Comentarios de analizatormen

Comentario Fecha Karma
Dous equipos interesantes, o Victoria está facendo partidos a un bo nivel e regularidade. O Villestro tamén está a facer bos partidos, aínda que, quizás, como xa se comentou, teña que mellorar un pouco mais a parte defensiva. Neste partido pode que os tres puntos queden en casa. 14 Oct 2016, 17:59 8.47
O Val do Ulla equipo ben traballado, xoga bastante ben aínda que de cando en vez, digamos que, despístase. O Milladoiro comezou un pouco baixo pero parece que partido a partido está a mellorar. Tres puntos que marchan fóra. 07 Oct 2016, 14:53 374.52
Dous vellos coñecidos nesta categoría, o Bastavales vai levando a temporada con mais de un altibaixo, a semana pasada non foi quen de levarse o partido, iso si, hai que recoñecer que o rival tampouco o puxo fácil. O Aguiño segue igual que a temporada pasada, xogo vertical e defensa dura, o que lle confire, como sempre, poderío nos partidos. Desta tres puntos que marchan fóra. 07 Oct 2016, 14:52 8.47
O Dubra vén de levar un correctivo no anterior partido, aínda así ten un equipo que vai dar que falar, e non se pode esquecer o factor campo. O Cordeiro está a sacar mais ou menos os partidos, aínda que polo visto con un pouco de sorte, parece que ten mellor equipo que a temporada pasada. Neste partido penso que os tres puntos quedan en casa. 07 Oct 2016, 14:52 8.47
O Fátima equipo que está a desenrolar un xogo un pouco feble, hai que ter en conta que aínda non tocou xogar cos, en principio, chamados a estar nos postos altos, penso que nese momento o vai pasar mal. Os da Estrada, comentei o comezo que tiñan que mellorar e poñerse a punto, pois o fixeron xa dende o primeiro partido, equipo moi competitivo e que está xogando ben, é colíder por méritos propios. Penso que nada que facer, salvo desastre non esperado, tres puntos que marchan para terra dos mobles. 07 Oct 2016, 14:51 56.51
O Salvora estalle custando sacar adiante os partidos, pero ollo, os rivais tampouco o teñen fácil con eles. O Arzúa tamén cústalle sacar os partidos, mais se toca xogar cos rivais, digamos, fortes. Partido que penso pode quedar en empate. 07 Oct 2016, 14:50 127.96
O Conxo, polo de agora, o líder da categoría por méritos propios, ten un equipo bastante bo que non xoga mal e que fai moi bos partidos, estou convencido que o final van estar nos postos de ascenso. O Villestro equipo interesante, fai bos partidos aínda que non ten seu forte na parte defensiva. Tres puntos que quedan na casa. 07 Oct 2016, 14:50 169.26
O Peleteiro esta a ter un comezo de temporada bastante irregular, é capaz de facer bos partidos como non dar unha, aínda así conta cun equipo que vai a asentarse na categoría. O Puebla, como xa se indicou a comezo, ten un equipo que ten que traballar moito para lograr presentar unha mellora importante. Tres puntos que quedan na casa. 07 Oct 2016, 14:49 8.47
O Victoria está a ter un comezo de temporada bastante regular, tivo un tropezón nun partido, pero polo demais esta traballando ben e facendo partidos interesantes. O Noia despois do despiste do primeiro partido madurou e está a facer partidos bos. Partido moi igualado no que pode darse calquera resultado, 1X2. 07 Oct 2016, 14:49 8.47
Dous equipos que xa se viron na anterior temporada e na que o Lalín sempre lle deu guerra o rival. O Compostela, como xa se comentou, desta ten un equipo bastante xusto, perde o anterior encontro con claridade. Parecía que ía a ser diferente co gol temperán, pero o Victoria despértase e comeza a traballar deixando en evidencia o Compostela, para rematar queda con 10 faltando aínda bastante para o final, a partires de aí acábase o partido. O Lalín ten un equipo que traballa e xoga ben, é moi corrente que xogadores deste equipo vaian co de galega, no anterior encontro soamente fai dous cambios e na segunda parte baixou algo de intensidade, feito aproveitado polo equipo rival que lle termina gañando o partido. Nesta penso que o Lalín ten algo mais que o rival, así que tres puntos que quedan na casa. 07 Oct 2016, 14:48 35.17
Os da Estrada equipo que vén descendido de galega, non tiveron, un equipo axeitado para dita categoría, e nesta temporada o equipo aínda ten que mellorar e poñerse a punto. O Cordeiro, ainda que se mantivo na categoría, non foi por facer un bo xogo, e nesta temporada polo que parece as cousas van polo mesmo camiño. Neste partido pode que se de o empate. 01 Sep 2016, 17:21 53.85
