Comentarios de analizatormen

Comentario Fecha Karma
O Arzúa estivo a pasar por unha racha desafortunada de resultados pero parece que estase a recompoñer. O Dubra pola outra banda non está moi atinado nos últimos partidos, certo que parece que teñen que contemporizar co equipo de terceira división e pode que algo lle faga. Este pode ser un bo partido, e pode que a cousa quede nun empate. 27 Ene 2017, 17:10 309.29
O Milladoiro que mostraba melloras no seu xogo non termina de catalizar para que sexan efectivas, fai bos partidos plantándolle cara a equipos, en principio, fortes e sen embargo a semana seguinte alí van. No anterior partido sae vitorioso facendo un bo xogo e que o rival estaba un pouco frouxo, a ver como toca esta semana. O Aguiño segue a ser o equipo vertical e forte no xogo pero que leva unha racha de resultados desastrosa, non quere dicir nada pero o anterior, que o tiña gañado, o perde case o final. Pois entre o impar e par do Milladoio e a racha do Aguiño difícil prognosticar, aínda así vou dicir tres puntos que van fóra. 27 Ene 2017, 17:09 309.29
O Estrada segue a estar intratable, en 20 xornadas soamente cede dous empates, e meterlle goles pois case tarefa imposible. O Bastavales segue a manter un xogo, que como xa comentei, non termina de ser completo, os partidos os perde mais el que os gaña o rival, o anterior partido pérdese en 10 minutos case ao final. E atención, paréceme que o equipo que lle meteu mais goles ao Estrada foron eles. De todas maneiras, e xogando como locais, tres puntos que quedan na Estrada. 27 Ene 2017, 17:08 309.29
O Puebla ten posta unha marcha mais dende fai varias xornadas, está a facer partidos interesantes pero que non termina de ser regular nos 90 minutos, e iso dependendo do rival pásalle factura. O Salvora, pois moi parecido ao Puebla, é un equipo que lle planta cara a calquera. Desta a cousa pode que termine nun empate. 27 Ene 2017, 17:07 309.29
O Noia segue a manter un xogo regular pero, digamos, pouco explosivo, o partido anterior o gaña pero non lle foi doado, de feito case quedan no empate. Pola outra banda o Conxo segue a manter unha boa liña de xogo, aínda que de cando en vez fai partidos, poñamos, estraños, o anterior partido custoulle sacalo adiante, e pola mínima, e iso que o rival estivo bastante tempo con un xogador menos. Aos rivais do Noia cústalles meterlle goles, o problema é que ao Noia cústalle meter goles, nese aspecto o hándicap favorece ao Conxo. Desta tres puntos que marchan fóra. 27 Ene 2017, 17:06 309.29
Pode ser o partido da xornada, o Aguiño vén de saír cun empate no anterior partido que debe saber a pouco, xa que o partido o levaban bastante ben, aínda que o gol non fóra deles, destacar que levou un bo feixe de tarxetas, de todas maneiras é un equipo que defende ben e forte. O Peleteiro non é o equipo da temporada pasada, é un equipo que pode facer un bo partido, como non, e mais, nun mesmo partido cambiar de rexistro, o anterior partido o saca adiante por uns minutos nos que o rival perdeuse, certo que aproveitou e tamén é importante. Tres puntos que quedan na costa. 04 Nov 2016, 17:25 8.47
O Arzúa é un equipo que xoga ben, poñendo esforzo ata o final, como xa veño dicindo, non lle acompaña moito a sorte, aínda que alguén poida dicir que non sempre é cousa de sorte, nesta caso, si. O Compostela segue no seu baixo nivel, de cando en vez algún xogador fai algo pero mais nada. Tres puntos que quedan en casa. 04 Nov 2016, 17:23 128.18
O Val do Ulla sendo un equipo bastante regular segue a non ter a sorte de lado, de todas maneiras no anterior partido perderon un pouco a cabeza, saen con tres xogadores expulsados, penso que lle vai pasar factura neste partido. O Conxo vén cun empate a uns no partido anterior, pero ollo, todos os goles colleita propia, diante tiña un equipo que defende moi ben. Tres puntos que marchan fóra. 04 Nov 2016, 17:22 8.47
O Dubra mantense como equipo forte da categoría e no seu campo non coñece a derrota, e fóra, salvo o intratable, tampouco. O Fátima, como veño dicindo, non é un equipo doado para os rivais, pero tampouco significa que logre sacar partidos de maneira fácil. Neste partido, e co factor campo, tres puntos que quedan na Telleira. 04 Nov 2016, 17:21 35.39
