tres puntos que marchan fóra, e seguro na segunda parte.
Noraboa o Santiago por acadar ese posto na fase de ascenso e desexarlle o mellor na fase e que logren acadar o ascenso a galega.
|
06 May 2016, 18:00 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| Dous equipos en posicións moi distantes na clasificación, o Puebla para quedar tranquilo ten que gañar este encontro, caso contrario pódese ver na tesitura de poder descender, ten un equipo, que me manteño, non lle acompañaron os resultados porque por xogo deberían estar nalgún posto mais da clasificación. O Lalín conseguiu o obxectivo proposto ao principio de temporada, meterse na fase de ascenso, ao final para nada xa que os seus irmáns maiores tiñan como obxectivo ascender a Nacional e non foron quen, de feito o que comentan é que foi mellor equipo este que seus irmáns maiores. Penso que o partido pode ser un 1X.
|
06 May 2016, 18:00 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| Nada, un Abanqueiro descendido sen mais nada que facer, tiña un equipo que parecía que ía estar en mellores postos pero que ao longo da temporada foi baixando dunha maneira vertixinosa. Un Batavales salvado grazas aos resultados de principio de temporada senón non estaría tan tranquilo neste momentos, a baixada de este equipo tamén é curiosa, así como os vaivéns que presentou ao longo da temporada. Empate.
|
06 May 2016, 17:59 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| O Callobre equipo que tenta xogar ben o fútbol, e de feito así o fai, pero que non terminou de ter a pegada necesaria enriba, e a maiores indo a algún partido moi xusto de xogadores, neste partido o Callobre xogase unha pequena posibilidade de non descender, se gaña e o resto de resultados os acompaña pode que se de a salvación, imos ver se o famoso talismán do campo volve a facer acto de presencia. O Cacheiras equipo xa descendido dende fai varias xornadas, e na última posición. Xa dende principio de temporada daba a impresión de que ía ser un equipo que lle ía custar, polo menos, estar na metade baixa da táboa, só quédalle, como xa comentei, tentar facer un bo partido, cousa pouco probable, presentou unha mellora xusto co cambio de adestrador que parecía presaxiar que algo podía cambiar pero ao final nada, os resultados positivos non foron tanto polo equipo senón polo que permitiron os rivais. Tres puntos na casa.
|
06 May 2016, 17:58 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| Partido importante para o Aguiño. O Noia equipo moi irregular durante todo a temporada, como xa dixen nun anterior comentario é capaz de plantarlle cara a calquera equipo dos “fortes” e ter problemas cos outros equipos, dicir que salva a categoría grazas aos resultados obtidos con algún dos equipos grandes, e pola boa fortuna noutros partidos. O Aguiño equipo que parecía nos primeiros compases da temporada que ía ser equipo de ascenso sen problemas, sen embargo vai ter que darlle as grazas ao Lalín, e esperar gañar este partido e que o resultado do Conxo o acompañe para poder meterse no ascenso, os tropezos, xa case no final de temporada, con Cacheiras, Fátima, Bastavales e Puebla, entre outros, lastráronlle o bo ir da temporada. Polo que se xoga o Aguiño e que penso que o vai tentar, tres puntos para fóra.
|
06 May 2016, 17:54 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| Con meus respectos ao resto de partidos, o partido da xornada.
Pois o Conxo se lle gana ao Dubra por mais de dous goles, ou o Aguiño perde, colle praza de ascenso, e tendo e conta que seus irmáns maiores xa ten o ascenso a Nacional conseguido sería para eles unha oportunidade de ouro de ter os equipos de xuvenís en Nacional e en Galega, moi apetitoso. O Conxo vai a xogar nun campo grande, Santa Isabel, o que lle pode dar certa vantaxe co rival, penso que o Conxo vai poñer todo neste partido, o premio é moi importante. O Dubra despois de facer unha temporada bastante boa consegue o premio de estar na fase de ascenso, neste partido vai a telo complicado polo rival. Resultado incerto, pero para min pode ser un empate ou gañan os locais.
