| O Dubra está a facer unha temporada moi regular, soamente cede co equipo intratable. O Milladoiro está a ter pinceladas de melloría pero aínda necesita un pouco mais, o anterior partido, que o levaba bastante ben o perde no último cuarto de hora.
Neste partido os tres puntos quedan en casa.
|
28 Oct 2016, 17:11 |
-6.23 |
2 |
1 |
+info
|
| Dous equipos que están a estar nas últimas temporadas sempre nos postos altos. O Conxo fai un xogo, digamos, mais colectivo, o anterior partido custoulle sacalo, tivo que esperar aos últimos minutos, e pola mínima. O Aguiño como sempre xogando moi en vertical, aínda que é un equipo que xoga ben, hai partidos que non se lle deron ben, e os gaña mais polo despiste do rival que polo xogo propio.
Resultado incerto neste partido, 1X2.
|
28 Oct 2016, 17:10 |
35.38 |
2 |
0 |
+info
|
| O Victoria está a ser un equipo moi irregular, e presenta un problema, case sempre ao final do partido baixa moito. Os da Estrada nada que engadir, como xa veño dicindo, soamente intratables.
Tres puntos que salvo algún desastre marchan fóra.
|
28 Oct 2016, 17:08 |
96.46 |
3 |
0 |
+info
|
| O Bastavales está a xogar ben aínda que non de maneira regular, algúns partidos o perden mais por eles que por ser mellor o rival. O Dubra está a desenrolar unha temporada boa, soamente perde co líder da categoría.
Desta tres puntos que marchan fóra. |
21 Oct 2016, 18:25 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| Dous equipos que están a ter mais ou menos o mesmo xogo e resultados parecidos.
Pode ser un empate.
|
21 Oct 2016, 18:24 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
|
O Aguiño como sempre, xogo vertical e forte, a semana pasada custoulle levarse o partido. O Salvora está a ter unha baixada importante nos últimos partidos, e xa no último partido montouna gorda ao final do partido, marcha con tres expulsados mais o “adestrador”, en fin.
Tres puntos que quedan na casa |
21 Oct 2016, 18:23 |
35.35 |
2 |
0 |
+info
|
| O Cordeiro vén dun partido a semana pasada que ganou ben pero que o rival non o tomou ben. O Conxo vén de facer un moi bo partido a semana pasada, perde o encontro na segunda parte nos minutos finais.
Tres puntos que marchan fóra.
|
21 Oct 2016, 18:21 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| Os dous veñen de perder a semana pasada, o Arzúa intentouno, pero, entre algún despiste, e que o rival apertou, non foi quen. O Victoria fai unha primeira parte bastante aceptable, pero na segunda baixaron, e a partir da expulsión do xogador a cousa non mellorou.
Tres puntos que deberían quedar en casa. |
21 Oct 2016, 18:19 |
35.35 |
2 |
0 |
+info
|
| O Val do Ulla equipo que xoga ben e ten unha boa regularidade, o problema é que nalgúns partidos a sorte non acompaña moito. O Fátima equipo que defende ben e non é doado para os rivais, a semana pasada fixo un bo partido tendo enfronte un rival complicado.
De esta pode que os tres puntos marchen fóra.
|
21 Oct 2016, 18:18 |
35.36 |
2 |
0 |
+info
|
| Comezaba dicindo ao principio da temporada que o Estradense tiña que “mellorar e poñerse a punto”, pois miúda posta a punto, equipo intratable e, que se non se torcen as cousas, vai ser claro campión de liga. O Peleteiro equipo irregular, como veño dicindo, pode tanto facer un bo partido como non dar unha, e neste partido particular se quere sacar algo vai ter facer mais que un bo partido.
Tres puntos que quedan na cidade do moble sen dúbidas.
|
21 Oct 2016, 18:16 |
56.65 |
2 |
0 |
+info
|
| O Puebla aínda que polos resultados pareza que estea a xogar, non é así, segue bastante baixo, ten que mellorar, e non soamente iso, tamén ten que incorporar algo mais no equipo. O Compostela non é, nin de lonxe, o equipo que se espera, mantén unha liña de xogo moi feble.