O Bastavales non termina de presentar un xogo que se poida dicir completo, perde partidos mais por eles que por que os rivais poñan superioridade. O Salvora vén de gañar o anterior partido dun xeito, deixémolo en xogando con súas armas, o rival marcha con tres expulsados. Neste partido pode que os tres puntos queden en casa. 04 Nov 2016, 17:20 8.47
O Cordeiro vén de perder o anterior partido de maneira clara nos primeiros vinte minutos, despois parece que asentouse no campo pero tamén os contrincantes baixaron un pouco o ritmo, aínda así o gol da honra case no pitido final. O Victoria ven de plantarlle cara aos todopoderosos da Estrada, case conseguen quedar a ceros, e alguén apuntou que de ter un chisquiño mais de sorte facer algún gol. Pode ser que os tres puntos marchen fóra. 04 Nov 2016, 17:19 8.47
O Estradense segue na súa teima de intratable, aínda que leva uns partidos que parece que custoulle un pouco demais sacalos, comenta algún que mais polas aliñacións que por outra cousa. O Lalín segue a ser un equipo moi regular e, como xa comentei, que defende mellor que ataca. Neste partido os da Estrada non o van ter doado pero penso que os tres puntos van quedar en casa. 04 Nov 2016, 17:18 56.82
Os dous equipos están a facer unha temporada regular, moi parecido no xogo e problemas. O Villestro saca o anterior partido grazas a que o rival non apertou, cando o rival intentouno a cousa case vaise. O Noia gaña o partido anterior na segunda parte, o rival a partires dos vinte minutos da segunda parte desapareceu. Desta penso que pode darse un empate. 04 Nov 2016, 17:17 8.47
O Milladoiro vén facendo melloras no seu xogo, pero aínda lle queda algo que andar para que esas melloras sexan efectivas. O Puebla segue a ter problemas, agora mesmo quizais pódese dicir que no ataque están un pouco mellor, pero nas labores de defensa moi, pero moi, frouxos. Neste pode que os tres puntos queden en casa. 04 Nov 2016, 17:16 8.47
O Lalín está facendo unha temporada interesante, non é que sexa un equipo que estea arrasando pero o que si é que se defende ben. O Arzúa equipo que xoga bastante ben, traballando ata o final, nalgúns encontros non lle acompaña a sorte, o de traballar ata o final comprobouse no partido anterior, logra sacar un empate só por iso. Comentan que os de galega do Lalín xogan o sábado así que ao mellor os tres puntos quedan en casa. 28 Oct 2016, 17:20 35.36
O Noia segue a manter unha boa regularidade, aínda que hai que recoñecer que non sempre é por bo xogo, no último partido aprovéitase das expulsións do rival, senón parece que non houbese podido. O Puebla segue sen lograr xogar ben, o anterior partido o perden mais que o gaña o rival. Neste partido tres puntos que deberían quedar en casa. 28 Oct 2016, 17:18 35.36
O Salvora segue a manter a baixada de xogo, aínda que no anterior partido hai que ter en conta as baixas dos expulsados. O Val do Ulla segue a manterse na regularidade, o anterior partido sae en empate pero polo de sempre, non lle acompaña moito a sorte, un dos goles do rival o encaixan eles mesmos. Pode que os tres puntos marchen fóra. 28 Oct 2016, 17:17 169.19
O Fátima está a presentar un bo desenvolvemento de xogo nos últimos partidos, como dicía anteriormente non é un equipo doado. O Bastavales, mais do mesmo, fai bos partidos pero nalgún deles non termina de convencer. Tres puntos que poden quedar en casa. 28 Oct 2016, 17:15 35.36
Dous equipos que están a facer unha temporada moi irregular, aínda que teñen equipos que tentan xogar, non terminan de facer xogos que como comezan terminan. O Cordeiro perde o partido anterior pero pola mínima, bo traballo baixo os paus, estivo case todo o partido a remolque. O Peleteiro nada, o rival que tiña diante estivo intratable. Pódese dar calquera resultado, 1X2. 28 Oct 2016, 17:14 48.17
O Compostela segue a ser un equipo cun xogo moi baixo, o anterior partido, aínda que gañou, non as tivo todas, de feito nalgún momento do mesmo parecía que non podía. O Villestro está a demostrar que non ten mal equipo, pero que no apartado defensivo teñen que poñer algo mais, o anterior partido o perde moito por iso. Poderían neste partido marchar fóra os tres puntos. 28 Oct 2016, 17:13 75.06