O Arzua equipo recentemente ascendido, quedan primeiros no seu grupo xogando ben e con unha diferenza de puntos importante, o que haberá que ver é que equipo se mantén nesta categoría, xa veremos. O Aguiño como sempre equipo dos que xogan moi vertical, e ollo, o fan moi ben, xogadores moi loitadores e cunha defensa bastante boa, que como sempre pode ter algún despiste pero que non é o habitual. Tres puntos que marchan fóra. 01 Sep 2016, 17:19 127.64
O Villestro equipo recentemente ascendido por méritos propios e que mantén un equipo interesante, aínda que con algunha baixa. O Val do Ulla é un coñecido nesta categoría, tendo sempre bos equipos e moi ben traballados. Tres puntos que marchan fóra. 01 Sep 2016, 17:18 101.20
Dous equipos que xa se viron na anterior temporada, o Puebla pásalle o que a todos, xogadores importantes pasan de categoría, e cun problema engadido, o que vén por abaixo ten moito que mellorar, e o que vai quedar tamén, polo menos polo de agora. O Bastavales vai manter un equipo bastante sólido, aínda que xogadores de importancia pasan ao equipo de maiores, cunhas incorporacións por abaixo interesantes. Tres puntos que marchan fóra. 01 Sep 2016, 17:18 101.20
Dous equipos que xa se viron na anterior temporada, iso si, con moita diferenza entre eles. O Dubra entra en fase de ascenso, non o acada, dicir que fai unha temporada moi boa e moi regular no seu xogo, o factor campo sempre está presente cando se fala deste equipo, nesta temporada perde algún xogador importante, vamos, pasa de categoría, e os cadetes que ascenden e algún xuvenil que queda, xa veremos. O Noia mantén a categoría de xeito, digamos, cómodo, pero sen facer un gran despregamento nin xogo, tamén perde, pasa de categoría, algún xogador importante, o que ten a favor é que algúns xogadores dos que veñen de abaixo van darlle certo nivel. Neste partido tres puntos en casa. 01 Sep 2016, 17:17 101.20
Dous equipos que xa se viron na anterior temporada, por certo o At. Fátima salva a categoría "in extremis", e o Compostela non foi o equipo que esperábase. Nesta temporada ambos equipos ten algunha que outra baixa importante, e saen con equipos moi xustiños no que se refire ao xogo, quizais un pouco mellor nese aspecto o Compostela. Neste partido tres puntos que quedan na casa. Estaremos nas Cancelas vendo o partido. 01 Sep 2016, 17:15 127.70
Lalín “B”, en Lalín sempre teñen bos equipos, aos que adestran moi ben, a temporada pasada xogaron moi ben, notándose moito cando podían contar cos xogadores de galega, quedaron nos postos de ascenso, nesta temporada ten conformado un bo equipo. O Salvora recentemente ascendido, como primeiro do seu grupo, facendo unha temporada na que só perde un partido, o que pasa que esta liga vai ser un pouco mais competida que a de segunda e o equipo non vai ser o mesmo que ascendeu. Neste partido penso que os tres puntos quedan en casa. 01 Sep 2016, 17:13 101.20
Victoria, equipo recentemente ascendido que fixo unha boa temporada á temporada pasada, quedando como mellor segundo no ascenso a primeira. Conxo “B”, estivo a piques de ascender a galega, aproveitando o ascenso dos seus irmáns maiores a Nacional, pero caeron nas primeiras, tiveron unha temporada un tanto irregular que grazas a que o Lalín xa tiña equipo en galega foi que se meteron. Ten o Conxo “B” un pouco mais de experiencia que se vai notar, tres puntos que marchan fóra. 01 Sep 2016, 17:12 101.20
Milladoiro, equipo recentemente ascendido que xogou bastante ben a anterior temporada, pero que vai ter unha combinación de xogadores un pouco diferente. O Peleteiro, equipo que estivo a piques de ascender a galega, caeu nas primeiras, pero iso non quita que fixo unha boa temporada, certo que a veces con un pouco de sorte, nesta temporada tamén vai contar cun equipo un pouco diferente no que van manterse algúns xogadores importantes, como Antón, e vaise notar. Neste partido penso que os dous equipos teñen un peso moi igualado, así que empezan con un empate. 01 Sep 2016, 17:10 101.20
O Val do Ulla tentouno todo por volver a ascender pero, entre os xogadores que lle marcharon e que tiña moita xuventude, quedaron coas meles na boca, bo equipo, bo xogo e estou convencido que na temporada que vén vano intentar de novo e pode que seguramente o acaden. O Compostela nada, equipo demasiado individual e nada colectivo, de mellorar este aspecto pode que na temporada que vén acaden mellores resultados. Tres puntos que quedan na casa. 06 May 2016, 18:01 8.47