Con todo e que os equipos non son o melloriño da liga pode que os tres puntos marchen fóra.
|
21 Oct 2016, 18:15 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| Dous equipos moi similares, o Milladoiro segue a mellorar pero nalgún apartado ten que poñer unha marcha mais, sobre todo na defensiva, e neste partido vaina necesitar. O Noia segue a facer bos partidos pero, como xa dixen nalgún comentario anterior, non termina de estar todo o acertado que debería estar.
Pode que os tres puntos marchen fóra.
|
21 Oct 2016, 18:13 |
35.35 |
2 |
0 |
+info
|
| O Compostela está a ser un equipo moi feble, con moitas imprecisións no apartado ofensivo e mais no defensivo. O Noia está a facer uns partidos bastantes bos, nalgúns non termina de estar todo o acertado que debería e, ou se queda en case, ou perde por pouco.
Pode que os tres puntos marchen fóra.
|
14 Oct 2016, 18:06 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| O Salvora, como xa comentei, cústalle sacar os partidos, de feito non os saca, pero non é un equipo doado para os rivais. O Cordeiro fai bos partidos e outros quédase curto, o que si ten é mellor equipo que a temporada pasada.
Tres puntos que marchan fóra.
|
14 Oct 2016, 18:05 |
47.91 |
2 |
0 |
+info
|
| O Bastavales está a ter unha temporada moi irregular e un xogo regular. O Milladoiro non termina de collerlle o punto a esta categoría, aínda que vai mellorando pouco a pouco, o que pasa que para este partido non vai chegar.
Tres puntos que quedan en casa.
|
14 Oct 2016, 18:04 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| O Dubra está a desenvolver unha temporada moi boa e regular, o Val do Ulla sen embargo non está a ser o equipo de temporadas pasadas, sen embargo sigue sendo un equipo que sabe xogar e defender ben.
Neste partido entre o campo e o equipo local penso cos tres puntos quedan en casa.
|
14 Oct 2016, 18:03 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| O Fátima ten o seu forte no aspecto defensivo, non é fácil que encaixe un gol, sen embargo cústalle un mundo metelos. O Aguiño é o equipo de sempre, vertical e duro na defensa, non está nos postos no que está por sorte se non por méritos propios.
Tres puntos que marchan fóra.
|
14 Oct 2016, 18:03 |
8.47 |
1 |
0 |
+info
|
| Dous equipos moi similares no que levan feito polo de agora, o Peleteiro está a facer un xogo moi irregular, chegando a veces a ser moi baixo. O Arzúa mais do mesmo, a tido resultados que o acompañaron mais polo fallo do rival que o bo xogo.
Tendo en conta o campo e o tipo de xogo penso que os tres puntos marchan fóra.
|
14 Oct 2016, 18:02 |
128.10 |
3 |
0 |
+info
|
| O Lalín equipo que parecía que ía polo mesmo camiño que o ano pasado, está a ter unha baixada moi notable no seu xogo, e polo visto non é debido a que xogadores vaian co equipo de galega. O Puebla nada, non presenta mellora en ningún dos aspectos deste xogo, ou hai un cambio drástico e incorporación de xogadores, ou, vexo moitas posibilidades de que descendan.
Neste partido, aínda que o Lalín está en horas moi baixas penso que os tres puntos quedan na capital do Deza.
|
14 Oct 2016, 18:01 |
35.31 |
2 |
0 |
+info
|
| O partido da xornada, sen dubida, dous equipo que estarán, con toda seguridade, pelexando polo título deste grupo. O Conxo vén de ter unha pisada en falso no partido anterior, hai quen di que a sorte non acompañou, aínda que outros comentan que non ten escusa, tiña xogadores habituais. Os da Estrada, intratables, polo de agora, e penso que seguirá así.
Neste partido hai que mollarse, penso que os tres puntos marchan para a capital do moble.
|
14 Oct 2016, 18:00 |
95.96 |
3 |
0 |
+info
|