Noraboa o Dubra por conseguir estar na fase de ascenso, desexarlle o mellor na fase e que logren o tan ansiado ascenso. E se o Conxo o logra darlle a noraboa por adiantado.
|
06 May 2016, 17:53 |
166.29 |
2 |
0 |
+info
|
| O Fátima esta nunha posición comprometida na táboa de clasificación, de quedar no posto no que está dependerá de que algún equipo que xogue o ascenso o consiga, de todas maneiras dependendo do resultado que obteña e o que acade o Puebla pode que termine a liga respirando tranquilo. O Fátima, que como veño dicindo, é un dos equipos que mellor fixo as cousas nesta segunda volta, vai tentar quedarse cos tres puntos. O Negreira, equipo descendido, demostrou que a aparente mellora non foi tal, foi mais ben o fallo dos contrincantes. Tres puntos que quedan na casa.
|
06 May 2016, 17:53 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| Aproveitando, noraboa aos dous por conseguir a fase de ascenso, moi merecida. E dobremente ao Bertamiráns polo título de liga que os acompaña. Desexarlles o mellor na fase que pronto xogarán, e que logren o ascenso a galega.
|
06 May 2016, 17:52 |
132.12 |
3 |
1 |
+info
|
| Dúas xornadas de relax, neste último partido o Bertamiráns xogando con cadetes e xuvenís do segundo equipo, faltándolle titulares importantes, fan un partido interesante pero non completo, iso si, hai que recoñecer que o rival que tiñan enfronte non lle puxo as cousas fáciles, puido chegar o empate pero non puido ser. O Peleteiro pola súa banda tentou e xogou un partido agradecido, adiántanse moi cedo no marcador, de feito o mellor xogo foi na primeira parte.
|
06 May 2016, 17:51 |
132.12 |
3 |
1 |
+info
|
| Con meus respectos ao resto de encontros, o partido da xornada. Dous equipos a caza dos postos de ascenso que están moi cerca, calquera despiste dos de enriba e un resultado positivo de calquera dos dous o poñen na posibilidade de xogar a fase de ascenso. O Aguiño haberá que esperar como sae do seu partido de semana, polo demais un equipo bastante regular e cunha maior forza no seu campo. O Conxo vén tendo un final de liga moi bo, os resultados os acompañan, certo é que hai que dicir que nalgún caso grazas a que o rival de turno o permitiu, caso do seu partido de semana, un rival que parecía que se ía a levar o partido pero que na segunda parte non foi quen de manter o nivel. Desta, e tendo en conta o que se xoga, os tres puntos pode que queden na costa.
|
29 Abr 2016, 16:39 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| Un Lalín que gaña o partido de semana dun xeito cómodo vai tentar consolidarse nos postos de ascenso, está moi xusto con relación aos competidores que están aínda pelexando por entrar na zona de ascenso, iso si a regularidade presentada durante a temporada danlle o mérito de estar nos postos que está, o partido da semana o gaña sen maiores problemas, iso si, tendo diante un rival que non apertou nada. O Bertamiráns, acadado o primeiro posto da liga, parece que está a tomarse o final de liga dun xeito mais tranquilo, sae cun empate do partido de semana diante dun rival que tampouco creou moitos problemas. Desta o Lalín xógase estar na fase de ascenso así que sairá a por todas, tres puntos caseiros.
|
29 Abr 2016, 16:38 |
135.52 |
2 |
0 |
+info
|
| Un Cacheiras xa descendido dende fai algunhas xornadas e que non ten nada que facer agás tentar saír o mellor posible nos dous partidos que lle quedan. Soamente foi quen de sacar adiante algún partido cando os rivais llo permitían. No partido de semana tivo a efémera ilusión de case lograr empatar grazas á baixada do rival, pero nada. O Val do Ulla haberá que esperar a ver como lle vai no partido de semana, o xoga despois de este, polo demais é un equipo que traballa ben e dá moito traballo aos rivais por estar continuamente tentando gañar os partidos facendo un xogo bastante bo. Tres puntos que marchan fóra..
|
29 Abr 2016, 16:37 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| O Peleteiro mantén o nivel de xogo, aínda que nalgún momento da temporada tivese unha baixada, que lle permite garantirse un posto na opción de ascenso, merecida por certo, el partido de semana o gaña sen moitos problemas. O Cordeiro no partido de semana deu mostras da baixada do longo da temporada, perde sen dar ningún problema ao rival. Tres puntos caseiros.
|
29 Abr 2016, 16:36 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| Un Santiago que está a pensar mais no ascenso a división de honor dos xuvenís que neste final de temporada, nesta xornada de semana non se entende porque foi tan xusto de xogadores, pero así foi, sacou o partido adiante pero con moitos apuros, como vén sendo o habitual nestas ultimas xornadas. O Abanqueiro na xornada de semana non logrou sacar o partido adiante, non lle deu problemas ao rival. Os tres puntos pode que queden na casa.
|
29 Abr 2016, 16:36 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| Bastavales terá o partido de semana despois de este, pero visto como se desenvolveu o anterior pendente pódese dicir que a melloría que parecía ter, era iso, parecía. O Callobre mantén o seu nivel de xogo, perde o anterior partido de semana por mor dun lixeiro despiste na primeira parte, estivo a piques de empatar o partido pero non puido ser. Desta os tres puntos pode que marchen fóra.
|
29 Abr 2016, 16:35 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| Pois o Compostela de capa caída, non é capaz de trenzar un partido de bo xogo agás cos rivais que non lle aperten e que as individualidades sexan capaces de facer algo, no anterior partido de semana parecía que tivo unha reacción que lle permitiría sacar o partido adiante pero só foi un espellismo. O Noia gaña o seu partido de entre semana pero dunha maneira agónica, indo gañando comodamente case lle empatan, e mesmo perden. Un empate ou tres puntos que quedan na casa.
|
29 Abr 2016, 16:34 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| O Dubra segue a manterse nos postos de ascenso pero cunha vantaxe moi pírrica, calquera tropezo nestas dúas xornadas que quedan pode mandar ao traste o feito durante toda a temporada, o anterior partido de entre semana o gana diante dun rival moi feble, non tivo que apurar nada na segunda parte do partido, O Fátima sen saber como lle ira no seu partido de semana, xoga hoxe, dicir que é un rival complicado que mellorou moito. O Dubra vai tentar manterse nesa quinta praza, así que pode que os tres puntos queden na casa.
|
29 Abr 2016, 16:33 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| O Negreira vén de perder o partido de entre semana diante dun aspirante ao ascenso, comezou encaixando un gol moi pronto e xa non deu para mais, perde na primeira parte do partido xa que o rival non apertou moito na segunda. O Puebla vén de obter un empate no partido de semana, iso si, cos xogadores xustos, 11, e cun rival que non apertou moito. Desta os tres puntos pode que marchen fóra.
|
29 Abr 2016, 16:32 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| O do partido anterior do Bastavales refírome ao do sábado, o de onte perde sen presentar maiores problemas ao rival.
|
26 Abr 2016, 19:09 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| O Fátima quizais o equipo que mais mellorou na segunda metade de liga, certo que a veces os resultados non lle acompañaron. pero, non quita que efectivamente melloraron, e moito, o seu xogo, o anterior encontro o perden por uns primeiros instantes que non estiveron no campo, a partires de centrarse a cousa cambiou pero non foron quen de sacalo adiante. O Aguiño vai tentar por todos os medios de manterse nos postos de ascenso, parece que este último tramo da liga lle esta custando un pouco, o anterior encontro o gaña pero non dun xeito fácil. Pode que os tres puntos queden en casa.
|
26 Abr 2016, 19:04 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|